lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O MEU AVÓ TIÑA UNHA IGUAL

Xa se estrenou o documental de "O meu avó tiña unha igual" cos que colaboramos desde O Faiado da memoria con fotografías onde a Vespa, personaxe central do traballo, está presente dentro das fotografías do noso arquivo.

Dentro da súa páxina podedes informaros deste traballo onde o coñecido presentador, Gonzo, fai as súas funcións de comunicante.

Aquí podedes ver un clip promocional deste documental


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2016 16:29
A Virxen de Cortegada

Sempre temos que decir que os do Faiado non temos ideas relixiosas, para ben ou para mal esto e asi, pero cando onte Antonio chegou cas imaxenes e fotos como a que estamos a enseñar o corazon puxose a cen por hora. Xa sabedes que estamos a facer un traballo de homenaxe a os colonos de Cortegada, eles en aqueles tempos facian unha romeria da sua Virxen cada oito de Septembro, polo respeto que nos merecen porque as tradicions hai que poñelas en valor agradecemos a colaboracion que estamos a ter no Carril e en Vilagarcia. Moitas gracias e bos dias
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2016 08:37
Seguimos con problemas na casa nova

A xente non pode entrar a facer comentarios e as cousas milloran de forma moi lenta. A ver cando nos dan via libre e se solucionan todos os atrancos que este cambio que nos non pedimos nos trouxo. Disque temos que ter paciencia
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2016 08:18
Moitas, todas as felicidades

Para o noso Amigo e compañeiro Jose Carlos Da Silva, hoxe esta de cumpleanos e unha data importante na vida da xente, rl hoxe lembrara unha chea de cousas que pasaron a o longo da sua vida...como todos nos. Quixeramos ter a capacidade de pulsar un boton é que a maxia fora un talisman na sua vida, porque lle queremos, porque el o merece. Bueno amigo, saude e moitas boas cousas, parabens e saude de parte de Margarita e Antonio.




Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-03-2016 08:27
Polas Mulleres

Hoxe que e o dia Internacional da Muller Traballadora a o Faiado se lle ocurre homenaxear a todas as mulleres que nos anos cuarenta cincuenta para atras e para diante, sin recursos, sin medios, sacaban a sua familia adiante. Os homes marchaban a traballar elas eran as que manejaban o entramado familiar, algunhas iban as fabricas da conserva donde lle pagaban unha miseria, permanentemente explotadas, outras lavaban a roupa dos señoritos nos rios de Vilagarcia, no Con, na Pastrana...etc, outras vendian leite polas casas, outras "servian" nas casas pudientes as veces somentes pola comida. A esas mulleres protagonistas de unha epoca negra na historia de este pais, a esas mulleres que non tiñan un titulo, unha licenciatura pero que foron unhas vitimas do momento, homenaxeamos hoxe no Faiado, é
agradecemos o seu esforzo por abrirnos camiño. Bos dias
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2016 08:26
A nosa Elena de cumpleanos

E luce o sol, o ano pasado estaba cheo de nubes, este ano compartimos moitas cousas, moitas mais que antes....¡Que tiñamos de abondo¡ Amiga, queremoste, e no dia de hoxe que foi o que tua Nai decidiu que viñeras a o mundo...¡Moitos parabens e boas partituras¡ Unha aperta desde a nosa casa




Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 06-03-2016 08:09
Informacion da Casa Nova

En cada fotografia na parte de abaixo hai tres figuriñas, un ollo que significa o numero de visitas que tivo a fotografia, un corazon que ben a decir que che gusta o que se ve e si a dereita ten un numero quere decir xustamente os comentarios que tivo a fotografia. De momento isto foi facil. Para entrar na casa nova ahi tendes o link, a direccion




http://ofaiadodamemoria.org/projects/view/6
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-03-2016 08:00
Pilar, felicitat

Moltes felicitats! Per molts anys!Hoxe Pilar Verdaguer a nosa blogueira catalana esta de cumple e nos desde aqui a felicitamos con unha fotografia da boda dos seus pais e ca musica que a ela lle gusta. Pilariña, un bico e a ser feliz



Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-03-2016 07:34
Hoxe e dia de cumpleanos

A nosa querida Merchi Cora amiga nosa de...¡buff eu que sei¡ Esta de cumpleanos e non imos pasar sin agasallala como ela merece...Con unha foto dos seus pais e unha boa cancion dos nosos tempos mozos. Merchi, de hoxe nun ano, feliz dia, queremoste





Comentarios (5) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-03-2016 07:22
Imos sabendo

A peticion de Mari Patiño de que quiten unhas poucas de marcas de auga das fotografias xa esta cursada xunto a outras que hemos feito pola nosa conta, entre elas que se reintegren os comentarios que non estan. O que pedimos e que si algo non se entende que mandedes un correo preguntando non quedar sin saber porque nos estamos a facer o mesmo. Bos dias
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-03-2016 07:11
© by Abertal