lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

A casa Nova

Esto que nos pasa os do Faiado eche como unha nai cos seus fillos: a todos lle quere.

Entón sabemos que a casa vella é unha casa que vos gusta visitar, pero da nova, algúns de vos, nin siquera sabedes que existe. Aquí abaixo vos deixamos o enderezo para que entredes a vela, tratadea ben, é moi agradable, e rexistrádevos, non costa cartos, e só hai que facelo unha vez e poderedes comentar a gusto.

Pasade estades na vosa casa

Clica aquí para acceder a páxina nova de O Faiado da Memoria


Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-03-2014 08:20
Para Jose Carlos Dasilva

Un cacho de amigo, porque cando se é un cacho de persoa...pois eres un cacho de home, de pai, de irman...de todo, por suposto o que deciamos, un cacho de amigo, que o Faiado e sobor de todo Margarita e Antonio, se pracen en disfrutar. De hoxe en un ano, moitas felicidades porque ti as mereces Todas.


Comentarios (6) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 10-03-2014 14:00
Para Javier Deaño

Hoxe esta de cumpleanos, fai a intemerata o celebrabamos xuntos, a vida nos levou por camiños distintos, eso non quere decir que o cariño rematara. Javier o noso regalo unha foto da tua nai, aquela Esther Couso que sempre esta na nosa memoria. Tamen a sua cancion preferida.

Felicidades Amigo


Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 10-03-2014 09:06
Finou Benedicta Caeiro

Dña. Benedicta Caeiro Castro
(Vda. de D. Domingo Campos Mouriño)

Que falleció cristianamente el día de hoy,
a los 96 años de edad.
D.E.P.

Sus hijos, Marilí(), Mingos(), José, Chito, Mariló y Pili Campos Caeiro; hijos políticos, Josefa Bello Abalo, Mª José Alonso Maneiro, Manuel Gómez Casal y Anselmo Martín Sánchez; nietos, Tati, Fredi, Alfredo, Mª Jesús, Diego, Xandra, Iria, Jacobo y Víctor; nietos políticos, Ana Moroño Díaz, Tania Vidal Álvarez y José Sánchez Ferrer; bisnietos, Antía, Anxo, Adrián e Irene; hermana, Pilar; sobrinas, Mª Jesús y Nina; hermanos políticos, demás sobrinos, primos y demás familia.
Ruegan a sus amistades y personas piadosas la tengan presente en sus oraciones y asistan a la misa que tendrá lugar MAÑANA DOMINGO, a las CINCO Y MEDIA de la TARDE, en la Capilla del Tanatorio y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio General de Villagarcía, favores por los que les anticipan gracias.
Los funerales se celebrarán el Lunes, día 10 de Marzo, a las SEIS de la TARDE, en la Iglesia Parroquial Santa Eulalia de Arealonga.
Nota: Saldrá un ómnibus a las 16:30h. desde Carril, pasando por Guillán y La Torre, para la asistencia al sepelio y regreso.
O Faiado da Memoria expresa o seu pesame a sua familia
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-03-2014 09:27
Cuando el carnaval desafiaba al franquismo

Charanga do Carril con Ricardo Crespo Juanin Catachus entre outros.

Artigo de Olalla Bouza no Diario de Arousa, colabora O Faiado da Memoria

Eran unas fiestas prohíbidas (aunque toleradas) por la dictadura y fue precisamente durante esos años cuando el “entroido” mantuvo su espíritu más libre, espontáneo y crítico. El pueblo era dueño de estas fiestas que se celebraban a bombo y platillo por las calles de Vilagarcía desde primera hora de la tarde del martes del carnaval, oficialmente “fiestas de primavera”, hasta el alba del día siguiente. Los premios y la elegancia se dejaba para el interior de las sociedades recreativas, donde las familias y grupos de amigos se las apañaban con presupuesto “low cost”, como se diría ahora, para hacerse con los afamados galardones y al mismo tiempo pasar un buen rato y mantener una tradición muy arrragaida en la villa.
Enrique, Avelino y Ricucho Campos, Pepe y Dito los “pitilleros”, Marina Casabella, Lola la de los churros, Batalla, Paxarín, Juan Morenza, Ricardo “el del Puerto”; los choqueiros de peñas como Sulfato, de Vilaxoán, o la Charanga, de Carril, forman parte de la memoria de generaciones enteras de vilagarcianos que vivieron de forma espontánea el carnaval, sin gobierno que los organizase. Precisamente hoy, cuando los martes se trasladan a domingo por lluvia, no está de más recordar a los que salían a la calle contra viento, marea... y dictaduras.
Comentarios (3) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 09-03-2014 08:35
Optica Jimenez

OPTICA JIMENEZ (VARILUX) VILAGARCIA DE AROUSA
ACTIVIDADES
OPTICAS
DESCRIPCIÓN
Gafas de sol graduadas, lentillas, líquidos para lentillas, gafas deportivas, lentes progresivas, fotocromáticos, gafas infantiles, graduación de la vista...
M. PRINCIPAL
VARILUX

INFORMACIÓN
Tu eres único. Tus ojos, también. En Óptica Jimenez determinamos tus medidas visuales con Visioffice, el instrumento de medición más avanzado del mercado, mediante el cual podemos obtener una precisión hasta 5 veces mayor para tus lentes.
SERVICIOS

Exactitud y calidad en la graduación de la vista.
Control del glaucoma.
Medida tensión ocular.
PRODUCTOS
Lentillas mensuales y diarias.
Lentillas especiales de hidrogel.
Gafas deportivas graduadas.
Lentes polarizadas graduadas.
Lentes progresivas.
Lentillas de colores, etc...
MARCAS
Arnette
Bulgari
Barbie
Carrera
Clic
D&G
Dolce & Gabbana
Lacoste
Neo
Dakley
Pierre Cardin
Prada
Ralph Lauren
Rayban
Versache
Vogue

HORARIO
De lunes a viernes de 10:00 a 13:30 y de 16:30 a 20:30. Sábados de 10:00 a 14:00. Horario de verano: de 10:00 a 13:30 y de 17:30 a 21:00.
DISPONIBLE
Se aceptan tarjetas
CONTACTO
Alejandro Cerecedo, 19 Bajo - 36600 Vilagarcia de Arousa (PONTEVEDRA)

Principal/Fax » 986 507 449

www.optica-jimenez.es

opticajimenez@mundo-r.com







Optica Jimenez colabora co Faiado da Memoria



Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 08-03-2014 07:54
Falan con nos de nos

“Un pensa se a historia de Galicia non estará sustentada sobre piares de resignación”
Antón Caeiro prepara ‘A volta dos nove’, un documental sobre unha das moitas historias de dignidade dos que nunca aceptaron a infamia franquista. Aínda que tivesen que agocharse para protestar. Falamos con el deste filme.

Antón Caeiro prepara ‘A volta dos nove’, un documental sobre unha das moitas historias de dignidade dos que nunca aceptaron a infamia franquista. Aínda que tivesen que agocharse para protestar. Falamos con el deste filme.


Moito tempo antes de que se institucionalizase o traballo de recuperación da memoria histórica, había xa creadores que quedaran prendidos pola arela de dar voz a que non contaba na historia oficial. Un deles era, e segue a ser, Antón Caeiro. Toda a súa obra está marcada pola guerra civil e as súas consecuencias. Pola experiencia dos que perderon. Tras realizar filmes como ‘Aillados’ e ‘A memoria dos tempos do volfram’, prepara na actualidade ‘A volta dos nove’, o relato de todo un símbolo da dignidade dos que nunca aceptaron a barbarie franquista. Antes fixera tamén ‘Arde Madrid’, sobre o asedio desta cidade. Aínda que o franquismo están presente en todo o que asina. Tamén en ‘Desde dentro do corazón’, homenaxe a Vilagarcía integrada no seu proxecto ‘O Faiado da Memoria’.

‘Desde dentro do corazón’ é parte dun proxecto máis amplo, ‘O Faiado da Memoria’, que naceu para recuperar material arredor de Vilagarcía. Desta volta, céntrase o traballo na relación da xente co mar. ‘Historias do mar’ é a primeira parte. En que consistirá a segunda?

O Faiado da Memoria é un proxecto de recuperación de memoria gráfica, audiovisual, documental e sonora de Vilagarcía e contorna. Desde o seu nacemento, oficialmente en 2008, vén recollendo material, casa por casa, contando nestes momentos cun arquivo de máis de 100.000 elementos gráficos dixitalizados, así como 40 horas de vídeo con memoria, películas desde os anos 30 aos 70 e outros documentos. Este material está a disposición de quen o desexe utilizar ou ver no blog do Faiado ou na súa páxina web. Polo tanto contábase cun material moi rico e era difícil resistirse a non facer un traballo documental con este traballo.

Aí é cando nace ‘Desde dentro do corazón’. Debido á cantidade de historias humanas que tiñamos por contar decidimos facer dúas partes, unha, a que rematamos e que leva por subtítulo “historias de mar” e outra que será “historias de terra”. A primeira mostra, a través de catro historias mais unha que fai de nexo de unión, a relación da vila co mar, ben pola súa memoria, pola súa perda, polo traballo ou pola traxedia. A segunda parte tentará narrar as historias que se desenvolven sobre a terra firme.

Mais a historia é tamén eixo de boa parte doutros proxectos teus, como a recente ‘Arde Madrid’, sobre o asedio de Madrid na guerra civil. Como comezou ese interese polo audiovisual centrado na historia?


O meu interese reside nas pequenas historias sobre un trasfondo histórico. Na maior parte dos casos o pano de fondo é a Guerra Civil. Nos primeiros manexos coa cámara de super 8, e a partir de pequenos anacos de película creara unha curta baseada en sons e imaxes do máis variado, desde curros ata probas de ficcións pasando por experimentos vangardistas. Contaba con 16 ou 17 anos. A curta titulábase ‘Historias de xente sen historia’.

Aquilo desapareceu co paso dos anos. Pero esa idea de traballar con xentes que, na teoría, non forman parte da historia (a sagrada historia) quedoume atrapada na cabeza. Despois nacerán, a partir de 1986, os primeiros documentais de Historia Oral que, máis adiante, alguén chamará de memoria histórica. Eu aínda sigo coa miña primeira definición. Traballos, como “Aillados”, que non contaban con moita aceptación en certos sectores da “forma-oficial-de-contar-a-historia”. De feito, este traballo que sae á luz en 1988 non se fará coñecido ata o 2004-5, case vinte anos despois de ser estreado.

Tamén en relación con iso, preparas o documental ‘A volta dos nove’, da túa triloxía galega da guerra. Xa fixeras ‘Aillados’, sobre o cárcere da illa de San Simón, e ‘A memoria dos tempos do volfram’. Por que deixastes para o final a que é, cronoloxicamente, a primeira das historias?

As cousas van xurdindo sobre a marcha, non é algo que un busque. En 1988 estreamos ‘Aillados’ que relata a vida dos presos republicanos confinados en San Simón. Despois de distintas montaxes e dun libro polo medio, realizamos no 2001 a versión definitiva da montaxe que se pode ver hoxe. Pero non será ata o 2006 cando comece a ter unha difusión máis aberta. No 2004 rematamos ‘A memoria nos tempos do volfram’ sobre a posguerra. E dentro de pouco teremos rematado o documental ‘A volta dos nove’, que nos fala da memoria e o desexo de que ela perdure a través do tempo. Este traballo, cronoloxicamente, malia ser o último realizado, sería o primeiro desta “tristeloxía galega”.

‘A volta dos nove’ conta a historia do asasinato de nove presos en vinganza pola morte dun falanxista no tiroteo con dous fuxidos agochados nunha casa. Alguén debuxou, durante 40 anos e sen ser descuberto, nove cruces na estrada en memoria dos represaliados. Escolliches esta historia polo seu simbolismo?

Todas as historias teñen un principio que che xera un interese por elas. ‘Aillados’, foi a fixación naquela illa que vías na ría cando ías no tren cara a Santiago. O Volfram nace a partir da investigación sobre a colonia penitenciaria de San Simón, na que atopamos unha carpeta cos datos sobre os presos políticos nas minas de Fontao. A Volta lévame á miña infancia, nese momento no que escoitas historias fantásticas sobre pantasmas e unhas marcas que aparecen en Baiona. Todo era moi secreto. Moitos anos despois volves sobre esas historias e deixas que unha parte desa “mitoloxía fantástica da guerra” se coe dentro do traballo.

Pero era esa mensaxe, que nos leva a aqueles versos de Cernuda de “Recuérdalo tú y recuérdalo a otros”, o que máis me atraía. Aquelas marcas no chan eran unha mostra valente do rexeitamento por un asesinato e dos seus asasinos e a forma de que aquela historia non desaparecese nunca das lembranzas dos veciños. Despois, cando vas entrando na historia, vas preguntando, vas fixándote en que aquelas cruces lémbranos, si, a infamia realizada contra nove persoas do Val Miñor.

Pero quedaban atrás tres persoas máis e o documental, na súa parte máis extensa vai fixarse en dúas desas tres persoas, coñecidas como os Ineses. Especialmente en Pepe, un anarquista, naturista, vexetariano, impartidor do esperanto, un home que se enfrontaba, coa palabra, contra as desigualdades e que vivía consecuente coas súas ideas. Un home que, en palabras dunha testemuña, naquel centro “Francisco Ferrer” de Sabarís, non só lles aprendía esperanto e repartía sardiñas cando había fame, senón que lles aprendía “a vida”.

Unha “cinta magnetofónica” dálle continuidade narrativa a esta historia. Mais, sobre todo, o documental baséase en historias orais. Como deches con estas fontes? Hai distintas visións: testemuñas, descendentes dos represaliados…


Cando no ano 2005 se prepara unha homenaxe aos mortos daquel suceso, o fillo dunha das vítimas envía unha carta desde a Arxentina, a un fillo seu, en Galicia, contándolle os feitos que aconteceron naqueles días de outubro. Collemos esa idea argumental e convertemos a carta nunha cinta que faga que as testemuñas orais puidesen unir as súas narrativas nun fío continuo. O orador “magnetofónico”, que aparece en moi contadas ocasións, forma parte, do documental, como testemuña propia.

Pero todo nace na procura, ben por coñecidos que te guían ou por outras testemuñas que te encadean dunha a outra, das persoas que poidan formar parte da historia. Persoas que sexan testemuñas directas do que estamos a contar. Moitas delas, desgraciadamente, non puideron chegar a contarnos a historia, máis que nada porque se empezou moi tarde. Pero non existe, practicamente, pluralidade xa que pola parte dos vitimarios hai unha cerrazón sobre esta historia. De feito tentamos entrar nos arquivos do concello de Baiona para tentar atopar algo de luz sobre algunhas partes da historia e foi unha tarefa imposible.
Polo tanto a historia constrúese con persoas que, sen querelo nin buscalo, atopáronse no lugar dos feitos ou cos fillos e fillas dalgunha das vítimas que van desenvolvendo as súas dorosas lembranzas diante da cámara.

Como non había imaxes da época, recorrestes a partes ficcionalizadas: reconstrucións dos feitos. Como foi esta parte do traballo?

Nesta vida é moi importante contar con amigos. Non fai falla que sexan moitos, pero si bos. Pablo Millán e Ana Lombao, ao marxe de ser artistas, vivían no mesmo barrio, nos Tilos, en Teo. Despois de mirar o seu traballo de animación de ‘A meiga chuchona’ propúxenlles usar ese mesmo sistema de animación para este traballo documental. A idea callou. Era difícil mostrar unha situación do que non existe practicamente nada salvo unha nota de prensa que aparece da mesma maneira tanto no ‘Faro de Vigo’ como en ‘El Pueblo Gallego’ (periódico expropiado que se convertera, naquel momento, no voceiro da Falange). Nada máis. E outra cousa era non utilizar reconstrucións dramatizadas dos acontecementos. A partir diso, e entre as distintas testemuñas, vanse intercalando as distintas accións creadas por eles. O resultado… proximamente.

Alén das historias orais, algo de documentación había entón, polo menos fontes secundarias: xornais, artigos de historiadores… Como foi esa parte, a de documentación?

A verdade é que partimos de cero. Buscando testemuñas e sen ter claro como iamos realizar este documental. Ocorreume o mesmo con ‘Desde dentro do corazón’: partir dun lenzo en branco, comezar a dar pinceladas de cor sobre el sen ter moi claro de onde saio nin cara a onde vou. Pouco a pouco todo comeza a encherse de voces e algúns elementos empezan a ser comúns e a coller un fío. Pero moitas das voces que podían achegar as súas vivencias como testemuñas directas xa se foran. Ese sempre será un problema cando tratas con persoas de idade avanzada.

Pero non atopabamos documentación gráfica. Algunhas notas periodísticas, fotografías de 6 dos 13 mortos daqueles días, o proceso dalgunha persoa que nos acercaba un pouco á historia do comezo do golpe de estado no Val Miñor e pouco máis. O valor real estaba nas voces das testemuñas. E entón deixas o traballo sen rematar. Había cousas que non encaixaban. Faltaba coller perspectiva e, para iso o proxecto tiña que sedimentar, coller pouso.

E todo queda paralizado desde o 2007 hasta o 2013. Algunhas fotos máis, un relato de Juan A. González (compañeiro de aventuras con “Aillados”) e pouco máis fixéronme volver a recoller as vellas gravacións e tentar darlle vida. Aquí tamén hai que colocar o empuxe da miña compañeira Margarita, fundamental para que esta historia abandone a vella caixa de zapatos na que estaba recluída e volva a ver a luz.

‘Arde Madrid’ falaba de violencia, terror e miseria. Como ‘Aillados’. ‘A volta dos nove’ volve ao tema do terror: da guerra que, en Galicia, se reduciu a terror, represión e miseria. É esta a idea que queres subliñar?

‘Arde Madrid’ é o único traballo onde introduzo a persoas que non son totalmente descoñecidas, xente do común. Pero non están alí presentes por ser quen eran, senón polo que padeceron na súa infancia que é do que trata o documental: a infancia perdida por culpa dunha guerra. Pero o que me gusta narrar son as historias de xente, coma min, perdedora. Xente que sufriu e chegou ata aquí a base de esforzo. A temática de todos os documentais é parella xa que todos se desenvolven nunha mesma época e manteñen un fondo común: a guerra civil. É un tempo que me ten enganchado.

Outro traballo noso, ‘Esta noite, velada’, sobre o grupo de teatro ‘Airiños’ de Asados (Rianxo) tamén comeza nesa mesma época. E todo o que podes contar dese momento non entra no campo da felicidade nin da alegría. De feito, con botar unha ollada á prensa dos días anteriores e posteriores ao golpe de estado do 18 de xullo un pode ver a notable transformación que tivo lugar nesta Galicia. Desde uns días cheos de festas aos días escuros e violentos, onde só as algaradas patrióticas das “tomas” das cidades polas tropas franquistas rompen o silencio sepulcral que caera sobre a sociedade galega. Nese contexto só che poden saír documentais que teñen un fondo de medo e pesimismo sobre o que lle tocou vivir aos nosos pais e, de raspallón a algúns de nós.



Tamén ‘Desde dentro do corazón’ fala de fame, frío e miseria. Desde cando choraban do que lles doían os pés e as mans de metelos na auga sen guantes nin botas para marisquear ata que chega a “febre de ouro” do berberecho. Saliéntase, así, a miseria… provocada pola guerra e non polo destino. É o réxime o que está detrás da miseria. É a idea que queres salientar, e tamén como os galegos tiran para adiante como poden?

Un, ás veces, pensa se a nosa historia, a historia de Galicia, non estará sustentada sobre piares de resignación (éche o que hai, malo será, se chove, que chova) propios da propaganda dunha cadea de supermercados. A miseria reticente, a espantada como solución, o apoio e mantemento do elemento caciquil,… son ideas ou accións arraigadas no noso propio subconsciente.

Dez anos da miña vida paseinos atendendo na tenda dos meus pais en Gondomar. Alí foi onde me naceron as ganas de escoitar historias. Sempre coa orella posta. Na tenda de ultramarinos tiña dous clientes que viñan tomar un chiquito de viño e quedaban toda a mañá alí, na tenda, e aqueles homes eran un saco de historias sen fin… e sen vergoña. A cuestión sexual formaba parte das narracións de forma constante e a xente, que agardaba a que as despachasen, non tiñan présa por marchar, xa que estaban entretidos. Nese momento comprendín que se nunha conversa podía chegarse a falar de sexo, xa podías preguntar por calquera cousa que ías ter resposta.

Pero a maior parte das historias transcorrían entre miserias e fame, lembranzas de comidas que che resultarían intragables, e que eles botaban, nas súas lembranzas de gustos, en falla. Historias de guerra contadas sen dramatismo. Lembro outra persoa, alcohólico, que non lembro o seu nome pero que todos lle chamábamos “Fray Escoba” e que estivera na batalla do Ebro, -polo bando nacional, claro-, e que contaba unhas historias tremendas sobre matanzas de roxos. Eu con 13 ou 15 anos escoitaba aquilo, case como unhas aventuras. Faltábame fondo histórico. Pero que me axudou a acercarme a esas historias onde a fame estaba omnipresente.

O fío condutor é en ‘Desde dentro do corazón’ a historia de dous mariñeiros. Mais hai un amplo abano de fontes. E semella que buscaches que estivesen representadas as distintas clases sociais. Mesmo a lingua que utilizan é outro factor que os diferencia. Como foi ese proceso de busca de fontes, e cal foi o criterio para seleccionalas?

Dentro do traballo que realizamos en ‘O Faiado da Memoria’ están as distintas visitas ás casas da xente en procura de materiais gráficos para o arquivo. Isto vaite levar a unha relación case familiar con estas persoas. E falamos desas fotografías. E falamos das súas vidas. Cando decides facer un traballo sobre o pobo e sobre determinadas historias xa sabes, practicamente, a onde te tes que dirixir. E, como dicía antes, tras unha longa charla enseguida van saír outros nomes a quen tamén te terás que dirixir. Ademais, se tes á túa beira a Margarita Teijeiro, alma mater (un é pater) tamén tes unha boa parte do traballo de selección feita, posto que xa tiña un gran traballo de investigación realizada sobre a memoria de Vilagarcía.

Despois todo vén case rodado. Pero o importante sempre é a relación coas persoas. Sempre utilizamos unha mesma actitude: non facer demasiadas preguntas, só charlar, posto que todos os traballos teñen que dar a sensación de que é unha gran conversa coa cámara, non unha enquisa. Malia levar 100 anos “anexionados”, Vilagarcía seguen sendo, en realidade, tres concellos coas súas propias idiosincrasias. Vilaxoán, o pobo máis mariñeiro, decántase polo galego na súa fala. Ao contrario que en Vilagarcía, máis “señoritos”, onde predomina o castelán, sendo Carril a mestura de termos cunha certa preponderancia polo galego. Así vemos como nas historias, vaian tratando uns temas ou outros, o predominio dun ou outro idioma está claramente manifestado no documental.

Comeza o documental falando de como os homes lle comían anacos ao mar. Para acabar falando de como o mar comeu un barco. O cal non deixa de ser un xeito de subliñar a dependencia dos humanos do medio. É a idea?

O mar, aquel mar que entraba nas nosas casas. Iso é o que seguen añorando os vilagarciáns. O mar, agora é un espellismo, algo que está alá ao fondo, por onde non pasan habitualmente. Nós queriamos retratar todos eses sentimentos que lle traían esa lembranza do mar e todo aquilo que estaba asociado a el, os xogos, o verán, o inverno, os lugares de paseo, a vida en total. O mar como forza de traballo. O mar como memoria. O mar como lugar de morte. O mar. Ese elemento que se encargou de traer riqueza ao pobo, ben como porto para ingleses ou para os da banda de alá, do Barbanza, que tiñan en Vilagarcía a súa zona comercial por antonomasia.

Ben como punto de enlace coa América que levaba máis que traía. Porto migratorio. Todo queda atrás pola propia querenza dos pobos a escapar do mar e adentrarse na terra onde a vida ía a ser menos moito mais doado e menos sacrificado. Hoxe, ao volver a vista atrás choran polo perdido. Aínda que o mar lles lembra, ás veces, o que era del e llelo reclama. Pero xa nada será igual. A idea esencial deste traballo márcana as perdas, as derrotas que nos levan pola vida ata chegar a un inmenso “non sei onde estamos”. E seguimos a chorar.

Hai material do NO-DO, moitas fotografías antigas da vila… Como o conseguiches?


Todo ese material forma parte do arquivo de ‘O Faiado da Memoria’, destes cinco anos que levamos traballando en recuperar esa memoria visual do pobo. As imaxes en movemento non forman parte do NO-DO senón de gravacións caseiras realizadas por vilagarciáns desde os anos 20 ata os 70.

Hai uns personaxes -aínda que ausentes-, especialmente interesantes, as mulleres ás que enviaban os médicos a tomar os baños a Vilagarcía. Podes falar un pouco de como deches coa súa historia?

As “mantidas”, que eran como lles chamaban a aquelas mulleres que chegaban tras o verán (por setembro) con todos aqueles bultos con produtos do campo e das matanzas, recalaban en Vilagarcía por consello médico, na súa maioría, co fin de tomar as augas. Ese “turismo” facilitaba un diñeiro extra a moitas familias que as collían na súa casa como pensionistas. Non só polo diñeiro senón que tamén lles enchía a despensa a moitos xa que era moita a comida que traían con elas.

As historias persoais son numerosas xa que poucas eran as casas que non contaban con algún hóspede deste tipo. Incluso nalgunha escola caseira os alumnos tiñan que rematar indo para o faiado posto que as habitacións serían ocupadas por estas mulleres. Son desas conversas recorrentes que che saen cando botas unha ollada para atrás e queres entrar en conversas. Sempre vas comezar por un tema que transmita alegría… xa chegará o momento de entrar en temas mais sórdidos.

Outra parte céntrase na relación dos veciños cos mariños ingleses, cos que os vilagarciáns tiveron unha peculiar relación: vendíanlles comida, aseguran que se montaron casas de citas só para eles… Que che interesaba sinalar máis dese aspecto da historia de Vilagarcía?

Malia que a escuadra inglesa, a Royal Navy, deixou de vir a Vilagarcía desde o ano 1936, deixou unha pegada no pobo moi grande. Especialmente na súa memoria. Hai que ter en conta que a cantidade de mariños que visitaban Vilagarcía era tal que superaba a poboación autóctona. Isto tiña cousas beneficiosas para a vila, como era a económica, como negativa en canto aos “encontros non amistosos” entre os dous grupos. Pero os ingleses introducen neste pobo o fútbol, a pesar de que Huelva manteña a incontestable proba de que teñen o primeiro clube federado, tamén é notorio que os primeiros ollos que viron a uns ‘jichiños’ correr detrás dunha pelota de coiro vestidos cuns calzóns foi nesta terra. E probas diso mostra a prensa de entón.

No económico, a visita reportaba uns ingresos, especialmente a determinadas familias, pero unhas substanciosas migallas quedaban para outros negocios do pobo. E a prostitución non ía a ser menos. Contaba este concello con algunha “casa de lenocinio” que á vista das primeiras naves embocando a ría de Arousa facían un pronto chamamento de envío de máis persoal para atender a avalancha que se lles viña enriba. E iso era literal. Nun pleno do concello faise saber das queixas dos veciños “por la permanencia en la calle Cervantes de la casa de lenocinio de Teresa Fresco, (…) por la proximidad de esa casa al cementerio y ser punto obligado del tránsito para el en la conducción de cadáveres (…) y resulta espectáculo bochornoso el ver en ella con frecuencia, como ocurrió en la última estancia en este puerto de la Escuadra inglesa, de día y de noche, porción de hombres formando cola a su puerta, con las chanzas, gritos y escándalo consiguiente”.

Todos na corporación eran “coñecedores” da situación e deciden que se debe cambiar ese negocio de sitio: fóra do pobo. O caso é que fóra do pobo foi ser a uns 100 metros da casa consistorial, nos Duráns, que, daquela, considerábase que era lonxe do pobo. E alí vai nacer un dos lugares míticos: a casa cadrada. Que aínda hoxe está en pé pero cambiada no seu interior como vivenda familiar.

Na época da fame había estraperlo, como estratexia de sobrevivencia. Na época do “ouro negro” do berberecho había furtivismo, tamén motivado pola necesidade, aínda que noutro grao. É a historia que se repite?

A memoria non fai outra cousa que dar voltas sen cesar. Ás veces parece que non avanzamos. Ou que damos pequenos pasos co fin de saír do círculo e formar unha espiral. Nos tempos do volfram vemos como a riqueza non dá para alcanzar a prosperidade e moitos afundíronse mais na miseria. No berberecho outro tanto, pero tamén nos pode lembrar cando, tras o afundimento do Prestige, moitas persoas tamén viron diñeiro nas súas mans que logo se lle escapaba por entre os dedos ou porque os petos tiñan buratos dos que non nos déramos conta. E que é como conta unha das testemuñas de “a memoria nos tempos do volfram”: ao diñeiro que se gaña sen esforzo non se lle dá valor.


M_ é un Magazine cultural galego realizado por Montse Dopico, xornalista cultural que escribe, na actualidade, en Praza Pública, Luzes e Faro de Vigo. Anteriormente ten traballado para diferentes medios como Galicia Hoxe, El País ou El Mundo.

Se queredes ver a entrevista no seu blog, coas fotos, clicar AQUÍ MESMO
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-03-2014 19:14
A colaboracion con LEDMON

Na pantalla de LEDMON no Obelisco, ou Praza de Galicia


No mes de Marzal os capitulos en emision seran:
5. VILAXOÁN. Estreno primer mércores de marzo día 5 as 19:00 (como e festivo, sera 19:00h. o martes día 4, para que se repita o mércores)
6. DEPORTES. Estreno 2º mércores de marzo as 19:00: 12.03.14
7. AMIGOS. Estreno 3º miércoles. A las 19:00: 19.03.14
8. CHEGA A ESCUADRA. Estreno 4º mércores. A las 19:00: 26.03.14
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 07-03-2014 07:57
É un dia especial

Hoxe Elena Vila Santiso a nosa Elena esta de cumpreanos e o Faiado da Memoria a quere felicitar, somos amigas desde fai mais de coarenta anos, de feito somos familia, Elena veu nacer o noso proxecto, desde o principio, o patrocina, antes era unha blogueira participativa pero por razons que non veñen a o caso agora e blogueira pero silenciosa. O noso desexo de corazon e que Elena sexa feliz sempre, porque lle queremos e porque o merece. Felicidades



Comentarios (4) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 06-03-2014 06:55
Pasteleria A Despensa

Masa para flores,orellas, empanada, corta-pasta, capsulas mickey, tartas a pedir de boca, a de frutas boisima, as galletas exquisitas, as empanadillas damos fe de elas...A Despensa xa cumpleu seis anos como patrocinador do Faiado imos adicarlle unha cancion, non deixedes de facerlles unha visita, merece a pena

Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 06-03-2014 06:45
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal