lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

POR UN PRÓSPERO 2016 (iso esperamos)

Estimadas Amigas e Amigos, estase a rematalo ano 2015 e fixemos inventario de tódalas actividades (que ainda falta 20 días para que remate e nos quedan cousas por facer e presentar pero é para non esperar ao último día) e vemos que este foi moi positivo. Polas emocións que vivimos, o contacto con vos, as colaboracións cos amigos, os amigos que colaboraron con nos e que, desgraciadamente, algún xa non está presente, pero todos e todas, polas donacións de memoria que levades facendo ben mediante fotografías, documentos, películas ou orais, estamos realizando un bonito arquivo que reflexa que estivechedes, estades, aquí presentes, nesta terra.

Nestes días, que levamos escollendo mulleres para o novo traballo documental que titulamos EU TAMÉN NECESITO AMAR, alguén nos preguntaba, en forma cariñosa: "¿e que dades a cambio por falar?" ao que nos contestamos, moi seriamente ainda que pareza o contrario: "a inmortalidade". I é certo, xa que unha vez dentro do documental as personas nunca morren e viven contando, unha e outra vez, a súa vida vivida, reflexo de que estivo presente neste mundo.

Aquí vos deixamos a peciña audiovisual na que vos agradecemos tódalas colaboracións, participacións e detalles que tivéchedes con nos e vos felicitamos polo ano que ven.

Un saudo e moitos bicos e abrazos.

Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2015 00:47
A Laxe

Saudamos desde eiqui A Laxe lugar apreciado no que viven uns cuantos amigos, van estar de festa e desexamos que as celebren con ledicia saude é paz
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-12-2015 08:20
Morreu Matucha

" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hija "
Dña. Matilde Iglesias Varela
" MATUCHA "
(Vda. de D. Alfredo Rodríguez Padín)

Que falleció cristianamente el día de hoy,
a los 82 años de edad.
D.E.P.
Sus hijos, Alfredo y Felipe Rodríguez Iglesias; hija política, Nuria Mateos Lafuente; nietas, Mónica e Inés Rodríguez Mateos; cuidadoras, Pili, Cristina, Susana y Antonia, hermana política, sobrinos, primos y demás familia.

Ruegan a sus amistades y personas piadosas lo tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA VIERNES, a las CUATRO Y CUARTO de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de San Martín de Sobrán - Vilaxoán, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio General de Vilagarcía, favores por los que les anticipan gracias.

Sldrá un ómnibus a las 15:15 h, desde Vilaxoán (semáforos) pasando por Vilagarcía (Iglesia Sta. Eulalia), para la asistencia al sepelio y regreso.

T. 986 501 101 - www.ppffa.com
Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 4
Vilagarcía, 10 de diciembre de 2015

A os seus fillos, nora e netas o noso sentido pésame polo pasamento de Matucha
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 10-12-2015 18:48
Finou Chichita

Ou Conchita Vidal Vazquez, unica filla de Doña Concha aquela mestra tan lembrada en Vilaxoan. Conchita foi unha das primeiras donantes do Faiado da Memoria e anteriormente era sobor de todo unha boa amiga. Adeus, hasta sempre





" LA SEÑORA "
Dña. Mª Concepción Anita Vidal Vázquez
"CHICHITA"

Falleció el día 8 de Diciembre en Vilagarcía de Arousa a los 74 años de edad, después de recibir los Santos Sacramentos y la B.A.
D.E.P.

Su hija, Cecilia Vidal Vázquez; hijo político, Juan Ramón López Veloso; familiares, Suca Pedrido Morla, Marita Vázquez Gómez y familia Belga. Primos y demás familia.

Ruegan una oración por su alma y la asistencia a la conducción del cadáver que tendrá lugar mañana JUEVES día 10, a las CINCO MENOS CUARTO de la tarde, desde el TANATORIO a la IGLESIA PARROQUIAL DE SAN MARTÍN DE SOBRÁN, donde se oficiarán los funerales de cuerpo presente y a continuación a su inhumación en el Cementerio Parroquial de A PELADA. Favores por los que les anticipan gracias.



Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 1
Vilaxoán - Vilagarcía, 9 de diciembre de 2015
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 10-12-2015 08:06
Con Sita e Angel

Onte xantamos cuns amigos, con Sita Calvo e Angel Fresnedo e foi coma sempre que nos xuntamos os catro unha cousa moi agradable, a verdade que sempre nos conduce na sua conversa a os curruchiños da vida que interesan, non falamos de grandes cousas…non, o Faiado nos une e sempre resulta maravilloso o tempo que compartimos. Parexa, de hoxe nun ano, queda pendiente ese viaxe a Cortegada cando veña o bo tempo. Hasta de aquela, unha aperta
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 10-12-2015 07:40
Moitas felicidades a Tere Briones

Porque hoxe esta de cumpleanos, é un dia feliz, loxicamente, quue o pases de maravilla Tere, o mereces, os do Faiado imos colaborar con unha composicion musical, de hoxe en moito tempo...parabens e unha aperta en este data tan señalada na tua vida





Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 06-12-2015 09:13
Sentimos que non se respete o pasado republicano

O Obelisco encargouno Elpidio Villaverde, para a praza central do pobo ala por 1931, alguns que somos de aqui de sempre seguimoslle a chamar a dito lugar “O Obelisco”
Resulta que para a seman que ben ira a parar a rua Rey Daviña…¿Por qué? Pois politiquilla, non hai outra razón, nin técnica nin histórica, os técnicos, podían fixarse nesa mole de edificio Lara que ‘e un monumento a o feísmo, elemento que sin duda si contribuye a facer moito mais agreste e horrorosa esa praza da que botan a o Obelisco. Legalizaron un edificio que atenta urbanísticamente falando, con calquer punto de armonía do noso pobo
Por certo un licenciado en historia que traballa no concello fala de trinta os anos que o Obelisco botou na sua ubicacion orixinal....¡Pois vai ser que no¡ trinta e oito exactamente, desde 1931 a 1969, que se colocou a fonte luminosa, que non se cambien as datas a o ritmo que conven
Historicamente, isto é como o do Mercantil, nadie sabe cando se lle chamou Garcia pero algún quere pasar a historia como hacedor de cousas que non teñen nada que ver ca realidade nin co sentir da xente. E outra cousa, non coincidimos nin con Fole ni con algún que pide a entrada da Legion en Cataluña, o Faiado ten esta postura, a de apoiar a volta do Obelisco a o seu lugar orixinal desde sempre, fai moitos anos, e neste blog si se busca a atopades. Fontenla o creador do Obelisco colocouno na Praza da Republica e nos estamos a favor da orixinaria colocación e tamen de paso, da REPUBLICA. Bos días, saude

Posdata. Que nadie escriba pensando que se dan as condicions para montar polemica. Nadiña de nada.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2015 07:21
ONDE O MAR XOGA COA AREA



O 18 no Fogar do Pescador


En Vilaxoan.
Temos que lembrar que o dia dezaoito venres, estaremos proxetando nos salons da cofradia o noso segundo traballo sobre Vilaxoan e a sua xente. O dezaoito de Decembro, venres as oito da tarde, non o esquencer e gratis, o ides pasar ben
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-12-2015 08:39
O 18 no Fogar do Pescador


En Vilaxoan.
Temos que lembrar que o dia dezaoito venres, estaremos proxetando nos salons da cofradia o noso segundo traballo sobre Vilaxoan e a sua xente. O dezaoito de Decembro, venres as oito da tarde, non o esquencer e gratis, o ides pasar ben
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 01-12-2015 07:32
Escomenzamos Decembro

Que non deixa de ser o mes marcado pra todos os veciños, familia e amigos polas datas de festa do Nadal. Sempre decimos o mesmo, os do Faiado de navideños nada, pero non podemos obviar os desexos da nosa xente, da nosa vila, do noso pais, foi marcado a fuego por multitude de xeneracions...por eso esta ahi. Que veña Decembro que transcurra o millor e mais rapido posible, bos dias.
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 01-12-2015 07:29
[1] [2] 3
© by Abertal