lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Novas no PASEANTE

Porque hoxe veu a gravar ao Antonio como director do documental "DESDE DENTRO DO CORAZON" o programa da televisión de Galicia, Revista do fin de semana.

Entón acompañáronnos na gravación algúns dos colaboradores que interveñen no documental, desta maneira sentímonos mais arropados... porque o documental somos todos.

Por certo como esto da crisis eche así, para algunhas cousas si e para outras non, facemos un chamamento ao texido comercial e industrial de Vilagarcía, non esquenzades que é sobre o noso pobo... por dignidade de pobo. Na relación de donantes que xa aportaron temos tres tendas ben pequenas, pero sin dúbida con orgullo de pobo.

Ainda é pronto, quedan moitos dias pero o chamamento esta feito.

GRACIAS
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-05-2012 22:15
Folleto do proxecto DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Para aquelas personas que non recibiron o folleto do proxecto documental DESDE DENTRO DO CORAZÓN poden descargalo desde este enlace https://www.box.com/s/1e2f70ab896476f4bf36 e así estar informado de que trata o documental, do que fixemos desde O Faiado da Memoria e do que queremos facer e polo que estamos solicitando unha aportación económica no seguinte enlace http://www.verkami.com/projects/1878-desde-dentro-do-corazon/contribute/select/9402

Gracias por estar con nós.
Comentarios (0) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 06-05-2012 10:37
A SOLIDARIDADE E O FAIADO

Gracias a todos e todas que estades a colaborar con nós para a financiación final do documental Desde dentro do corazón. En próximos días iremos pondo os donantes nesa lista que hay aberta a esquerda desta pantalla, tal como reza a primeira recompensa que ofrecemos. Non se colocarán as cantidades donadas por respeto.

A pesares de que a achega económica na páxina de Verkami (premendo aquí http://www.verkami.com/projects/1878-desde-dentro-do-corazon/contribute/select/9399 chegas rapidamente a ela) é bastante fácil, moitas personas teñen problemas para poder facer a donación, ben por que estamos pouco prácticos co mundo internet, ben por que non temos tarxeta ou por calqueira outra maneira, e se atopan coa imposibilidade de poder facelo. Para iso moitos están facendo o ingreso directamente no banco previo a que nos lles digamos o número. Se estás nesta circunstancia non dubides en enviarnos un correo electrónico (damemoria@gmail.com) e dirémosche os datos.

Por iso é difícil contabilizar todo o conseguido hasta agora. Por parte de verkami estáclaro: 480 € (que para levar dous días está estupendamente) pero o ingreso en conta directamente é duns 200 pero sen poder sabelo exactamente xa que teríamos que ir ao banco e estará pechado durante o fin de semana.

Pero a pesares de estar altamente atarefados co tema da financiación ainda temos algo de tempo para facer unha pequena subida de fin de semana.

E as fotografías están colocadas nas seguintes Galerías:

O Carril (15)

A Vilagarcía de onte (11)

Amores (2)

Os Amigos (5)

Soan campás de voda
(6)

Familia (4)

Primeiras Comunións
(1)

Posando (4)

Terra de Artistas (con maiúscula) (1)

Agora a disfrutar e contemplar todas esas lembranzas que nos levan a tempos que só a nosa mente ten no seu maxín.

E o que poida que colabore co noso proxecto de documental. O agradecemento será eterno.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 04-05-2012 21:28
SOLTAMOS AMARRAS


Xa está no aire!

Centos de amigos e amigas (cuios correos electrónicos temos) están recibindo nestes momentos este texto:

Estimados AMIGOS e AMIGAS:

Desde fai un ano, O Faiado da Memoria leva preparando e gravando un documental sobre Vilagarcía que leva como nome xenérico Desde dentro do corazón.

Ata agora íamos resistindo como podíamos pero agora, cando chega o momento de rematar a edición, colocar o son, a música e distintos efectos, temos que pedirvos AXUDA.

Axuda en forma de pequenas (ou mais grandes) aportacións económicas, dependendo das posibilidades de cada quen. A cada aportación, desde a mais pequena a mais grande, nos corresponderémoslle cun agasallo de agradecemento.

Por iso, a partires de hoxe, xoves 3 de abril, no enlace www.verkami.com/projects/1878-o-Faiado-da-Memoria, podes realizar a túa aportación se consideras que o traballo que estamos a desenvolver é do teu agrado e merecente do teu apoio.

Pedimos a vosa axuda, por favor.

Gracias pola atención e perdona molestias.

Un saudo.

O Faiado da Memoria.

P.D. O tempo para as aportacións remata o día 12 de xuño. Para calqueira aclaración ou pregunta rogamos que o fagades ben a través deste mesmo correo ou aos teléfonos 672 705 738 (Antonio) ou 986 186 893 (Margarita ou Antonio).

A través das redes sociais tamén estamos enviando mensaxes para tratar de chegar este mensaxe e poder obter a colaboración (pequena ou grande, depende de cada un, pero todas necesarias) para que o noso proxecto chegue a bó porto agora que soltamos as amarras.

De todos vos depende. De antemán, gracias. E se non podedes, gracias tamén.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-05-2012 22:35
DIA GRANDE PARA NOS


Hoxe, xa sabedes, que escomenzamos a campaña de pedir cartos para efectos, sonido e música, do documental adicado a Vilagarcia DESDE DENTRO DO CORAZÓN.

Imos ser sinceros... ¡Tíñamos medo!. Pedir cartos nestes momentos duros que nos atopamos conleva un posible fracaso... Bueno o caso é que estamos emocionados co resultado que estamos tendo... ¡GRACIAS!

Non queríamos irnos a dormir sen agradecer todo o do día de hoxe, o calor que nos brindáchedes coa vosa axuda. Lembrade que se pode aportar desde cinco euros. O voso sacrificio, pensamos, que o veredes recompensado cando vexades o documental.

Vilagarcía na súa mellor esencia, cos seus mellores alcanfores, aromas e rumores de mar.

E lembrar que, despois de estar informados como xa estades, podedes entrar aquí directamente para facer a vosa aportación: http://www.verkami.com/projects/1878-desde-dentro-do-corazon/contribute/select/9403

Gracias a todos e todas e a seguir disfrutando deste blog.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-05-2012 22:33
FELICIDADES CANDIDO

Mañan dia tres de Maio, cumple o noso amigo Candido Castro...¡SETENTA ANOS! Increible pero certo. Moita saude non ten, pero vive a vida todo o ben que se pode. Queremos desde aqui lembrar a seus bos proxenitores, Candido e Martina, rendirlle desde o Faiado o noso sinxelo homenaxe

A felicitacion a Candido e unha excepcion, unha de esas excepcions que as veces facemos os do Faiado. A facemos con fundamento, si esta de viaxe nos axuda por correo electronico e por telefono, si esta en Pontevedra chega a nosa casa duas veces a seman para axudar cas identificacions das imaxenes. Nunca se enfada, nunca quere sair ca sua, sempre fai comentarios....e para colmo sae no documental de Vilagarcia "DESDE DENTRO DO CORAZON"
Mañan un pouco como regalo de cumpleanos imos poñer no blog o video dos participantes no documental...adicado no dia de mañan a Candido o noso amigo.
Aproveitamos para decir que mañan tamen, a partir das nove e media xa formaremos parte da paxina na que vamos estar durante cuarenta dias pedindo axuda para o documental, explicaremolo millor. Hoxe tivemos unha roda de prensa, o documental merece a pena para os que nacemos, vivimos e queremos a Vilagarcia, que ainda tan maltratada sigue a ser un diamante en bruto
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2012 22:18
VENTO EN POPA A TODA VELA...


Este mércores, 2 de maio, vai ter lugar unha rolda de prensa as doce e media da mañán onde imos a informar dunha campaña que vamos a comenzar a partires do mércores día 3.

A cuestión é de que hai unha páxina en internet, que promocionan e axudan a financiación de proxectos que eles cren que merecen a pena.

Nesa páxina imos ter o noso documental, que trata de Vilagarcia, que e vilagarciana a tope, durante corenta días. O mércores, coincidindo coa colocación dun vídeo sobre este tema, tamén o faremos dun enlace para que vos poidades informar e convertiros en donantes deste proxecto.

Pedimos axudiñas pequenas (desde 5€), e si non son tan pequenas... estupendo!. Xa sabedes que estamos a facer os traballos daquela maneira e desgraciadamente todo costa cartos.

A cultura non pode morrer pola crisis. A recuperación de imaxes do Faiado sigue a bo ritmo, pero necesitamos un puliño. O documental consúmenos moitos recursos (cartos e tempo, especialmente, do segundo temos bastante do primeiro nada) e para iso comenzaremos esta campaña que ten como lema axúdanos, por favor. Iso, agora, quedará nas vosas mans.

Rebelémonos contra a tristeza, abarloados coa ilusión, a toda vela pola nosa ría a Ría de Arousa.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2012 09:13
Faleceu Canabal

Era o home de Josefita Durán, a nosa colaboradora e blogueira. Fai uns días puxemos no blog unha foto dela comentando a súa tristeza pola morte da sua mellor amiga, Mercedes López. Hoxe Josefita non o pode crer, estiveron de mozos nove anos e casados... toda unha vida, como di a canción.

Atopamonos agora pola mañán co correo dun familiar de Josefita, onde só nos comunicaba o feito, polo tanto non temos información da hora do enterro de Canabal, como era coñecido. Cando o sepamos, si da tempo, o poremos no blog.

Aos fillos e a Josefita o noso pésame e respeto pola morte da persona que foi un bo pai e un bo home.

A hora do enterro sera as cinco e media da tarde.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 02-05-2012 08:55
[1] [2] 3
© by Abertal