lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

En Gondomar

Contratados polo Concello de Gondomar onte, proxetamos o noso documental EU TAMEN NECESITO AMAR, na parroquia de Peitieiros. A verdade é que foi especialmente estupendo, a xente disfrutou, a xente valorou o traballo con moito sentimento, isto agradecese moitisimo.
Hoxe pola tarde toca o mesmo en Mañufe, vemonos.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 30-04-2023 08:42
30 de Abril do 2023, domingo

Subidas en O RAMAL é CREO EN DIOS PADRE, en portada, grupo de xente en plena faena de un xantar caseiro, pode ser unha voda.
Decimos adeus a o mes de Abril, ate o ano que ben.
Bos dias, a desfrutar dos festivos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-04-2023 08:35
Impresionante Anxo Cardin

Onte estivo no Faiado o profesor e economista Anxo Cardin. Con graficos relativos a enquisas, dou unha charla amena e maravillosa que nos tivo entretidos durante hora e media
Anxo voltara a O Faiado, ainda queda moito por compartir, pura MEMORIA a do profesor Cardin.
Por certo, onte presentouno o amigo Manoel Da Costa, con unha presentacion sinxela, coma sempre, altamente pedagoxica.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-04-2023 07:50
29 de Abril do 2023, sabado

Subidas na Vilagarcia de Onte é O Castro.
En portada, Praza da Independencia, porta aberta a o barrio de San Roque.
Para os que descansades o fin de seman, bo relax, saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-04-2023 07:10
Derradeiro viaxe de Maria Josefa

Cando os seus nenos estaban na Escardia, vivimos xuntas moitas horas e momentos. Impresioname moitisimo a desaparicion de Maria Josefa, desde esta casa o noso sentimento para o seu home, para Diana, Julio é resto da sua familia
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-04-2023 13:31
Hoxe as oito da tarde

Unha das millores medicinas para o noso bienestar e estado de ánimo é ler un libro. O noso de hoxe preséntase no Faiado da Memoria o próximo venres día 28.

Aínda que non será unha presentación ao uso, senón unha charla sobre A PERDA DO USO DE IDIOMAS IBÉRICOS fixándonos especialmente NO CASO GALEGO.

Atoparemos ao autor do estudio/enquisa, Anxo Cardín, o cal contaranos nesa charla o seu proceso de investigación e que rematou coa interesante publicación.

O acto estará presentado polo noso amigo Manoel Da Costa.

NON PERDADES A OCASIÓN. Venres as oito da tarde no local de O Faiado da Memoria de Ravella, 27, 1º.
NON PERDAMOS A CAPACIDADE DE APRENDER.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 28-04-2023 09:02
28 de Abril do 2023, venres.

Subidas en PERSOAS RECORDADAS, FAMILIA é SAN ROQUE CAMPO DE BARRO.
En portada, un mozo baixo unha das porterias no campo da Lomba.
A seguir disfrutando do mes de Abril.
Bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-04-2023 08:40
Para Juana, bo dia

Esta de cumpreanos, todos os que a queremos lembramos a bonita infancia e adolescencia de aquela nena, filla unica da Virocha, patrimonio sentimental de unha Nai de aquelas que sempre formaran parte das nosas vidas.
Vai por Virocha e por Juana, FELIZ CUMPREANOS

Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-04-2023 08:13
27 de Abril do 2023, xoves

Subidas en OS VECIÑOS, A VILAGARCIA DE ONTE, RUBIANS.
En portada, Julio Perez, casado con Juanita Teijeiro, pai de Gelines, irman xemelo de Manuel. Julio, a o que a sua filla Gelines, sigue a botar de menos cada dia da sua vida.
Bueno, transcurrindo a seman, de moitisimo traballo para a xente do Faiado.
Bos dias, saude,
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-04-2023 07:52
O venres as oito da tarde

Unha das millores medicinas para o noso bienestar e estado de ánimo é ler un libro. O noso de hoxe preséntase no Faiado da Memoria o próximo venres día 28.

Aínda que non será unha presentación ao uso, senón unha charla sobre A PERDA DO USO DE IDIOMAS IBÉRICOS fixándonos especialmente NO CASO GALEGO.

Atoparemos ao autor do estudio/enquisa, Anxo Cardín, o cal contaranos nesa charla o seu proceso de investigación e que rematou coa interesante publicación.

O acto estará presentado polo noso amigo Manoel Da Costa.

NON PERDADES A OCASIÓN. Venres as oito da tarde no local de O Faiado da Memoria de Ravella, 27, 1º.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-04-2023 08:57
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0