lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
30 de Novembro do 2023, xoves |
|
.jpg) Subidas en CENTROS DE TRABALLO, GAUDEAMUS IGITUR é ATOPANDO DETALLES.
En portada, o que na actualidade coñecemos como rua Alejandro Cerecedo cando non habia edificios.
Onte, recibimos a chamada de un dos responsables da BLOGOTECA, nos anunciou o seu peche a finais de Decembro. Alegan perdidas economicas. Non temos nada que decir, supoñemos que seremos quen a levantar cabeza, necesitamos un tempo.
Desde o Febreiro do 2009 a hoxe, levamos subido 16.733 fotografias, con os seus pes de fotos, un traballo importante de moitas horas a nivel personal.
Esperamos ter alternativa, continuar co Faiado da Memoria no dixital, nas ondas da MEMORIA.
Bos dias, vaise Novembro |
|
|
|
29 de Novembro do 2023, mercores |
|
 Subidas en CENTROS DE TRABALLO é VILAXOAN.
En portada, unha primeira comunion, de unha nena que non coñecemos con os seus amigos. A ver si alguén a recoñece.
Hoxe, celebramos as oitocentas fotografias do arquivo de Vilaxoan, faise facil e simple, pero son anos de traballo a diario.
Bos dias, chove, estamos rematando Novembro, saude
|
|
|
|
Xurxo Alonso repite como gañador do VI Certame de poesía Torre de Caldaloba. |
|
 O escritor Xurxo Alonso García, nado en Bos Aires e afincado en Vilagarcía de
Arousa dende neno, repite como gañador do VI Certame de poesía Torre de
Caldaloba, convocado polo Concello de Cospeito e a Asociación Cultural e
Recreativa de San Martiño de Pino, en colaboración con Culturgalia GZ, e que
nesta edición recibiu máis dunha trintena de traballos. “Non deixedes na mesa
leite nin pan” foi a obra escollida polo xurado, que nesta ocasión estivo formado
por Armando Requeixo Cuba, Xosé Otero Canto e Maurizio Polsinelli, e cuxo
gañador verá publicado o seu poemario na prestixiosa editorial “Alvarellos”.
Os expertos valoraron moi positivamente a obra presentada por Xurxo Alonso,
que xa se fixera co máximo galardón na II edición do certame, en 2019,
destacando que o desta convocatoria é un traballo “onde a palabra xorde como
unha fervenza que escorre polo regueiro da ausencia”.
O certame concedía, ademais, un segundo galardón, que recaeu no mestre e
poeta ourensán Paulino Peña Álvarez, que tamén se fixo con este mesmo premio
na primeira convocatoria do certame, que gañara Xesús Rábade Paredes, alá
polo ano 2018.
Esta vez o xurado resaltou do poemario “Vaira e cristal”, o seu verso breve, que
destaca “pola capacidade de entregar ao lector unha memoria aínda intacta de
vivencias pasadas”, grazas en gran medida “á eficacia dunha linguaxe culta e
refinada”, precisan os membros do xurado.
A entrega dos premios desta sexta edición do certame de poesía Torre de
Caldaloba celebrarase o vindeiro sábado, día 2 de decembro, ás 12:00h, no
centro sociocultural municipal de San Martiño de Pino.
Un orgullo no pobo ter un Artista tan completo como Xurxo.
Escritor, poeta, escultor... esa sensibilidade artistica é moi dificil de alcanzar.
Enviamoslle a felicitacion do FAIADO DA MEMORIA, polo seu derradeiro premio
A fotografia é de Gonzalo Salgado para do DIARIO DE AROUSA |
|
|
|
28 de Novembro do 2023, martes |
|
.jpg)
Subidas en FAXILDE, O CARRIL E CORNAZO.
En portada, rua Castelao de Vilagarcia, distinta a como está na actualidade.
Pasaron unha chea de anos.
A ver si podemos ter normalidade na nosa paxina.
Bos dias, moita saude |
|
|
|
27 de Novembro do 2023, luns |
|
.jpg) En outra Forma de Vivir aloxanse as subidas do dia.
En portada, a rua Conde Vallellano vista desde O Obelisco.
A dia de hoxe, para vergoña dos que gobernaron o Concello dende que morreou o dictador, sigue a chamarse da mesma maneira.
Sentimos que non se poidan subir as fotos desde primeiras horas da mañan, pero non é pola nosa xestion. Parece que teñen averia no servidor.
Bos dias, escomenzamos seman. |
|
|
|
26 de Novembro do 2023, domingo |
|
.jpg) Subidas en Tascas é Centros de traballo.
En portada paseo por Ferrazo, a o caron do mar, nunha Vilagarcia distinta.
Bos dias, bó fin de seman |
|
|
|
24 de Novembro do 2023, sabado |
|
.jpg) Subidas en TASCAS E CENTROS DE TRABALLO é OS DURANS.
En portada, unha voda con unha foto preciosa da que descoñecemos identidades e orixenes.
Bos dias, a disfrutar do fin de seman. |
|
|
|
Homenaxe a Rafael Pillado |
|
 Onte, no Faiado da Memoria, presentouse a derradeira publicacion de Rafael Pillado LA DURA LUZ DE LA MEMORIA. Da man e co aval da asociacion do Ferrol, FUCO BUXAN, creada tamen polo propio Rafael.
Foi un acto que debiamos facer, o propio Rafael, nos seus ultimos dias de vida o tiña como pendiente.
Victor Garcia Novas, imposible sin o seu empuxe, a presidenta da asociacion Susana Alaniz, as verbas, nunha conferencia estupenda de Jose Gomez Alen.O traballo audiovisual de Jose Abad, fixeron que a tarde noite estivese cargada de lembranzas de un tempo irrepetible, donde as persoas como Pillado, as organizacions politicas nada tiñan que ver co presente.
Estiveron presentes tamen, Loli Miramontes, filla de Fernando Miramontes, loitador xunto a Pillado e outros de unha epoca terrible.Loli lembrou a sua infancia en aquel Ferrol, que nos anos setenta reivindicaba sair do fascismo, ser LIBRE.
Tamen estaban, Lia Brea, Juan Vazquez,Margarita Teijeiro, Javier Rios que como antigos militantes do Partido Comunista compartiron xunto a Pillado un espacio e organizacion.
GRACIAS a todos por facer posible o acto de onte.
|
|
|
|
24 de Novembro do 2023, venres |
|
.jpg) Subidas no arquivo de VILAXOAN.
En portada o que na actualidade coñecemos como Rosalia de Castro, a esquerda a Praia da Concha, a dereita a entrada para o solar donde estubo ubicada a fabrica dos Reboredo a Celtiga. No mesmo recinto no que viviron Carmen é Luis Blanco con os seus tres fillos.Anteriormente, nos anos trinta e coarenta, Angel Garcia, anarquista, sua nai e un irman.
Angel foi un dos poucos supervivientes de un tempo terrible que acabou ca vida dos seus amigos e compañeiros. El ca sua familia, avalado por a familia de Reboredo, acabou marchando cara a o Brasil.
|
|
|
|
Na nosa paxina 16.700 fotografias |
|
.jpg) Que xa non lembramos cantas eran as que se foron para o limbo na casa nova.
Explicamonos:
O primeiro espazo ocupado polo Faiado para mostrar o que faciamos, foi esta blogoteca, escomenzamos a enchela de contenido en Febreiro do 2009, por certo xa facia un tempo que O Faiado escomenzara como tal no pobo.
Transcurrido un tempo, por mediacion de un amigo noso que formaba parte do proxecto de PHOTTICC, decidimos inaugurar paxina e o noso traballo diario centrouse na casa nova, sin abandoar nunca a blogoteca.
Como somos constantes no traballo, de seguido tivemos unhas cuantas miles de fotos, resumindo un mal dia chegamos e a nosa casa non estaba, alguen se habia quedado co noso traballo de anos.
Bueno queremos participar que no blog estamos a punto de chegar as dezasete mil fotografias. Que somos un proxeto colectivo no que participamos OS VECIÑOS é OS DE VILAGARCIA, QUE MOI AGRADECIDOS POLA VOSA COLABORACION, SIN ELA SERIAN IMPOSIBLES ESTES RESULTADOS.
|
|
|
|
|
|
|
|
|