O dia nove de Septembro temos a nosa viaxe pola Ria de Arousa, formas que ten O FAIADO DA MEMORIA de poñer en valor o noso patrimonio maritimo, historico. Poucas cousas no mundo con tanta belleza e grandeza como o noso mar.
Andamos co tempo bastante xusto para o que temos que facer de cara a o viaxe.
Forma pra despedir o vran e darlle a benvida o noso outono no que entramos de cheo as poucas datas da viaxe.
Esa tarde na Pobra do Caramiñal acto de memoria no Cine Elma, en colaboracion co Concello de Pobra, Comision da Memoria do Barbanza, Fundacion 10 de Marzo, Iniciativa Cidadan da Memoria Historica de Vilagarcia é O Faiado da Memoria.
Subidas na LOMBA, TASCAS CENTROS DE TRABALLO é O CASTRO.
En portada, cine Cervantes, anuncio da proxeccion da pelicula "Margarita Gautier", era antroido.
Pois a seguir disfrutando do vran. Bos dias, saude.
Subidas en Santa Lucia .
En portada, atletismo pola rua, estan a chegar a Praza de Ravella, vemos animando a Celso Callon, o muro propiedade da familia Otero que na actualidade son edificios.
Bos dias, moitisimo calor, imos ter precaucion.
Pra a viaxe a Salvora e Pobra do Caramiñal que faremos o dia nove de Septembro, sabado.
Viaxaremos nun catamaran da empresa Navia, como casi sempre, e andamos co tempo moi xusto para toda a burocracia e tramites que temos que facer.
Si queredes ir non deixar pasar mais tempo, chamade, e facilitades o numero do DNI é a data de nacemento, tramites para viaxar que solicitan os de Parques Nacionales.
O Custe do viaxe son vinte euros.
Subidas en TASCAS E CENTROS DE TRABALLO, é ATOPANDO DETALLES.
En portada Juan e a sua muller xunto a un dos seus fillos. Eles tiñan unha taberna no Carril moi centrica, a o caron da tienda de Amancia, da casa de Pepita e Julio é do antigo Gato Negro.
Remataron as festas, a vida continua, bos dias.
Nos sacude a noticia do pasamento de Jorge Andujar, el era unha persoa moi coñecida na Vilagarcia de sempre. Xa fai uns anos que formaba parte do grupo Arosa Bay, grupo musical que tanto exito esta a cosechar.
A familia de Jorge, a sua muller, fillos, irman, colaboradora do Faiado, enviamoslle o noso sentido pesame
Subidas en O CASTRO, TRABANCA BADIÑA E A TORRE, O CARRIL.
En portada, Luis Carlos é Manuel Angel Penide Perez, os dous fillos mais novos de Luisa e Marcelino, nunha fotografia na praia da Concha, atras vemos as casas pequenas e blancas, nun de eses espacios atopabase a Celtiga, pequena fabrica propiedade de un dos irmans Garcia Reboredo.
Hoxe rematan as festas de Vilagarcia, cumprese o mesmo ritual de todolos anos, bó final, a seguir disfrutando das boas temperaturas.
Bos dias.
Subidas en CREO EN DIOS PADRE.
En portada, antigua praia de Santa Lucia, logo A Marina, borrada do mapa polos recheos que se fixeron en toda a fachada maritima do noso pobo.
Bos dias, a seguir disfrutando de Vilagarcia.
Borja, Bruno e Raul de AROUSA MOZA, participantes do programa de Tele 5 REACCION EN CADENA, estiveron onte, atendendo a nosa invitacion no local do FAIADO DA MEMORIA, foron uns momentos moi agradables, nada protocolarios, conversacions en voz alta, con preguntas por parte da xente asistente, teñen un verdadeiro club de fans de todalas idades e procedencias.
De novo agradecemos a sua visita, son uns rapaces estupendos, a sua imaxen na tele beneficia a Vilagarcia, por aquelo de que non sempre o que se proxeta sexan imaxes da comisaria.
Graciñas rapaces, a seguir ganando.
Fotografia de Jose Luiz Oubiña