lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Los Duendes de Vilagarcía |
|
 Imos falar un pouco da nosa época mais recente, é decir fai catro días, e vamos a falar de música. E como imos falar de música, loxicamente, falaremos de Alfonso Galbán. Naceu entre nos,ala polo ano 1945. De moi pequeniño seus pais levárono ó colexio das Franciscanas, ou as farrucas como era mais coñocido. Alí, non recorda moi ben como se chamaba a monxa que lles enseñaba solfeo, pensa que era a Madre Carmen, pero o que si sabe e que lle despertou unha cousa que levaba dentro...!A Musica¡. Desde esa, un longo camiño. No ano 60 entra nos Ibéricos, ao mesmo tempo sigue estudiando en Vigo, na Escola de Peritos. É o Director da Tuna da Escola, Participan e gañan en Oviedo o primeiro premio nacional de tunas, corría o ano 1964. En Vilagarcía organiza, con outros, a tuna da vila, que tamén tivo as súas vivencias particulares. Asistía a clases do recordado director, durante tantos anos, da banda de música, Don Marcelo González García, quen lle dedicou a Alfonso un pasodoble chamado "Juventud".
Nos Ibéricos eran os seus compañeiros, Carlos Álvarez Puga, Pablo Rodiño, Waldo Galbán (irmán falecido de Alfonso), Domingo Rodriguez(Mingos), José Luis Sanz e Lucki do Carril.
A idea de organizar Los Duendes foi de Moncho Tubio, que naquel momento era o director da Orquesta Cortegada. E ahí os temos ilusionados co novo proxecto. Eles eran Manolo Suárez, Alfonso Galbán, Mingos, Manolo Conde de Meis, Moncho Tubio, Manolo Reboredo e Pilo de Cambados. Era arredor de 1966. Foron importantes no panorama nacional e incluso internacional. Actuaron en Arxelia e Suiza que era moito para os anos dos que estamos a falar (e ainda para os de hoxe). Foron asiduos da sala Yulia en Madrid e no Garden de Bilbao. LOS DUENDES teñen o seu recuncho importante na memoria dos vilagarciáns dos sesenta e setenta. Non sería de xustiza esquencelos. Fixéronos felices no seu tempo, e imos recordalos. Un agradecemento a todos eles.
Na parte superior vemos a Alfonso Galbán co seu órgano Hammond, nunha foto donada por el mesmo. Na galería Dando a nota poderemos ver unha selección fotográfica que ilustra este post.
Que o disfruten. |
|
|
|
Os Duendes cantan Galicia Terra Nosa |
|
Unha das actividades do Arquivo Social da Memoria é a recuperación da memoria sonora de Vilagarcía. Comenzamos gravando a distintas personas contándonos a súa vida. Recuperamos discursos institucionais. Conseguimos as cancións da cantante Matilde Vázquez. E queremos ter no noso arquivo todo o material posible que a xente poida ter pola súa casa. Esta é unha desas. Trátase dunha gravación, ainda que moderna, do grupo Los Duendes, Galicia Terra Nosa, o mítico tema que popularizaron os Tamara no ano 64. O vídeo que se acompaña nesta audición está composta con fotografías do grupo vilagarcían. Como algúns dos seus comp´ñentes son asiduos a este blog espero que nos ilustren cos seus comentarios algunhas das súas vivencias.
|
|
|
|
A decepción de Salitre |
|
O luns, 11 de maio, emitiuse na tvg a reportaxe "porto de Vilagarcía de Arousa" dentro do programa "Salitre".
Para aquel que non pudo velo en directo sempre pode seguir este enlace e aceder a el dentro da páxina web da compañia de radio e televisión de Galicia.
A reportaxe, para quen o Arquivo Social da Memoria de Vilagarcía realizou unha serie de traballos como a da búsqueda da maior parte das testemuñas e de material tanto gráfica como audiovisual, tivo unha nota de desprezo hacia nos: nin se nos nomea nos títulos de crédito. Logo se nos pidiu disculpas por elo, si, pero era a segunda trompada que se nos daba co mesmo programa. A primeira fora o desplante realizado polo director do mesmo hacia nos durante os días de gravación.
Non é intención nosa personal a da figuración, de feito os nosos nomes desaparecen tras o o xenérico do Arquivo, pero é unha consideración hacia quen te estivo armando un programa pondo todo o seu tempo a súa disposición. A misión que realizamos foi satisfatoria nese senso, é unha pena aquelas que, trala entrevista, non sairon na montaxe final ou que non foron aproveitadas en todas as súas posibilidades, pero esa simple inclusión nos títulos era máis que suficente recompensa. E que nin a Concellería de Cultura, a donde pertenece o Arquivo, se lle fai mención, e, vendo outros capítulos desa serie, non sucede o mesmo en outros concellos.
Pero que lle vamos a facer, sonche as cousas da farándula.
Eche o que hai!.
|
|
|
|
Tres Galerías aumentadas |
|
 Aumentamos cunhas cuantas fotos as galerías de Gaudeamos igitur (5), Os amigos(4) e Sempre emigrantes (con outras cinco). |
|
|
|
34 novas fotos nas galerías |
|

Acabamos de actualizar con 34 novas fotos as galerías de Familia (16), Outra maneira de vivir (9), A Vilagarcía de onte (3) e Tradicións nosas, festas e actos con 6 fotos.
Que disfruten
Na foto da esquerda, donada por Belarmina Ordóñez, tomada ó lado da terraza do Casablanca, nun barquiño, están traballadores da fábrica de conservas PIPLA, entre eles Belarmina Ordoñez cos seus fillos, Lolita, Rubén e Pilar. Pensamos que algun dos nenos de Plaza os acompañen. Estamos a finais dos cincoenta. |
|
|
|
Xente Nosa na TVG |
|
Noticia da exposición de Xente Nosa na TVG
|
|
|
|
|
|
|
|
|