lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

16 de Febreiro do 2023, xoves

Subidas en OS VECIÑOS é TEMPO DE ANTROIDO. En portada "LOS IBERICOS" ano 1964, actuando no vello Liceo na rua Edelmiro Trillo. Carlos Alvarez Puga, Mingos Rodriguez, Pablo de la Fuente, e atras Alfonso e Waldo Galban.
Imos comenzar un tempo de antroido, fai sol, disfrutemos.
Bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-02-2023 07:52
Finou Tito

A su muller fillos netos e seres queridos en xeral o noso sentimento de duelo e pesar.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 15-02-2023 14:08
O dez e once de Marzo


Os da INICIATIVA CIDADAN POLA MEMORIA DE VILAGARCIA, ca colaboracion co FAIADO DA MEMORIA, temos unha cita en Catoira, falaremos de memoria, falaremos do que pasou, do que existiu, de feitos que estan ahi, é que non todos queremos ver, nin saber, que miran para outro lado, de forma que as veces evitan que se faga xustiza.
REXEITEMOS A OS QUE NON QUEREN SABER.
A ver os que ides asistir a o xantar do dia 11, lembrade que hai que pagalo, canto antes na conta que enviamos.
A MEMORIA é HISTORIA, a MEMORIA é XUSTIZA
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 15-02-2023 08:28
15 de Febreiro do 2023

Bueno, as subidas do dia estan en TASCAS E CENTROS DE TRABALLO,CREO EN DIOS PADRE é ATOPANDO DETALLES.
En portada tres mozas, levando un carro de carga, na nosa casa tiñamos unha leiteira a diario, que tiña un carro coma este e un cabalo. A leiteira, o seu nome, non sei porqué era A Rubia, sinto profundamente non saber o nome, nin a procedencia de aquela muller que sempre tendra un oco, nas parcelas sentimentales da miña infancia.
Parte o mes, bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-02-2023 08:05
Dia 14 de Febreiro do 2023, martes


Subidas en PERSONAS RECORDADAS, é OUTRA FORMA DE VIVIR.
En portada, os asistentes e axudantes de unha voda na casa, suben a man, a tarta nupcial.
Pois non hai nada como a cultura e o coñecemento, por suposto tamen a saude.
Bos dias.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2023 08:12
Dia Mundial da Radio

Luis Gómez daba voz a toda Arousa
Serxio González Souto
SERXIO GONZÁLEZ
AROUSA-VOZ DE GALICIA- 4 DE XULLO DO 2009
Foi o espíritu da primeira emisora de Vilagarcía nun tempo no que a vida se expresaba a través da radio
04 jul 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
Chamábase La Voz de Arosa e funcionaba nun local ubicado xunta o colexio das Franciscanas, no que hoxe se coñece como praza da Independencia e antes levaba o nome do Mercado. Comezou a radiar soños, miserias, ledicia e esperanzas hai uns 50 anos, cunha voz que, dende aquela, foi xa a de Vilagarcía e a de toda Arousa: Luis Gómez, actor, xornalista, creador en definitiva, foi quen de encetar unha presa de programas que, cada día, mantiñan aos vilagarciáns pegados aos seus receptores.

El saco de la felicidad
, verdadeiro instrumento de acción social solidaria a través do que recadar axuda para as familias más necesitadas da bisbara; El batallón de las modistillas ; El tunante ; Discos dedicados, e tantos títulos míticos fóronlle dando forma ao medio que mellor expresaba o sentir e a vida cotiá da xente deste pequeno lugar nuns momentos sempre tan difíciles.

Marita, a súa filla, acompañou a Luis Gómez en moitas daquelas súas aventuras radiofónicas. A súa nai, Gari Lorenzo, coñeceu ao locutor grazas a unha paixón común, a zarzuela. E a arte correu xenerosa na súa ampla familia. Casada con Antonio, irmán de Pepe Domingo Castaño, dous dos seus fillos camiñan con paso firme no complexo universo da escena: Cristina Castaño, actriz, Nacho Castaño, actor e director de dobraxe. «Eran muy pequeños cuando él falleció, en 1992, pero estaría muy orgulloso de ver ahora a sus nietos», subliña Marita, que lembra aquel tempo, sobre todo os anos 60, como «una época preciosa en la que había distintos programas, hacíamos teatro leído, niños y mayores, y él estaba allí todo el día, lo dirigía y era el alma de todo aquello».

Capaz de convertir catro datos certeiros nunha verdadeira nova, Luis Gómez practicaba a primeira máxima do xornalismo: a boa información. Con ela desenvolveu pelexas radiofónicas de tanta magnitude coma a loita pola construción da ponte que hoxe comunica A Illa de Arousa co que as súas xentes denominan «o Continente». Pola súa creación bateuse u ata os seus últimos anos, cando La Voz de Arosa ía apagándose de vagar. «Fue una gran persona, tuvo diez hijos, muy buen padre, muy buen amigo de sus amigos, buen marido, un hombre que no pedía nada a cambio», lembra Marita. Se cadra levan razón quen pensan que as palabras as leva o vento. Pode ser. Mais en Vilagarcía sopran moitos refachos nos que a voz de Luis Gómez aínda se albisca.

Comentarios (5) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 13-02-2023 18:28
Enteradevos por favor

A ver, no mes de Marzo, imos ter unhas xornadas de Memoria, o Faiado da Memoria, colabora ca Asociacion Iniciativa Cidadan pola Memoria Historica de Vilagarcia en crear e xestionar dous días a rebosar de MEMORIA HISTORICA.
Os días dez e once de marxo, xoves e venres temos dous actos importantes, o primeiro o xoves, no auditorio municipal de Catoira, (imos a Catoira por non ter sitio no Salon Garcia na nosa vila estaba ocupado. Temos que decir que en Catoira as portas estiveron abertas dende o primeiro momento, e as mans tendidas, nun pobo que sempre reivindicou e puxo en valor a sua Memoria é Historia) arredor das cinco da tarde iniciaremos a primeira mesa de memoria, en ela estarán varios historiadores e memorialistas. Eliseo Fernandez, Xan Carlos Garrido, Eleónore Haddidou, Pepe Alvarez, Fundacion Dez de Marzo, moderados e presentados por Xavier Frieiro e Borja Herves, membros da Iniciativa vilagarcian. A primeira intervención da tarde correra a conta de Eduardo Ferreiros, sobriño de Eduardo Ferreiros do Carril, asesinado o 23 de Agosto do 1936.
Finalizaremos a primeira mesa as dezanove quince, faremos un descansiño escomenzando o ultimo dos debates do dia, como na anterior escomenzara con unha visión e intervención de unha familia, neste caso, Luis Silva neto do Xuiz de Vilagarcia Luis Pando, asesinado no lugar da Caeira o 4 de Decembro do 1936
Na mesa , estará, Dolores Delgado, exministra de Xusticia.(A Dolores lembramola no uso das suas facultades institucionais como aquela muller que asistiu con toda a sua autoridade emanada do Estado democrático, a o desenterro do dictador Franco)
Con Dolores Delgado estarán na segunda das mesas Baltasar Garzon. Pouco que añadir a figura do Xuiz Garzon, para quen non o sepa, expulsarono da maxistratura por defender o espacio da querella argentina. Quedou sin o seu traballo de Magistrado Xuiz por defender a MEMORIA.
O terceiro dos conferenciantes será Lourenzo Fernandez Prieto, Catedratico de Historia Contemporanea da USC. Fundador de Nomes e Voces, Autor de innumerables Publicacions e a persoa mais cercana, no relativo a Memoria as Asociacions que solicitamos mans tendidas na USC.
Moderara as intervencions o memorialista, historiador e fundador da ARMH, Santiago Macias,.chegado do Bierzo a botar unha man.
A o dia seguinte, dia 11 de Marzo, temos un xantar, unha laconada, onde sempre, no Churrasco de Rubians, o facemos para sacar fondos que nos permitan un novo roteiro, para sitúalo no lugar donde os franquistas asesinaban as persoas. O xantar tera un custo de 25 euros, comenzara sobre as catorce trinta do dia 11 de Marzo, reservade o voso sitio, non se pode ir sin reserva e sin págalo previamente.
Xa é o momento de pagar o xantar.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2023 08:37
Esto vai por TODAS é TODOS

En artigos a dia de hoxe temos catro mil cento setenta e sete fotografias, que añadidas a imaxenes tematicas, nesta data chegamos as once mil. Alcanzamos a cifra de quince mil cen. Non vaiades a crer que é facilito, non o É.Levan incluidos moitos dias, moitos anos, rabietas e bos momentos.
Once mil trescentas vinte imaxenes, comentarios e pes de foto, se nos foron a o garete, os de PHOTTICC se nos quedaron co noso traballo de anos, xa sabedes que tiñamos outra paxina que desapareceu de un dia para outro, con todo ese material, é dificil superalo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2023 08:21
13 de Febreiro do 2023, luns

Subidas en OS VECIÑOS, VILAXOAN, SAN ROQUE,en portada, rematando de construirse a fea mole do edificio Ribainsa, licencia que nunca se debeu permitir, que esteticamente rompia con todo o que ate aqui eramos. Ainda se pode ver o entorno de aquela construccion, foi a primeira das copias made in Benidor que se permitiron, logo, desgraciadamente chegarian moitas mais...Lara, Casino, Banesto..Tanis, Montero, a Praia, o noso mar ASFALTADO
Escomenzamos a seman, sera de traballo, pero moito mais descansados que a anterior.
Bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2023 07:34
12 de Febreiro do 2023, domingo

Subidas en OS VECIÑOS, TRADICCIONS E ACTOS, O CENTINELA, A VILAGARCIA DE ONTE, CORNAZO é OS AMIGOS.
En portada Josefa Rey Alvarez, de Santa Lucia, filla mais vella de Julia e Isolino, na fotografia cas suas sobriñas Isabel e Nieves. Josefa tivera unha merceria frente a igrexa dos Padres, no baixo da sua casa, logo se trasladou a Praza do Obelisco, de aquela Praza de Calvo Sotelo, na actualidade Praza de Galicia.
A familia Rey Alvarez, forma parte das lembranzas lonxanas, dos quereres, dos cariños, da xente da miña infancia.
Imborrable é irrepetible.
Bos dias
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2023 08:14
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0