lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

VIDEO PROXECTADO NA CEA DO FAIADO

Deixamos aquí o vídeo que se proxectou, no momento dos postres, durante a terceira cea de o Faiado da Memoria tal como prometimos.


terceira cena Faiado


Que o disfrutedes tal como xa o fixeron os asistentes a cea.

Isto vai dedicado a todos e todas as que, por unha razón ou outra, non poideron estar presentes na churrasquería A Plaza de Vilagarcía o sábado 27.

Gracias.
Comentarios (4) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 29-11-2010 20:35
A cena do Faiado

Xa sabedes os apuntados, o próximo sábado 27 de Novembro, as nove e media da noite no meson-churrasqueria Plaza, atoparémonos para pasalo ben, esquencer o malo da vida e darlle unha aperta a ledicia de sentirnos xuntos. Non esquenzades que a cea foi posible gracias a voluntariedade das nosas colaboradoras Esperanza Alcalde e Mª Dolores Mariño.Os estacazos, se os hai, tamén a elas.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2010 09:20
Finou Jose Briones Abuin

O noso blog ten moitas imaxenes da vida de Jose e Rosa Berride a sua dona. Hoxe e un dia triste para todos, somos un pobo pequeno, un dos seus compoñentes nos deixou pra sempre. Os seus fillos Joaquin, Mara, Urbano, Xoan Carlos e Manuel o noso sentimento pola morte do seu pai, a Tere nosa colaboradora e blogueira, unha aperta.
Comentarios (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2010 13:09
A SUBIDA DE CADA SEMANA


Mentras seguimos aumentando o arquivo de O Faiado escaneo a escaneo, tamén sacamos un pouco de tempo para manter vivo este blog.

Estamos no fin de semana e acabamos de realizar unha pequena subida, pequena, si, pero bastante sustanciosa.

Nestas Galerías podedes atopar as novas fotografías:

Amores (1)

O Carril (7)

Posando (1)

Tradicións nosas, festas e actos
(3)

Vilaxoán (13)

Xentes e lugares (19)

Atopando detalles (5)

Mulleres e traballo
(1)

E agora deixámosvos disfrutando mentras nos vamos escaneando, ainda a pesares de ser domingo. Menos mal que fora da casa está a chover e aquí estase quentiño e non apetece nada sair.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 21-11-2010 11:32
O CARTEL DOS ·ENCONTROS DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Nesta fotografía publicada pola Voz de Galicia do día 16 de novembro de 2010 podedes ver o cartel que foi feito para a promoción dos Encontros de Embarcacións Tradicionais, que se desenvolverán no Carril entre o 30 de xuñoo e o 3 de xullo e que foron presentados no Salón Náutico de Barcelona.

O cartel mostra unha fotografía do arquivo de O Faiado da Memoria (retocada dixitalmente para a ocasión) no que se ve o xovencísimo donante da mesma, César Díaz de la Jara, apoiado na dorna co seu dono espigado e vendo a praia en percura de giris que levar a dar unha volta e ganarse uns pesos no tempo estival.

A foto orixinal podedes vela en O Carril e realizar alí os comentarios que creades oportunos.

Un saudo.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-11-2010 19:52
A FOTOGALERÍA SIGUE CRECENDO


Novo fin de semana, nova subida, non é grande pero é sustanciosa.

Aquí vos deixo a relación de Galerías onde podedes atopar estas trinta e sete novas fotografías:

Familia (4)

gaudeamus Igitur 3

os amigos
(3)

personas recordadas (2)

terra de Artistas (1)

xentes e lugares (24)

Disfrutade.

Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 14-11-2010 21:03
Pasaremolo ben

O día 27 de Novembro, sábado, as nove da noite na churrasqueria Praza, no Castro, terceira cena do Faiado. O menu será de entremeses variados, churrasco con patacas e postre. Os que queirades asistir podédevos anotar mandándonos un correo, prazo hasta o día vinte. O precio e de vinte (20) euros por persoa, as xestións da cea leváronas a cabo, Esperanza Alcalde e Maria Dolores Mariño, para elas as grorias alcanzadas. Espéranse felicitacións.

Casi seguro que teremos música, Pilar Garrido confirmou asistencia, polo menos cantarela asegurada.

Mentras agardamos as vosas noticias.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2010 09:37
En memoria de Carlos Comendador

Acabamos de coñecer a noticia da morte de Carlos Comendador. El foi un dos primeiros donantes de imaxenes pra o Faiado, logo axudounos sempre no que podia, e podia moito porque Carlos Comendador era memoria do pobo, unha verdadeira enciclopedia do saber de Vilagarcia. Non imos decir de El todo o que se merece, non falaremos nin do comerciante nin do deportista que tanto loitou pola millora do deporte do seu pobo, tempo habera pra todo isto, hoxe e dia de sentilo, e dia de sentimentos e pesar.A sua familia os nosos respetos, pra Carlos a nosa lembranza
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-11-2010 17:15
A SUBIDA SEMANAL


Outra semana mais e unha nova subida o blog. Son 79 fotografías, boa parte delas dos novos escaneados que estamos a realizar e outras que nos chegan a través de internet.

Están expostas nas seguintes Galerías:

A Vilagarcia de onte
(4)

Atopando detalles (4)

Creo en Dios padre... (4)

De barrios
(5)

Familia (2)

Gaudeamus igitur (5)

Mulleres e traballo (3)

O Carril
(4)

Os deportes chegaron coa escuadra
(4)

Os amigos (3)

Outra maneira de vivir
(7)

Personas recordadas
(4)

Terra de Artistas (1)

Traballando duro (6)

Tradicións nosas, festas e actos
(2)

Vilaxoán (1)

Xentes e lugares (20)

Ahí quedan e que vostedes as disfruten.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-11-2010 23:27
© by Abertal