lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Homenaxe a Juan Barcala |
|
 Gaiteiro de Cornazo, a o que os seus amigos e compañeiros, asi como a sua familia siguen a botar de menos desde aquel dia de Xuño do 2021, en que se foi para sempre.
Mañan temos ocasion de mostrar o noso cariño polo gaiteiro de Cornazo, integrante de grupos como Leixapren. Juan escomenzou no mundo da musica galega na Banda de gaitas creada por D Marcelo Gonzalez, un home patrimonio de todolos vilagarcians como director da Banda de Musica.
Non deixedes de asistir a o acto de mañan no Auditorio, entrada libre e de balde.
Por Juan Barcala, co noso agradecemento.
|
|
|
|
Finou Gorecho |
|
 Mal remata Marzo no noso pobo, outra desaparicion mais que toca o corazon a unha chea de xente, morreu Gorecho, Manuel Martinez Lopez, fillo de Maruja é Emilio, irman de Milucho e Carlos. Criouse nas casas da Renfe, xogando na rua, xogando na praia, entrou no Colexio de Aprendices da Renfe, Gorecho era unha persoa moi vital, cheo de amigos, cheo de vida, acaba de darnos un pau a sua desaparicion. Ainda non hai esquela, cando chegue por suposto a colocaremos.
Mentras a sua dona, fillos irmans e resto da familia e amigos, o noso considerable sentimento pola desaparicion de un dos nosos, de Gorecho, botaremolo en falta, pra que nunca se vaia de todo. |
|
|
|
31 de Marzo do 2023, venres |
|
.jpg) As subidas de hoxe son en SOBRADELO, OUTRA FORMA DE VIVIR, TASCAS é CENTROS DE TRABALLO, O RAMAL.
En portada, boda en Cornazo, remata o mes no que deixamos atras a invernada e chega a primavera, recorrendo Galicia, da gusto vela, os cores verdes estan espectaculares, temos unha terra maravillosa.
Bos dias, a coidarse, a ser felices |
|
|
|
Finou o Pai de Eloy Puga |
|
 Pois dentro da tristeza, da traxedia que significa non voltar a vela xente que un ama que, as veces como neste caso, tamén hai unha parte de alivio, non vai sufrir mais.
Eso pasa co xenro de Santalla, Juan Carlos Puga Riveiro, quen logo dunha longa enfermedade, onte pola noite, cansouse e rodeado dos seus, abrazados aos fillos e a súa dona, colleu a maleta e dixo adeus... Tiña 63 anos, aínda non era tempo, pero non somos quen de poñela data na que nos temos que ir.
Os seus restos vélanse no Tanatorio de Arousa, todo o día de hoxe. Mañán, polas dez, celebrarase un acto relixioso na capela do propio tanatorio.
Enviamos a súa familia unha aperta calida e prolongada, sabemos do sufrimento que están a vivir, ao noso compañeiro Eloy, o seu fillo mais novo, ánimo. O coidado do Pai, foi primordial para toda a familia, o viaxe iniciouno rodeado da xente que quería, desde a súa casa, rodeado dos seus seres queridos, a sua dona, os fillos, a nora é o netiño Jairo, unha luz nos seus últimos tempos. |
|
|
|
30 de Marzo do 2023, xoves |
|
.jpg) Subidas en SAN ROQUE, TASCAS E CENTROS DE TRABALLO, O CARRIL.
En portada, Vita Dios, filla de Sara e Fernandiño, de pequena, nunha imaxen moi innovadora, moi distinta a epoca en que foi creada.
O tempo corre que voa, estamos a rematar Marzo.
Bos dias, a coidarse. |
|
|
|
29 de Marzo do 2023, mercores |
|
 Subidas en Vilaxoan, é Santa Lucia.
En portada, fotografia de varios botes e motoras no mar de Vilagarcia, como homenaxe do FAIADO DA MEMORIA a un espacio, o marino, o mar, con unha profunda relacion cos vilagarcians desde tempos inmemoriais, que nos roubaron, por intereses economicos de familias tuteladas polo franquismo.
Pois, bos dias, estamos na primavera. |
|
|
|
28 de Marzo do 2023, martes |
|
 Subidas en OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA,OS DURANS, TASCAS E CENTROS DE TRABALLO.
En portada Carolita Abelenda, moi querida na vila, desaparecida moi nova.
Bos dias, a coidarse. |
|
|
|
Finou Juan Carlos Gonzalez Quintans |
|
 De Trabanca Sardiñeira, traballador da banca, familia moi coñecida na nosa vila, tremendamente apreciado, a sua familia, dona, fillos, netos, en definitiva a toda a sua familia, o noso sentimento de pesar pola ausencia de Juan Carlos, que por certo nunca se ira de todo. |
|
|
|
27 de Marzo do 2023, luns |
|
.jpg) Subidas na LOMBA, O CASTRO é OS DURANS.
En portada, fachada maritima do Carril, A Covacha, Vita Dios con unhas nenas, supoñemos veciñas, a o fondo as fabricas de Baltar e a MENSA, a casa que vemos xunto o arbore e a de Montero, na actualidade o restaurante ESMORGA.
Bos dias, escomenzando a derradeira seman do mes de Marzo. |
|
|
|
Onte en San Sadurniño |
|
 A última das propostas co gallo do 8 de Marzo programouse para este as 19:00h tamén na Casa da Cultura, coa proxección do documental “Eu tamén necesito amar“ dirixido por Antón Caeiro.
A peza, da que se puido ver unha pequena mostra na segunda edición do Chanfaina Lab (daquela o documental aínda estaba empezando a gravarse) trascende a reflexión dos roles femininos durante o franquismo para analizar a represión da liberdade afectiva da muller por parte do Estado, quen usou como principal ferramenta o fanatismo ultracatólico da Sección Feminina e da propia Igrexa afín ao réxime.
Antón Caeiro participará na presentación do filme -que conta cos testemuños de varias mulleres de San Sadurniño- e tamén na mesa de debate que se abrirá xusto despois da proxección. O pase é con entrada libre.
Fotografia creada polo concello de San Sadurniño, a concelleira de Igualdade Ara Bellas, presentando o documental EU TAMEN NECESITO aMAR, xunto a Antonio Caeiro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|