lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Os Apropositos
Gracias, de novo a Pepe Prego, pola súa aportación ó Arquivo Social de Vilagarcía. Esta vez trátase de dous fabulosos libriños datados en 1916 e 1924. Son dous apropositos escritos, o primeiro, por Ricardo Urioste e Román Fernández e titulado "El dios Momo Diputado o Arremángate que hay lama" e o segundo "Fantasías de Severo ó Contra todo y contra nadie" escrito nesta ocasión por Manuel Rey Posse e J. Buhigas Olavarrieta, con incrustacións de Román Fernández Gil. Ambalasduas editadas na imprenta de "Galicia Nueva".

En breves días teremos dixitalizados os dous libriños (dunhas cincuenta páxinas cada un) e colocarémolos para que todos vostedes os poidan baixar e disfrutar.

A iso vamos a engadir os textos escritos polo propio Pepe Prego a quen lle estaremos agradecidos por todas as aportacións que nos fai.

Na foto da esquerda unha foto donada por Chocolate donde está el, vestido de Cardenal, na celebración dun enterro da sardiña de Vilaxoán no remate da década dos setenta.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2009 23:12
Máis Fotografías!!
Vamos a ter que pedir continuamente perdón polos paros entre subida e subida fotográfica para o blog. Pero as veces hai cuestións que nos superan como o é a da dixitalización de novos arquivos. E isto oblíganos a realizar paróns que non desexariamos. Pero en algún momento temos que facer algún descanso xa que a nosa espalda nolo pide dunha maneira doorosa. Doorosa para nos claro.

Por iso vamos a deixalos fins de semanas para adicalos a subir a maior cantidade posible de material e así que poidan vostedes disfrutar durante a semana do noso Arquivo. E xa estamos nela.

Hoxe, sábado de reflexión autonómica, adicámonos a ampliar os espazos de "A Vilagarcía de onte" e "Gaudeamos Igitur". Novos/vellos lugares de Vilagarcía de Arousa así como as escolas, como os interiores do colexio León XIII e as excursións felipenses engádense as xa existentes.

Tamén vamos a abrir espacios novos como un adicado ás parroquias, as tradicións ou ós amores.
Pero isto irémolo contando así como as vaiamos colocando.

Na foto da esquerda, donada por Mari Cruz, vemos a un adolescente Luis Carús (tería catorce anos nesta instantanea) preparándose para un choque futbolístico.

Falando da familia Carús aconsellámovos que baixedes este artigo do xefe de comunicación do concello vilagarcián, Manu Villaronga, que coidamos sumamente interesante
Comentarios (0) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 28-02-2009 22:48
Colaborando na difusión e coñecemento de Vilagarcía


O Arquivo Social da Memoria de Vilagarcía tamén colabora coa produción audiovisual.

Nesta ocasión trátase do programa para Televisión de Galicia, "Salitre". O tema central deste formato televisivo son os portos é a súa relación coa sociedade que a rodea.

O Arquivo Social aportou os contactos coa xente, mariñeiros, pescantinas, club de mar, etc así como no aporte de material gráfico e audiovisual sacado do seu fondo documental.

A gravación levouse a cabo durante dous días en mar e terra.

O resultado saberémolo en breve.

Na fotografía que acompaña a este artigo vemos ó equipo de realización, a cuio frente estaba Rivadulla Corcón, entrevistando a Belarmina Ordóñez tranquilamente sentados na praia de Compostela, comenzando cun agarimoso ronroneo musical..."teño un amor en Rianxo, e outro en Vilagarcía".
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2009 22:36
Nova Galería...de Vídeos
Comenzamos agora un novo espazo onde vamos a ir colocando vídeos, ben gravados e realizados polo Arquivo Social da Memoria, ou de outras personas ou productoras e que teñen relación con Vilagarcía e o seu contorno.

O que inicia este espazo é un fragmento dun traballo do "taller de edicións J.A. Durán", dirixido e guionizado por J. A. Durán e realizado por Jorge Durán.

Trata sobre o Señor da Golpelleira, López Ballesteros, nacido o 21 de xullo de 1782 no pazo da Golpelleira. Foi un dos artífices do levantamento de Vilagarcía contra a invasión Francesa. O documental leva por título, Luís López Ballesteros: El estratega de la Revolución "legal"




Taller de Edicións J.A. Durán
Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 23-02-2009 13:28
A emigración interior

Se no artigo anterior Rosa e José, movíanse por terras extrañas en busca dun futuro neste e Antonio quen navega terra adentro nesa mesma percura.

Antonio Alejandre é unha persona na que se amosa que os efectos daquela Guerra Incivil que asolou este país nos anos trinta, non rematou, para algúns, con aquel "cautivo y desarmado el ejército rojo...". No. Cando Antonio sae da cadea vaise a atopar a imposibilidade de poder traballar no seu pobo. E comenza un periplo que o vai levar de salto en salto. Non e que se poña a dar brincos para poder gañarse a vida senón que vai a traballar en boa parte das presas que se fixeron neste país.

Atrapado na emigración interior

Logo da guerra, logo de catro anos preso, Antonio quixo marchar de España. Non o deixaron, e a súa vida foi sementar pantanos do País Vasco a Andalucía
Comentarios (0) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 19-02-2009 16:00
A emigración a Inglaterra


Escribo isto mentres escoito unha versión do "come together" dos beatles. Rosa e José non creo que tiveran tempo de cruzarse con eles alá polas illas británicas. Tiñan o tempo demasiado ocupado co traballo.

Pero hai unha cousa, o velas súas fotografías da emigración, e era ese coche co que posa José nesta foto da dereita e que no artigo de Serxio é Rosa a que está retratada con el.

Os que temos algo máis de trinta anos (bastantes mais) lembrámonos de cando os emigrantes chegaban o noso pobo con aqueles cochazos que daban ganas de collela maleta e sair escopetados a buscar ese lugar onde debía brotalo maná no medio dos campos de millo. Non como aquí que neses campos só había espantallos, homes do saco e sacauntos. Aquilo si que era un efecto chamada.

Trinta anos a cabalo de Vilagarcía, Aberdeen, Londres e Compostela

Esta é unha historia de emigración, de encontros e desencontros cando a vida hai que gañala fóra. Tamén dunha pregunta: ¿realmente mudou tanto isto?
Comentarios (5) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 19-02-2009 15:42
¡Xa estamos de Volta!
Cumplindo o prometido, xa estamos aquí.
Para comenzar tres espacios novos: Os toros en Vilagarcía, unha rareza, as obras, esa historia de nunca rematar e o comenzo de Fexdega. decenove fotografías que ilustran eses espacios da memoria. A amplia recollida de material gráfico destes días permítenos abrir novos espacios e/ou aumentar os xa existentes. De momento apostamos por abrir ventás antes de aumentar os contidos das xa existentes.
De tódalas formas sería importante a opinión de vostedes por se lles gustaría reforzar algún dos apartados xa existentes. Todo se informaría no apartado principal. De momento disfruten destes novos espazos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2009 12:51
O comenzo de Fexdega

Inauguración da primeira Feira Exposición Agrícola e Industrial de Vilagarcía (Fexdega)


foto donada por Pedro Piñeiro
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 19-02-2009 12:15
Estamos de Obras

Obras en Vilagarcía


foto donada por Pedro Piñeiro
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 19-02-2009 11:30
Moncho Paredes e os touros

Moncho Paredes
Comentarios (12) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 19-02-2009 11:14
1 [2] [3]
© by Abertal