lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Terra de Artistas (con Maiúsculas)
Vamos a ir deixando constancia nesta sección dos engadidos fotográficos que vamos a ir realizando. Somos conscentes de que a edad da maior parte das personas que nos visitan son dun tipo medio-alto. É a ese sector a que nos diriximos realmente. Un sector que non está acostumado o uso das novas tecnoloxías como o ordenador ou a internet, pero que, pouco a pouco, vaise sumando a este novo mundo que se lles abre diante deles (e delas).

O primeiro é notificar que isto é un blog, non unha páxina web. É un lugar que crece día a día. Con novas aportacións pola nosa parte e engadidos pola sua na parte concernente os comentarios, ou, como fai a maior parte da xente, a través do correo electrónico.

Cada día vamos creando novas seccións na GALERÍA DE FOTOS. Estas seccións, que teñen unha media de 6 fotografías no seu comenzo, logo van a seguir engadindoselle máis fotos a partir do material de máis de 6.000 elementos gráficos que temos no Arquivo Social da Memoria, a mes de febreiro de 2009. Pero non son contedores pechados senón abertos a novas inclusións. Isto vamos a ir ntificandoo neste espacio en primera páxina do blog.

Hoxe damos comenzo a unha sección dos artistas locais, coñecidos ou non, que naceron ou creceron na nosa Vila.

É o caso de Bernarda Sosín que, xunto a súa irma Felisa (ainda que o seu nome real era Felicidad), rexentaban un pequeno comercio de ultramarinos en Santa Lucia, onde hoxe está a panadería Eugenio. Bernarda era unha das actrices do cuadro drámatico do Liceo. Aquí, nesta foto donada por Celita, podemos vela no Ramal (apreciamos o edificio de Aduanas, actual centro da terceira idade) departindo "alegremente" cun actor de teatro cubano que viña de forma asidua por Vilagarcía. De Bernarda vamos a ter máis fotografias o longo destas galerias.

Comentarios (5) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-02-2009 11:47
Soan campás de voda...
...e a súa chamada acuden curiosos e convidados.

A veces resulta chamativo a cantidade de persoas que hai arredor dunha igrexa (principal escenario deste espectáculo, ainda non superado, ata o momento, polas ceremonias civís) que non teñen máis interés no evento que ver como "vai a noiva", ou como "vai a madriña". Neste tipo de actos sociais os homes quedan nun segundo, e moi discreto, lugar. Son actores de recheo. Da a sensación de que a voda podería celebrarse ben sen eles.

Toda noiva luce esplendorosa nese día. É curioso, xa que o día anterior ninguén, excepto (as veces) o teu futuro home, se fixaba en ti. Ese día a noiva é o gran centro de atención. E sempre está "goapísima", ainda que, polo baixiño, alguén ande a comentar de que como se agache un pouco as costuras do traxe van a saltar polos aires.

E despois, ó banquete. Porque esa parte do gran teatro social, onde todos perden a compostura inicial e o viño fainos amigo do descoñecido que nos tocou a nosa beira, é o elemento central sobre o que xiran estes eventos sociais. A igrexa ven a ter un simpre papel, case como o dos homes, ou menos as veces. Alí, no banquete, é donde se vai a dirimir o auténtico ser e valer desta voda. ¿Cantos platos de marisco?, ¿cinco tan só?, ¿a carne estaba un pouco insipida, non cres? ¡Vaia, teñen lubrigante e unha peza completa por persoa... e danche a repetir!.
No banquete, ágape para o menú dos ricos (ainda que xa se sabe que as vodas de ricos, con tanto bufette e nouvelle cousine é dunha fame inmensa e hai que ir a tomalo bocadillo no bar do lado), é onde o xurado asistente (depende da cantidade dos invitados: un invitado, un voto) vai a otorgarlle o aténtico valor ó evento. Xa pode a noiva ir recuberta de cristais de swaroski, a madriña cun traxe de Carolina Herrera que lle saca vinte anos do corpo, como o banquete non esté a altura do que esperan os comensais, aquilo vaise o garete.

E logo xurden os comentarios: "claro, gastaron todo en traxes e aforran en nos", "todo che é escaparate, miña filla, ti vas a ir como fun eu, co traxe dos domingos que só o puxera tres veces pero de comer, vamos a por asta que caian de cú".

A verdade é de que unha voda todo che é cotilleo e comida. E nos non íamos a ser menos. Comida non lles podemos ofrecer (por iso non vaian por ahí decindo de que somos uns cutres) pero o que é cotilleo...

Abrimos, pois, unha sección para vodas, bautizos e comunións. E que vostedes o disfruten.

A foto que acompaña este artigo foi donada por Lolecha. É do día da súa voda con Waldo Cerqueiras na parroquial de Santa Baia. Na galería facemos mención o tipo de traxes de noiva de cor escuro, tan típico desas épocas.
Comentarios (6) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-02-2009 10:27
ANIMANDO A PARTICIPAR

Poderá ser que nos volvamos cansinos de repetilo tantas veces, pero é necesario. A principal misión deste blog non é só de mostrar o traballo que estamos a realizar dentro do "Arquivo Social da Memoria". No. Tamén buscamos a participación de todas aquelas personas que pasan por este espacio.
Debaixo de cada fotografia hai un lugar para o COMENTARIO. Queremos que participen, que deixen alí impresións, suxerencias, contactos para donación de máis material, rectificacións, ampliacións dos detalles que aparecen nas fotografías, lembranzas que lle veñen a cabeza sobre vivencias tidas neses lugares, ou en accións parecidas. En definitiva, ALGO. Algo que nos permita saber que hai alguién detrás desta pantalla, deste mundo virtual. Este traballo pretende ser un lugar de encontro, de participación, non de silencio.
Participemos pois, non sexamos simples espectadores, non é preciso ser un literato, non necesitamos de grandes palabras (si veñen que sexan benvidas, iso si), nin ten que ser en galego, de feito entendemos o castelán e gracias os traductores podemos entender tamén o francés, inglés, italiano e catalán. Pode ser que teñamos problemas co Ruso, Vasco e Alemán, pero non hai nada que non se poida arreglar nesta vida neste blog. O importante é que participen.

Na foto colocada na parte superior está Elena Vila Satiso nunha daquelas típicas fotografías escolares.


foto donada por Elena Vila
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-02-2009 11:07
ARTIGO 03: As festas de San Roque de 1963


Catro días de celebracións nos que non faltaban as becerrradas, as verbenas e os «bouquets» de lucería ao paso da procesión. Así eran as festas hai 45 anos
Comentarios (2) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 04-02-2009 18:53
ARTIGO 02: Lembranzas do vello garaje Arosa

Domingo Porto, encargado do taller do garaje Arosa, cun erskine entre os anos 1922 e 1923.

Foto donada por Tito Porto



Nos anos 20, os cadillac, os buicks e os chevrolets chegaban a Vilagarcía en caixóns, no chasis. As carrozarías armábanse no mítico taller dos Villaverde
ver a Voz de Galicia do 17 de maio de 2008
Comentarios (1) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 02-02-2009 22:07
ARTIGO 01: Alfonso XIII visita Cortegada
Desde o 10 de Maio de 2008 "o Faiado da Memoria" comenzou unha colaboración con "La Voz de Galicia" baixo a denominación xenérica de "O FAIADO DA MEMORIA".

Cada sábado o periodista Serxio González realiza un artigo a partires dos materiais gráficos e documentais que a asociación lle vai facilitando do seu fondo.

Este, referida a visita que realiza o rei Alfonso XIII a illa de Cortegada, vai a ser o inicio desta xa longa colaboración.

As fotos deste artigo foron donadas por Tito Porto. Esta fotografía, que mostramos aquí, está sacada desde o antigo edificio da Transmediterranea, que fai vértice entre as rúas Xoan Carlos e Daviña. A orientación é hacia a praza da Constitución e a rúa Rosalía de Castro.

O 23 de setembro de 1907, o monarca estivo por primeira e única vez na illa que lle sería doada tres anos despois. O recibimento foi multitudinario
ver a Voz de Galicia do 10 de maio de 2008
Comentarios (2) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 02-02-2009 19:57
INTRODUCIÓN Ó PROXECTO
rúa a Marina a partires da rúa de Colón no tempo previos ós recheos.Ábrese este blog (con galería de imaxes) co fin de dar a coñecer e transmitir o traballo que se está a realizar tanto desde a Asociación "O Faiado da Memoria" como do "Arquivo Social da Memoria" dependente da Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa.

A función, tanto da asociación como do arquivo do concello é a de recuperar todo tipo de material gráfico, audiovisual, documental, sonoro e oral do concello de Vilagarcía e comarca.

A día de hoxe, febreiro de 2009, cóntase con máis 7.000 elementos gráficos de diveros pobos como A Illa, Catoira, Baiona, Gondomar, Oia, Cangas e Vilagarcía. Sendo, a maior parte, uns 6.000, desta última vila. A isto emos que sumarlle as 30 horas de testemuños personais gravados en vídeo sobre as súas vivencias. Son relatos de vida que, de non telas recollido a tempo poden desaparecer irremedablemente.

E só estamos comenzando.

Por iso nace este blog, para que todos podan ter acceso desde a sua casa ou traballo, desde Vilagarcía ou desde calqueira lugar do mundo. Este é un espacio aberto a participación. Non só un escaparate do traballo realizado, tamén é unha porta para poder pasar, deixalo comentario sobre as imaxes que vamos colocando. As impresións ou recordos que lles traen. A identificación das mesmas. A correción dos datos que figuran nelas xa que moitas non contan cunha identificación precisa nen o seu donador ten unha información precisa sobre ela. Este é un lugar para colaborar.

Pero esta porta tamén invita a pasar fisicamente. Nun espacio preparado pola Concellería de Cultura donde calqueira persona poderá porse en contacto con nos para recoller (exactamente en copiar) as súas testemuñas ou documentos e poder así seguir facendo crecer este Arquivo Social.

¿Cal é a nosa forma de actuación?

Unha vez postos en contacto cunha persona ou familia, ben por iniciativa nosa ou pola de ela, acercámonos o seu domicilio levando con nos levando un ordenadr e un escaner para realizar, no propio fogar do donante, o copiado de todo o material que el teña a ben de cedernos. Isto é importante xa que é premisa importante do proxecto non sacar nin fotografías nin documentos das casas para evitar "desaparicións" dos mesmos.
En caso de elementos como grandes negativos fotográficos ou películas que non podemos realizar copias alí mesmo teíamos que vernos obrigados a levalas pero sempre mantendo a seguridade do que se nos entrega.

Este material formará parte dun arquivo que estará na Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía para uso e disfrute de calqueira persona ou ente, público ou privado. O material estará catalogado co fin de que cada elemento gráfico, sonoro ou audiovisual sexa facilmente localizable.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-02-2009 18:35
[1] [2] 3
© by Abertal