lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Enteramonos tarde

Sentimolo pero non supemos a noticia do pasamento de Maruja Vila de Rubians, irman do noso colaborador e donante Fernando Vila. O facelo con retraso non impide que sintamos a morte de Maruja. A seu home, fillos, irmans e demais familia expresarlle o noso pesame pola morte da lembrada Maruja



donada por fernando vila
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 07-03-2012 20:20
ADICADA A ROSA MÉNDEZ

Rosa Méndez, ou Rosita a do Bailador, que foi o seu marido durante coarenta e dous anos.

Rosa traballa de peixeira na praza de Vilagarcia, agora chámanse placeiras pero a nos non nos gusta.

Alí na praza realizouse unha especie de votacións entre os clientes sobre a peixeira con mellor carácter... aquilo de..."¡Juapo! ¿non me levas as fanecas?", ísto, claro, dito con mellor salero... Ganou Rosita, e a ela parécelle unha cousa así... como sen xeito, incluso dalle unha pouca de vergoña... A nós, os do Faiado, parécenos precioso...¡Estamos fartos de desgracias!, de tristuras. Rosita leva trinta anos traballando na praza, antes foi, co seu home emigrante, en Kiel.

Tivo dous fillos e unha filla, criounos, pasou traballiños para millorar a vida, morreulle o amor da súa vida.... ¿NON MERECE UNHA HOMENAXE? ¡Pois claro que si!.

O Faiado estara con Rosa, nosa colaboradora e donante, o día cinco, luns, as once da mañán na praza da Peixeria.
Para celebralo subimos sete fotografias a galeria de Vilaxoan
Hoxe luns dia cinco os do Faiado acabamos de chegar do homenaxe a Rosa e a outro praceiros de Galicia. Fixemos algunhas fotos a Rosa, estuvemos con ela que era do que se trataba. As fotos subimolas a o Facebook do Faiado. De novo...noraboa Rosa



Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 03-03-2012 19:48
[1] 2
© by Abertal