lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O domingo....XUNTANZA

O próximo domingo dia doce temos os do Faiado unha comida moi numerosa na que por suposto intentaremos divertirnos, pásalo ben, darlle a benvida a primavera, pechamos o inverno con unha laconada fina de esas que che deixan asentado para toda a seman. Os que non se anotaron ainda teñen tempo, e as duas da tarde no churrasco de Rubians. Vemonos, bos días, saude
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 08-03-2017 08:33
Outra alegria nos MESTRE MATEO

Olga Osorio e Xan Galiñanes, noso amigo de Cambados, de novo voltaron a sair ao escenario na gala dos premios MESTRE MATEO, celebrada onte. O premio foi a mellor curta, esta vez dirixido por Olga e producido por Xan. Eles alternan os seus traballos e acaparan premios, o ano pasado levaron un MESTRE MATEO ao mellor video-clip. A nosa sinxela felicitación pola súa labor no mundo galego do audiovisual. Non queremos que se nos escape o orgullo que sentimos porque no equipo do corto EINSTEIN-ROSEN, que levou onte o premio, atópase unha vilagarciana: Leticia Ocaña, filla dos nosos amigos Mari e Roberto... e decir Vilagarcía tamén está representada nos premios a través de Leticia. Noraboas infinitas e unha chea de parabéns...sodes uns/unhas ARTISTAS
Comentarios (7) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 05-03-2017 16:34
Falta unha seman

Pra xuntarnos no Churrasco de Rubians as duas da tarde do dia doce nunha nova reunion do Faiado da Memoria. A estas alturas xa somos un bo grupo pero imos subir mais, coma sempre nos ultimos dias. Xa sabedes o que teña gana de despedir o inverno e recibir a primavera imos ter a oportunidade de facelo xuntos o proximo domingo. Moita saude, bos dias
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 05-03-2017 08:30
Escomenza o Marzo

E temos a sensacion que se entorna a portiña da primavera, nestes momentos esta a chover finamente na nosa Vilagarcia pero imos encher o corazon de esperanza porque estamos un pouco cheos de inverno.
Xa sabedes que pra o dia doce domingo, no churrasco de Rubians, celebra o Faiado da Memoria o seu xantar tradicional nestas datas, sera unha laconada a o precio de doce euros, xa rondamos as cincuenta persoas pero podedes seguir apuntandovos, non sexades timidos.
A fotografia que abre Marzo e dos nosos amigos Sita Calvo e Angel Fresnedo nun viaxe a Croacia, con eles bos dias e moita saude
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-03-2017 08:29
[1] 2
© by Abertal