lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

25 de Decembro do 2022, Domingo

Subidas de hoxe: en Bamio, A Praia Compostela, O Carril, San Roque, Rubians, Vilaxoan, A Vilagarcia de Onte, Primeiras Comunions.
En portada, alumbrado navideño do ano 1970, a esquerda Almacenes Simeon.
O pobo, con choiva, en silencio, coma sempre nesta data.
Coma sempre, bos dias e moita saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-12-2022 08:17
Dia 24 de Decembro do 2022, sabado

En Cornazo, Trabanca-a Torre é Posando están as subidas do día.

Xa publicamos que estamos nominados para os PREMIOS YOUTUBEIR@S 2022, celébranse nunha gala en Carballo o día 28 de Xaneiro próximo, alí coñeceremos o fallo do Xurado.

O traballo polo que nos nominaron é a serie CÓNTALLO A CAMBADOS, serie feita por nos para celebralos catrocentos anos do MUIÑO DA SECA, do pobo veciño. Aí, no Muiño, entre os meses de xullo e agosto, cunha calor tórrido e abafante, gravamos a cerca de vinte personas, contáronnos a súa relación co mar, co Muiño, as súas historias de vida, as súas infancias nun país que non era como o coñecemos hoxe.

Entre todas esas personas gravamos a Maruxa Sabarís, nacida no barrio de Fefiñáns, era a maior dos fillos dunha familia traballadora. Ela aparece na serie como aquela nena que chegou a súa casa logo dunha mañán de traballo, levaba na man cinco pesetas... LIBRES! Maruxa ía polo camiño a berros, toda chea de razón en percura da súa Nai para darlle a boa noticia do resultado do traballo, nunha mañán única.

Esa gravación a xente encántalle, o sentimento de Maruxa ao contalo, fálanos da sensibilidade desta muller única.

Para quen non o sepa, Maruxa vive no lugar da Torre, casou con Tino Abad, alí formaron a súa propia familia, para quen non o sepa, Maruxa é unha pintora autodidacta quen, por certo, a súa ultima obra é unha obra do MUIÑO DA SECA... pero... cando fumos a falar con ela para ver si podíamos gravala, levamos a sorpresa que estaba pintando o Muiño. Algún día, que atopemos un tempo libre, falaremos con ela, levaremos os seus traballos a expoñer ao Faiado, a compartir o seu ARTE, con todos e todas.

A fotografía é de Tino, Tino Abad Sabarís, fillo de Maruxa. El estaría encantado dos triunfos da sua Nai. Tino tamén era un triunfador no campo da hostelería, un gran emprendedor que nunca desaparecerá da nosa memoria, que sigue a formar parte das nosas vidas por merecemento propio.

Seguiremos a falar doutras vidas aparecidas en CÓNTALLO A CAMBADOS.

Disfrutade do día e tamén da noiteboa.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2022 08:21
Cumpreanos da miña prima Beatriz

Beatriz Paredes Romero, filla de Paca e Tarata. Eu crecín escoitando falar de Tarata, a súa nai quedou viúva con vinteoito anos. Miña tía Esmeralda, tomou a decisión de marchar embarcada de camareira nos barcos da emigración que facían a viaxe de Vigo a La Guaira, Rio de Xaneiro, Buenos Aires... deixou os fillos na casa materna, que xa en aquel tempo xestionaban as súas irmáns Antonia e María. Elas foron as que criaron a Moncho, Tarata e Jose, con moitísimo amor, teño que dicir que foron correspondidas.

Co transcorrer do tempo Esmeralda xubilouse, e axudou moitísimo a crianza de meu irmán e mais eu. Era a que nos lía os contos as noites, era a que nos levaba ao cine nas vacacións, por suposto a vela película que lle gustaba a ela. Onde vas Alfonso XII? aínda hoxe a sei de memoria. Miña Tía Esmeralda e unha figura moi importante da miña infancia. Ela era a nai de Tarata, avoa de Beatriz Paredes, hoxe de cumpre anos.

Querida prima temos un chocolate pendente è programado desde fai moito tempo. En Xaneiro tomámolo. Que teñas paz e moita saúde, nesta casa querémoste

Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 23-12-2022 20:22
23 de Decembro do 2022, venres

En Centros de Traballo, Os Amigos é Bamio incluimos as subidas do dia.
En portada, principios do ano 1973, estabamos a rellenar o mar, para chegar a el cos coches, tiramos ca casa de Obras de Puerto instalada no Ramal, logo colocamos unha rotonda. O dos recheos rematou con unha Vilagarcia bañada polo mar, precioso pobo, maravilloso. De aquela pouco se podia facer cas ocurrencias dos que gobernaban, pero temos que estar cos ollos moi abertos na actualidade, non sempre se deberian acometer obras que colaboren co feismo e ca destruccion de espacios historicos do pobo.
Bos dias, saude para todos
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-12-2022 07:09
Luis Carlos Penide Perez

Hoxe cumpre anos, non podemos facer nada pra que a xente que queremos sexa feliz de todisimo...¡E imposible ser feliz de todisimo¡O noso amigo ten unha chea de bolas pra chegar a ese estado. Rodeado de xente sobresainte en valores o ten bastante facil. A ver si hoxe nos vemos, e o celebramos. Desde esta casa que é a tua, moitos parabens é unha boa aperta
Comentarios (11) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 22-12-2022 09:45
Premios Youtubeiras 2022: estas son as 22 propostas finalistas que optan a oito categorías

A cerimonia de entrega de premios decorrerá en Carballo o sábado 28 de xaneiro.
Candidaturas aos Premios Youtubeiras 2022
Youtubeira/o do ano
Mellor canle
Youtubeira/o revelación
Mellor vídeo
Calidade Lingüística
Pioneiro
Rede
Premio do Público
Máis un ano, chega a gala dos Premios Youtubeiras, que nesta nova edición, a sexta, terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo o sábado 28 de xaneiro. A organización, composta polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña, xa elixiu 22 propostas finalistas para disputar os oito galardóns.


O evento correrá a conta da actriz e narradora oral Cristina Collazo, que exercerá de presentadora, mentres Laura Lamontagne & PicoAmperio porán a música. Este ano presentáronse un total de 74 canles de YouTube, 45 delas concorrendo por vez primeira e boa parte do total de recente creación. Son máis do dobre que as 38 rexistradas o pasado ano. Aliás, 39 foron seleccionadas por persoas usuarias para o Premio do Público.


Carme Pereiro (Youtubeiras): "As creadoras de contido están apostando polo galego, póndoo en valor e dignificándoo"
Desde Youtubeiras salientan o "alto nivel técnico" e a "diversidade temática" das propostas candidatas, así como o "amplo rango de idade" das persoas participantes e o "potencial de se converteren en referentes da rede galega", como xa aconteceu desde anteriores edicións do certame.


O xurado desta sexta edición está conformado por Mario Brión (Olaxonmario), elixido Youtubeiro/a do ano na edición anterior; Mónica Fernández Valencia, técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense e coordinadora de Youtubeiras nas primeiras catro edicións; Carmen Nieto, dinamizadora e formadora no eido das novas tecnoloxías; Elvira Nercellas, estudante e integrante do Grupo por unha Medicina Galega en Galego, e Alba Rodríguez, administrativa que deu a coñecer o seu cambio á lingua galega a través de Twitter no ano 2018.


HEMEROTECA | Olaxonmario triunfa na 5ª edición dos Premios Youtubeiras
Os Premios Youtubeiras repartirán este ano un total de 7.500 euros. Cada un dos galardóns conta cunha dotación económica de 1.000 euros, agás o Premio do Público, cuxa contía ascende a 500 euros. Será o xurado quen decida finalmente a proposta gañadora en todas as categorías, agás na do público. Este galardón concédese por votación popular a través de medios dixitais e o xurado limitarase a dar fe do reconto.


Candidaturas aos Premios Youtubeiras 2022
Youtubeira/o do ano
Para a principal categoría deste certame están nominadas as propostas comunicativas de Anxo Sánchez, Neeumatiko e La Bisonte.

Mellor canle
Nestoutro apartado que premia a mellor das canles en galego concorren Toxío, Tonio Cociña Galega e Fica coa bóla.


Youtubeira/o revelación
A maior sorpresa do panorama audiovisual da Galiza dilucídase entre Marcos Borrageros, Histérikas Histórikas e Falemos do Reino de Galicia.

Mellor vídeo
O mellor vídeo publicado durante o ano no YouTube galego será A Moura, de Contos de Santalla; Bury your gays (Enterra os teus homosexuais) - Investigación documental, de Henfunk Studio, ou ben Eduardita, de Piratas sen parche.


Calidade Lingüística
O recoñecemento á maior calidade lingüística disputarase este ano entre Falemos do Reino de Galicia, que repite como canle nominada nestoutra categoría; a webserie Cóntallo a Cambados, e Media Laranxa.

Pioneiro
Ao denominado Premio Pioneiro, que valora a orixinalidade e innovación das propostas, concorren Noticias Dispersas, Gallifrey Ceive e Pingando —de Laura Veiga, colaboradora de Nós Diario—.

Rede
O Premio Rede, que vai destinado ás canles "coa capacidade de tecer comunidade", decidirase entre Proxecto R.E.D.E.S., A Lobeira Today e Exército Mekemeke.

Premio do Público
Finalmente, ao popular Premio do Público que elixen designan as persoas usuarias están nominadas BEMBIBRE coas Tanxugueiras, de Xabi Gómez; Mitos e ritos do tempo de Defuntos. Conversa con Lidia Mariño, de Orgullo Galego, e Eduardita, de Piratas sen parche, vídeo que compite en dúas categorías —esta e máis a de Mellor vídeo.

Nós Diario do 22 de Decembro do 2022
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 22-12-2022 08:29
22 de Decembro do 2022, xoves

En O Castro, Outra forma de Vivir é Tascas e Centros de Traballo, atoparemos as subidas de hoxe
En portada o Bar Xesteira, con esta foto lembramos aquel sorteo da loteria de Reises do ano 1976, Vilagarcia foi unha festa celebrando un premio importante. No Xesteira tamen tocou, vemos a Margarita e Mingos atendendo os clientes, Vicente o da Banderita, outro bar situado na Alameda, Carlos Bao, ferroviario e corresponsal do Correo Gallego a o pé da noticia.
Pois bos dias, no Faiado sentimonos encantados ca nominacion a os premios YOUTUBERS do noso traballo CONTALLO A CAMBADOS.Non vou a rozar a tonteria, merecemos esa nominacion, sobor de todo por saber buscar a xente adecuada para o noso traballo. As mariscadoras, redeiras, mariñeiros, armadores de Cambados que nos estaban a esperar pra sacar de eles as millores lembranzas das suas vidas, a MEMORIA, gardada pra que os do FAIADO o lanzaramos a o mundo, Ahi temos de mostra unha nominacion que vivimos como o millor premio, compartido con todos.
De novo, bos dias
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2022 07:55
Queremos compartilo coa nosa xente

A webserie creada polo Faiado da Memoria, baixo a dirección de Antonio Caeiro,ca colaboracion de Margarita Teijeiro, CÓNTALLO A CAMBADOS (que tamén está baixo o título de HISTORIAS ARREDOR DA VIDA) foi nominada aos premios YOUTUBEIR@S 2022.

A serie naceu como unha idea de SIHÁHO para conmemorar o catrocentos aniversario de O MUIÑO DA SECA de Cambados.

Durante catorce capítulos, de distinta duración, desenvólvense outras tantas historias que teñen como nexo común o mar e a xente que vive e traballa, sobrevive e loita, día a día con el.

Polos distintos espacios vamos vivindo e sentindo, coa emoción e sentimento narrado polas propias protagonistas, as historias das mariscadoras, atadoras, mariñeiros, peixeiras,... e do mesmo muíño cambadés xa que el forma parte desta historia ( é un muíño de marea) e nel gravouse todo este traballo que agora pódese ver no canal de YouTube "cóntallo a Cambados".

A serie, enmarcada dentro dos actos conmemorativos do muíño que se desenvolveron ao longo deste ano que está rematando, conta co apoio do CONCELLO DE CAMBADOS, do GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO DA RÍA DE AROUSA, da CONSELLERÍA DO MAR da XUNTA DE GALICIA e do FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA.

A final deste certame terá lugar o día 28 de xaneiro en Carballo, Coruña.

Esta selección remata cun bo ano para a asociación Vilagarcía a onde outros traballos seus estiveron presentes noutros certames galegos e nacionais, alcanzando, co traballo de memoria sobre a vila de Vilagarcía, "RESONANCIAS DO PASADO", que acadou o premio do público na Mostra Internacional de Cine Etnográfico.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 21-12-2022 20:19
Preparandonos

Non é un tempo que nos guste, non é un tempo que teñamos en conta, o feito é que esta ahi, desde que temos uso de razon son dias que as nosas familias celebraban como algo especial...pois a os que seguides todo o ritmo da festa...¡BO ANO NOVO¡
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 21-12-2022 08:19
21 de Decembro do 2022, mercores

Subidas na Vilagarcia de Onte,Cea-Castroagudin, O Carril, A Lomba.
En portada fotografia de Jose Varela Nimo, encargado de facer felices a o mundo infantil desde a sua faceta de Rey Mago, A fotografia e no Hogar, establecimiento reclamo durante todo o Decembro nunha epoca na que a abundancia non era plato para todos. Agradecemento a Jose Varela e a o Hogar, polas horas adicadas a o ben comun.
Despedimos o Outono e damoslle a benvida a o solsticio de inverno, a partires de hoxe, cada dia ganamos medio minuto as horas de sol, non queda outra, vivimos, animo. Bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-12-2022 07:29
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0