lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Remata Marzo

E mañan con moita esperanza, escomenzamos o mes de Abril, primavera a estoupar, pra nos comenza ca liada de organizar a exposicion sobre a Transicion no mes de Maio, e dentro duns dias xornadas adicadas a memoria, que remataran o dia 13 ca inauguracion do Tercer Roteiro, no lugar que corresponde a os asesinatos en Vilagarcia o dia 15 de Agosto do 1936. Escomenzamos o mes facendo xusticia da man de INICIATIVA CIDADAN DE VILAGARCIA. Bos dias
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-03-2019 10:37
Proxetos, para Maio

Pois bos dias, ainda estamos rematando Marzo, e xa estamos pensando que, por alá, a principios do Maio-maiño, temos en mente inaugurar unha exposición sobre a transición, da que temos moita ilusión en facela, porque nós, Antonio e mais eu, a vivimos dunha forma intensa.
Non pedimos subvencións ao respecto xa que a procuramos facer coas nosas posibilidades, medios e amigos (non porque non necesitemos os cuartos para pagar as impresións, carteis, etc), non imos vender nada nesa exposición, pero ao loro, onte solicitamos por escrito no concello, mais ou menos trinta marcos donde poder colocalas fotografías, marcos que son patrimonio do Concello, polo tanto patrimonio de todos, nos e vos, eses marcos que xa foron utilizados por outras xentes, outras asociación, para outros traballos. Nos mesmos utilizamos outros marcos do concello o pasado mes de Abril. Tamén tres ou catro vitrinas para os obxetos físicos que queremos instalar na exposición.
Esperamos que non exista ningún problema, porque mirade ben o que se lle solicita, a ver si a cuarto intento, polo menos, contestan.
A ver que pasa.

P.D. A exposición farase igual, como llo dixemos a aquela conselleira de cultura(¿) dun anterior goberno deste concello. A exposición fíxose, mellor do que estaba pensado e ela deixaba, dous meses despois, de ser concelleira de aquilo e do goberno.
A imaxen que colocamos co texto é a presentación publica, da candidatura as primeiras eleccions municipais do PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA en Vilagarcia, o acto con unha importante expectación celebrouse no Restaurante CARBALLINES o dia trinta de Decembro do 1978.
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 29-03-2019 09:26
O meu Antonio de cumpleanos

Hoxe é vintecinco de Marzo, Antonio, o meu Antonio, o que me da Amor, fortaleza, sobor de todo en horas baixas de saude, esta de cumpleanos?desde que nos coñecimos e a primeira vez que eu non lle podo facer a sua festa?(A farei nunhos días e algún de vosoutros me botaredes unha man)
Antonio, querote, hoxe na distancia dolorida, seguro que me doe mais o corazón, por non estar na casa, que as feridas causadas pola ciruxia. Pola tarde, dareiche un bico,botote de menos... moito, moito. FELICIDADES
Comentarios (5) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-03-2019 15:56
Finou Faustina

Habia nacido en plena cuenca minera asturiana, en Mieres, Faustina era descendiente de vascos, muller de caracter forte, a cuenca, as minas, foi a traballar, Francisco de Fontecarmoa, atoparonse, namoraronse e casaron, tiveron dous fillos, a pequena, Sandra del Valle, que xunto o seu home Martin Cores, coidaron amorosamente a Faustina, na sua derradeira etapa de vida. Nunca habera consuelo na morte de unha Nai.
A toda a familia de Faustina o noso sentido pesame nestes momentos tan duros que estan a vivir.

NOTA a hora do acto relixioso ainda non esta confirmado. Gracias
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 23-03-2019 22:37
Anunciamos unha seman de vacacios

Tamen que chegou a primavera, espectaculo marabilloso nos nosos lugares das Rias Baixas, con unha imaxen do Bar Juanito do Carril, damos os bos dias e vos desexamos moita saude.
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 23-03-2019 09:25
O xoves escomenza a primavera

Polo tanto un dia antes, o mercores dia vinte remata o inverno....temos moitisimas ganas de botar fora todolos invernos, pero este foi un pouco duro, polo tanto imos recibir con moitos desexos esta primavera, que no nos defraude e que se porte ben.A fonte da auga mais rica do mundo a vemos na imaxen, e a fonte natural da Illa de Cortegada.Bos Dias, SAUDE
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 17-03-2019 08:07
Onte en Compostela



Púxose en contacto con nos a tutoría de Historia do Instituto Xelmirez 2 de Compostela, cursos de primeiro e segundo de Bacharelato. Solicitáronnos a proxeccion do documental A Volta dos Nove, aparte pedian unha hora mais para un debate sobre o documental unha vez rematada a proxección.

Ala fomos, e moi grato para nos que os mozos se impliquen no tema da historia do País.

Cando chegamos, no vestíbulo do Instituto, tiñan unha Exposición moi lograda sobre a Republica e a guerra e represión en Santiago.

Unha tarde moi especial que agradecemos.

Bos Días
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 13-03-2019 09:12
Finou Tinita Hevia

Funcionaria da Seguridade Social, filla do medico Hevia no Carril, casada co Doctor Gabriel Bravo, desde o Faiado, expresamos o noso pesame e respeto a figura de Tinita, na data do seu pasamento. Tinita foi donante de fotografias a o Faiado


" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hija "
Dña. Clementina Hevia Barros
"TINITA"
(Vda. del Dr. D. Gabriel Bravo Unda)

Que falleció cristianamente el día de hoy,
a los 93 años de edad.
D.E.P.
Sus hijos, Begoña y Gabriel Bravo Hevia; hijos políticos, César Debén y Teresa Bueno; nietos, Yago, Inés, María (?), Begoña, Gabriel, Bea y Paloma; sobrinos, primos y demás familia.

Ruegan a sus amistades y personas piadosas la tengan presente en sus oraciones. La velación de sus restos mortales finalizará MAÑANA MIÉRCOLES, a la UNA MENOS CUARTO de la TARDE, y a continucación se procederá a su incineración en el Crematorio de Arosa, en la intimidad familiar. Los funerales por su eterno descanso se celebrarán a las CINCO Y MEDIA de la TARDE de MAÑANA MIÉRCOLES, en la Iglesia Parroquial de Santiago de Carril, favores por los que les anticipan gracias.


T. 986 501 101 - www.ppffa.com
Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 1
Vilagarcía, 12 de marzo de 2019
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 12-03-2019 21:06
Imonos explicar.

A diario recibimos preguntas dos porques este ano non se celebra a típica xuntanza do Faiado?pois aquí Margarita esta pendiente de unha operación de hernia, que realmente me ten bastante limitada. Iso e todo. ´Cando remate, imos facer festa rachada para todos os que a estades esperando. E verdade, a vida hai que darlle lustre e vivir os bos momentos, a tope. Polo tanto esperade un pouquiño , ou o que marquen os xestores de esas listas de espera na que desde logo debo ter moi mala sorte porque non se asemella para nada a os tempos de espera que os periódicos contan que se están a dar. Bueno bos días saude para todos.
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 12-03-2019 09:08
Jose Carlos Da Silva, moitas felicidades

O noso amigo Jose Carlos esta hoxe de cumpleanos...¡Parabens¡ Esta xubilado, esto é unha boa noticia porque rematan os madrugons e o traballo diario, ten tres fillos marabillosos, dous netos que fan que a vida sexa mais bonita, e fai uns dias publicouse no Faro de Vigo a historia de una investigadora do Carril que traballa na investigacion oncoloxica, nun centro americano...é Victoria, filla de Marivi e Jose Carlos, Parabens doblemente, polo cumple e por ter unha filla como a que ten. Bo dia, temos que celebralo.
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 10-03-2019 08:21
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0