lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Manolo o da leña

Finou Manuel Bascuas, era coñecido como Manolo o da leña. Queremos mostrar eiqui o noso respeto a sua familia o completo, a sua muller e fillos. No Carril era toda unha institucion Manolo, casara fai unha chea de anos con Leonor Muñiz e fixose querer integrandose no pobo. A nosa lembranza e o respeto do Faiado para Manolo
Comentarios (7) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 23-04-2011 09:17
O ENCONTRO NO CARRIL


Esta vez adiantámonos ao fin de semana. Mais que nada por que hoxe é día de descanso.

Bueno, descanso para algúns, xa que aquí podedes ver 57 novas fotografías (e para iso hai que traballar) cun tema de acorde os días nos que estamos: a semana santa.

Podedes viaxar por estas tres Galerías e poder disfrutar das lembranzas que vos enviamos:


Creo en Dios Padre...
(10)

O Carril (35)

Vilaxoán
(12)

A Galería de O Carril, con esta nova subida, xa entra no excelso grupo de espazos que sobrepasan as 500 fotografías. Benvida ao grupo.

Disfrutade, pois, desta nova subida semanal e disfrutade tamén destes días festivos que estamos a pasar.

E ir con cuidadiño se estades a viaxar polas estradas, queremos que sigades ahí, atentos a pantalla, axudándonos cos vosos comentarios e vosas historias.

Bicos para todos e todas.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 21-04-2011 19:16
Hasta sempre Maruja

Dias atras o noso colaborador Manuel Morales mandounos esta foto de Maruja Fontanes, sua nai, sua querida NAI. Nos contaba Manolo que o pasado 21 de Marzo habia cumprido cen anos, estaba como unha rosa. A xente do Faiado tivemos o pracer fai unhos meses de visitar a Maruja, e grabarlle as suas lembranzas da Vilagarcia dos anos pasados. Foi un verdadeiro pracer coñecer a Maruja, tamen escoitala, toda unha leccion de vida. Hoxe nos enteramos do seu pasameto porque o seu neto Fernando Varela mandounos un correo aplazando unha cita que tiñamos pola tardiña. Sentimos a sua morte, a sua familia decirlle que foi un privilexio que a sua vida fose tan longa e sobor de todo con toda a memoria e raciocinio que disfrutou. En especial a Manolo e Javier Morales e a Fernando Varela unha aperta de corazon
Comentarios (12) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 20-04-2011 12:15
FAMILIA MORALES

Xa temos aquí a subida do fin de semana.

Trinta e catro novas fotografías divididas entre as seguintes Galerías:

A praia Compostela (1)

A Vilagarcía de onte (4)

Familia (2)

Os bancos de Ravella (4)

Outra maneira de vivir (9)

Traballando duro
(5)

Tradicions nosas, festas e actos
(5)

Cornazo (4)

Esta semana, o xoves, 14, o Faiado estrenou o documental ARDE MADRID no concello de Nigrán. ¿Por qué en Nigrán?. Pois por que fumos invitados pola concellería de Cultura (da que é concelleiro o noso amigo Juan, posiblemente, o novo alcalde) dese pobo para que o fixéramos alí e nós, loxicamente, aceptamos. Simplemente.

Neste enlace poderedes ler un artigo de Alberto Leyenda publicado en El País do fin de semana e no que fai un percorrido sobre o que el viu nesa estrea. Pronto, se as cousas van de forma adecuada, será exhibido en Vilagarcía.

Agora disfrutade con esta nova subida.

Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 17-04-2011 18:17
A TORRE E TRABANCA, NOVA GALERÍA DO FAIADO

Abrimos hoxe un lugar no blog que tíñamos como proxecto fai unha chea de tempo. A partires deste momento entra no Faiado da Memoria a Galería de A Torre e Trabanca, lugar no que sempre nos sentimos na nosa casa, xentes especiais, que no vivir diario e coas súas formas, fálase de todo tipo de rivalidades que o transcurrir do tempo encárgase de desmentir, lévanse ben, son bós veciños e os do Faiado damos fe delo.

Así pois, abrimos esta nova Galería (A Torre - Trabanca) con 27 fotografías.

E a partires de ahí temos as seguintes Galerías e fotos:

A praia Compostela
(5)

Familia
(7)

Os amigos (5)

Vilaxoán (11)

Estas son as fotografías que nos quedaban por subir do plan de fin de semana anterior. Despois deste paso por unha semana horribilis que nos estaba a consumir, estamos de novo na senda e con mais forzas que nunca.

Vai para todas e todos vós que sempre tendes un alento que nos fai voar hacia adiante, como en volandas.

Gracias e disfrutade.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 12-04-2011 19:58
TIVEMOS UN POBO MARABILLOSO


Pero ainda estamos a tempo de non perdelo de todo.


Hoxe non dou tempo a facer unha subida máis grande pero mañán continuaremos.

só nos deu tempo a rellenar a Galería de "A Vilagarcia de onte".

Non pensedes que os esquencemos, en absoluto, simplemente e que non damos abasto, tende paciencia.

E, de momento, ir disfrutando con estas dez fotografías.


Comentarios (3) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 10-04-2011 21:55
Marisa a da Arrancadeira

Hoxe subimos o noso blog unha foto de Marisa Cuevas a esquerda xunto a sua irman Lolita que ten en brazos a Alfonso e a sua veira a carlos seu irman pequeno. Marisa enterrouse onte con sesenta e un anos, unha enfermidade cruel a levou para sempre. Marisa era o meu ídolo de infancia , a nena de S Lucia que mais mariquitas tiña, eso acompañado dos rococos que seu cuñado Checa nos poñia de vez en cando no piso de arriba do bar Arrancadeira, nos facia que Marisa fora algo especial no barrio. Lembraremos sempre os seus ollos de mirada picara, o seu flequillo rubio e os buratiños na cara cando reia.
A Suso, as xemelas e a Yoli un abrazo moi grande. Para Marisa compañeira de infancia decirle que o que mais se lembra cando un vai cumprindo anos e a infancia, por eso a Ela non a esquenceremos. Hasta sempre AMIGA


donada por lola cuevas
Comentarios (3) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 06-04-2011 20:41
TRAILER DO DOCUMENTAL "ARDE MADRID"
ATENCIÓN. CAMBIO DE LUGAR DA PREESTREA

Deixámosvos aquí un trailer (exactamente un cacho) do documental Arde Madrid, que vamos a preestrear o día 14 de abril (xoves) na praza de Panxón en Nigrán (Pontevedra). A hora sigue sendo as 21:00 horas. Anteriormente estaba previsto o pase no Auditorio de Vilagarcía pero debido os últimos acontecementos decidimos cambiar o lugar. Esperamos que nos perdonedes os que tiñan pensado aparecer por aquí.

Arde Madrid
narra a historia dos nenos e nenas que viviron en Madrid durante os tres anos que durou a Guerra Civil española.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-04-2011 15:23
O FAIADO DA MEMORIA informa

Hoxe podemos ler esta noticia no Diario de Arousa:

El Faiado da Memoria rompe su relación laboral con el Concello por desavenencias con el PSOE


f. frieiro > vilagarcía. El Faiado da Memoria acaba de anunciar la ruptura de las relaciones laborales que lo mantienen vinculado al Concello de Vilagarcía por desavenencias con el grupo de gobierno del Partido Socialista. Así lo comunicó ayer el colectivo cultural que lleva varios años trabajando activamente con el ejecutivo vilagarciano en el apartado vinculado a la cultura y a la recuperación de la memoria histórica de la capital arousana. Al parecer el germen de las desavenencias culminó en la celebración del pleno ordinario del pasado jueves en el que hubo cruce de acusaciones entre miembros destacados del Partido Socialista y componentes del Faiado da Memoria. En la sesión salieron a relucir cifras que, presuntamente, cobrarían los miembros de este colectivo cultural por los proyectos que realizan para el Concello y que ellos mismos califican de ?falsas? y ?malintencionadas?.

Los miembros del Faiado denuncian que desde la parte socialista del gobierno local se filtraron de forma ?interesada? datos relacionados con los pagos que, en teoría, se le realizaban a este colectivo, un acto que desde el Faiado consideran totalmente ajeno a la privacidad de cualquier vinculación laboral.

Así las cosas, parece que las declaraciones de los que durante todo este tiempo han apostado por poner en funcionamiento y mantener el Arquivo Social da Memoria no están dispuestos a quedarse callados. Señalan que en unos días harán públicas las retribuciones ?que hemos cobrado por nuestro trabajo y que suponen una media de 500 euros al mes y eso pagando autónomos?.

Desde el Faiado insisten que en Ravella se le debe muchísimo dinero, pese a que durante los últimos tres años han promovido, según ellos, un total de cinco exposiciones, un festival de música mítico y un blog que se actualiza a diario con fotografías y aportaciones de personas afincadas en distintos puntos del mundo que guardan algún tipo de relación con la capital arousana.

Con el BNG > Pese a que a día de hoy en Ravella continúa gobernando el bipartito del PSOE y el BNG, los miembros del Faiado da Memoria quisieron hacer una excepción clara con el nacionalista Xosé Castro Ratón con el que han colaborado codo con codo todo este tiempo.

De él dicen que están a su disposición de ?forma gratuita e personal? para todo lo que necesite.

Tras este sorprendente anuncio y con las elecciones a la vuelta de la esquina queda pendiente ahora por saber qué pasará con el Archivo que en principio estaba previsto para la emblemática Casa de Doutor Carús, en Trabanca Badiña, u otras muchas iniciativas que quedan ahora en el tintero.


Os blogeiros e blogeiras que siguen este espazo de memoria non deben preocuparse xa que seguirá funcionando e dando disfrute ainda que caian chuzos de punta. Se xa se traballaba 24 horas o día, 365 días o ano (os bisestos un día mais), por un precio de 0 pesetas (0,000 ?) non íamos a deixalo por non cobrar nada (que é tanto como 0).
As cousas polo amor o arte é o que che teñen.
Comentarios (53) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2011 16:20
ARDE MADRID, o documental

O próximo 14 de Abril as 21:00 realizaremos a preestrea do documental ARDE MADRID na Sala de Conferencias do Auditorio de Vilagarcía.

O documental, do que é autor o membro do faiado, Antonio Caeiro, e coa música de outro amigo, Juan carlos Porto, relata a vida de varios nenos e nenas no Madrid da Guerra Civil. Hoxe, 75 anos despois de comenzada aquela guerra fraticida, 13 personas nos relatan as súas vidas no medio de bombardeos, fame, medo e esperanzas.

Comenzado a gravar no ano 2005, conta coa participación de Eduardo Haro Tecglen (unha das súas últimas entrevistas xa que o gravamos en xaneiro e morreu en outubro), Concha Carretero, Ángeles García-Madrid, Vicente Ibañez, Manuel Sánchez, Felisa Trampal, Carmen Ortiz, Maruja Borrel, Martín Blanco, Carlos Sánchez, Nieves Torres, Cristobal Yagüe, Jesusa Martín e Julia Redondo. Nenos e nenas de entre 7 e 20 anos (a maioría de idade estaba nos 23 anos) no ano de comenzo da guerra, 1936.

A produción está realizada polo propio Faiado da Memoria co apoio do Ministerio da Presidencia do Goberno de España.

Esperamos contar coa vosa presencia na sala para que poidades disfrutar (a veces cunha certa angustia) das historias que alí se contan.

Gracias e, se podedes, contarllo as vosas amistades.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2011 10:00
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0