lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O LIBRO SOBRE VILAGARCIA

Boas datas para mercalo

Datas pra facer regalos

Enton os do Faiado temos o noso libro de PEDALEANDO POR VILAGARCIA que pode ser un agasallo perfeto pra quedar ben ca familia, cas persoas que queres, cos amigos...
Podese mercar en calquer libreria Nobel, libreria Pampin e en Make Notes, nos na casa tamen temos algun, nos chamades e sin problema, e un bo libro con fotos que nos falan de aquelas bicicletas nos que recorriamos mundos estranos sin sair de Vilagarcia. Bos dias, moita saude, boa noite
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 31-12-2016 08:55
Moitas boas datas pra os colaboradores do Faiado

Pra o ano que ben o noso Faiado cumplira dez anos entre todos temos que facer un agasallo, se agradecen as ideas.
Ca foto de Justo Lameiro personalizamos en todas e todos os que botades unha man identificando fotografías, o noso agradecemento, sin vosoutros o Faiado dixital nunca seria o que é. Moitas gracias e Feliz Aninovo
Comentarios (4) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 31-12-2016 08:51
FELIZ 2017

Para todas e todos os blogueiros e amigos do Faiado da Memoria un ano 2017 cheo de saude, traballo, positivismo a tope. Bo fin de ano e boa entrada, eiqui deixamos un video feito fai un tempo para vosoutros que sigue a ter os mismos fins e desexos.




Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-12-2016 15:38
Pilar Alcalde e familia

Mais coñecida como Aurita a Monxa, escomenzou a facer comentarios no Faiado cando estabamos a piques de inaugura la casa nova e todo hai que decilo que esta costalle un pouco mais, mentras non colle o tono saudamola con moito cariño.
Feliz ano, unha aperta.
Comentarios (5) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 29-12-2016 08:30
Marite Montesinos, a nosa Marite

Ela é a voz da sensibilidade, xa leva casi tantos anos con nos como o propio Faiado, cando escomenzou e utilizamos con ela a primeira vez aquelo de: "A nosa" contounos que se botou a chorar. Asi son os sentimentos a dulzura e o amor de Marite por Vilagarcia. O seu abo Hermelindo Castro foi o xefe da estacion do tren e Marite naceu na propia estacion. Feliz Ano amiga, moita saude
Comentarios (6) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 28-12-2016 08:50
Para Margarita Mosquera

Margarita Mosquera xunto o seu home Segundo viven en Francia fai unha chea de tempo, no vran viaxan a Vilagarcia e mentras non e o tempo viaxan co corazon de forma virtual no Faiado da Memoria. Margarita e donante, colaboradora e amiga. Imoslle agradecer todo isto, que non esquencen o seu pobo e nos tampouco a esquencemos a ela, bos días, moita saude, Feliz Ano unha aperta
Comentarios (6) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-12-2016 07:50
Para Mary Patiño

Mari Patiño…imprescindible no Faiado, nunca nos falla, sempre di que si a todo o que facemos, e si e unha farra, unha comida que sempre remata en cantes e bailes anotase a primeira, ten moitisima marcha e se agradece alguen como Mary, da animos, da alegría. Por eso hoxe a traemps aquí a o seu lugar de honor dentro do Faiado, bos días Mary, moita saude.
Comentarios (6) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 26-12-2016 07:33
Benvido Enzo

Hai datas na vida que non se esquencen mais, que son irrepetibles, o dia vintedous o dia da lotería naceu Enzo fillo de Tania e David, neto de Marilu e primeiro bizneto de Luisa e Dieguito, xa facia días que a Mama saira de contas pero Enzo fixose esperar…¡Vaia datas fixo vivir a sua familia…¡Facia vintenove anos que non chegaba un bebe a casa….¡Benvido Enzo¡ Moitas felicidades a os Pais, a Aboa Marilu, a toda familia paterna e un millón de bicos para Luisa e Dieguito. E ti Enzo, a comer e dormir. Moita saude
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-12-2016 21:55
Para Roberto Ocaña

Outro dos nosos opinantes e escribintes do Faiado, a Roberto que é amigo queremoslle dar as gracias por ser unha das ferramentas principais das nosas paxinas, saude e feliz aninovo Amigo
Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 25-12-2016 08:42
M Luisa Eduardo e Familia

Hasta finais de mes imos colocar as fotografías da xente que mais comentarios fai na casa de todos, no FAIADO DA MEMORIA. E unha homenaxe a os que entran a diario nas casas da nosa Asociacion na vella que e esta o blog e na nova a paxina web, decimos a todos pero imos a facelo cos que mais abondan en comentarios, este e o premio do Faiado, da vosa casa.
O que nos pide o corazon en estas datas en que remata o ano -entre outras cousas- é como remata e de ben nacidos ser agradecidos e nos o somos, ben nacidos e agradecidos polo tanto queremoslle dar as gracias a eses centos de persoas que visitan O FAIADO DA MEMORIA e a sua representación que non deixa de ser a xente que fai comentarios, pois ben imos escomenzar por darlle as gracias a Eduardo Garcia, escomenzamos por el por aquilo de que é o que mais anos ten, lle queremos a el e a sua familia. Gracias por estar ahí e bos días. Mañan mais
Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-12-2016 08:31
1 [2] [3]
© by Abertal