lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

E, sen querelo, chegamos ás 617

A veces un levántase con ánimo traballador e ponse en plan estajanovista e non da parado. Así, sumando as fotografías subidas pola mañán a estas novas subidas pola tarde fan un número total de 617 fotografías nas distintas galerías.

Estas novas fotos (36) forman parte de espazos xa creados con anterioridade.

Son o caso de Os Amigos con 11 novas fotos, Posando, con 7, Soan campás de voda con 15 e Sempre emigrantes, con 3. Chamamos a atención sobre este último espazo:

¿Onde establecemos os balos das distancias? ¿Cando nos consideramos emigrantes? ¿No territorio español podemos ser emigrantes? Imos deixalo no aire, sabendo de xente que vive en Vigo, e síntese moi lonxano de Vilagarcía, sinte que se lle quintuplican os kilómetros, que bota de menos o pobo, a xente, o cheiro a Vilagarcia. A emigracion non e soio a America ou Europa, a xente que traballa en Canarias, Zaragoza, Xixón e que se tuvo que ir de Vilagarcia en busca de traballo, son emigrantes, e a eles vai dedicado unha parte importante de este blog. Gustaríannos conocer historias de vida de toda esta xente que, desde a lonxanía, vos conectades con nos. E saber das vosas vivencias e das vosas imaxes desde o exterior.
.
Deixámolos agora con este novo material. Disfruten
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 30-05-2009 17:08
60 novas fotos para a lembranza

Outra xornada con fotografías novas.

Nesta mañán do sábado 30 de maio, debe de ser por aquilo de que remata o mes ou ben por o calor que hai fora, decidimos pasala subindo material a este voso BLOG.

Ampliamos o espazo de Familia en 14 novas fotografías e decidimos abrir tres novas. Unha leva por nome De bares pero que tamén inclue outros lugares con referencia a hostelería. De algún modo, durante moito tempo, e ainda hoxe en día, os bares e cafeterías eran o punto de encontro das xuntanzas de amigos e sociedades. Este espazo conta, de saida, con 12 fotografías.

Outro novo é Primeiras Comuñóns, con 11. Unha das recollidas mais importantes que temos realizado é a referente os actos sociais: vodas, bautizos e comuñóns. De vodas, como se pode comprobar, xa hai un bo número de fotografías e dentro de pouco abriremos o apartado adicado a bautizos.

E o terceiro dos apartados novos é Atopando detalles (16 fotos). Neste espazo tratamos de buscar detalles ou personas que, as veces, non son o elemento principal da fotografía pero. despois do tempo pasado tras sacala foto, fanse máis interesantes ou son case descoñecidos o ter desaparecido da nosa vida.

Que disfruten.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 30-05-2009 15:11
Abrimos OFICINA con Memoria!!!
Estamos que non collemos dentro de nos. Que saltamos de pura alegría. Como uns nenos con zapatos novos...e acharolados.
Xa temos un lugar, aparte deste virtual, donde poder atoparnos: Nunha oficina da Concellería de Cultura. No segundo piso do Auditorio Vilagarcián dentro da propia Concellería.
Alí poderemos vernos de forma tranquila calqueira mañán. Pódense traer fotografías, documentos, ir a preguntar calqueira cousa, enviar material, contactar para que vaiamos a facer unha visita a domicilio para escanear...que xa temos casa!. Pouco amueblada xa que somos recén casados e con poucos posibles, pero con ilusións de ter un servicio que nos poida achegar máis.

E ademáis se nos pode contactar por teléfono, no 986 51 26 00. Vamos, que mais fácil para contactar co Arquivo Social da Memoria, en dúas palabras, im-posible.

Esperámosvos.

E lembrar que o Auditorio é ese edificio que parece unha caixa, despois de atravesala avda da Mariña cara ó muelle e que está onde antes había mar pero, volo prometo, non se vai afundir...é seguro.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2009 10:21
novo Aproposito para baixar
Fantasias de Severo ó Contra todo y contra nadie e o segundo apropósito que nos enviara Pepe Prego. Este está firmado por Manuel Rey Posse e J. Buhigas Olavarrieta con "incustraciones" de Roman Fernández Gil, coautor de arremángate que hay lama.

Este é un "despropósito cómico-lírico-dramático, de caracter impesionista, en tres actos y una porción de cuadros con sus marcos correspondientes, adquiridos al favor de la baja".

Esta obra, o igual que a anterior, foi editada na imprenta de "Galicia Nueva" e ten data de 1924, 8 anos despois de "arremángate...".

Parte dos actores da outra obra repiten nesta e vemos nomes novos que nos resultan familiares (José Vaello, Manuel Brumbeck, os irmáns Rey Posse,...).

A propiedade literaria foi empeñada "en el monte de la sociedad RECREO LICEO de Vilagarcía, por unha encete a base de lacón, vinos variados y víveres finos...". O presidente da entidade era, naquel ano, Valentín Briones.

Nunhas das estrofas que entonan "los pollos bien" din (con música da zarzuela, la montería):

Criada gentil,
Mucama de mi amor
ven a bailar...
aprenderás el fox

Serás feliz
mientras bailando estés.
Juntos los dos
tu cuerpo estrecharé.

Para ti mi querer
si a la Concha no faltas mi bien
vete hoy allí. Bailarás
conmigo el fox del Club Real.

¡Que placer! ¡Que placer!
es bailar en la Concha mi bien
vete hoy allí. Bailarás
conmigo el fox del Club Real.


Este é o enlace para poder baixar o libriño deste apropósito en formato pdf.

Comentarios (0) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 27-05-2009 11:41
correo electrónico alternativo

Debido a problemas xeneralizados con moita xente que ven como o correo electrónico que nos envían lles vai de volta, engadimos un correo alternativo para que, en caso de devolución, o envíen o enderezo damemoria@gmail.com

Ese será o correo que figure, de forma oficial, na banda esquerda do noso blog.

Gracias e perdoen as molestias que poideran sufrir.
Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 26-05-2009 22:51
Arremángate que hai lama
Fai un tempo o prometéramos e non dábamos conta do recado. Pero como di Pondal "os tempos son chegados".

E aquí temos o primeiro dos apropósitos que Pepe Prego nos enviou no seu día e que hasta agora estivo formando parte da exposición "Xente Nosa" xunto os obxetos de Matilde Vázquez xa que, no seu tempo, o escritor deste texto e verdadeiro dinamizador da actividade cultural vilagarciana, Ricardo Urioste, foi o descubridor e mentor da insigne cantante.

Os apropósitos son pequenas obras teatrais que eran representadas, especialmente, na época do antroido. Son satíricas e fan un repaso, entre risas, do vivido no concello durante o ano que pasa e, as veces, contempla o futuro, non muito mellor qe o que xa pasou.

Esta obra leva por título El dios Momo diputado ó Arremángate que hay lama. Apropósito lírico, cuasi político, triste y aflictivo, en un acto y dos cuadros, parido en el carnaval de 1916. Escrito por Ricardo Urioste e Román Fernández (quenes quedaron completamente "desahogados" tralo remate da escrita).

Podemos ver entre o elenco actoral a Vicente G. Paratcha, irmán do que chegou a ser ministro de comercio durante a República, o irmán de Elpidio, Luis Villaverde, a Manolo Rey López empresario e administrativo do consulado de Vilagarcía e a Valentín Briones, que sería alcalde da vila, entre outros.

Para baixalo só tedes que utilizar este enlace e seguir as instrucións.

Logo a disfrutar coa súa lectura.
Comentarios (0) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 25-05-2009 22:59
Nova seleción fotográfica


As galerías de Outra maneira de vivir e Tradicións nosas, festas e actos renováronse con 10 e 9 fotografías, respectivamente.

Que o disfruten
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 25-05-2009 00:44
Os talleres de Renfe

Luis López envianos un enlace no que se pode ver unha película dos arquivos de Renfe, realizada por Daniel de Linos, no que se poden ver os talleres de Vilagarcía e as obras da que sería a nova estación, e que foi inaugurada o 21 de xaneiro de 1956.



Na foto superior, donada por Jacobo Rey, podemos ver un momento da inauguración da estación que, en breve, vai a realizar remodelacións estructurais. Nela, nun día propio de inverno (estamos en xaneiro), as autoridades, entre elas o alcalde Rey Daviña, e moita xente de Vilagarcía, esperan a chegada do tren inaugural.

Gracias, Luis, por compartir estes espazos e esperemos que cunda o exemplo.
Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 20-05-2009 09:09
E con esta van 500!!!


Esta fotografía donada por Sara e Javier, dun equipo de baloncesto do colexio das Felipenses montado para a festividade de Felipe Neri, fai a número 500 das nosas galerías.

Forma parte do espazo Gaudeamos Igitur que sumou, con esta, 19 novas fotografías.

Pero non son as únicas que entraron neste fin de semana. A galería de A Vilagarcía de onte conta con 12 fotografías mais e a De Barrios con 14.

É momento de porse a velas e comentalas.

Que disfruten.
Comentarios (4) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 17-05-2009 20:01
Como cada sábado, un artigo
Panorámica de Vilagarcía

Ainda que levamos un certo tempo sen engadir ningún artigo co que La voz de Galicia do Arousa vamos a retomar esta función. Non desde atrás senon desde o presente.

Este que presentamos aquí foi o último. Saiu o sábado, 16 de maio, nel, e cunha fotografía dunha postal realizada por foto Martínez e que foi enviada a Escocia desde Vilagarcía según reza a parte posterior da mesma, relata as desaveniencias entre igrexas na Vilagarcía de finais do século 19. Esta postal foi donada o Arquivo da Memoria Social por Luis Silva Pando.


A Igrexa contra Mr. Walpole
Na Vilagarcía de 1878 os párrocos negaban a comunión a quen levase os fillos á escola do mestre protestante
Comentarios (11) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 17-05-2009 11:21
1 [2]
© by Abertal