lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Para Lucia Santiso Rolan

Lucía vive en Mérida, xa sabedes, en Badajoz... a vida da tantas voltas!. Ela é, pola parte paterna, neta do señor Santiso,(por certo mañán estará de cumpleanos outra das netas do señor Santiso, pero eso para mañán).

O señor Santiso, aquela inesquencible persona que era oriunda de Cornazo, pero que casou coa irmán de Mariano Alba, e foise a vivir a Rubiáns de Arriba.

De dito matrimonio naceron Carmen, Casilda (morta aos vinte anos), Sefucha, Lecha, Maruja e por fin o pequeno, que foi un home, puxéronlle de nome José.

José Santiso Alba que chegou a ser un importante contratista, do seu matrimonio con Tinucha Rolán naceron Mari Carmen, Julia e Lucía... e é esta última a que hoxe cumple anos. É moi noviña pero xa esta elevada a categoria de nai. Lucía. ímosche adicar un disco, desexámoste toda a felicidade do mundo, como mereces, desde o Faiado saude e bó ano.



Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 05-03-2014 17:03
Para Manuel Abelenda

El é Manuel Abelenda mais coñecido como Litos, hoxe está de cumpleanos, e hai que celebralo, a vida de Litos na actualidade e a do reposo do guerrero, descansar a placer na sua casa, Litos traballou moito, nun traballo bastante ingrato como era vivir das bateas, o mar queima, no inverno a vida dos mariñeiros e terrible. Bueno como Litos xubilouse todo e unha vida de relax, como el merece, é un home cheo de paz. Os do Faiado e a sua dona Pilar Alcalde (Aurita a monxa) adicamoslle a cancion de Juan Pardo "No me hables" Bo dia Litos, moitas felicidades


Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 05-03-2014 08:28
Maria Luisa Mareque

Maria Luisa Mareque, ela e a dona do noso Eduardo, pero Maria Luisa e moito mais que ser a muller de, a dona de. Danos un pouco de envidia cando estamos con esta familia comprobar o que se queren, como se levan, non temos duda que formou parte da criansa, da educacion dos valores que se inculcaron...Maria Luisa eres marabillosa, hoxe tocache a ti, o Faiado quere felicitarche polo teu cumpleanos, nada co que ti mereces, pero è o que temos. Feliz cumpleanos que disfrutes de eses seres que creaches e da compañia de Eduardo, compañeiro fiel e leal dos ultimos sesenta anos. Queremoste Maria Luisa, felicidades, Machin canta para ti.


Comentarios (10) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-03-2014 07:32
Pilar Verdaguer

A fotografia conta ca imaxen dos avos, tios e nai de Pilar, a nosa prima residente no barrio de Gracia en Barcelona, prima que recuperamos gracias a o Faiado. É bizneta do lembrado Jose Ramos de Cortegada, fillo de Roque, Jose foi inspetor da Transmediterranea e sempre botaba unha man empleando xente do Carril. A nosa Pilar esta hoxe de cumpleanos, ela esta enamorada da musica e imoslle poñer "Let It Be" Dos Beatles. Que sexas moi feliz, bo cumpleanos e longa vida.



Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-03-2014 07:14
Con moito humor

Esta e a paxina nova, hai xente moita que non sabe que existe, imosllo recordar de vez en cando





http://ofaiadodamemoria.org/album.php?idioma=gl&ano_inicio=1890&ano_fin=2014
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2014 08:51
Para Maria

Maria Doval é a propietaria da panaderia-pasteleria "A Despensa"antes de ser todo esto Maria puxose en contacto con nos para que as suas fotos pasasen a ser tamen fotos do Faiado. Maria e neta de Jose Luis Caeiro, bisneta de Delfin o do club, filla da unica filla de Jose Luis Caeiro e a sua dona. A nai de Maria que finou moi noviña imola lembrar hoxe con alegria, porque hoxe Maria esta de cumpleanos, sua nai poderia estar satisfeita, Maria e sobor de todo unha boa persoa, e as nais a o fin e a o cabo é o que pedimos. Imoslle adicar unha cancion en positivo, que pases un dia moi feliz Maria, un ano moi feliz, o mereces, desde o Faiado desexamos paz saude e felicidade para a tua vida.

Vivir mi vida de Marc Anthony para Maria Doval

Comentarios (7) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-03-2014 07:53
HOXE NA TELE

Hoxe dia 1 do Marzal as oito e cuarto da tarde na Television de Galicia (TVG) no programa "No bico un cantar" saimos os do Faiado contando o que facemos entre todos. Xa fai tempo que Teresa Abuin e o seu equipo estibo na casa entrevistando a Antonio, xa nin lembrabamos, pero chamou Teresa para decir o do sabado. Non esquenzades
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-03-2014 08:33
Cento un anos

Da anexion Carril-Vilaxoan-Vilagarcia. Anexion que significou moitas cousas, menos triunfalismos e certo que Vilagarcia millorou...e ¿Os outros? Pois igual non foi tan bonito. Fose o que fose a data e hoxe un de Marzal, mes no que escomenza a primaveira, escomenza o antroido, sigue a faltar traballo para a xente pero non perdamos o alento e a esperanza, teremos que recuperar dereitos. Imos ca primeira foto de Marzo, son as festas de Agosto do 1977, tras os gaiteiros un grupo de xente de Vilaxoan, entre eles Juan Bouzas e Manolo Chocolate. Vai por Carril-Vilaxoan-Vilagarcia
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-03-2014 07:49
[1] [2] [3] 4
© by Abertal