lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Na Memoria de Laureano

Laureano Fernández Rañó, fillo de Jose Maria e Laura, vilagarcian de sempre, irmman de Mary e Guillermo Fernandez, tio dos nosos blogueiros Charo Chirinos e Guillermo Pedrosa, falleceu dias atras. A sua muller e fillos, a seu irman Guillermo, os seus sobriños o noso pesame e respeto pola sua defuncion e memoria.


Na imaxen Jose Maria Fernandez, lembrado pai de Laureano
Comentarios (5) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 21-10-2012 08:36
Andamos con presa


Con moita presa, hai moito que facer, por iso hoxe facemos a subida semanal un pouco adiantados. O luns faremos unha subida celebrando un cumpreanos, un cumpreanos sorpresa de alguén a quen estimamos e respetamos os do Faiado.

Aproveitar a subida para mandarlle dous bicos a Cándido e a Goya. Vanse para a súa casa de Benidorm. Cándido leva todo o verán axudando a identificar fotos no centro neurálxico de traballo do Faiado, na sá de máquinas. Cándido e outra máquina de coñecemento e memoria. Goya nunca lle parece mal, o permite encantada. GRACIAS AOS DOUS.

A subida de hoxe está nas seguintes Galerías:

A ILLA DE CORTEGADA 1

A PRAIA COMPOSTELA E O MUELLE DE FERRO 3

OS DEPORTES CHEGARON COA ESCUADRA 1

PERSONAS RECORDADAS 2

BAILAMOS? 1

SOBRADELO 2

Ser felices e disfrutade.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 19-10-2012 13:45
CARPINTEIROS DE RIBEIRA DO CARRIL

UNHA HOMENAXE A ROMAN IGLESIAS CRESPO

por Fernando Varela Morales

Ata o último terzo do século XX, as embarcacións de pesca e de marisqueo construídas para os mariñeiros do Carril eran de madeira. O proceso, totalmente artesanal, requiría da pericia dun bo carpinteiro de ribeira.
A tradición na construción de botes, bucetas ou galeóns (barcos típicos do Carril) proviña dos estaleiros situados no Freixo (Noia), Cabo de Cruz, Catoira ou Leiro. A fama dos do Freixo era ben coñecida polos mariñeiros do Carril, que non dubidaban en desprazáranse ata a vila de Noia para encargar unha embarcación.
Pero tamén O Carril tivo carpinteiros de ribeira propios, que con gran mestría souberon adaptarse ás modas de cada momento e ás necesidades de cada mariñeiro.
Este artigo vai dedicado a honrar a memoria de Román Iglesias Crespo, un gran carpinteiro de mar.

BIOGRAFÍA
O señor Román Iglesias Crespo naceu en Cortegada no ano 1877 e morreu no Carril o 16 de marzo de 1962, aos 85 anos. Vive en Cortegada ata os 29 anos, e xa desde moi novo é atraído pola carpintería. Empeza axudando ao seu tío Román Crespo Ramos, tamén carpinteiro de ribeira, a construír e reparar barcos.
Casa con Carmen Ramos e convértense nunha máis das familias que viven en Cortegada. A súa primeira filla nace na illa, e chamarase Pepita. Despois terán catro fillos máis, que nacerán no Carril. Como a inmensa maioría dos seus veciños, a familia do señor Román practicaba unha economía de subsistencia: vivían dos produtos que lles ofrecía o mar e dos que obtiñan nas leiras que cultivaban.
Pero chega un momento no que considera que o pouco que dan o mar e a terra non é suficiente para manter a súa familia. En 1906 decide enrolarse nun barco e sae do porto do Carril á procura dun futuro mellor, mentres que a súa muller seguirá vivindo en Cortegada.
Recalou en varios países (a súa nora Maruja lembra, por exemplo, que o señor Román contaba que estivera en Xerusalén), pero finalmente decidiu establecerse en Montevideo e traballar no oficio que aprendera na súa afastada terra: carpinteiro. Como era un bo debuxante, nos seus momentos libres realizaba esbozos de barcos do seu recordado Carril. A partir deses bosquexos, despois, facía as maquetas desas embarcacións
Volta a Cortegada en 1912, nun momento “especial” para a xente que vivía alí. Nese ano os habitantes da illa vense obrigados a abandonala, xa que lla doaran ao rei D. Alfonso XIII. No Carril alóxanos en casas alugadas, ata que lles entregan as súas. A familia do señor Román tivo entón a mala fortuna de perder parte do diñeiro que recibira polas súas propiedades en Cortegada, xa que o tiña depositado no “Banco de Deza” e este quebrou. Non obstante, cos cartos que lles quedaron e co que foron gañando, construíron unha casa na rúa “Castillejos” (que aínda segue en pé actualmente).
O señor Román só ten un oficio ben aprendido, o de carpinteiro, e un gran amor polo mar onde se criou. É entón cando toma unha intelixente decisión e, unindo traballo e paixón, monta un pequeno “estaleiro” para construír embarcacións. Primeiro construirá barcos para a súa familia, e máis tarde para moitos mariñeiros do Carril.
O estaleiro, nun primeiro momento, estaba situado na horta de dona Rita, en fronte da actual casa Reitoral. Esta situación, lonxe do mar, obrigábao a buscar a axuda de amigos e familiares e a realizar grandes esforzos para botar os barcos á auga, pois había que transportalos ata o mar sobre uns roletes. Estas dificultades levárono a alugarlle a Adelina Bravo unha parte do local da antiga Aduana (hoxe “Bar Loliña”), e así tiña o estaleiro a un tiro de pedra do mar.
O que caracterizaba a construción das embarcacións do señor Román era a utilización das mellores madeiras, que conseguía na Bacariza (Isorna) porque alí había piñeiros e carballos centenarios. Nun dos seus botes navegaba cos seus fillos ata os montes dese lugar e seleccionaban a madeira.
Unha vez cortada traíana ata O Carril no galeón de Joaquín Lustres, de Leiro. A de carballo, para preparala, mergullábaa en auga de mar, e a de piñeiro deixábaa secar simplemente.
As embarcacións que máis lle demandaban os mariñeiros eran barcos de pequeno porte: botes de popa redonda e de espello, gamelas, bucetas e motoras. Hai que destacar que, malia non asistir á escola, era capaz de sacar da súa cabeza botes de formas esveltas e moi mariñeiros. A este respecto, lémbranos o seu fillo Román: Bote que facía o meu pai, bote para toda a vida.
O proceso de construción dunha embarcación comezaba coa conversación e o acordo verbal co cliente sobre as súas características. Normalmente o propietario pedíalle un barco que lle gustara pero adaptado aos seus intereses persoais e, sobre todo, aos cartos que tiña. O importe era determinante, xa que construír un bote de popa redonda requiría máis traballo para o carpinteiro que un con popa de espello.
A continuación facía unha maqueta a escala, ou ben medio casco, da embarcación que ía realizar e comezaba a construción real, que lle levaba aproximadamente un mes. Un bote naqueles tempos custaba entre 30 e 80 pesos; o bote Dos hermanos, por exemplo, custou 350 pesetas. O seu fillo resalta, como dato moi significativo da maneira de ser do seu pai, que non lle cobraba por igual a todo o mundo: Se quen lle encargaba o barco tiña pouco diñeiro, cobráballe menos. Tamén conta que non era un home de chiquiteo, e que ao saír do estaleiro marchaba para a súa casa.
A un dos primeiros barcos que construíu chamoulle Uruguai, en homenaxe ao lugar onde emigrara. Entre as moitas embarcacións que construíu e que encheron de colorido as augas da ría, o seu fillo Román e a súa nora Maruja lembran algunhas: Los que vivimos, bote de popa redonda que despois vendeu a Urbano; Ángeles, bote de popa redonda; Halcón, para Manolo o “Bicho”; Carmelo, que llo fixo para o seu fillo Román e que foi o último bote de popa redonda que construíu; e Marisa, unha motora que foi o último barco que saíu do seu estaleiro en 1950.
No estaleiro traballaba soamente o señor Román, aínda que o seu fillo lembra ter axudado algo; pero pouco tempo, xa que aos 16 anos marchou do Carril para traballar nun barco mercante.
Despois da Guerra Civil o señor Román pechou o estaleiro, porque xa era maior e, ademais, os seus fillos xa tiñan os seus propios traballos.
Segundo o seu fillo e maila súa nora, no Carril non había ningún outro carpinteiro de ribeira contemporáneo do señor Román, pero si se facían barcos en Leiro e, sobre todo, en Catoira. Tamén lembran que no Carril apareceu máis tarde Sr. Manuel González.
O señor Román viviu momentos especialmente difíciles, a nivel persoal, durante a 2ª República. Como os republicanos atacaban todo o que estaba relacionado coa Igrexa, o cura párroco do Carril pediulle ao señor Román que gardase a imaxe da Virxe do Carme na súa casa porque na igrexa corría o perigo de ser queimada. O señor Román, pola gran fe que lle tiña á patroa dos mariñeiros, levouna para a súa casa; e mesmo lle construíu unha urna de madeira para que se conservase mellor. E alí permaneceu a salvo durante oito anos, con risco para a súa propia vida e a da súa familia. Despois da guerra a procesión do Carme sempre paraba diante da súa casa, en agradecemento por este acto de valentía.

EMBARCACIÓNS CONSTRUÍDAS
O señor Román construíu, sobre todo, embarcacións destinadas á pesca e ao marisqueo. Como é lóxico, dado que vivía no Carril, a maioría foron botes, bucetas, gamelas, dornas e chalanas. Non obstante, nos seus últimos anos como carpinteiro tamén construíu algunha motora.
A continuación relaciónanse os nomes dalgunhas embarcacións que construíu ao longo da súa vida, centrándonos nos botes e bucetas.

Nº NOME TIPO EMBARCIÓN ANO PREZO
1 Amalia buceta 1917 247 pts
2 Joaquina buceta 1917 100 pts
3 Ramona buceta 1917 250 pts
4 Domingo buceta 1918 225 pts
5 María buceta 1919 190 pts
6 Rosita buceta 1920 310 pts
7 Carmen buceta 1925 245 pts
8 Pepe bote 1930 250 pts
9 Dos hermanos bote 1930 350 pts
10 Felipe bote 1930 300 pts
11 Dos hermanos bote 1933 350 pts
12 Uruguay Bote popa red.1934 300 pts
13 Toni Bote popa esp.1937 400 pts
14 Moncho bote 1940 400 pts
15 Julio bote 1941 300 pts
16 Dos hermanos bote 1942 500 pts
17 Ángeles Bote popa red.1943 650 pts
18 Carmelo Bote popa red.1945 1.450 pts
19 Los que vivimos Bote popa red.1950 900 pts
20 Halcón Bote popa esp.


NOTA: Para coñecer os barcos que o señor Román construíu, recorreuse á memoria de vellos mariñeiros do Carril e ao arquivo de embarcacións da Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa. Desgraciadamente, no folio de cada embarcación a partir de 1925 era raro que figurase o nome do carpinteiro. Polo tanto, vai ser practicamente imposible descubrir os nomes de moitas máis embarcacións que construíu.

A redacción deste artigo foi posible grazas á información proporcionada (nas entrevistas que se mantiveron) polo fillo e a nora do señor Román, don Román Iglesias Ramos e dona María Milagros Martínez Pereira (Maruja)

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-10-2012 16:32
De novo por eiqui


As veces quedas cunha cara de aparvado que case non se che da saido en todo o día. A verdade é que xa non é a primeira vez que nos acontece, pero non por iso deixa de sorprenderte.

O outro dí fumos a unha casa e, nun momento da conversa, dícennos "xa lle demos unhas fotos ao faiado e ainda non nas devolveron". Tendo en conta de que era a primeira vez que nos atopábamos na casa, a sorpresa era evidente. "Si, deixámosllas a (x) que dixo que eran para o Faiado".

O Faiado é a señora Margarita e (as veces) o señor Antonio. Polo tanto ningún señor X está capacitado para ir a pedir nada en nome do Faiado. E máximo cando despois non da devolto as fotografías, cousa que non acontece cando nos as pedimos para escanear na casa. Ao día seguinte ou, o mas tardar, aos dous días xa están devoltas.

Iste requentache a sangre no corpo e, as veces, fanche decir palabras que non veñen a conto e resultan dun tono soez. Pero é o que hai: só un Faiado da Memoria verdadeiro. Non acepten imitacións e menos a falsos vendedores.

Pero vamos a deixar o tema e dediquémonos a disfrutar da subida que fixemos. Hoxe costounos un pouco de traballo, xa que imos con un lixeiro retraso, imovos contar en que Galerías están as fotografías:

CREO EN DIOS PADRE... (1)

FAMILIA (1)

OS DEPORTES CHEGARON COA ESCUADRA (2)

PERCURAS E INVESTIGACIÓNS (9)

PERSONAS RECORDADAS (2)

SEMPRE EMIGRANTES (1)

SOAN CAMPÁS DE VODA (1)

Como vedes fixemos un esforzo e nos pasamos unha chea. Pero é para que disfrutedes mellor.

FELIZ SEMÁN
Comentarios (8) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 13-10-2012 18:27
FINOU ROMAN

Foi o pasado 22 de Septembro, Roman Iglesias Ramos, finou en Tarrasa, donde vivia con Maruja fai unha chea de anos. El tiña noventa e tres anos, era fillo de Carmen a de Cortegada, polo tanto sobriño de miña avoa Pepa. Roman era memoria viva, e non o grabamos, memoria de veciños, de amigos, de familia, de pobo. Sentimos a sua morte, visitaremos a Roman no camposanto do Carril, el quixo vir para a sua terra. Para os fillos o noso pesame, para Maruja un abrazo moi forte
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-10-2012 14:31
Reordenando

Tiñamos un pouco mal numeradas algunhas carpetas, queremos decir ainda que non os vexades cada foto ten un numero, por razons diversas alguns numeros estaban mal. Ben estamos saneando, recolocando, millorando. Os que sodes blogueiros vocacionais sabedes donde esta cada foto. Non vos alarmedes puderon haber cambeado de situacion, pero siguen estando no blog.Por exemplo O Carril ten moitas fotos, algunhas que teñen relacion con Cortegada, van a ir para a nosa Illa. E de xusticia quitar a quen ten moito para o que casi non ten. Disculpade si causamos algunha molestia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-10-2012 20:23
En Memoria de Herminia Rubianes

A toda a sua familia expresarlle o noso pesame e respeto. Herminia nos acompañou moito tempo ca sua foto no blog, polo tanto forma parte da nosa memoria.Era viuda de Jose Luis Otero e fixeron a sua vida en Sobradelo. Descanse en Paz.
Comentarios (8) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-10-2012 12:27
ESCOMENZA A FESTA EN VILAXOAN

E nos con unha nova subida lembramos os de fora que non poden estar.

"Vou recorrendo aquelas rúas, que de neno eu percorrín, e nas miñas lembranzas brota unha lágrima de tristura, xa non está aquí".
"Un día marchei de Vilaxoán"..
Non hai dia no mundo que non se escoite nunha calle de Tokio, Londres, Bos Aires, Mexico, Caracas o nome de Vilaxoan, onde vaias sempre atopas un vilaxoanes querendo falar do seu pobo. A eles nas festas de Vilaxoan, no Rosario, adicalle o Faiado esta pequena subida celebrando con eles a sua festa.

SAUDE, SORTE E...¡VIVA VILAXOAN¡,
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-10-2012 12:37
PASAN E PASAN OS DÍAS


Xa entramos en Outubro. Ímolo a celebrar con unha nova subida.

Estas once fotografías van a estar colocadas nestas dúas Galerías:

A Vilagarcía de Onte (8)


Terra de Artistas (3)

De momento non hai novedade no tema do documental, hai que esperar. Pero xa sabedes que seredes os primeiros informados.

Un saudiño e boa semana.

Disfrutade.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 05-10-2012 23:01
FESTAS DE VILAXOÁN


Son as festas do Rosario. A comisión de festas pasa o ano co corazón encollido para que non chova... e si chove, que non decaia a festa.

O Faiado non quere esquencer o feito da alegría en Vilaxoan, das festas, e adiantóndonos un cachiño, porque o fin de seman non imos poder, anunciamos hoxe a subida de 23 fotos na Galería de Vilaxoán.

Si podemos, mañán subiremos algunha mais.

E se non, de todas as maneiras, disfrutade as festas, que todo sea bo e bonito, non fagades caso a crisis, superade esa situación.

So de cantar e bailar.

SAUDE
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2012 17:29
[1] 2
© by Abertal