lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Finou Rafael Casenave

Vaia, que mala noticia, finou o noso amigo Rafael Casenave, o home de Rosita Abuin, o cariño da miña familia con Rafael ven de lonxe, moi lonxe, Rafael era o intimo amigo de Moncho Hierro que xunto a Felipe meu Pai paseaban do Carril a Vilagarcia cando moceaban. Rafael había nacido no Madrid que viveu a guerra civil, cando tiña uns dez anos trasladaronse por motivos laborables a o Carril…casou con Rosita Abuin, tiveron dous fillos. Nada será igual nas mañas de Vilagarcia sin atoparme con Rafael no seu paseo, colaborara co FAIADO DA MEMORIA, NO DOCUMENTAL Desde Dentro do Corazon, Rafael contaba aquello de que sendo ferroviario a finais dos sesenta collia as vacacions para ir a mariscar en Octubre. Eran outros tempos, outra vida.
A Rosita, fillos e netos o noso respeto cariño e pesar polo pasamento de Rafael, nunca o esquenceremos.



" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hijo "
D. Rafael Casenave Conesa

Que falleció cristianamente el día de ayer,
a los 88 años de edad.
D.E.P.

Su esposa, Rosa Abuín García; hijos, Rafael e Isabel Casenave Abuín; hijo político, Manuel García; nietos, Marcos, Beatriz, Natalia y Pedro; nietos políticos, Tamara y Ramón; bisnieta, Zaira; hermana, Rosa; hermanos políticos, sobrinos, primos y demás familia.

Ruegan a sus amistades y personas piadosas lo tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA JUEVES, a las CUATRO Y MEDIA de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Santiago de Carril, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio Municipal, favores por los que les anticipan gracias.


Saldrá un ómnibus a las 15:45 h. desde Carril (Praza da Liberdade), para la asistencia al sepelio y regreso.


Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 1
Carril - Vilagarcía, 9 de enero de 2019


Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-01-2019 19:52
Vai pasando Xaneiro

Esta claro que si o tempo se vive é bo, pior seria o outro, pero este Xaneiro esta resultando un pouco frio de mais. A ver si quenta un pouco o sol ou chove que tamen e unha boa solucion.Nunha foto da casa Deza, con Mari Carmen Cora que vivia ca sua familia no baixo, querida familia pola nosa parte, desexamos bo dia e moita saude a os nosos seguidores do Faiado
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-01-2019 08:42
Poema de Luis Bouza Brey

En Xaneiro do mil novecentos cincoenta e un, Bouza Brey, adicoulle un poema a o amigo no seu primeiro cabodeano. E nuns tempos en que as cousas non eran tan faciles, editouno nunha imprenta.
Traemolo a o FAIADO DA MEMORIA como un homenaxe sinxelo a Castelao
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-01-2019 08:59
Un agasallo de Tere Briones

Un libro de fotografias que recollen a gran maioria dos actos festeiros e excursions do Faiado a o longo de estos dez anos.O libro e precioso, fai unha chea de tempo que Tere estaba traballando na sua edicion, de feito nos colaboramos con fotos que ela solicitaba. Nos fixo moitisima ilusion recibir o agasallo que pon fin a os actos de celebracion da primeira decada. Tere, moitas gracias, imos a pola segunda e ti coma sempre nos tes que axudar.
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 06-01-2019 18:30
Pois feliz data

Non queremos ser negativos, hoxe é un dia feliz pra os nenos, que o disfruten a infancia e a nosa e verdadeira patria, desde esta paxina do Faiado da Memoria, desexamos unha data estupenda para todos os que son e os que se sinten miniños, mañan daremos paso a normalidade, marabillosa normalidade, bos dias, saude
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 06-01-2019 09:00
Agasallos de Reises

Temos a venta para estas festas documentais e traballos que nos falan de memoria, de feitos que aconteceron moi cerca de nos.
AILLADOS e o que pasou na Illa de San Simon convertida en campo de concentración durante casi cinco anos. Este documental que Antonio comenzou a grabar nos anos oitenta recolle as vivencias dos presos republicanos que en aquelas datas ainda estaban vivos. O documental e a dia de hoxe unha referencia memorística.
COA AXUDA DOS MEUS AMIGOS gala de música dos anos sesenta realizada fai uns anos polo Faiado da Memoria, coa colaboración da concelleria de Cultura, de aquela xestionada por Xose Castro Raton. A gala, apoteósica, Marita Gomez, Manolo Perez, Jose Luis Sanz, Eduardo Campos, Juan Luis Patiño, Maria Anselma Salgueiro, Pancho Garcia, Miguel Frieiro, Paco Mariño, Jorge Allegue, Se Bazarra, Luis Rodriguez ( Lucky), Alfonso Galban, Mingos Rodriguez, Carlos Puga, Maxi Lojo,Manolo del Rio, Luis Silva, Manolo e Juan Carlos Porto, Emilio Varela, Jose Manuel Casalderrey, Manuel Anton, Luis Gomez, Javier Garrido, Fernando Garcia ( Garri-Garci-) Victoria Hierro, Susi Nuñez, Juana, Pilar e Lourdes Garrido, Maria Jose Paz, Angeles Landeira, Rosa Gavieiro, Esther Blanco, Marisa Herranz, Eduardo, Ana Padin…o presentador da Gala e Vicente de Souza, un luxo en calquer esceario, amigo persoal de Antonio e un actoraso.

Toda estas actuacions saen no video de COA AXUDA DOS MEUS AMIGOS. ¿CANTOS QUEREDES?
Tamen temos a venta o libro PEDALEANDO POR VILAGARCIA, con unha chea de fotos explicadas cada unha de elas.

A MEMORIA NOS TEMPOS DO WOLFRAM
Longametraxe documental dirixido por Antonio Caeiro sobre as minas de wolframio en Galicia na post-guerra civil.

Ao comezo da Segunda Guerra Mundial un mineral fíxose necesario para o Estado alemán: o volframio. Galicia converteuse no El Dorado para moitas persoas que procuraban diñeiro fácil ou simplemente un traballo naqueles duros anos da posguerra española. Mineiros, aventureiros, guerrilleiros, gardas civís e presos políticos, conviviron nos montes galegos e entrecruzaron as súas vidas. Esta é a súa historia contada polos propios protagonistas.

A VOLTA DOS NOVE
15 de outubro de 1936. Nove homes son sacados da prisión habilitada no Frontón de Vigo e levados aos arredores de Baiona. Alí son asasinados. Era o final dunha vinganza que se iniciara días atrás, pero o comezo dunha lenda: a das cruces situadas nunha curva da estrada entre Baiona e A Garda. ÿ a historia que narra o documental A volta dos nove.Este traballo audiovisual, dirixido por Antonio Caeiro e producido por O Faiado Producións, pretende reconstruír un suceso que deixou marcadO O Valmiñor durante xeracións.


DESDE DENTRO DO CORAZON
Un homenaxe a Vilagarcía que se estrenou o día que ó municipio cumple cien años. “Desde dentro do corazón”, el documental que O Faiado da Memoria adicou a o pobo arousan.
ARDE MADRID, ESTA NOITE VELADA, O RUIDO E O SILENCIO….son alguns dos documentais cosecha Caeiro e o Faiado.
Colaborou o Faiado ca reediccion de TRUCALPERDE historia sobre o xogo dos trompos, obra de Pepe Prego e Carlos Rey.Merece a pena o libro e que os nenos non perdan os nosos xogos tradicionais.
Si non atopades a nadie no Faiado para mercalos, temos dous teléfonos a vosa disposición. 986186893-638260808. Moitas gracias.




Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-01-2019 08:44
Primeiro dia do Ano 2019

Hai que ir acostumbrandose a escribilo, a sentilo, no dia de hoxe sempre temos a impresion de que nos atopamos sos no mundo, moitisimo silencio no pobo, nas redes, en definitiva...no mundo. Non podia ser de outra maneira, a primeira entrada do ano e para desexarvos a todos moita saude, hoxe as felicitacions especiais, son para Concha Gandara e Oralice Silva, xa sabedes desde a casa do Faiado, moitos parabens e a ser felices, hoxe estan de cumpleanos, dia grande porque o pior seria non cumprilos. A festexalos, bos dias Feliz Cumpleanos.


Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 01-01-2019 07:35
[1] 2
© by Abertal