lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

11 de Febreiro do 2023, sabado


Con subidas en FAMILIA é OS AMIGOS.
En portada unha foto maravillosa, entre eles son primos, todos descendientes de un sastre chegado a o Carril, dende Taragoña, Rianxo.Fillos de Carmen é Sofia Teijeiro.

Fernando Dios Teijeiro+primo carnal de los hermanos Charo y Pedro Baltar Teijeiro+(éstos hermanos de Ricardo e hijos de los fundadores de Conservas Baltar)crearon muchos empleos en nuestro pueblo, así cómo también la familia Crespo,Rivas y Varela,los Hierro,los Alemparte,los Abelenda Baltar,Constante Silva,Manolo "cheruga",etc. y es justo reconocerlo, ya que muchos carrileños gracias a su trabajo digno y a estos emprendedores sacaron adelante a sus familias.q.e.p.d. todos ellos.
Comentario por Nito Cambre (05-02-2011 14:02)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2023 06:33
Derradeiro viaxe de Ramonita


Ramona Cuevas, infatigable loitadora, de esas que nunca colleron unha pancarta, unha bandeira, a sua pancarta e a sua bandeira era o traballo para sacar adiante a sua familia. Ramonita era unha boa costureira, cando non estaba facendo as cousas da sua casa, cosia para os seus clientes.Vivian na rua Mendez Nuñez, ali, Moncho Arines, o seu home atendia unha pequena tienda, sin horario, como desgraciadamente eran as cousas daquela.
Ramonita vaise, na sua ultima viaxe, leva uns cuantos baules, moitos da xente que a queria, primeiro os seus fillo, as suas noras, os netos, biznetos...a eles a nosa consideracion, os nosos sentimentos pola perdida da sua Nai é ávoa.Tamen leva uns cuantos baules cos nomes das suas amigas, dos seus veciños de Vilagarcia, da vila en que Ramona e Moncho viviron como exemplos.
Boa singladura Ramonita que o mar de Arousa te acompañe.
Comentarios (5) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 10-02-2023 19:33
Finou Manuela

De Cornazo, nai de Lourdes e Jose Ramon, este ultimo coñecido no Faiado da Memoria polo Avó Chito.Unha das netas de Manuela é donante e amiga, Maria de la O Fernandez, muller sensible e comprometida, no dia de hoxe esta a pasar uns momentos duros, as ausencias para sempre son terribles.
A todos, a os fillos de Manuela, a Josefa a nora, os netos, a toda a familia o noso respetuoso pesame, nadie se vai de todo, sempre quedan as lembranzas dos que viviron con Manuela
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 10-02-2023 07:35
10 de Febreiro do 2023, venres

Todas as subidas son en Atopando Detalles, visita de Encinas Dieguez.
En portada, un grupo de mulleres lavando roupa nun pilon.
A ver si vai quentando o tempo, Febreiro avanza, o fai nun espacio de moito frio.
Bos dias, a coidarse.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-02-2023 07:22
9 de Febreiro do 2023, xoves


Subidas en O CARRIL, TASCAS E CENTROS DE TRABALLO, OS VECIÑOS.
En portada Isolino Rey, do barrio de Santa Lucia, traballou toda a vida na zapateria Acosta, lembramos a o fondo do comercio un espacio adicado a reparacion dos zapatos, con Isolino varios compañeiros zapateiros. De aquela cando un zapato rompia, aparte do disgusto se levaba a o seu arreglo.
Bos dias, a ter saude.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2023 08:40
PETO, O NOSO VECIÑO DE SEMPRE


Fillo de Maruxa Ríos, das Chichiricas, da tenda centenaria, e de José Luis Leal, un Artista da imaxe, donde as súas fotos, como as de Balbino, falaban e marcaron unha época.

Os que nacimos en Vilagarcía lembramos AMÉRICA FOTO, na rúa Valentín Viqueira, onde, tralo mostrador, estaba Maruxa Ríos, nai de Peto. Nai de tres fillos frutos do matrimonio entre Maruxa e Leal.

Os da vila, imos botar de menos a Peto, un llanero solitario que cando lle gustaba a compañía podía botar horas en conversas moi interesantes.

Peto era un home intelixente, tolerante, pacificador, moi amante da súa familia, quixo perdoar unha serie de cousas para non seguir facendose mais dano.

Aos seus irmáns, José Luis (Riki) e María do Carmen, unha aperta pola perda que están a sufrir.

Se hai esquela colocarémola na súa MEMORIA.

Adiós amigo, ata sempre.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 08-02-2023 21:42
DE JOSÉ LUIS LEAL SOTO
Nos anos cincoenta en Vilagarcía. Homenaxe de O Faiado da Memoria ao pai de Peto, artistas, pai e fillo, é vilagarciáns.



Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 08-02-2023 20:52
Dia 8 de Febreiro do 2023, mercores

Subidas en CREO EN DIOS PADRE, A VILAGARCIA DE ONTE.
En portada, mitico letreiro das primeiras Feiras Agricolas no Ramal.
Bos dias, temos un tempo de moito traballo, non podemos decir que a nosa madurez sexa un tempo de descanso.
Pois nada, a vivila, bo dia, coidado co frio.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-02-2023 08:29
Dia 7 de Febreiro do 2023

Hoxe non temos tempo a colocar as nosas fotos, as vosas fotos na casa de TODOS, na do Faiado da Memoria.
Pero non queremos pasar sin dar os bos dias e desexarvos moita saude.

¡Aquéles mozos que collían parexa en Vilaxoán e non iban no autobús de Pereira para disfrutar dese paseo tan romántico era como para cerrar o libro, tal como fai o cura na misa!... ¡Aquéles tempos tan felices aínda que nada tiveras! Aquéla felicidade non a podes ter sempre, porque a vida, non sempre che da o mesmo... Si o tempo é de castañas, pois éso... ¡Castañas!
Si é tempo de revenidas... O mesmo que no parrafo anterior... É si é tempo de uvas, máis do mesmo, como ten que ser.

Ésa zona que indica á foto do día, corresponde á laguna que se formaba antes do recheo que houbo na zona chamada do "Hollo", naquél muelle de carga e descarga de madeiras de unha fábrica de madeiras ubicada naquéla zona, na parte esquerda según se vai, cara alá...

Era tamén "ese" un paseo para namorados da zona de Vilagarcía... Alá ó final era a "meta" das parexas. É Dios sabe cántos nenos fóron concebidos no que eu chamo "meta", que tiña un nome moi "rebulideiro" que eu non quero reproducir aquí, para que certas persoas non me tilde de algo que non deseo escoitar... A xente do meu tempo sabe ben todo o que eu non vou a decir. Eu sólo digo: "fin da etapa", pola zona da Escollera...

Con bó tempo, era un paseo moi bonito. Para mín era un paseo que formaba parte do camiño a percorrer... Pero como os tempos aquéles eran tan felices, todos non encontrábamos no mesmo barco. E volvíamos a facer este camiño, sin acordarte que o día anterior xa o habías feito igual, hasta cando te das conta que ten razón Julio Iglesias, con aquélas cantarelas que diron a volta ó mundo, cando cantaba con estilo propio... "LA VIDA SIGUE IGUAL"... (Pero era moi bonito),
porque xa dixo aquél poeta... "EL AMOR ES ALGO MARAVILLOSO"...

No meu caso, todo canto me rodeaba tiven que deixalo porque me esperaba outro tipo de vida incerta, para mín.
E todo o que quedóu atrás, foi como para imprimir no libro dos grandes recordos personais. A vida nos enseña un pouco cada día. Nadie nacéu aprendido. E hai cousas que os libros tampouco cho enseñaban (daquéla)...
Decía o poeta aquél: "LA VIDA ES UN OSCURECER ETERNO". E o vamos deixar aquí, como si esto fóra por capítulos.
......................................
E.Garcia - Santiago 2014 (21-08-2014
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2023 06:34
6 de Febreiro do 2023, luns


Subidas en OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA, TRABANCA SARDIÑEIRA, GAUDEAMUS IGITUR é OS VECIÑOS. Este ultimo espacio, o dos veciños, que se creou fai uns dias xa conta con trinta e seis imaxes no seu arquivo.
Empezamos unha semana de Febreiro, os do Faiado temos moitisimo traballo, a maiores estamos tamen metidos de cheo na organizacion de unhas Xornadas de Memoria, se fan dende INICIATIVA DA MEMORIA HISTORICA DE VILAGARCIA, nos, O FAIADO, colaboramos.
Xa sabedes que neste pais se pode falar de calquer tipo de historia, desde Cristobal Colon, pasando por ese espacio da Historia Sagrada que nos enchufaron toda a vida, a guerra da Independencia...pero cando falamos do espacio do fascismo, dos que deixaron tirados, dos que lle quitaron a vida, inxustamente, ahi...sempre sae algun, con antepasados gloriosos no bando dos golfos que non lle parece ben que se fale de MEMORIA.
Nos a o noso, bos dias, boa saude
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-02-2023 07:50
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0