lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Vai polo ANO NOVO!!

Despedimos este ano 2009 cunha subida de fotografías para entrar con bo pé neste dous mil dez onde cumpriremos o noso primeiro aniño na rede.

Bueno, con bo pé e estilo, como se marca Cheka na matanza do porco: con corbata. Ante todo glamour.

A subida consta de catro galerías: Outra maneira de vivir (4), Familia (3), Atopando detalles (2) e Personas recordadas (2).

Disfruten...pero con moderación.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 30-12-2009 22:14
Chegadas por internet

Engadimos tres fotos que nos acaban de chegar por correo electrónico. Están enviadas por Manuel Rey desde Barcelona, unha das personas que nos ven desde a emigración (35 anos na cidade condal).

Aproveitamos a ocasión para lembrar de que nos envíos a través de internet debemos por a resolución do arquivo o suficentemente alto (depende do tamaño da foto pero o mínimo de 600 p.p.p) para que, aparte da súa utilización dentro do blog, podamos gardala no noso arquivo municipal.
Non é difícil, so hai que velas instruccións do escáner que teñamos.

As fotografías atópanse na galería Chegaron por correo...electrónico.

Disfuten.
Comentarios (4) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 27-12-2009 11:20
DISFRUTADE DO NADAL COA SEGUNDA PARTE DA SUBIDA


Cando rematedes de dixerir os turróns, pavo, polvoróns, champán, bacallao e outras ricuras que nos proporciana a terra e nos pode proporcionar tamén un boa dor de estómago podedes intentar alivialo non cun alka-selzer nin un almax, o mellor remedio é un bo disfrute diante do ordenador.

Para iso tivemos a ben pasarnos todo este día diante deste trebello para poder ofreceros este infalible remedio que reconforta alma e cerebro e masaxea docemente o noso corazón.

Non é unha subida normal,É UNHA SUBIDA DE NADAL!. Son 104 fotografías que fan un percorrido por boa parte das galerías do noso/voso blog.

Estas están distribuidas por: Amores (3), Familia (7), Traballando duro (6), Sempre emigrantes (3), Bailamos? (2), A Vilagarcía de onte (17), Atopando detalles> (3), Lobos de mar (2), O Carril (10), Os deportes chegaron coa escuadra> (3), Outra maneira de vivir (6), Posando (16), Primeiras comunións (5), Soan campás de voda (6), Tradicións nosas, festas e actos (12) e Vamos a retratarnos (3).

E como despois disto é bo tomar un descanso, gañado a pulso, iso si, pois nos vamos de cena.

¡Que aproveite a todos!, tanto polas fotografías como polas cenas.

Disfruten.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 24-12-2009 21:12
SEGUIMOS SUBINDO MEMORIA
Xa comenzamos a preparar unha nova exposición. Como xa anunciamos mais abaixo tratará sobre a Escola en Vilagarcía. A galería de Gaudeamus Igitur da boa mostra do material fotográfico existente, pero queremos ampliar isto o mais posible e xa estamos a buscar obxetos utilizados nas distintas escolas que hai e/ou houbo nesta vila.

A forma é o de sempre: recorrelas casas. E así comenzan a xurdir libros, uniformes, lapiceiros, tinteiros, labores, etc que van a facer que esta exposición, que se prepara para a segunda quincena de marzo, sexa algo digno de ser vista.

Pero toda aportación é pouca por iso quedamos abertos a toda participación. O noso correos e os teléfonos están abertos para as aportacións. Loxicamente serán devoltos unha vez finalize a exposición na metade de abril.

Se contamos con presuposto esperamos realizar un pequeno catálogo co material exhibido e historias contadas por tod@s vos. Algunhas sacarémolas deste blog, do que xa nos tedes contado, pero se alguén nos quere contar historias novas, anécdotas ou suxerencias rogaríamos que no lo fixéxedes saber a través do correo electrónico. Contestaremos a todo o mundo.

Pero iso é o futuro, o presente é esta nova subida fotográfica que estamos a realizar. É para que passedes unhas navidades de lembranzas e para que desconxestionedes o estómago despois de tódalas papatorias que faredes estes días co fin de alonxar de nos esta crisis que nos devoran. E ista subida non é mais que a primeira parte.

As fotografías están mais distribuidas que a pedrea do gordo de navidad (que para nos foi bastante escuálido). 11 fotografías están na galería de Traballando duro, 1 en Amores, outra en Atopando detalles. Tamén con unha atopámolas nas galerías de Gaudeamus igitur, De bares, Primeiras comunións e Soan campás de voda. Con 2 en Bailamos?, con 4 nas de Os deportes chegaron coa escuadra, Outra maneira de vivir, Sempre emigrantes e Tradicións nosas, festas e actos. En Vilaxoán, 5, Familia, 6 e por último O Carril con sete.

De momento iso é todo o que podemos contar. Utilizalos atallos que se consiguen clicando enriba dos nomes das galerías para ir rápido hasta elas e ir facendo os comentarios sobre esas. Con respeto o tema dos comentarios estamos a traballar para ver como o podemos arreglar para que todo funcione mellor pero iso vai a ser entrado o ano novo. Non pensedes (os que non escribides, de que os demais deixaron de escribir, o que pasa é que poucos deciden colocar o aviso de que colocaron un texto no espazo que fixemos para "auto.actualización...". Polo demais os comentarios siguen chegando a un ritmo normal e se cabe ben interesantes.

Esperamos que disfruten con esta primeira subida de nadal. Nos temos que sair a comprar os manxares cos que vamos a alegrar o corpo no día de mañán. Espero que nos tiveran deixado algo e que tamén disfruten nestes días cos seus. Aproveiten para espallar o blog. Cachislá, parezo un telepredicador.

BO NADAL e QUE O ANO QUE VEN NOS TRAIA HISTORIAS QUE NOS FAGAN FELICES (a poder ser mais do que xa o somos. Isto é avaricia, non?)
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 23-12-2009 18:54
Mais fotos, segunda cea e outras novas

Este fin de semana estamos de escaneo. Dentro de pouco teremos material novo que vamos a ir ofrecendo. Isto non nos impide ir subindo algunha cousa entre medias.

Comenzamos con catro galerías: Familia (1), Gaudeamus igitur (2), Personas recordadas (2), Familia (3).

Por outro lado, no blog paralelo de O Paseante, temos engadido fotografías da segunda cea de O Faiado da Memoria e vídeos das actuacións e do banquete (están subíndose pouco a pouco xa que tardan unha media de oito horas en subirse) aparte tamén subíronse fotografías da gala que distintas personas fóronnos enviando.

Tamén vos informamos de que a recaudación da gala "...coa axuda dos meus amigos", e unha vez descontados uns gastos extras, quedaron un total de 600 €uros que van a ser entregados a asociación de tratamento do autismo, BATA, unha organización sen ánimo de lucro e que desenvolve servizos e programas orientados as personas con T.E.A. (trastornos do espectro autista) e as súas familias.

Por último queremos informarvos de que a principios de ano, nos primeiros días de xaneiro, vamos a colaborar coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información (esa oficina que está na de Corbatilla) para elaborar unha serie de gravacións sobre o tema xenérico da escola. Por un lado necesitamos a vosa colaboración para virnos a contar historias que teñan relación coas vosas vivencias nas distintas escolas de Vilagarcía (anécdotas, profesores, centros, estudios, etc.) e a outros poden interesarlles o aprendizaxe das ferramentas de edición. O material recollido vai a utilizarse para realizar unha exposición sobre a escola que pretendemos realizar no primeiro trimestre de 2010 e que contaremos cunha recreación dunha escola gracias a colaboración do MUseo PEdagóxico de GAlicia. Seguiremos informando desta actividade pero o que queira pode pasar polo centro de corbatilla.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 13-12-2009 23:23
UNHA HISTORIA DE GONDOMAR
a tenda nova de antonio
Queda algo lonxe de Vilagarcía. Pero é o pobo de Antonio. El coñece a historia de todos e quere deixar constancia da súa.

E que non quere xogar con desventaxa.

E unha forma de contala desde unha óptica dos seus tempos de infancia sen abrirse demasiado que xa é ancho de por si.

Podedes vela e leela só con tocar esta ligazón tan larga como as barras de pan que carrexaba o Antonio, o seu pai.

Disfrutade mentres seguimos subindo fotografías o paseante relacionadas co festival. E pronto moitas mais que van a aparecer neste o Noso Faiado da Memoria nestes días
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-12-2009 23:00
Seguimos co noso traballo habitual
o carricoche

Volvemos as nosas tarefas habituais, o de escudriñar nos fondos visuais da nosa vila.

Vamos a ir subindo con contagotas as fotografías (a veces non tan a contagotas) e, o máis importante, a seguir indo polas casas a buscar e escanear que é a nosa principal función.

Aquí podedes ver a última actualización que responde as galerías de Outra maneira de vivir (4 fotos), O Carril (1) e Dando a nota (7 fotografías).

Non vos entretemos mais e podedes seguir disfrutando deste blog.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 09-12-2009 18:12
Despois do descanso, volta o traballo

Volvemos de novo o noso espazo natural, a percura de material fotográfico e audiovisual.

Pero antes, non ía a ser menos, podemos botarlle unha ollada a como foi a gala de "...coa axuda dos meus amigos".

Por un lado para que a poidan ver os que non poideron asistir en físico, e por outro para aqueles que queiran rememorar ese momento.

Son unha serie de fotografías, realizadas por Joaquín Sampere Rietz e Luis Rodríguez de Robles, de distintos momentos da gala, incluindo os ensaios previos no propio auditorio.

Pero non vai a ser neste blog, se non no paralelo, no de O Paseante. So tedes que premer aquí e xa vos leva directamente a ese espazo.

Ademáis xa se van subindo fotografías novas. Para non perdelo espíritu. Son sete fotos na galería de Outra maneira de vivir e dúas na de O Carril.

Esperamos que disfruten tal como nos o fixemos preparando todo, ou máis se cabe.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2009 18:08
© by Abertal