lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Na memoria de Manolo

De Manolo o ceboleiro, Manuel Suarez Ramos de Trabanca Sardiñeira, fai un mes que finou e non nos enteramos. Hoxe que é o dia da Republica, idea que compartimos Manolo e a xente do Faiado, expreso o noso sentimento pola sua morte. Na miña infancia correteando pola porta da casa sempre escoitaba a miña avoa como falaba de un home que pasaba a diario pola miña porta. Nos viviamos frente a igrexa dos Padres, aquel home cando ia pasar quitaba a boina e cando avanzaba e deixaba atras a capilla voltaba a poñela na testa. Miña avoa relataba o porque, pero eu andaba a miña bola era unha nena e nin caso. O tempo contoume que aquel home era o pai de Manolo Suarez, militante activo da CNT, cando foi o golpe de estado de Franco, os falanxistas de noite coma sempre o foron a buscar, arrancarono da sua muller e fillos, da sua casa, levarono preto de Cambados pegaronlle catro tiros e ali o deixaron tirado nunha cuneta. Non vou entrar en moitos detalles, atoparono uns veciños da zona, o levaron para a sua casa, co tempo puxeronse en contacto ca familia Suarez Ramos....aquelo foi todo un milagriño, construiron un zulo e ali estivo hasta que pasou o tempo suficiente para entregarse.
Manolo nunca esquenceu o que lle pasou a o seu pai, o que viviron en aquela casa, as lagrimas da sua nai...Manolo que a terra che sea leve, como mereces.
Comentarios (4) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 14-04-2015 19:30
Moncho Paredes de festa

Meu primo Moncho hoxe esta de festa porque esta de cumpleanos, cumpleanos especial, ben de saude e un novo estatus o de avo....¡Como pasa o tempo Monchiño¡ A vivir que son dous dias, que o pases ben, que sexas feliz e xa o celebraremos. Unha aperta, FELICIDADES


Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 14-04-2015 07:13
Como no dia da loteria

O caso é que disfrutemos de saude...ainda que ben mirado...non estaria de mais vir co premio para a casa, non poido ser, o levaron os compañeiros que fixeron un documental sobre a traxedia de Angrois, noraboa a os premiados, non queremos esquencer a Marcos Nine da Arousa, amigo noso, un rapaz novo que da gusto velo recollendo premios. Nos outra vez sera, A Volta dos Nove sigue a viaxar polo mundo adiante e sigue a ser piropeada cada vez que a sacamos, e un orgullo visionala, e un orgullo sentirse parte do seu traballo, e un orgullo ter un Antonio Caeiro capaz de crear cousas como A VOLTA DOS NOVE. Saude e gracias a todos

A fotografia é de DIEGO ALCAINE
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-04-2015 10:18
Onte enterrouse Josefita Lourido

Ainda que chegamos tarde non queremos deixar pasar mais tempo sin expresar o noso pesame a familia.


Dña. Josefa Lourido Acosta
(Vda. de D. Santiago Saavedra Garrido)

Que falleció cristianamente el día de hoy,
a los 84 años de edad.
D.E.P.
Sus hijos, Alfonso (Vdo. de Dña. Josefa Martínez Núñez) y Santiago Saavedra Lourido; hija política, Pilar Fernández Madriñán; nietos, Paula, Pilar y Marina Saavedra Fernández y María(), Alfonso y Alicia Saavedra Martínez; bisnietos, Fátima, Jose y Sara María; hermanos políticos, nietos políticos, sobrinos, primos y demás familia.
Ruegan a sus amistades y personas piadosas la tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA SÁBADO, a las SEIS de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio General de Villagarcía, favores por los que les anticipan gracias.
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 12-04-2015 10:05
CHEGOU O DIA


Hoxe e o dia da gala dos premios Mestre Mateo. Xa nos gustaria sair a o escenario e ganar o premio, pero mañan falaremos de eso, mentras tanto somos felices de estar nominados. Gracias porque sin o voso apoio non seria posible.







http://www.crtvg.es/informativos/conta-atras-para-os-xiii-premios-mestre-mateo-1075954
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-04-2015 09:25
Finou Ramon Moral Riestra

Un no persoal nunca esquencera a Ramon, no ano 1974, tivemos un problema familiar grave que Ramon solventou con celeridade e con moito sentimento. Foi un bo empresario e foi unha boa persoa, que os ventos do infinito sexan suaves,como ti mereces. A sua familia o noso sentimento, sinxelo, moi sinxelo.

EL SEÑOR

RAMON SINESIO MORAL RIESTRA
Falleció el día de ayer, a los 80 años de edad, después de recibir los Santos Sacramentos y la Bendición Apostólica,
— D.E.P. —

Su esposa, Nieves Campos Dopazo; hijos, Ramón, Marcos, Rafa (†) y Carmina; hijas políticas, Mar y Sagrario; nietos, Gabriel, David, Carlota, Kiara, Marina, Rosa y Ámbar; hermanos políticos, sobrinos, primos y demás familia,

RUEGAN una oración por su alma y la asistencia a la conducción del cadáver que tendrá lugar mañana viernes, día 10, a las DOCE Y MEDIA de la mañana, desde el tanatorio a la iglesia parroquial de Santa Eulalia de Arealonga, para la celebración del funeral de cuerpo presente y seguidamente a su inhumación en el cementerio municipal de Villagarcía; favores por los que anticipan gracias.

Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, sala 1.
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 10-04-2015 11:39
Hoxe en Sermos Galiza

O noso Faiado na edicion de SERMOS GALIZA donde se nos deu a oportunidade de ser nos mesmos os que contasemos de como naceu esta ferramenta de recuperacion de imaxenes chamada O FAIADO DA MEMORIA. Si podedes comprade o xornal, o artigo o firma Antonio
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 09-04-2015 20:47
Maña Ribadeo

Ahi tendes o cartel da nosa presencia en Ribadeo nunhas xornadas de Memoria organizadas pola Deputacion de Lugo.
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 09-04-2015 08:02
Seman intensa

O venres temos que viaxar a Ribadeo, ultimo pobo de Galicia situado na costa de Lugo, imos proxetar A VOLTA DOS NOVE, nunhas xornadas de memoria, organizadas pola Deputacion de Lugo. O dia seguinte, sabado dia once e o fallo dos premios MESTRE MATEO, a esa gala temos que asistir xa sabedes que estamos nominados. Estamos tranquilos, xa recibimos o premio, que foi a nominacion, o resto e disfrutar de unha gala, a que nunca antes habiamos asistido e atoparlle as cousas boas como e conocer xente que fan as mismas cousas que nos. Xa vos iremos contando

Na fotografia segunda fila esquerda unha xovencisima e guapa Mari Patiño, na compaña da sua cuñada Elma e Carmiña sua nai.
Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 07-04-2015 08:52
Onte con Sita e Angel

Unha invitación dos nosos amigos levounos a Vigo: esperábanos un bó cocido (para Antonio un churrasco). Prometemos que non sabemos como poidemos voltar para a casa. Agora en serio, foi unha tarde moi agradable con uns anfitrións perfetos, desde eiqui agradecer a vosa amistade, as boas formas e as gargalladas que botamos xuntos. Sita e Angel, vémonos o vinteseis na comida do Faiado. Hasta daquela unha boa aperta.

Nota para Angel: hai que comprar outra cámara, Sita sigue a ser un bellezón e con ese antroido de máquina, non queda como é.
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 06-04-2015 09:01
© by Abertal