lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe Festival Primavera do Cine, 2014
-No encontro participaron a guionista da película Os fenómenos, Jaione Camborda, e os directores dos documentais A viaxe de Leslie e A volta dos nove, Marcos Nine e Antonio Caeiro
-Álvaro Santos destacou ?a gran oportunidade que supón para os nosos alumnos aprender dos mellores profesionais do cine e o audiovisual?
-A iniciativa forma parte dos Encontros Mestre Mateo, organizados pola Academia do Audiovisual Galego como preámbulo á XIII edición destes premios
Os alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC compartiron este xoves experiencias con tres dos candidatos á mellor longametraxe e documental aos Mestre Mateo 2015, dentro dos Encontros que organiza a Academia do Audiovisual Galego como preámbulo á gala de entrega destes premios. Na mesa redonda participaron Jaione Camborda, coguionista da película Os fenómenos; Marcos Nine, director e montador do documental A viaxe de Leslie; e Antonio Caeiro, director e guionista do documental A volta dos nove.
No acto de presentación, o patrón da Fundación TIC Álvaro Santos destacou ?a gran oportunidade que supón para os nosos alumnos aprender dos mellores profesionais e, neste caso concreto, coñecer de primeira man como se elabora un guión de longametraxe, o proceso para a elaboración dun documental e a importancia fundamental que ten a montaxe no produto final?. Santos subliñou que ?este contacto directo co mundo do cine e do audiovisual é un dos piares do noso modelo de formación, de feito, un dos nosos convidados, Marcos Nine, xa é un vello coñecido dos alumnos, aos que lles impartiu unha master class na EIS?. Ademais, lembrou que este ano ?cinco traballos dos nosos alumnos e titulados estiveron entre os preseleccionados aos Mestre Mateo e diversas categorías?.
Longametraxe e documentais finalistas
Os fenómenos opta á mellor longametraxe xunto a A Esmorga, El Niño e Schimbare, e Jaione Camborda ao mellor guión, xunto co director da cinta, Alfonso Zarauza. A película, que conta no o seu reparto con Lola Dueñas e Luis Tosar, é un drama de corte social que aborda a crise do sector da construción a través dos ollos dunha muller. A protagonista decide volver ao seu pobo natal e, despois de numerosas dificultades, atopa un emprego de peón albanel.
A Viaxe de Leslie e A volta dos nove compiten cos documentais Angrois no esquecemento e Funes, o inventor da lúa. Ademais, o director de A viaxe de Leslie, Marcos Nine, tamén é candidato á mellor montaxe. De feito, este documental ten un gran traballo de edición, xa que está realizado por completo con material de arquivo, co obxectivo de recrear a morte dun dos grandes actores de Hollywood, Lelie Howard, protagonista da mítica Lo que el viento se llevó. O documental afonda nun fito histórico: o falecemento do actor nas inmediacións de Cedeira, tras ser derribado o avión no que viaxaba en xullo de 1943 por varios cazas alemáns.
Polo que se refire a A volta dos Nove, no que traballaron durante oito anos Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro, céntrase en relatar a historia dun ?paseo? durante a guerra civil española, no concello de Baiona. Neste caso, é un traballo de memoria oral no que se descubre a enigmática historia dunhas cruces que durante máis de 40 anos foron marcadas no chan da curva Bombardeira do quilómetro 58, na estrada entre Baiona e A Guarda.
Xa vedes que hoxe vai de cousas bonitas, como ten que ser, non queremos deixar pasar o cumpleaños de Lidya Corujo, presente no proxeto do Faiado desde sempre, desde os seus inicios, Lidya esta de cumpleaños e non queremos que se nos esquenza. Amiga, sabemos do teu ano un pouco feo en saude, ti e mas nos imonos cara a os días de sol, de luminosidade que nos alegran a vida. Moitas felicidades, moitos cumpleaños por vivir xuntas e con alegría.
A nosa Mercedes Paz esta de cumpleaños, ela que é moi viva estase a preparar para o inicio da primaveira, que este ano promete de aquelas primaveiras cheas de cores e de vida, por todo o que levamos sufrido de inverno. Xa a vedes cos pes metidos na auga da Praia Compostela Mercediñas que sexas feliz que veña bonito o ano, que a vida merece a pena vivila. Queremoste
Temos que pedir perdon, dias pasados estibo de cumpleaños Manuel Abelenda, Litos, para o que non o coñecedes o home da nosa dicharachera blogueira Pilar ou Aurita a Monxa. Esquenceusenos o cumpleaños e casi tamen se nos esquenceu o respirar, pero todo se andara, Litos a seguir cumplindo, con parches ou sin eles o importante e vivir?Moitisimas felicidades
Dias pasados, sin enterarnos morreu Zoila que era a sogra de Eduardo, a consogra do outro Eduardo e sobor de todo a nai de ZOila da dulce Zoila que nos acompañou co resto da familia na ultima festa de agosto no Galeon...bueno esta familia a que tanto queremos non empezou o ano con bo pe...pero como tantas familias...onte enterrouse eiqui Maria a do bar Ramal, non pudemos poñer nada, porque non estabamos en condicions fisicas de facelo...¡Canto o sentimos¡
Para Zoila, seu pai e Eduardo unha aperta moi grande, nadie morre si se lle sigue a lembrar, nos queremos unha foto da que se foi para tela con nos, para que non se alonxe de todo. A familia Garcia Fernandez sabemos o que lle querian a Zoila e o que estan a sufrir, desde aqui entrelazamos os sentimentos que nos fan sentir. Animo, moito animo
Non fai sol, pero vemos un dia luminoso, estamos na casiña, importante palabra para nos, imonos a os pouquiños animando, e a ver si collemos ritmo, estamos xuntos de novo, saudamos un por un a todos, agradecendo as chamadas, mensaxes e visitas, non sabedes en que cantidade, emocionadamente lle subides o animo a calquera. GRACIAS
Onte cando chegabamos do hospital do Salnes sonou o teléfono para anunciarnos o deceso nunha casa de Vilagarcia, nunha casa querida respetada e amiga, o pasamento dun neto de Ramiro Caamaño, fillo do tamen chamado Ramiro e de Rosita a xefa de Telegrafos en Santa Lucia a principios dos sesenta. Cando recibimos a chamada , intentamos contactar ca familia pero non foi posible. Sentimos o dor de todos eles, Ramiro era una persoa xoven, moi difícil de asumir a sua perda, a sua ausencia. A toda sua familia espresarlle o noso sentimento de pesame, nestes momentos de tristeza.
Precisamente cando tiña que estar facendo unha boa festa pola nominacion da VOLTA nos premios Mestre Mateo, veu a por min un catarron que desde o primeiro momento vin que non era comun, que algo raro habia. A o chegar a o ambulatorio puxeronme oxigeno e non vou seguir porque esa noticia non e de este blog de MEMORIA.Teño todo abandoado, pero hoxe vexo un punto de milloria. O dia 26 de Abril domingo, faremos unha comida en honor de Rita Garrido, porque a merece, xa empezaremos a contar
Estimados Amigos e Amigas, é para nós "motivo de orgullo e satisfación" o de comunicaros de que, a pesares do que pensábamos, acabamos de ser nominados para o premio "MESTRE MATEO" ao mellor documental.
O audiovisual arousán está de enhoraboa, e non o digo por nos, modestia aparte, senón que, na mesma terna documental tamén figura o noso amigo Marcos Nine de A Illa, co seu A VIAXE DE LESLIE. E o Galiñanes, de Cambados, tamén está nominado en animación.Gracias a todos
Ninguén, como José Carlos Da Silva, coñece o Faiado da Memoria por dentro. Os medios técnicos cos que contamos, o seu asesoramento e outras cousas, son moi importantes para nós, tamén para vó. Estamos convencidos de que xa non habería nin blog, nin páxina, de non ser pola súa participación.
Hoxe día dez (día do traballador galego, por outra parte) está de cumpreanos, día especial.
FELICIDADES meu amigo, mereces todo o bó do mundo e incluso do extranxeiro.