lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

QUEDAN DOUS DÍAS!!
Xa estamos as pre-vísperas. Dentro de tres días cumplios-cumplides e dentro de dous rematamos con estas grandes subidas. Coas 92 subidas no día de hoxe xa vamos en 303 fotografías novas.

¿E onde están as que se subiron hoxe?.

Pois moi simple, nas Galerías de Posando (67) e Outra maneira de vivir (25).

E, entre subida e subida, seguimos coa preparación da exposición da "Escola en Vilagarcía". A relación de materiales aportados para esta exposición xa comenza a colapsar o espazo da Concellería de Cultura, pero a nos danos igual, ainda que teñamos que habilitar outros espacios para seguir almacenando. A resposta das personas e dos centros académicos é fabulosa. E moitos deses materiales os teremos que recoller nos días previos a exposición, como a escola que vamos a montar extraida de Loenzo, ou as aportacións do Museo Pedagóxico de Galicia en cuestións de pupitres de distintas épocas, ou os libros, libretas, plumas, uniformes, mapas, etc que van a estar expostos na sala de exposicións do auditorio. E que teremos que ampliar polos pasillos xa que se nos vai quedar pequeno ese espazo.

E na de Corbatilla, nas aulas da Rede de Dinamización, están pasando o ecuador do obradoiro de videomontaxe na que se están elaborando unha serie de minidocumentais que serán exhibidos na sala de exposicións. Podedes ver arriba a pequena foto de parte dos asistentes o obradoiro. Esta semana daranlle os toques finais a estes traballos e logo, a metade de marzo poderemos velos no auditorio de Vilagarcía. Alí apareceran as testemuñas de algúns de vos que pasáchedes polo obradoiro a deixar as vosas experiencias como Lolita Camiño, Dieguito, Antonio, Ramón Rodríguez, Cunino... e tamén as experiencias dos propios integrantes do obradoiro como Tere Briones.

E logo estarán as fotos que nos donáchedes entre todos e todas. Quizás nos siguen faltando algunhas fotografías das escolas alumnos e mestres dalgunha das parroquias. Guillán, Cea, Trabanca Sardiñeira e Badiña, Castrogudín, Bamio, ... Se algún dos que nos leen ainda teñen algunha foto ou documentación destes lugares agradeceríamos que se puxesen en contacto con nos ben personalmente no concello (no segundo piso do auditorio) ou por correo electrónico.

De momento seguir disfrutando desta excepcional subida fotográfica.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 31-01-2010 11:40
QUEDAN TRES DÍAS!!



Tres días para chegar a víspera do noso/voso primeiro aniversario. Nesa víspera teremos chegados as 365 fotografías tal como prometimos para levar a cabo esta conmemoración.

Fotografías que estanse a subir día a día a pesares de non anuncialo aquí.

De feito onte subíronse 30 fotografías na Galería Os deportes chegaron coa escuadra e hoxe 36 na de Os amigos.

Disfrutade e lembrar que mañán haberá máis.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 29-01-2010 23:20
Homenaxe o doutor Tourón

Hoxe, venres 29, asistimos a celebración do 50 aniversario da morte do doutor Manuel Tourón.

Con tal motivo editouse un pequeno libro escrito por Javier Bouzada e Víctor Viana e donde o Faiado colaborou con aporte de fotografías e a preparación e escaneado das restantes.

Utilizouse para este traballo fotografías das donacións de Carrasco Villegas, Juan Carlos Porto e Jacobo Rey.

Gracias a todos. Pouco a pouco vaise realizando a historia personal de Vilagarcía e é gracias a participación e donación que realizades abríndonos os vosos fogares, chamándonos, índonos a visitar ó concello ou enviándonos fotografías vía internet.

Este traballo que comenzamos fai case dous anos (un máis que o blog) está dando os seus frutos incluso moito antes do que esperábamos. Pero iso non o facemos nos, solo somos os obreiros das vosas ilusións.

Disfrutade co libro (si é que non se esgotou xa, posto que a presencia na hoenaxe foi numerosísima)
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2010 23:08
FALTAN CINCO DÍAS
Faltan 5 días para o cumpleanos.

Onte esquencéusenos de colocar onde subíramos as fotos. Son os nervios dos celebrantes. Pero foron nas Galerías de Mulleres e traballo e O Carril.

Disfrutade que hoxe haberá máis.




P.D. ¿entre os presentes habera´´a algui´´en que sepa como sacar ese problema coas tildes? E que non vamos a dar acentuada unha palabra.

P.D.II. Gracias. Resolto o problema tíldico.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 28-01-2010 10:01
QUEDAN SETE DÍAS

Continuamos coa subida do PRIMEIRO ANIVERSARIO do blog.

Son cuarenta e duas novas fotografías que, coas de onte, fan un total de 111. Bonito número pero que ainda está lonxe desas 365 que será o número que estarán na rede para o día do aniversario.

As fotografías podedes velas nas galerías de Creo en Dios Padre..., con deceseis fotografías, vintedúas en Familia e catro en Lobos de Mar.

Tamén lembraros que no espazo de vídeos temos engadida a última achega, que se fará por capítulos, das historias zeppelentianas. Podedes velo tamén dous artigos mais abaixo deste que estás a leer.

Disfrutade.


Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 26-01-2010 19:57
COMENZA A CELEBRACION DO PRIMEIRO ANIVERSARIO

Amigos e Amigas:

Comenzamos con esta primeira subida a celebración do noso PRIMEIRO ANIVERSARIO. O día exacto será o día 3 de febreiro.

Hasta ese día estaremos subindo o mesmo total de fotografías que días tivo o ano: 365.

De momento aquí están as primeiras 69.

Cubren seis Galerías. tres da fotografías están na de A illa de Cortegada>, outras tantas na de Amores. En Bailamos? hai seis fotos, oito na galería de Aqueles traxes de baño, 21 na de Atopando detalles, e 28 na de A Vilagarcía de onte.

Estamos ante os aperitivos desta celebración. Non perdades comba que a cousa vai para largo.

Disfrutade e sentir o calor do fogar.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 25-01-2010 22:16
o vó do Zeppelentín

Vamos a relatar, en curtos capítulos, por aquilo de darlle máis emoción, algunhas das actividades da Orde do Zeppelentín.

Nesta primeira entrega podemos ver unha gravación do lanzamento, o 22 de agosto de 1970, do Zeppelentín que, como o nome indica, trátase dun inxeño voador inventado, construido, patentado e probado polos xenios non sufecentemente recoñecidos (g.a.d.) da devandita Orde.

Gracias a que neses anos non estaba recoñecida a lei de delito ecolóxico hoxe moitos dos membros zeppelentinianos gozan dun descanso na súa casa en vez de en sanquintinentín.

Pasemos a observar con atención e detenimento o ocurrido naquel día sen necesidade de atender os diálogos, mais que nada por que non os ten.


zeppelentin
Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 25-01-2010 21:29
NOVAS FOTOS E RESULTADOS DO BLOG


Coa nova subida que se fixo no dia de hoxe (19/01/10) de 21 na galeria Os amigos, 3 en Chegaron por correo electronico, e 1 en Tradicions nosas, festas e actos fan unha totalidade de unhas 150 fotografias no que vai deste novo ano. Tendo en conta de que nos estamos reservando para a subida de primeiro aniversario o dia 3 de febreiro, coidamos que non esta mal.

Non podemos pensar con elo de que o blog languidece, polo menos pola parte que nos toca. Polas visitas o Faiado tampouco, o dia 30 de decembro contabilizaronse 202 contactos (as personas poden ser moitas mais posto que cando se fai desde un ciber, entidade ou empresa na que hai varios ordenadores conectados so contabiliza por un) habendo unha media diaria de 170.

Ou sexa que por ahi tampouco debe ser o baixon de comentarios, o curioso e que non hai tanto baixon senon a sensacion de que non se fan eses comentarios. Como exemplo segun os datos que temos do dia 17 de xaneiro recibironse 30 comentarios DOS CALES SO NOVE DERON NOTIFICACION DE QUE O FACIAN. Ahi e donde pode estar o problema. O non ter coñecemento de donde estan os comentarios fai que moitas personas, especialmente as que se enfrentan hoxe por primeira vez coas novas tecnoloxias, se lle faga dificil acercarse a eses espazos. Este e un problema que de momento non podemos solucionar pero que estamos en elo. Estamos traballando na creacion dun novo blog mantendo o espiritu deste pero cunha facilidade de acesos mais flexible, podendo buscar por personas, lugares, datas, etc. pero iso e algo que leva tempo...e diñeiro. Polo tanto e cuestion de tempo e polo tanto de paciencia, tanto pola nosa banda como pola vosa.

Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 19-01-2010 14:44
Solidaridade e fotografías

César Díaz envíanos un enlace que queremos trasladar a todos e todas, e da solidaridade co pobo haitiano que precisa da nosa colaboración nestes momentos de sufremento, un pobo que, parafraseando a Marx (Groucho), partindo da nada ten alcanzado as mais altas cotas de miseria.

Neste enlace, solidaridade con Haití, que nos envía podemos entrar nunha paxina de El País que nos permite acceder a diversas contas de ONG'S que estan a traballar na illa.

Nós, mentras tanto, seguimos a subir algunha fotografía na galería A Vilagarcia de onte. Son cinco, non é moito pero é que nos estamos a preparar unha gran subida para celebralo primeiro ano do blog. Non, non levamos aquí toda a vida, só levamos na vosa vida un aniño pero, iso si, intenso.

Gracias a todos, disfrutade e, si podedes, ser solidarios.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 15-01-2010 15:40
Cando os Zeppelentinianos daban lustre a Vilagarcia
Traemos hoxe un exemplar da afamada e nunca sufecentemente ben ponderada "Orden del Zeppelentín", o "Valentín Tribune", decano da prensa caballeresca.

Trátase do número catro de tan insigne organo oficial que relata, coa súa modestia natural, as xestas heroicas e avatares dos zeppelentinos e incluso, con reservas, das zeppelentinas.

Alí podemos ler a botadura e posterior singladura do sumarinintín alá polas Malveiras, para maior gloria da orde e coa promesa de non queimala de novo, as xustas de Oca, as votacións democráticas dentro da Orde o que non era moco de pavo tendo en conta de que estamos en 1971 e iso de votar non che era moi ben visto por estes lares, nin por outros lares, e outras andanzas que se recopilan nestas oito paxinas de humor neosurrealista-postpousadoiro.

Extractamos un extracto que eles extractan dun escrito realizado, supostamente, por Ramón Taboada na prensa precapitalina da época e que fala da Orde: "los motivos que reunen a los zeppelentianos tienen la trascendencia de lo informal y el sano concepto humorístico en la interpretación de estereotipados convencionalismos...es un movimiento liberatorio que sienta muy bien a la salud pública y proporciona una terapéutica al tratamiento de las coronarias".

AHÍ ES NÁ!!

Clicando aquí mesmo, e seguindo os pasos habituais, poderedes baixar o pdf deste número catro e posteriormente xa iremos proporcionando outros números sen seguir ningún orden nen raciocinio. Vamos, según nos veña ben.

Esperamos facer unha galería co material que consigamos desta orde xa que sabemos que é abundante e interesante e tendo en conta de que boa parte dos membros da orde son asiduos (ou intermitentes) de O Faiado os comentarios das súas andanzas poden ser de todo menos aburridos.

A donación desta publicación foi realizada por Francisco Javier Silva (a quen SanValentinín lle conceda un credito de moitos anos de vida (boa)).

Disfruten e fáganolo saber.

Gracias.
Comentarios (2) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 08-01-2010 22:23
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0