lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Ramiro, moitas felicidades

Xa sabes que en esta casa se vos quere desde fai unha chea de anos, enton hoxe que estas de cumple os nosos desexos son de que sexas moi feliz, derroches de parabens e pra o ano, mais, imosche poñer unha cancion adicada pra bailar con Rosa. Saude amigo.



Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 08-01-2016 07:31
Alegrando o dia
Esta é unha entrevista a Manuel Pan creador de Blogoteca e de Phottic que son os dous proxetos donde se divisan o noso traballo, leede porfa

ACTUALIDAD, BLOG
Viaje al pasado a través de Phottic

Hoy nos acercamos por primera vez a los proyectos integrantes de la segunda edición de Galicia Open Future. En el día del Regreso al futuro nosotros viajamos al pasado con Phottic, una plataforma global de fotografía histórica en la que las comunidades locales reviven su pasado. Hablamos con Manuel Pan, CEO del proyecto, para que nos cuente qué es y qué objetivos tienen.

Brevemente, ¿qué es Phottic?

Phottic quiere convertirse en la plataforma online de referencia para el almacenamiento, gestión y explotación de fondos fotográficos georeferenciados, tanto públicos cómo privados.
Un coleccionista puede ordenar su colección con coordenadas temporales y geográficas, incluso colocando la imagen antigua sobre Google Street View y ver cómo estaba y cómo está en la actualidad ese enfoque de esa localización. Pero además de recuperar el soporte fotográfico, en Phottic tenemos otro objetivo principal que es recuperar las historias que la gente sabe sobre esas imágenes. Por eso, en paralelo a la plataforma que ordena las imágenes, hay una red social.

¿Cómo surge la idea?

Hace años en Abertal colaboramos en la edición de colecciones de libros de fotografía antigua y vimos que todos ellos era proyectos de éxito. Años más tarde pusimos en marcha la Blogoteca, un sistema de blogs en el que destacaban algunos blogs de fotografía antigua por su viralidad y éxito. Decidimos aplicar el conocimiento de Abertal en sistemas de gestión de grandes comunidades de usuarios y con la ayuda de los responsables del blog “O Faidao” de Vilagarcía, definimos la Beta de Phottic.com.

¿Cómo está resultando la experiencia de Galicia Open Future? ¿Cómo os enteráis de la existencia de la iniciativa y por qué decidís participar?

La participación en Open Future viene dada por nuestra decisión de lanzar el proyecto a nivel global en el mes de enero, lo cual coincide muy bien en plazos con la propuesta de apoyo y asesoramiento para el lanzamiento. Además la red de Open Future nos ofrece la posibilidad de conocer y contactar con otras empresas de su red en toda España y en el resto del mundo.

¿Cuál es vuestro objetivo? ¿Cómo imagináis el proyecto dentro de un año?

Phottic sale con su nuevo sistema y App en el mes de enero de 2016, fecha en la que además del lanzamiento del nuevo sistema también se lanzan nuevos proyectos Phottic que tienen un alcance internacional. Según indica nuestro Plan de Negocio, dentro de un año deberíamos tener 1.500 coleccionistas usando Phottic para ordenar sus colecciones.






Deberiades ollar o video
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-01-2016 17:44
Remataron as festas

Esgotada a primeira seman de Xaneiro, imos retomar o tempo da normalidade, ter paciencia ca climatoloxia que non queda outra, é no Faiado seguimos vendonos a diario. Bos dias e moita saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-01-2016 08:04
Chegou cos reises

Maria Dolores Mariño, de Vilaxoan filla de Florita hoxe dia dos reises magos esta de cumple, fai uns cuantos aniños que chegou coma un regalo a casa de Florita e de Pepito, aquela parexa que casaron tremendamente enamorados e na que Maria Dolores chegou como todo un agasallo. Amiga pois xa sabes, tes que invitar a eses pasteis que non che imos perdoar, Maria Dolores e nos compartimos xogos na infancia, ou sea onte. Bos dias, parabens e saude.

Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 05-01-2016 08:13
O noso Xesús, abre o ano para vos.
Enviounos esta gravación Xesus, como concerto de ano novo. Xesus esta entregado a cultura desde fai unha chea de anos, gústalle o Faiado, somos amigos e hoxe compartimos esta xoia con todos vos.








Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-01-2016 07:51
Facendo balance

O Faiado para nós, que somos os seus creadores, sigue a ser un proxeto moi coñecido, pero non totalmente consolidado, o decimos porque sigue habendo xente que non sabe que temos dúas páxinas, non saben como ir a nova, e, as veces, non saben nada da vella, en fin que temos que explicalo moitísimas veces o longo do ano.

Tamén decir que o Faiado non perdeu fol… ¡Que va! A ver, o que perdeu foi xente que comentaba as fotografías, eso si, por distintas razóns, pero ten mais visitantes que nunca, é tamén consideramos que é loxico que a expectacion coa que foi recibida nun principio se asentase e o noso traballo vaia sosegándose ao tempo que se consolida. Hai que ter en conta que, logo de aparecer o Faiado da Memoria, apareceu facebook e whatsapp, e moita xente que se iniciou na informática con nos, derivou hacia eses espacios "mais familiares", é lóxico. Pero O Faiado, tanto na súa versión blog como en páxina web, sempre está ahí xa que é... "algo distinto".

Sempre o xestionamos as mismas persoas desde fai xa sete anos, sin flaquezas, sin tolerías, sin plaxios. O día tres de Febreiro, dentro de un mes fara eses sete anos, amigos e amigas, son moitos días e moitas fotografías.

Para facer balance agora que acaba de entrar un novo ano decir que no Faiado vello rematamos agora mesmo de contar 10.880 fotografias é na casa nova temos 3.669, o que fai un total de 14.549 imaxenes recuperadas para todos os que as queiran ver en internet. Antonio e mais eu marcámonos este proxeto sin saber, daquela, que iamos ser capaces do que poderíamos lograr e, sen presumir, estamos contentos, vai ben, moi ben e cando saimos da Vila e imos cara a Marín, Ferrol, Mugardos, Pobra de Brollón, Vigo, Santiago, Nigrán, Lugo, A Garda,… a xente fálanos e pregúntanos polo Faiado da Memoria e iso "mola", porque o noso traballo está a ser valorado mais alá do noso pobo.

Moitas gracias aos que nos axudan cos seus comentarios, aos que veñen a casa a identificar fotografías, aos que nos apoian coa súa presencia nos actos que argallamos, gracias compañeiros moitas gracias por estar ahí, moita saude.

E esperamos seguir contando coa vosa presenza física e virtual, donando, comentando,... en fin: DISFRUTANDO para que este proxecto de Memoria siga presente nas nosas vidas.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-01-2016 08:01
[1] 2
© by Abertal