lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Presentacion do libro de Carlos Rey



A CANTIGA DESHONESTA é un traballo feito por Carlos Rey, sobre cantigas populares das que se poden chamar "de escarnio e maldicir" e outros chirimbolos, que el tiña gardado nos caixóns do tempo porque nunca se atopou quen o editase.

Hoxe Carlos, no Faiado da Memoria e co prologista do libro que fixo de mestre de ceremonias,de Hector Silveiro, o traballo de Carlos viu a luz.

Unha chea de xente arropou a presentación na sede do Faiado da Memoria, donde o Autor demostrou a sua sabiduría relatándonos parte do libro.

Agradecer a Carlos a recuperación de todo o estudio, e memoria do noso país, tamén a súa presencia e a de Héctor.

Pero a nota é para a xente que hoxe, desbordando as nosas expetativas, ca choiva e vento facendonos a contra, caindo chuzos de punta e anegando as rúas, foron quen de enchelo Faiado da Memoria, non chegaron as sillas e dando calor ca sua presencia, o que permitiu que se poidesen secar un pouco xa que viñan molladiños como pitos. Iso é o que che anima e che fai tirar para adiante ainda que estés moi canso.

Moitas gracias a todos e todas.

Lembrade que a semana que ven, xoves, teremos outra presentación, organizado por MARUSÍA, a organización de emigrantes retornados. E o día 20 de febreiro, xoves tamén, outro libro editado polo Faiado: HISTORIAS DUN TEMPO VIVIDO
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 31-01-2020 22:07
No Diario de Arousa


Esta rematando Xaneiro.

Con elo vai avanzando, sen dúbida, o tempo que vivimos, tamén o inverno. No Faiado seguimos coa nosa parte de apoio a Cultura. O próximo venres presentamos un novo libro editado por nos, un traballo de Carlos Rey, A CANTIGA DESHONESTA.

Carlos é neto de aquel Manolo Rey que, xunto a Urioste e Buhigas, tantos anos das súas vidas, do seu tempo, entregaron cos seus saberes, coa súa intelixencia e cultura, a un pobo, o noso, ben desagradecido.

Non se fixo nada polos seus nomes por agradecer TANTO.

Pois o Carlos Rey folclorista, estudioso, autor dunha chea de traballos no mundo da investigación da etnografía galega, leva o mesmo rumbo co seu Avó? e mentras tanto as administracióons a mirar para outro lado.

O venres, dia trinta e un, no FAIADO DA MEMORIA, presentamos A CANTIGA DESHONRSTA de CARLOS REY. Presentado polo prologista do llibro, Hector Silveiro.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 30-01-2020 11:52
De novo ESPIELLO



ESPIELLO, FESTIVAL INTERNACIONAL DE DOCUMENTAL ETNOGRÁFICO está organizada polo Servicio de Cultura da Comarca de Sobrarbe (Unha institucion que agrupa dezanove concellos)xunto a unha amplia representacion de veciñas e veciños da zona que forman a comision permanente do Festival.

Trátase do único Festival con esta especialización do País, consta dun Concurso Internacional de documental etnografico, e abórdanse temas de antropoloxía visual.

Nese entorno tan interesante proxetarase o noso documental EU TAMEN NECESITO AMAR, que, como estamos a contar, esta nominado a Premio.

Partindo, así, dunha historia personal, Caeiro analiza, a través de entrevistas, unhas relacións íntimas mediatizadas pola ideoloxía da Igrexa e da Sección Femenina. E faino desde a perspectiva das mulleres. ?A idea de falar de parellas, de homes e mulleres, morreu coas primeiras conversas, previas á gravación. Os homes non tiñan historia que contar xa que a súa idea era única, plana na maior parte dos casos?. Mais non era así no caso das mulleres. Alí estaba -lembra- ?a riqueza de matices, a loita contra a dificultade, o querer levantar cabeza, aínda dentro do propio matrimonio. Aí é onde vin que había unha historia?. A protagonista ía ser -e é, pero dunha maneira distinta á prevista inicialmente- Pura, a nai de Caeiro. ?E a quen lle interesará a miña historia??, preguntaba ela. Ao que el respondía: "ti déixame a min e confía".

Mais a saúde de Pura empeorou. E acabou marchando.

Non seguimos a contar, pero que sepades que o documental, merece ser visto, as mulleres, imos sentirnos identificadas, imos lembrar historias das nosas Nais non tan lonxanas. Seguiremos a falar e a contar.
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 29-01-2020 16:42
Hasta sempre Fita

Fita era a filla mais pequena do Señor Francisco e Señora Carmen de Vilaxoán. Irmá de Carmucha, nai da miña amiga Esperanza Alcalde.

Unha xente que sentín como miña segunda familia. As dÚas irmáns, Carmucha e Fita, tamén Rosa, sempre estaban xuntas pola semana, tódalas tardes na tienda de Rosa no Castro, polo domingo, no verán, a praia, Patos, San Vicente do Mar... as tres irmáns coa prole e... Margarita.

Desde aquela ao día de hoxe pasaron unha chea de cousas nas nosas vidas. A de Fita foi vapuleada o ano pasado coa morte do seu fillo Jose Enrique, sempre que nos atopábamos falábame del.

Fita formaba parte da paisaxe da miña infancia, da miña adolescencia e xuventude, dos meus sentimentos por unha familia querida, moi querida.

A todos pero moi especialmente a Pepa e a Javier unha aperta moi forte.

A miña amiga Esperanza, o meu agarimoo.



" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hija "

Dña. Josefa Domínguez Romero

"FITA"

Que falleció cristianamente el día de hoy,
a los 88 años de edad.
D.E.P.
Sus hijos, José Enrique (?), Francisco Javier y Pepa; hijos políticos, Chus (?), Menchu y Pepe; nietos, Adrián, Gonzalo, Teresa, Javier, Carlos, Borja, Alberto y Ana; nietos políticos, Olga y Pablo; bisnietas, Marta e Inés; hermano, Francisco; hermana política, Dolores; sobrinos, primos y demás familia.

Ruegan a sus amistades y personas piadosas la tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA MIÉRCOLES, a las CINCO MENOS CUARTO de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio Parroquial de Vilaxoán, favores por los que les anticipan gracias.

Saldrá un ómnibus a las 15:45 h., desde la Iglesia Parroquial de Santa Eulalia de Arealonga, para la asistencia al sepelio y regreso.

T. 986 501 101 - www.ppffa.com
Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 1
Vilaga
rcía de Arousa, 28 de enero de 2020



Comentarios (7) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-01-2020 22:27
Finou Jesus Nogueira

Jesus era o Director da Banda de Musica de Vilanova, perdida importante no noso entorno, foi un home que viveu ca musica, cos sons e a morte levouno moi cedo, demasiado cedo. A sua familia sobor de todo a Suso o seu fillo Director da Banda de Musica de Vilagarcia, o noso sentido pesame polo pasamento do seu Pai, que facemos extensiva o resto dos seus seres queridos.


Comentarios (21) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-01-2020 16:40
O venres no Faiado
No Faiado seguimos ca nosa parte de apoio a Cultura, o próximo venres presentamos un novo libro editado por nos, un traballo de Carlos Rey, A CANTIGA DESHONESTA.
Carlos e neto de aquel Manolo Rey que xunto a Urioste e Buhigas, tantos anos das suas vidas, do seu tempo entregaron cos seus saberes, ca sua intelixencia e cultura a un pobo o noso ben desagradecido. Non se fixo nada polos seus nomes por agradecer TANTO.
Pois Carlos Rey etnógrafo, estudioso, autor de unha chea de traballos no mundo da investigación da etnografía galega, leva o mesmo rumbo que o seu Abo?as administracions a mirar para outro lado..
O venres dia trinta e un No FAIADO DA MEMORIA, presentamos A CANTIGA DESHONRSTA de CARLOS REY. Presenta Hector Silveiro


Este venres, día 31 de xaneiro, presentamos o segundo libro deste ano: A CANTIGA DESHONESTA. Querés que cho digamos cantando? Pois escoita...



Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 27-01-2020 21:17
PRÓXIMO VENRES, 31.


Esta rematando Xaneiro.

Con elo vai avanzando, sen dúbida, o tempo que vivimos, tamén o inverno. No Faiado seguimos coa nosa parte de apoio a Cultura. O próximo venres presentamos un novo libro editado por nos, un traballo de Carlos Rey, A CANTIGA DESHONESTA.

Carlos é neto de aquel Manolo Rey que, xunto a Urioste e Buhigas, tantos anos das súas vidas, do seu tempo, entregaron cos seus saberes, coa súa intelixencia e cultura, a un pobo, o noso, ben desagradecido.

Non se fixo nada polos seus nomes por agradecer TANTO.

Pois o Carlos Rey folclorista, estudioso, autor dunha chea de traballos no mundo da investigación da etnografía galega, leva o mesmo rumbo co seu Avó? e mentras tanto as administracióons a mirar para outro lado.

O venres, dia trinta e un, no FAIADO DA MEMORIA, presentamos A CANTIGA DESHONRSTA de CARLOS REY. Presentado polo prologista do llibro, Hector Silveiro.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-01-2020 09:04
Presentacion do libro O XOGO DO PAU

Hoxe na nosa sede, presentouse o libro O XOGO DO PAU, de Carlos Rey e Isidro Piñeiro
Logo de varios intentos pospostos por cinco mil situacións o folclorista Carlos Rey Cebral, creador da a.c. OS TERRIBLES DE AROUSA e o membro da asociación do xogo do pau de Galicia, Isidro Piñeiro, deciden levar a cabo o seu traballo sobre ese xogo baixo o auspicio da asociación O Faiado da Memoria de Vilagarcía.
O libro consta de dúas partes, unha de investigación sobre o xogo e o seu uso dentro da sociedade non só como xogo, levada a cabo por Carlos Rey e unha segunda, xa mais gráfica, onde se amosa un catálogo de movementos propios deste xogo para personas que queiran practicalo e servindo este como manual para expandir as actividades tradicionais entre a poboación co fin, por un lado, de que non se perdan e por outro intentar reavivalo.
O libro esta a venta ademais do propio Faiado, en Follas Novas e na libreria Nobel.
Moitas gracias as persoas que hoxe chegaron a o Faiado desde distintos lugares de fora do pobo.
Comentarios (7) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-01-2020 22:43
"O xogo do pau", primer libro de la trilogía de 2020 del Faiado

El Faiado da Memoria presenta el primero de los tres libros que editó este año. Se trata de un trabajo de divulgación, "O xogo do pau", un tipo de arte marcial propio de Galicia y Portugal. En la obra se explica que es un juego que nace de la guerra y del sistema defensivo-ofensivo que usaba el pueblo llano que no podía emplear la espada "a la que se daba un carácter sagrado" y era un honor reservado de forma exclusiva a las clases nobles.

farodevigo.es » Arousa
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-01-2020 07:58
As Paxinas do Faiado da Memoria

A de hoxe é unha data importante, sempre dentro do que cabe porque entre as duas paxinas temos subidas 20.500 fotografias. Dicese moi pronto pero convirteuse nun traballo formiguero, a constancia de cotio na recuperacion.
En arquivo pasan de duascentas mil fotografias, imaxenes impagables, ahi estan os vilagarcians protagonistas de un tempo que somentes se queda a traves das imaxenes.
Botamos de menos axudas economicas pra darlle mais solidez a o noso proxeto, que nos permitira facer unha base de datos, que nos permitira escanear con mais holgura e medios. Que o noso arquivo tivese un futuro menos incerto. Os politicos de Vilagarcia nunca han mirado por esta xoia que temos e non o fan porque escasea a capacidade, e sobra o personalismo,
Bos dias,SAUDE
Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 23-01-2020 07:55
1 [2] [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0