lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

23 de Novembro do 2023, mercores

En OS DEPORTES NACERON CA ESCUADRA, POSADOS, TASCAS E CENTROS DE TRABALLO, estan as subidas de hoxe.
En portada Carmen Dominguez, Carmucha, natural de Vilaxoan trasladaronse a O Ramal, vivian na casa propiedade de OBRAS DEL PUERTO, demolida fai un par de anos. Francisco, pai de Carmucha era un dos bedeles do organismo portuario. Vemos a Carmucha nun paseo por Ferrazo,a casa que se ve a o fondo era a da familia Jaureguizar, a dereita o mar, a o alcance da man.
Bos dias, saude para todos
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-11-2022 06:59
22 de Novembro do 2022, martes

Subidas en TASCAS é CENTROS DE TRABALLO, é SOBRADELO.
En portada Jose Luis Sanz e a sua irman nunha fotografia de praia.
A partires de Xaneiro temos o noso documental EU TAMEN NECESITO AMAR de viaxe polos concellos, de momento xa temos anotadas catro proxeccions, todas en Xaneiro.Pra o que non viu o documental e un estudio en profundidade sobor a vida das mulleres en Galicia, o abandono a que estiveron sometidas e como foron quen a resistir e sobrevivir.
Recolle a epoca desde o ano 1930-1970.
Seria importante que se proxetase nos Institutos, como Historia de vida e memoria.
Bos dias, imos ter que comprar mais paraguas.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2022 08:11
Para Mari Lu

Que no dia de hoxe fai anos que lle alegrou a vida a Luisa e Dieguito,porqué foi a primeira filla, hoxe esta de cumpleanos, e nos desde o Faiado da Memoria agasallamola co My Way de Elvis, porqué o canta maravilloso e mais da nosa epoca, sin cheirar tan rancio como Sinatra.
Amiga, a ser feliz, esa filla ese neto, eses Pais, ese irman, cuñada, sobriños, toda a familia a facerte feliz. A vivilos, parabens.
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 21-11-2022 18:10
21 de Novembro do 2022, luns

Subidas en Vilaxoan,Familia, Rubians e San Roque.
En portada o entorno da igrexa e barrio do San Roque nas festas de Agosto do 1968
Acabamos de saudar un novo mes, Novembro e xa estamos entrando na penultima seman. Pasa rapida a vida. Bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-11-2022 07:00
20 de Novembro do 2022, domingo

En Santa Lucia é A Praia Compostela e Muelle de Ferro, atopamos as subidas de hoxe,
En portada, Alameda de Vilagarcia co mar, patrimonio de todos os vilagarcians, o mar non se alquila nin se vende, e de todos.
Defendamos calquer curruncho que nos permita convivir de novo co que nos quitaron.
Bos dias, un bó vinte de Novembro pra respirar aire puro.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2022 08:30
19 de Novembro do 2022, sabado

En Familia é Outra Forma de Vivir, atopanse as subidas de hoxe.
En portada unha imaxen que nos envian por si alguén identifica as casas que se mostran, o lugar.
Resistide, estamos en Novembro, o conto da sequia xa vai alá, imos a ver si vivimos un fin de semana tranquilo, a ser felices, bos dias
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-11-2022 07:58
18 de Novembro do 2022, venres


En A FESTA DA CAMELIA, O MARISCO E FEXDEGA é A TORRE TRABANCA están as subidas de hoxe.

En portada, o Regina Maris de Lubeck, Alemania, nos anos sesenta no porto de Vilagarcía en visita turística. Vemos cantidade de taxis, daquela chamábamoslle "coches de punto", e autobuses preparados para levar a pasear aos turistas.

Aproveitamos a fotografía para solicitar a Administracion Portuaria a revisión da concesión a Cofradía de Carril da nave que hipoteca a apertura de Vilagarcía ao mar, ao mar de TODOS, xa está ben, o de prometer e non cumplir, e tamén xa está ben do dominio dos parquistas dos nosos espacios, as varas invaden os terrenos marítimos, as praias, por favor revisen os dereitos que merman a libertade de utilización do mar por parte da xente de Vilagarcía.

Bos días, que nos deixen disfrutar do NOSO MAR
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2022 07:56
17 de Novembro do 2022, xoves

Subidas en O RAMAL, SAN ROQUE, TRABANCA E A TORRE.
En portada grupo musical, a Orquesta Novedades. Entre eles Tucho, traballador de Telegrafos, lembramolo ca sua bicicleta a repartir telegramas, tamen figura no grupo Segundo Barcala un home importante na cultura, músico autodidacta que comenzóu a tocar desde moi pequeno o tambor e se foi familiarizando cos outros instrumentos musicais . Aprendeu solfeo na Banda de Música de Vilagarcía que dirixía Jerónimo Gargallo.
Bos dias, a ser felices.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2022 07:13
16 de Novembro do 2022, mercores

Subidas en Vilaxoan, Guillan é Carril.
En portada, fotografia donde vemos unha maravillosa maquina de musica. Nos anos setenta a instalaban en algunhas cafeterias, lembro o Beiras, donde por un peso, Pino Donaggio cantaba para ti e nos facia soñar..¡Ai que tempos¡
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-11-2022 07:58
15 de Novembro do 2022, martes

As subidas de hoxe son en TASCAS E CENTROS DE TRABALLO é en SAN ROQUE.
En portada, plantilla de Union Fenosa no ano 1967 na porta do vello Casino celebrando a sua festa, de aquela era o dia da Candelaria, cada dous de Febreiro.
Celebrando que estamos, a ser felices, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2022 08:39
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0