lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

31 de Outubro do 2022, luns

Subidas no Carril, Santa Lucia e Faxilde. En portada, o espacio que rodeaba a subida da rua Moreira Casal,donde todo eran hortas, lembramos a casa de Manuelita Duran, a de Celso, o chalet de Moreira e paramos de contar, nos oitenta escomenzou o cambio, construiuse o Pico Sacro, tamen o edificio que nos baixos alberga o Bar Tranquilo.
Con esto, despedimos Outubro, en Vilagarcia non se portou nada ben.
Bos dias, moita saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2022 07:51
No Cine Europa en Compostela

Estades todos invitados a proxeccion do noso documental REMOVENDO A TERRA. Como sabedes e un traballo noso encargado polo grupo Histagra da Universidade de Santiago.
Vemonos o dia once de Novembro
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2022 20:58
30 de Outubro do 2022, domingo

Subidas en OS AMIGOS, A VILAGARCIA DE ONTE,SOBRADELO, TERRA DE ARTISTAS é CORNAZO.
En portada,Carmen, nai da familia De la Torre Boveda, que xestionaban un Bar que tamen daban pension a subida da costa de Vilaboa, unha mama todo terreno, que nunca sairá na television.
Bos dias, cambiou a hora, as cinco e media noite.Acostumbremonos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2022 06:41
Ai Pepiña que cumpras unha morea déles

Pepa Santos hoxe cumpre anos, ela gustalle cumprir anos, porque e que si non os cumpres...¡Estas morto¡Pepa parva non é¡A min tamen me gusta Pepiña¡Que o pases de pelicula, e cando nos vexamos brindaremos pola tua vida, un bico
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 29-10-2022 15:30
Onte no Faiado


Presentacion de AUSENTES, libro de Afonso Eiré sobre a emigración galega en varias etapas. Libro importante, que todos deberíamos repasar, porque, dunha forma ou outra, a todos tocouos de cerca o fenomeno terrible da emigración. Libro de investigación longa.

Onte no Faiado disfrutamos moitísimo coa disertación de Afonso, precisamente porque do que falaba tocábanos a todos de cerca.

Gracias a Afonso Eiré e a Duarte Correa, moderador do acto, por facernos partícipes dun acto tan agradable nun tema histórico, real.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 29-10-2022 08:12
29 de Outubro do 2022, sabado

Subidas en SEMPRE EMIGRANTES, TERRA DE ARTISTAS, O CARRIL.En portada grupo da seccion femenina no apartado de bailes rexionais dirixido por unha das irmans Cotao, entre as danzantes, Ana Pose, Ana Padin e Dorita, diante grupo de gaiteiros.
Estamos a rematar Outubro, pra hoxe se anuncia moita choiva, bos dias.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2022 07:58
Mañan cumprese un ano

Do pasamento de Venancio, os do Faiado temos unha deuda ca sua memoria, non nos enteramos do paso da vida a ultimo viaxe, mañan cumprese un ano da ausencia de Venancio. Chus e Iria celebran un homenaxe en forma de acto relixioso na sua memoria na igrexa parroquial.Non esquencer, mañan as cinco da tarde, acto de lembranza a Venancio. Unha aperta a sua familia
Comentarios (6) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-10-2022 09:00
Na memoria de Coté

Demasiado pronto emprendeu o seu ultimo viaxe Jose Francisco Rico Padin, fillo de Chelo é Jose Antonio Rico, unha familia moi coñecida na vila. Pouco mais se pode decir nun dia coma este, levamos unhas datas terribles no pobo, ausencias que caen causando moito dor na nosa xente. A dona de Coté, a sua nai Chelo, as suas irmans, o noso sentido pesame.
Comentarios (23) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-10-2022 08:53
HOXE NO FAIADO DA MEMORIA

Un libro coral relatado en primeira persoa, onde os datos son certos, coma sempre neste autor, que nos fala tamén daqueles que verdadeiramente se lucraron do gran negocio da emigración e onde se analiza o que esta supuxo para Galiza á luz das últimas investigacións. Un libro imprescindíbel para saber quen somos.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 28-10-2022 08:36
28 de Outubro do 2022, venres

Toda a tematica das subidas de hoxe van na carpeta de SEMPRE EMIGRANTES.
Na portada, Vicente Varela e Carmen Ramos Crespo, o dia da sua voda, casaron o 18 de Decembro do 1926, a o pouco tempo emigraron a Arxentina, ali seguen os seus netos e biznetos, lonxe de nos
Bos dias, a ser felices.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2022 08:20
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0