lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

MANOLO DIZ "O NACHO"


El foi un dos premiados hoxe, sábado 30 de marzo, polo Diario de Arousa como arousán do ano no apartado de cultura. Na gala do noso diario Vilagarcia rachou en premios, Franco Quintáns, diseñador do Carril, tamen levou o de economia, Ramiro Carregal, que desde o escenario reivindicou o maravilloso que un se sinte cando nace en Vilagarcia foi nomeado "Arousán de honra".
Manolo o Nacho fundou a rondalla do Gato Negro fai coarenta anos, desde aquela enseña musical, transmite música a unha chea de xeneracións.

A súa verdadeira profesión é a de mariñeiro... pero mariñeiro. El, xunto ao seu irmán Verino, é un dos protagonistas do noso documental "Desde Dentro do Corazón" e desde o mesmo corazón, os do Faiado nos sentimos felices polo recoñecemento a Manolo, o merece, é do Carril, dos nosos.

Noraboa aos premiados, para Manolo un bico.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-03-2012 23:06
AS CASAS DA ARENA


Entramos na última semana de marzo e iso, loxicamente, merece unha subida. E neso estamos.

Hoxe, ademai, Antonio atópase mais ledo xa que lle chegou o seu regalo de cumpreanos. Si, cun lixeiro retraso, pero é o que teñen os pedidos por internet, máxime cando veñen dese país cuia dirixente ten gañas de meter cizaña na nosa economía. Pois alá lle chegou unha gravadora de audio coa que quere recoller os sons de Vilagarcía para colocar no documental. Ou sexa que se o vedes pola rúa micrófono en mal non é que esté como o Gene Hackman na película do seu querido Coppola, a conversación. No, el só está a recoller sons de ambente para colocar no documental. Está como un neno con zapatos de charol (ou polo menos antes cando nos púñamos uns zapatos de charol de estrea llos mostrábamos a todo o mundo para que viran como brilaba. Aos poucos minutos xa lle tíñamos unhas raiaduras e xa non brilaba tanto, pero o efecto deslumbrante xa estaba conquerido).

Bueno, pero ao que íamos que é o que interesa.

Nesta nova fin de semana temos colocadas estas 44 fotografías nas seguintes Galerías:

A Vilagarcía de onte (14)

Os Amigos (4)

Trabanca - A Torre (4)

Amores (2)

Vilaxoán (22)

Agora só queda disfrutar e iso espero que o fagades tranquilamente, saboreando o momento coa mirada e a lembranza.

Bó fin de semana e tomar un pouco de sol que xa sabedes que en abril....
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 30-03-2012 18:02
Día de cumpreanos


Hoxe o noso Antonio Caeiro fai 52 anos.

Para celebralo -entre outras cousas- poñemos unhas cantas fotos do seu querido Gondomar e da súa querida familia.

Esta a piques de rematar o seu ultimo traballo documental, Desde Dentro Do Corazón, un documental no que fala de Vilagarcía, do mar de Vilagarcía, dos sentimentos e do corazón.

Antonio é un creador con sentimento polo tanto hai que esperar un ratiño e veredes do que falo, dun traballo... excepcional.
Comentarios (15) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 25-03-2012 18:43
A VOLTA COA CRISIS


Hoxe facemos unha subida de vinteunha fotos na Galería de Traballando Duro e seis na de A praia Compostela.


Graciñas e a disfrutar da primavera.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 23-03-2012 19:38
Finou Socorro


Finou Socorro

Ela non nacera en Vilagarcía, era natural da Pobra do Caramiñal, pero levaba con nos mais de cincoenta anos. Cando a súa tía Esperanza González quedou viuva de Valentín Alcalde rexentou unha pensión, e a súa sobriña veu desde a Pobra a botar unha man. Socorro sentía a súa tía Esperanza como unha nai.

Ímola botar de menos, formaba parte da nosa paisaxe, das nosas vidas. Socorro quedará para sempre na nosa memoria.

Na foto é a da dereita.

Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 21-03-2012 18:23
CHEGA A PRIMAVERA

E con ela unha chea de proxectos dos que teredes noticias. "Sin ti no soy nada" Sin vós, os do Faiado tampouco somos nada, nada... O documental de Vilagarcía nos ten tolos, pero somos unhos tolos felices, os resultados comenzan a gustarnos.

Queremos dar.... gracias, gracias, ¡GRACIAS¡

A subida de hoxe vai nas Galerías de:

A Vilagarcia de onte (3)

Tradicións Nosas, Festas e Actos (6)

Soan Campás de Voda (4)

Primeiras Comunións
(9)

Agora, tranquilamente, disfrutade desta subida.

Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 16-03-2012 20:49
NON É TAN DIFÍCIL


Despois dos cincoenta (etantos) cumplidos isto da informática se lle fai un pouco costa arriba... pero non hai nada que un ser humano non poida superar, aguantar... ou o que nos boten. O da informática ten tantas cousas que descubrir que é un mundo apaixoante... un mundo marabilloso. Ben, os do Faiado cando comenzamos este blog tomamos a decisión de que se alguén quería firmar como anónimo, ibámolo a permitir. Cambiaron as circunstancias, a moitos dos nosos blogueiros non lles gusta, a nos tampouco, sobre todo, os talantes que as veces se emplean nos comentarios sén firmar.

Por outro lado hai xente sen práctica blogueira, nese cuadradiño donde se fai o comentario arriba hai un espazo que sirve para poñer o nome da persoa... facilísimo. Se alguén quere, os do Faiado, ofrecémonos para ensinar o requisito do comentario, non teñades apuro xa ninguén naceu aprendido.

Non queda outro remedio que borrar os comentarios que veñen como anónimos, imos a ser todos iguais.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-03-2012 09:35
A Camelia atrae a ingleses e franceses

M.G. - VILAGARCÍA La celebración de la 48 edición del concurso exposición internacional de la Camelia en Vilagarcía durante este fin de semana atrae la presencia de un grupo de nueve agentes de viajes asociados al operador turístico británico Kiker Holydays y 9 periodistas franceses especializados en turismo de jardines y estilo de vida. La comitiva visita estos días los principales jardines vinculados a la Ruta de la Camelia, así como la exposición vilagarciana y las ciudades de Santiago y A Coruña.
El viaje de familiarización está organizado por la Xunta de Galicia, a través de Turgalicia y la Secretaría Xeral para O Turismo. Tanto los agentes de viaje británicos como los periodistas franceses podrán conocer in situ la oferta turística gallega relacionada con los jardines y con los contornos de los pazos, para poder darla a conocer entre el público británico y francés.
La Ruta de la Camelia es un producto turístico desarrollado por Turgalicia con el fin de promocionar los jardines gallegos y los entornos monumentales.
La primera visita
El primer grupo de visitantes a la muestra de la camelia de Vilagarcía estará compuesto por los turoperadores británicos que llegarán a la ciudad mañana a las cuatro y media de la tarde y, posteriormente se trasladarán al Pazo de Rubiáns para admirar las camelias y sus jardines. La visita coincide con el acto inaugural de la exposición de la camelia en la Praza da Peixería.
El otro grupo de visitantes está compuesto por los periodistas franceses especializados en jardines, horticultura, casa y decoración que visitarán la muestra de la camelia el domingo a las doce y media de la mañana. En este caso la visita está organizada por la OET París en colaboración con Turgalicia.
El alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole mantendrá un breve encuentro con ambas delegaciones durante su visita al recinto de la Praza da Peixería que, por la decoración prevista por el Concello, se convertirá en el típico jardín de un pazo en el que lucirán las camelias participantes en el concurso.
La exposición de la camelia es organizada alternativamente por los ayuntamientos de Vilagarcía y Vigo y por la Diputación de Pontevedra.

Artigo publicado polo Faro de Vigo


Dende moitos anos atrás, vilagarcia fai pobo coas súas camelias. É tradición nosa participar en Pontevedra ou no pobo coas súas exposicións, coa flor de orixe xaponés... pero que leva con nos tantos anos que xa é nosa.

Cando a escuadra inglesa viña a Vilagarcía as mulleres saian a venderlles camelias... era unha das súas debilidades, dos mariñeiros, claro.

Hoxe vamos a realizar unha subida celebrando a exposición que se celebrou durante o fin de semana na Peixería.

Son seis fotografías subidas na Galería de A festa da Camelia.

tamén engadimos unha fotografía na Galería de A Vilagarcía de onte.

Disfrutade e sair polos xardíns para contemplar a beleza da rosa do Xapón.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 11-03-2012 20:45
UNHA SUBIDA NUN 8 DE MARZO


Como vamos a ter un fin de semana atareadillo adiantamos a subida ao xoves e aproveitando de que hoxe é unha data a celebrar (o día internacional da muller traballadora) pois subimos, na súa homenaxe unhas fotografías a esa Galería que temos aberta sobre muller e traballo.

Polo tanto, as 21 fotografías quedan distribuidas polas seguintes Galerías:

A Vilagarcía de onte
(5)

Mulleres e traballo
(7)

Os deportes chegaron coa escuadra (6)

Os amigos (2)

Personas recordadas
(1)

Agora é momento de seguir disfrutando e realizar os comentarios pertinentes.

Un saudo.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 08-03-2012 22:12
Finou Valentina Araujo Crespo

Era neta de Rosario Teijeiro, sobriña dos miticos Tocho e Ricardo do Carril, era irman da nosa colaboradora e donante de memoria Josefita Araujo. Valentina casara con Pablo Gonzalez e tuveron catro fillas que hoxe lamentan a morte da sua Nai. A elas e a toda a familia o Faiado expresalle o seu sentimento pola sua morte. A nosa Josefita que tanto queria a sua irman, un abrazo moi forte.


donado por josefita araujo
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 07-03-2012 20:30
1 [2]
© by Abertal