lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Pasou unha tarde con nos

Tere Briones, a nosa tere, estivo de visita, de vez en cando nos facedes felices cas vosas visitas, Tere è unha fiel seguidora dos traballos do Faiado, pero esquenceusenos que posase con "Desde Dentro do Corazon" gracias Tere
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-04-2013 06:16
Aurita e DESDE DENTRO DO CORAZON

Ela sempre nos bota unha man, nos axuda, aparte de colaborar cando o solicitamos, tamen na parte que lle toca do seu querido Vilaxoan, identifica fotografias, xa sabedes que por distintas razons, temos centos e centos de fotos sin identificar, pois Aurita bota unha man. Dentro de pouquiño chegara Candido do seu periplo invernal. El forma parte da memoria do Faiado. Se lles agradece publicamente
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2013 22:23
El vial al Puerto, la misma piedra 50 años antes

imagen de las obras de construcción de conde
vallellano, que se hicieron en 1955 o faiado da memoria
ARTIGO DE OLALLA BOUZA NO DIARIO DE AROUSA.

Colaboracion "O FAIADO DA MEMORIA"

Fue una obra muy bien recibida por la prensa de la época y probablemente por un buena parte de la propiedad pero, como en todos los casos, está la otra cara de la moneda. La actuación mencionada fue el vial de acceso al Puerto, pero medio siglo antes. No se trata de la carretera inaugurada por el socialista José Blanco hace tres años, pero en su puesta en marcha también tuvo un gran papel un ministro muy vinculado a Vilagarcía.

Se trata de Fernando Suárez de Tangil, más conocido como Conde de Vallellano un hombre clave para el triunfo del franquismo que ocupó el Ministerio de Obras Públicas entre 1951 y 1957.

Fue durante su cargo cuando se decidió la construcción del vial que uniría el corazón de Vilagarcía, por entonces Obelisco (hoy Praza de Galicia) con el Puerto. Lo que entonces se dio en llamar Avenida es hoy una calle más bien de pequeñas dimensiones, aunque también el Puerto se encuentra mucho más alejado de la ciudad que hace cincuenta años.

En ese distanciamiento también tuvo su importancia una obra que supuso la desaparición de estrechas callejuelas que simbolizaban la personalidad del urbanismo vilagarciano. Numancia, Génova y Zaragoza desaparecieron del mapa para dar paso a la “gran avenida” que, como no podía ser de otra manera, pasó a llamarse Conde Vallellano. Un vial sobre el que la prensa de la época explicó que tenía una “indudable importancia para el tráfico portuario y también para el desarrollo urbanístico de la ciudad”.

Medio siglo después, las palabras no han cambiado mucho. Tampoco las formas. Los propietarios de terrenos y viviendas en estas calles tuvieron que someterse a la expropiación forzosa de sus bienes, por los que recibieron una indemnización. Para entregarles el dinero se les citó en el Ayuntamiento aunque bien es cierto que en aquella época no tuvieron que esperar siete años, sino tan solo unos meses.

Eso sí, el proceso estuvo lleno de advertencias. Así, en agosto de 1955 el alcalde Rey Daviña publicaba un bando en el que instaba a los propietarios de terrenos en esa zona a proceder a su vallado ya que si no las obras sería ejecutadas “por brigadas de obreros” y “por cuenta a perjuicio de los propietarios”.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2013 08:40
TODO LISTO PARA A SÚA ENTREGA

Estas torres que vemos aquí corresponden aos deuvedés destinados para os donantes do documental DESDE DENTRO DO CORAZÓN. O apoio a este traballo, tal como figuraba na páxina web de Verkami, tiña premio e esta é a última parte: a entrega dos deuvedés según a cantidade aportada.

Para recollelo podedes pasar pola nosa casa, en Baldosa, 25-2º C (tamén se entra por Arcebispo Lago, 4, na galería de Bershka) e alí estaremos esperando para entregalo e agradecelo. Os que sodes de fora da cidade, chamarnos ao 986 186 893 ou mediante un correo electrónico a damemoria@gmail.com e a ver como facemos para que poidades recibir o voso agasallo.

Moitas gracias por todo.

E lembrar que sempre que queirades facer un bo regalo sempre podedes (e deberíades) ter en conta este documental. Entregaredes un feixe de emocións e recibiredes o doble a cambio.

Saude e disfrutade.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2013 15:21
A VER SE CHEGA O VERÁN

Hoxe toca nova subida, reglamentaria, de semana, os do Faiado temos unha chea de ganas que pase o frio o vento a choiva...¡buf xa esta ben¡ Que veña o vran, e de aquela imos facer unha comidiña con cantarela para botar as penas fora, espantar a crisis e estar xuntos, ¿Que vos parece? Bueno imos deixar que pase un tempo, por agora non pode ser, pero ide preparando as ideas, donde toque que sea agradable.
A subida de hoxe e nas seguintes galerias:

Familia 2

Gaudeamus Igitur 3

Os Deportes Chegaron Coa Escuadra
1

Personas Recordadas
1

Tempo de Antroido
4

Saude e feliz semana. E disfrutade, disfrutade moito porque é o que debemos facer.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 12-04-2013 23:40
Tivemos visita

A mediodia chegou a nosa casa, a sua casa, Luis Carlos Penide, amigo desde a mais lonxana infancia, seguimos agora compartindo tamen o Faiado. Cando solicitamos axuda na pagina de Verkami para o noso documental Carlos foi o primeiro en donar os cartos, o primeiro donante porque a el lle facia ilusion que asi fose. Hoxe viaxou a Vilagarcia veu a vernos e sacamoslle a foto con "DESDE DENTRO DO CORAZON". O efecto e segun Carlos....saindo do seu corazon. GRACIAS AMIGO
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-04-2013 17:25
Dia da estrea

Momentiños antes, matando os nervios na casa con Jose Luis e Cuca, acababa de chegar Marite, que como Lolita e tantos outros son o noso apoio, os nosos avales en sentimentos e forza
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-04-2013 08:29
Vai imparable

O noso documental "Desde Dentro do Corazon" vai imparable, todas as librerias chaman para pedir mais. Nos decia a nosa Marite dias pasados que de precio non pode ser mais barato, pareceriase as coplas en Alcampo. Nos pensamos moitisimo na economia das familias que estan como estan, pero o traballo de casi tres anos non queda outra. De non ser asi iriamos a ruina total. Gracias por mercalo, álgun amigo xa comprou pra o Nadal, os regalos. É outra cousa, gracias a Lolita Camiño pola sua foto promocional
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2013 20:53
Isabel Rey a filla de Jacobo

Non e a nosa intencion desmerecer a Isabel con este titular de foto, mais ben o contrario, seu pai e un home querido polo Faiado, na misma casa na que se admira o traballo de Isabel Rey.

Non foi a gala dos María Casares, na que Xesús Vázquez non apareceu, mais a crítica agromou tamén na entrega dos premios Mestre Mateo, organizados pola Academia Galega do Audiovisual. Algunhas das intervencións sacáronlle as cores ao Conselleiro de Cultura, a máis directa, a de Alberto Díaz, Bertitxi, quen, ao recoller o premio de dirección de fotografía poro Vilamor, interpelou directamente ao máximo representante da Xunta para o sector espetándolle: “Un país sen lingua, sen cultura e sen educación non é un país”. “Cultura contra a mentira” fixeron tamén remexer ao conselleiro na súa cadeira.

Máis doloroso tivo que ser tamén o momento no que a productora de “O Apóstolo” recolleu emocionada o premio a mellor filme. Isabel Rey, productora executiva, saltou por riba das dúas lexislaturas de goberno do PP, para aplaudir a política do audiovisual da Consellaría de Cultura nacionalista no bipartito e, en especial, a “Manolo González e a Axencia Audiovisual Galega, que durante catro anos estivo apoiando xente coma nós que non tiña bagaxe, non tiña traxectoria, e de aí saíron moitos proxectos. Sen iso nós non existiríamos como productora” afirmou. Recibía así Isabel Rey o premio ao mellor filme para O Apóstolo, que tamén recollería o de mellor dirección para Fernando Cortizo, ademais de mellor dirección de produción, son e arte.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2013 20:45
O Apostolo...arrasou

Nos premios Mestre Mateo. E un orgullo para nos, porque é unha pelicula feita por vilagarcians, enche de ledicia o noso corazon.A película de animación 'O Apóstolo' se convirtiu na noite do sábado na gran triunfadora dos premios Mestre Maestro que concede a Academia Galega do Audiovisual alzouse con seis galardons dos vintecinco en xogo.
"Se cadra, non hai demasiado que celebrar". O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Antonio Mourelos, comezou deste xeito o seu discurso na gala da undécima edición dos premios Mestre Mateo. Coas industrias culturais azoutadas pola crise a festa do audiovisual galego non foi allea ás dificultades económicas e sociais, se ben a entrega de galardóns distou moito de ser un acto de vocación reivindicativa. Reivindicativo, aínda que cun aquel optimista, si estivo Mourelos, quen amosou a vocación de "saír adiante" nunha noite que tivo ao filme O Apóstolo, con seis distincións -mellor longametraxe, dirección, dirección de arte, música orixinal, son e dirección de produción-, como gran triunfador da noite.

"Somos conscientes do momento polo que estamos pasando" pero "queremos seguir estando aquí" e iso "non sempre foi así", subliñou Mourelos ante a platea do Pazo da Ópera da Coruña, na que sentaban o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o novo director da AGADIC, Jacobo Sutil. "Sabemos que temos moito que mellorar, pero o que está en xogo é demasiado importante como para deixalo morrer", explica o presidente da Academia. O que está en xogo, di, non é outra cousa que "a nosa propia imaxe" como país, pero tamén a "riqueza" a través dun sector "plenamente capacitado para xerar valor engadido e riqueza".

"O que está en xogo é demasiado importante como para deixalo morrer", di Mourelos
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2013 20:41
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal