lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

FINOU LOLA DE CANGAS

Muller unica, excepcional, nunca tivo dudas.

A Lola matáronlle un irmán de vinte anos, estamos a falar do golpe de estado en Cangas, a familia de Lola era unha familia de esquerdas e cando ese sentir se fixo delito foron a por eles como cans rabiosos.

A súa nai sacárona da súa casa unha noite e xunto a unha mociña de Marín súbenna a un coche e nunha curva da carretera vella a Pontevedra, dispárnlle as dúas. A mociña, Carmen Pesqueira Domínguez "a Capirota", morreu, pero a nai de Lola quedou malferida e arrastrándose foi atopada por unha xente que a curou como poideron.

Logo regresou a casa, a súa casa, onde tiña dúas nenas, Lola e a súa irmán.

Voltaron a ir a por ela e levárona presa a Pontevedra, adonde se trasladaba Lola, andando desde Cangas, a vela e levarlle algo de comida.

Logo levaranna para a cadea de Saturrarán, o seu pai, tamén preso... Ai, Lola... ti si que foches un exemplo, ninguén coma Ti, a túa MEMORIA queda recollida por Antonio con horas de gravacion como o anaco que engadimos debaixo deste texto na súa homenaxe, foi o honor que nos fixeches, un privilexio único.

Que a túa memoria non sexamos capaces de esquencer.


Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 01-11-2016 13:36
Chega Novembro

Despedimos Outubro e damoslle a benvida a Novembro que fai tempo era un dos meses de puro inverno e agora non se sabe o que ben porque a temperatura e atipica e de momento nin gota de choiva; Sexa o que sexa benvido e a vivilo con saude. Bos dias
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 01-11-2016 08:35
[1] 2
© by Abertal