lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O MELLOR DOCUMENTAL GALEGO



O sabado pasado, día dous de Novembro, foi un día especial na cuestion familiar, naceu Daniela, a nosa sobriña neta, entón pasámola tarde en Compostela.

Cando nos dirixíamos a nosa casa en Vilagarcía recibimos chamada da Organización de Curtas... eran as oito da tarde, que pasáramos pola Gala unha hora mais tarde... iso era unha chamada que anunciaba PREMIO, pero sin anuncialo, tal e como se fan estas cousas... chegamos a punto, sin preparar, sin nada... pois o noso documental, EU TAMEN NECESITO AMAR, levou a estatuiña do MELLOR DOCUMENTAL GALEGO.

Esta moi ben (o premio e o documental). É un documental que fala da problematica das mulleres nunha epoca moi triste deste pais, o que vivían nas escolas, cando abandonaban a infancia, a primeira regla, o amor, os primeiros bicos, o primeiro encontro sexual, os sentimentos, educación, valores... historia a contar en tódolos ámbitos da xente xoven.

Moitas gracias, en primeiro lugar, as mulleres que falaron para nos. Non é un tema fácil, para poñerse diante da cámara a contala vida, difícil, moi difícil...GRACIAS.

Tamén o noso agradecemento a todas e todos que nos botades o voso empuxe dunha forma ou outra.

E seguimos, sen tempo para coller folgos.

GRACIAS
Comentarios (58) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-11-2019 08:51
Finou Lola Rodriguez Pampin

Seus Pais afincaronse en Vilagarcia, chegados de Compostela, arredor dos anos vinte, Rita e Pepe, por certo hay que lembrarse de todos eles porque tal e como vamos corren o risco de desaparecer e que naide se lembre de eles salvo a sua Familia. Os Pais de Lola, moi queridos, seus fillos incluida Lola seguiron o mesmo camiño. Son familias que sin dubida axudaron a que o pobo medrase, son polo tanto patrimonio do noso pobo, do noso corazon, sentimentos e memoria. Sentimos o pasamento de Lola e abrazamos a sua familia nunha aperta emocionada chea de respeto, sobor de todo a Paco, seu fillo noso amigo e colaborador de fai moito tempo.



" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hija "

Dña. Mª Dolores Rodríguez Pampín
(Vda. de D. Francisco Salgado Salgado)

Que falleció cristianamente el día de ayer,
a los 96 años de edad.
D.E.P.
Sus hijos, Francisco y José Manuel Salgado Rodríguez; hijas políticas, Carmen Petinal y Mª Teresa Boquete; nietos, José, Carmen y Alberto Salgado Petinal y Ana y Laura Salgado Boquete; hermana, Mª del Carmen; nietos políticos, bisnietos, sobrinos, primos y demás familia.

Ruegan a sus amistades y personas piadosas la tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA DOMINGO, a las DIEZ MENOS CUARTO de la MAÑANA, al Cementerio General de Vilagarcía, favores por los que les anticipan gracias.



Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 3
Vilagarcía de Arousa, 2 de noviembre de 2019
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 02-11-2019 23:50
Bonito Reportaxe en PRAZA PÚBLICA



Os afectos, un dereito roubado: ?Eu tamén necesito amar?
Unha historia sobre unha das dimensións da represión das que menos se ten falado: a afectiva. Sobre persoas que teceron as súas relacións amorosas ?nunha época na que os sentimentos? -e aínda máis a sexualidade- ?estaban proscritos?. Diso vai o novo traballo de Antón Caeiro, ?Eu tamén necesito amar?, que é un dos filmes -xa proxectado- que forman parte da programación de cine documental do Curtas Film Fest de Vilagarcía. ?Eu tamén necesito amar? arranca dunha fotografía de 1959, tomada en Villaza, Gondomar. As persoas asistentes á voda de Antonio e Pura -os pais do director deste documental- retrátanse á saída da igrexa. Mais hai algo, nesa imaxe, que lle chama a atención. ?Nesa foto atopo a cabeza da miña irmá, que é o que me rompe o esquema daquela España que estaba pasando o ecuador da ditadura?, conta Caeiro. Na casa familiar gardáranse fotos dunha relación anterior que tivera Pura. ?Foi cando se me ocorreu facer un traballo que falase desa xeración que non vive exactamente unha guerra civil,pero que si vai a sufrir os seus efectos?, explica o director.

?A idea de falar de parellas, de homes e mulleres, morreu coas primeiras conversas, previas á gravación. Os homes non tiñan historia que contar xa que a súa idea era única, plana na maior parte dos casos?

Partindo, así, dunha historia persoal, Caeiro analiza, a través de entrevistas, unhas relacións íntimas mediatizadas pola ideoloxía da Igrexa e da Sección Femenina. E faino desde a perspectiva das mulleres. ?A idea de falar de parellas, de homes e mulleres, morreu coas primeiras conversas, previas á gravación. Os homes non tiñan historia que contar xa que a súa idea era única, plana na maior parte dos casos?. Mais non era así no caso das mulleres. Alí estaba -lembra- ?a riqueza de matices, a loita contra a dificultade, o querer levantar cabeza, aínda dentro do propio matrimonio. Aí é onde vin que había unha historia?. A protagonista ía ser -e é, pero dunha maneira distinta á prevista inicialmente- Pura, a nai de Caeiro. ?E a quen lle interesará a miña historia??, preguntaba ela. Ao que el respondía: "ti déixame a min e confía". Mais a saúde de Pura empeorou. E acabou marchando.
O falecemento da súa nai obrigou a Caeiro a reformular a estrutura do documental. Decidiu ser el mesmo o condutor da historia -aínda que é Vicente Mohedano quen pon a voz en off coas súas palabras-. E dividiu o relato en partes, separadas por intertitulados que recollen sentencias utilizadas polo réxime franquista para adoutrinar a xente nova. Tratados como ?Tu vida conyugal? e libros da Sección Femenina usados nos colexios. ?Un dos libros que máis usei para este traballo é a Biblia e unha das súas frases, en relación coa menstruación, vai insertada no traballo. Eran frases que, máis que para domesticar as mulleres, tentaban fortalecer a autoestima do home, unha base "intelectual" -hai que ter en conta de que eses traballos estaban firmados por "eminencias do establishment" do momento- para manter o estilo de patriarcado que desde o Estado se quería manter. E funcionaba, aínda que sempre saíse algunha ?bruxa? que poñía o sistema en solfa e loitaba por darlle a volta. E tamén o conseguiron?, di Caeiro.

Acompaña, tamén, a imaxe real das entrevistas, unha parte de animación feita cun pequeno teatriño, mais algún fragmento dramatizado. ?Non quería realizar imaxes tratadas informaticamente, senón ir a aquelas épocas onde creabamos teatros a base de teas e caixas e faciamos sombras chinesas ou guiñois con cabezas de corcho e paus e teas que sempre había pola casa. Lembrei o tema do teatriño de cartón, coas figuras troqueladas e incluso das mariquiñas, a quen cambiabamos os traxes, ou aqueles recortables de soldados que nos encantaban de pequenos. Non era tampouco a miña idea primeira introducir unha dramatización, pero, ao final, optei por esta solución para o final?, apunta.

O documental foi producido por Ollomol Audiovisual e a asociación O Faiado da Memoria, da Vilagarcía, creada por Caeiro e Margarita Teijeiro

O documental foi producido por Ollomol Audiovisual e a asociación O Faiado da Memoria, da Vilagarcía, creada por Caeiro e Margarita Teijeiro. O interese pola Memoria chegoulle a Caeiro -lembra el mesmo- polos 26 anos. Primeiro, máis centrado ?no que facías cos teus amigos/as e coa voráxine que te ía levando a aquela época de cambios. Logo paras e miras ao teu redor, e comezas a elaborar traballos que che son lonxanos, da guerra civil, pero que te van levando a querer máis, e pouco a pouco vas chegando a ti mesmo e é o momento en que ves o máis próximo, a túa familia, e notas que algo che quedou atrás. E comezas pero, como contamos no documental, ás veces chegas tarde. Desgraciadamente, moitas veces. Esta era a miña débeda por pagar?, asegura. Para evitar, tamén, que as vellas fotografías acaben converténdose en papeis gastados sen significado para os vivos. Un dos aspectos presentes no documental é como as mulleres maiores celebran o cambio que veu para as máis novas: o acceso á educación, por exemplo, e a recuperación doutros dereitos xa recoñecidos durante a República, mais que lles foran roubados tras o golpe de estado do 1936.

MOI INTERESANTE A REPORTAXE DA XORNALISTA MONTSE DOPICO
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-11-2019 13:44
Arrancamos con Novembro

E o facemos anunciando que o crowfunding de LOLA, foi todo un exito. Daremos mais detalles en poucas datas, pero parecenos que hoxe, facendo tres anos do seu pasamento e o dia de anunciar que gracias a todos vosoutros, o proxeto de LOLA, vai facerse proxeto patrimonial e memoristico de Galicia. Lola Rodal deixou pra todos as suas memorias grabadas por Antonio Caeiro durante os meses de Xullo e Agosto do 2007, grabadas no edificio do Concello de Cangas.Por eso Lola Rodal, sempre estara con nos.
Novembro comenza facendo o que sabe facer, con choiva. Saude, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 01-11-2019 06:15
Lola sempre a nosa veira

FINOU LOLA DE CANGAS

Muller unica, excepcional, nunca tivo dudas.

A Lola matáronlle un irmán de dezaoito anos, estamos a falar do golpe de estado en Cangas, a familia de Lola era unha familia de esquerdas e cando ese sentir se fixo delito foron a por eles como cans rabiosos.

Logo levaron a sua Nai para a cadea de Pontevedra, trasladarona a Saturrarán, o seu pai, tamén preso... Ai, Lola... ti si que foches un exemplo, ninguén coma Ti, a túa MEMORIA queda recollida por Antonio con horas de gravacion como o anaco que engadimos debaixo deste texto na súa homenaxe, foi o honor que nos fixeches, un privilexio único.

Que a túa memoria non sexamos capaces de esquencer.

Hoxe fai tres anos que nos deixou para sempre.Pra o ano que ben Lola sera patrimonio de todos con un documental.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-11-2019 06:06
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0