lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O dia catorce de confinamento.

Vivimos nunha situacion extraña, pero os que nacemos e criamos no franquismo sabemos perfectamente o que pasa con estados de excepcion, toques de queda é outros medos vividos anteriormente. O ser human non naceu pra vivir sometido,calado,con medo, sin liberdade.
Esto de ahora e unha situacion de prevencion, estamos absolutamente de acordo co confinamento, é unha medida que nos protexe, animo, pasara, o tempo corre a favor. Bos dias, todos con saude.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 28-03-2020 08:27
Dia trece de confinamento

Si Amancio Ortega se publicita, penso que O FAIADO DA MEMORIA, tantos anos entretendo gratuitamente, de balde mostrando o noso material, os nosos documentais, empleando un tempo importante a o servicio da nosa xente, non ten menos merito que o home mais rico do mundo.
O confinamento non se leva tan mal, o pior é perder vidas, a ver si esto pasa pronto e irganizamos algo pra vernos, porque vivimos catro dias.
Boa data, saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-03-2020 08:21
Hoxe cumprese a data doce de confinamento

Tamen esta a rematar Marzo, na nosa vida pensamos que ibamolo a vivir de tal maneira, non vos quepa duda que este Pais coma todos ira dando pasos e superando os problemas. Crisis de saude na etapa contemporanea hubo unha chea de elas, a gripe do dezaoito, a tuberculosis, o SIDA, as infeccions cando non existian os antibioticos, a poliomielitis...o que desde logo ai que adicar mais cartos a sanidade publica e tamen a investigacion, temos moito traballo por diante, pero o caso e vivir. Bos dias, moita saude

Na imaxen de outros tempos a familia Caeiro de Oia.
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 26-03-2020 08:59
A nosa colaboracion ca nosa xente
Outro documental de O Faiado da Memoria que liberamos para estes tempos de pandemia e confinamento. Trátase dun traballo "de rebote", feito cando realmente íamos a facer outro.

Tratase de EL RUIDO Y EL SILENCIO, sí, en castelán.

Na Semana Santa de Andorra (Teruel) toda a vila sae a rúa a tocalos tambores. Os viciños que participan, non todos o fan por motivos relixiosos, e nesta obra óllase o fenómeno tanto do punto de vista dos que profesan fe como dos que viven a Semana Santa como un evento social mais.

Un lamento sonoro de morte e resurección para uns e unha tradición sen crencias para outros. Unha sinal de identidade como pobo, en cada caso.

O ruido xúntase co silencio das procesións, imaxes e cofrades, co recendo da primavera

Na Semana Santa de Andorra (Teruel) toda a vila sae a rúa a tocalos tambores. Os viciños que participan, non todos o fan por motivos relixiosos, e nesta obra...Outro documental de O Faiado da Memoria que liberamos para estes tempos de pandemia e confinamento. Trátase dun traballo "de rebote", feito cando realmente íamos a facer outro.

Tratase de EL RUIDO Y EL SILENCIO, sí, en castelán.

Na Semana Santa de Andorra (Teruel) toda a vila sae a rúa a tocalos tambores. Os viciños que participan, non todos o fan por motivos relixiosos, e nesta obra óllase o fenómeno tanto do punto de vista dos que profesan fe como dos que viven a Semana Santa como un evento social mais.

Un lamento sonoro de morte e resurección para uns e unha tradición sen crencias para outros. Unha sinal de identidade como pobo, en cada caso.

O ruido xúntase co silencio das procesións, imaxes e cofrades, co recendo da primavera



Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 26-03-2020 08:40
Compartir sentimentos

Pois hoxe a noticia do Faiado e que Antonio esta de cumpleanos, un cumpleanos moi sintomático, entra na década da madurez plena, dos que acollen a vida con unha media sonrisa, sesenta anos, pois… moi bo dia .
O 2020 vai ser o ano do triunfo do teu documental homenaxe a tua Nai e tamen a teu pai, donde se proxecta ten o éxito asegurado, tiñamos unha chea de presentacions que se foron a o traste polo confinamento, pero abrirase a veda en calquer momento.
Tamen estrearemos LOLA un traballo que tanto ten que ver co teu mundo de creador e tamen na nosa relación de home e muller. A xente ten que ver ese traballo, impresionante.
Tocounos a vivir esta tempada uns tempos distintos, especiais, un pouco difíciles. O facemos XUNTOS como tantas cousas que vivimos desde o ano 2007 en que decidimos coller o mesmo camino. Hoxe na casa pois e festa, lastima que non poidamos invitar a nadie pero viran moitas luas para estar ca xente querida.
Mentras tanto facemos un brindis por todos os que estades aí.
Pois bueno, feliz data, feliz mes, feliz ano, feliz década….feliz vida Un bico.
Comentarios (74) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 25-03-2020 08:00
Haro Tecglen en ARDE MADRID
Pois documental de fai unha chea de anos creado por Antonio con unha recollida de testimonios orais a os que eran nenos no Madrid sitiado, acosado, o Madrid do no pasaran. Os nenos que tantas miserias e fames pasaron falan no noso documental que desde hoxe podedes visionar na paxina do Faiado. Octavo dia de confinamento, moita paciencia, saude, boas noites



Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 21-03-2020 22:03
Septimo dia de Confinamento
Aproveitade para ver este traballo encadenado e creado por Antonio con peliculas de Super-8. O seu titulo é RESONANCIAS DO PASADO. Non o perdades, clickear e aproveitade pra ver unha Vilagarcia descoñecida, marabillosa.
Hoxe abandoamos a invernada e abrazamos a primaveira, boa falta nos fai, a todos. Feliz nova estacion, moitisimo animo e saude. Bos dias



Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 20-03-2020 08:10
Sexto dia de confinamento

Con unha lembranza a Jo Tarrio de Vilaxoan, nos anos cincoenta patroneaba un barco propiedade da familia Escobar de Vilaxoan, na madrugada do afundimento do Cabo Razo foron recollendo xente polo mar adiante e levandoas a terra.
Bo dia, a organizarse para non ter problemas, moita saude.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 19-03-2020 09:13
Agasaio do FAIADO DA MEMORIA


Antonio e mais eu nunca poderemos esquencer todo o que vivimos cando nos adentramos na investigación e gravación do afundimento do Cabo Razo.

Daquela data que estremeceu a tódolos habitantes da ría de Arousa, o pobo, a nosa vila, non esquenceu.

Coa nosa personal lembranza que aquí vos deixamos para que disfrutedes, o documental que Antonio creou, logo desa amplía investigación que nos levou ao País Vasco, entre outros lugares, un traballo de campo que rematou nesta historia, a cuarta do traballo completo que leva por nome DESDE DENTRO DO CORAZÓN e que hoxe poñemos en aberto para que chegue a todos os que estades metidos na casa pola situacion de emerxencia que estamos a vivir.

Forma parte da nosa historia, a min me gustaríame contar coa opinión dos que a vades a vivir, a visionar.

Desfrutade e ánimo

Boas tardes


Comentarios (4) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 17-03-2020 19:07
Cuarto dia de confinamento

Tampouco se esta tan mal, a verdade é que uns levamolo millor que outros, non hai nenos que sempre e mais difícil mantelos datas enteiras na casa. Hao moitas cousas que se poden facer, poñer música, bailar, ler, falar ca xente da casa, falar por teléfono ca xente querida…en fin unha chea de actividades. Pasara pronto, nos veremos todos, e celebraremolo. Unha aperta para todos.
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 17-03-2020 13:45
1 [2] [3]
© by Abertal