lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Finou Carmen Poyan Vega



Datas pasadas, concretamente o día dezaseis finou en Ibiza, donde residía, Carmen Poyán Vega, filla de Daniel Poyán e Lucía Vega, súa Nai por certo posou para o pintor Joaquín Sorolla na súa estadía na nosa vila alá polos anos vinte.

Carmen nacera en Vilagarcía, donde se criou, estudiou maxisterio e co tempo casouse co capitán de fragata da marina española José Bermejo de Blas, tiveron tres fillos, José Manuel, Daniel e Teresa. O seu home foi durante un tempo o responsable máximo do noso gardacostas Centinela, logo destináronno a Ibiza donde foi comandante da cidade uns vinte anos.

Sentimos desde o Faiado da Memoria a dor da súa familia sobre todo dos seus sobriños, Guillermo, Nacho, Miryan e Manolo Poyán Álvarez, moi apegados a súa tía, tamén mostramos o noso pesar a Teresa, a filla de Carmen, aos seus netos e biznetos, O noso sentimento
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 18-10-2019 22:32
A XENTE CA VOLTA

Asistiron familiares como Aldo e sua Nai, pero nestes cinco anos en que non se poido proxetar no pobo de Baiona, morreron fillos dos asesinados na Volta, dos asesinados en Baredo. Loxicamente a satisfacion de ver o documental en Baiona e irrecuperable. Pola nosa parte sentimolo profundamente, somentes nos alegra o feito de telos con nos en outros lugares, sobor de todo na primeira estrea en Vigo, no concello o vintesete de Septembro do dous mil catorce. A Memoria sae para diante, imparablemente, saltando trabas, proibicions e zancadillas. Somos resistentes, a verdade é a XUSTICIA danos forza
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2019 08:27
Por fin estrea da VOLTA DOS NOVE en Baiona

A VOLTA DOS NOVE e unha historia documentada no concello de Baiona, unico lugar do Valmiñor en que non se habia estreado, porque a autoridade competente, ou non, se habian negado a proxetala. Non imos falar de cousas feas, hai uns novos responsables municipais, unha concelleira de Cultura, Miryan, é un Alcalde Carlos encantados de ver o documental con nos e formar parte do apoio a verdadeira memoria democratica.
A sala estaba chea, o documental xa foi visionado en Nigran e Gondomar, estreouse no Auditorio do concello de Vigo, fai cinco anos, pero estaba moi pendiente de poder proxetalo en Baiona, e chegou o dia, sempre chega ese dia, e o que ten a democracia, afortunadamente.
Moitas gracias a todos os que fixechedes que a tarde fose moi grande nos nosos corazons
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2019 08:16
Moitas felicidades desde Vilagarcia

El é Jose Scotto Vazquez, xa sabemos que en Francia donde naceu e vive non se leva o apelido da Nai, pero nos estamos eiqui, non imos facer caso dos franceses, decir que Jose e fillo de Marisa, neto de Luisa e Jose, bizneto do lembrado Arousan, afillado da nosa amiga moi querida nesta casa Maria Josefa Vazquez.
Ben, Jose, cumple hoxe cincoenta anos, lembranse cando naceu que Luisa sua aboa, colleu mil trens e se foi ca sua filla Marisa a VILLEFRANCHE-SUR-MER queria estar presente no nacemento do seu primer neto José, logo quedouse en Francia hasta Xuño e asi como era Luisa de valiente e arriscada, colleu o bebe, bolsos, roupas, biberons, transbordos de tren, xa Luisa non era unha nena, pero ca sua ilusion viaxou hasta Vilagarcia pra que o resto da familia poidese coñecer a Jose....¡Canta emocion¡
Hoxe dezasete de Octubre o bebe xa creceu, a sua madriña Maria Jose sinte moitisimo non poder darlle esa aperta de cumpleanos, pero nos desde aqui felicitamos a José polos seus cincoenta anos, é polo privilexio de haber chegado a o mundo en esa familia que tanto lle quere.
PARABENS
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 17-10-2019 07:43
A VOLTA DOS NOVE EN BAIONA

O día 15 de outubro, martes, é o 83 aniversario do asasinato dos nove da Lombardeira, ou da volta, e fará 5 anos que fixemos o documental A VOLTA DOS NOVE. Logo de proxectalo documental por toda Galicia nestes anos quedábanos un sen visitar: o do propio escenario da matanza, Baiona.
Iso vai cambiar neste aniversario xa que recalaremos na vila para proxectar alí o documental.
A VOLTA DOS NOVE, estrearase en Vigo, no auditorio do Concello, o mais preto de donde nos gostaria que se proxetase, de aquela o Valmiñor en pleno estaba gobernada por quen non quere nin escoitar falar da realidade, da memoria historica que conta a verdade do que pasou, non do bodrio que nos contaron. Deciamos estreouse en Vigo un vintesete de Septembro en homenaxe a os ultimos fusilados de Franco, moi en especial a Jose Humberto Baena.
A medida que pasaron os anos fumos proxetando nos outros concellos, Nigran, Gondomar, quedaba Baiona o pobo donde transcurren os feitos recollidos no documental. Pois ben este martes dia quince se estrea en Baiona con cinco anos de atraso A VOLTA DOS NOVE.Non nos falles, e HISTORIA, e MEMORIA
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 13-10-2019 18:12
Entrevista no FARO DE VIGO

Entrevista a Manolo Abad no Faro de Vigo polo xornalista Diego Doval.
Hoxe no Salon Garcia se proxeta o documental feito por Manolo, SEXO, ENTRE O CEO E A TERRA. Trata de como abordamos os galegos o tema do sexo e tamen fala de aquel espectaculo que se trouxo a Fexdega no marco do Salon Atlantico fai dez anos coñecido como SEDA.sale no documental moita cara coñecida, non deixa de ser interesante o que provocan estes espectaculos nos seres humanos.
Non faltedes e gratuito, as oito da tarde no Salon Garcia
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 08-10-2019 18:04
Hoxe no Mercantil, as oito

Teo Manuel Abad: "La tolerancia de los gallegos con el sexo es mayor que en el resto de España"
Es el creador del documental "Sexo entre o ceo e a terra", que se emite hoy en Vilagarcía

Diego Doval Periodista do Faro de Vigo en Arousa


Hay que facerse suscriptor da prensa escrita, dos periodicos, a xente cobra polo seu traballo. OFAIADO DA MEMORIA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2019 06:40
GRACIAS CARMEN ARCA E HASTA SEMPRE



Fai uns días, faleceu María do Carmen Arca Cores, amiga do Faiado da Memoria.

Resulta que nos enteramos hoxe. Sabemos que a súa familia, entre elas Jesús Pérez Arca e Gonzalo Arca, entenderán que cheguemos tan tarde, sentímolo, pedimos disculpas, tamén sentimos perder a Carmen. Está sendo un ano moi cruel nas pérdidas, nas ausencias. Isto é irremediable, somentes nos quedará o seu recordo e lembranzas, a súa memoria.

A toda a súa familia o noso afecto.
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 06-10-2019 18:51
PARA SEMPRE CON NOS


Hai días difíciles para a vida, para vivilos. Acabamos de recibir a chamada da familia da irmá pequena de Lola, da familia de Pilar Blanco Rodal, para decirnos que a nena que Lola levaba da man en aqueles días de terror, cando apresaron ao seu pai, cando deron por morta a súa nai, cando asasinaron a Angel, cando non tiñan quen mirara para elas, mais que nada por medo, finou no día de hoxe, dous de Outubro de 2019.

Para Pili, Gelu e Antonio que coidaron e adoraron a esa nai con pedagoxía, con amor, con exemplaridade, sentimentos que xurden somentes si se teñen e eles, sen dúbida os tiveron.
Para nos, que estamos xestionando o crowfunding do documental LOLA, tamen é duro, porque desde pola mañan a noite todo nos fala da familia RODAL BLANCO. Hoxe é un dia triste para nos tamén, era a última filla dos pais de Lola.

Emoción polo que vivimos con eles, que son unha chea de cousas, desde o 2007.

Nunca esquenceremos a Pilar e mañán a despediremos en Cangas, ela vaise nunha última viaxe, como anteriormente os seus seres queridos.

Desde Vilagarcía unímonos a todos os que en Cangas están de loito por Pilar Rodal Blanco.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 02-10-2019 18:25
Hasta sempre Manuel

Deixounos para sempre Manuel Abalo Lopez, fillo de Pilar e Jose, sobriño de aquel Andres que encheu de volteretas a nosa infancia, Manuel era un amigo de toda a vida que loitou como un superman contra o raio da enfermidade. Hasta hoxe, a morte sempre gana, neste caso, desgraciadamente tamen. A sua muller, fillos, a Pilar sua irman, cuñados, sobriños, tios, primos, a todo o que sea Tecelan, unha aperta do Faiado da Memoria que os quere é comparte o seu pesar.


" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hijo "
D. Manuel Abalo López

Que falleció cristianamente el día de hoy.
D.E.P.

Su esposa, Mª Dolores; hijos, Dolores, Manuel y Paola; hijo político, Borja; nietos, Lara y Emma; hermana, Pilar; sobrinos, Gonzalo, Manuel, Henar y Jacobo; primos y demás familia.

Ruegan a sus amistades y personas piadosas lo tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA JUEVES, a las SEIS de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso. Seguidamente, sus restos mortales serán trasladados al Crematorio de Arosa para su incineración ,en la intimidad familiar. Favores por los que les anticipan gracias.



T. 986 501 101 - www.ppffa.com
Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 4
Vilagarcía, 2 de octubre de 2019
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-10-2019 16:24
1 [2]
© by Abertal