lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Data especial na vida de Ernesto e Isabel |
|
.jpg) As cinco da tarde, nunha ceremonia presidida por Julian Barrio, na Catedral de Santiago, ordenan (Xunto a outros compañeiros)Diacono a Ernesto Gomez Juanatey, unico fillo de Isabel Juanatey.
Pasan pola nosa cabeciña aquel neno, coñecemos a Ernesto desde que era un bebé, transcurrido o tempo vivimos de primeira man, o amor de Mercedes sua aboa por Ernesto, o levaba da man ao colexio a diario, o criou con moitisimo cariño, sempre os dous xuntiños.
Unha lembranza especial no dia de hoxe para Mercedes Lopez Martinez, sempre na memoria de todos, esta tarde presente no corazon da sua filla e neto.
O proximo paso na profesion e vocacion de Ernesto será a sua primeira misa, si se dan as circunstancias prometimos que os acompañariamos.
Unha aperta para Ernesto, Isabel e tamen para o tio Jesus Juanatey, que tivo unha parte importante na crianza de Ernesto.
|
|
|
|
Dia 3 de Xullo domingo. |
|
.jpg) Temos subidas en FAMILIA,é CORNAZO. Na portada igrexa dos Anxos, de Trabanca Sardiñeira, fai anos faciase cada 2 de Agosto, unha romeria, algun acto relixioso e verbena no nucleo poblacional e urbano de Trabanca Sardiñeira, celebrando a sua festa maior.
Saude e boas enerxias, bos dias |
|
|
|
Finou Eduardo Rubianes |
|
 Eduardo foi un neno privilexiado na Vilagarcia dos anos cincoenta, a sua nai Josefa Calvo, da familia Calvo de San Roque encargouse de que asi fose. Eduardo criouse na rua da Marina de unha familia moi apreciada.Pasado o tempo, botou unha man na loita contra a droga, creou unha asociacion, de nome ALBATROS, que sin dubida fixo unha labor.
A Loli a sua compañeira, a sua irman Maria Jose é a o resto da familia, enviamoslle unha aperta chea de sentimento polo pasamento de Eduardo.
|
|
|
|
Dia 2 de Xullo do 2022 |
|
.jpg) No dia de hoxe as subidas son todas en Cornazo, celebramos desde eiqui cos veciños dias de festa, na portada unha fotografia que nos leva as celebracions na parroquia de Cornazo a principios do seculo vinte.
Pois nada a ser felices e disfrutar das festas. |
|
|
|
1 de Xullo do 2022, venres |
|
 En Atopando Detalles, A Vilagarcia de Onte, en portada Sempre Emigrantes.
A portada ten relacion cas protestas que se estan a celebrar en todo o pais, contra o asesinato masivo de mozos novos que desexaban entrar na nosa casa pra rematar ca sua fame.
Xa sabedes, hoxe as sete,(Dezanove horas) na Praza de Galicia, concentracion de protesta contra esa policia marroqui que non se corta un pelo a o momento de quitar vidas.Salvaxes na nosa porta. Terrible, non se pode permitir.todos xuntos somos fortes.
Fotografia en Alemania de Emilio Berride na emigracion, nos anos sesenta, que por certo os nosos paisanos non sempre foron tratados como se deberia.
Bos dias, que teñamos capacidade pra sentir a solidaridade cos seres humans.Non podemos acostumbrarnos a ver corpos sin vida uns enriba de outros como animais salvaxes. NON PODEMOS.
Xa estamos en Xullo |
|
|
|
30 de Xuño do 2022, xoves |
|
.jpg) Hoxe rematamos o primeiro mes do vran, as subidas son en PERCURAS é INVESTIGACIONS, TASCAS E CENTROS DE TRABALLO, OS AMIGOS é BAILAMOS.
En portada Alfonso e Waldo Galban Rico con uns amigos que non recoñecemos
Recibimos positivamente o mes de Xullo, esperando que todo vaia ben e por favor dez grados arriba a temperatura.
Bos dias, Saude |
|
|
|
29 de Xuño do 2022, mercores |
|
.jpg) En Cornazo, Tendas e Centros de Traballo, en portada voda en Bamio, Conchita Vidal, é a sua nai Doña Concha, maestra de Vilaxoan lembrada por todos.
A ver si chega o vran de unha vez, o de verdade, sin frio.
Bos dias, saude |
|
|
|
28 de Xuño do 2022, martes |
|
.jpg) Subidas en FAMILIA é A LOMBA, en portada fotografia preciosa diante da vella Comandancia de Marina no Ramal.
En Galicia celebramos hoxe o 86 aniversario de aquela data en que aprobamos o Estatuto.
Bos dias, a respirar aire e pasalo ben. |
|
|
|
27 de Xuño do 2022, luns |
|
.jpg) En GAUDEAMUS IGITUR,SAN ROQUE, é TRADICCIONS, incluimos as subidas do dia.
En portada, unha imaxen pra o recordo, pra as lembranzas, O Cavadelo como era antes, o espacio da motora na actualidade o ocupa a comisaria de Vilagarcia é os xuzgados
Bos dias, feliz seman, toca traballar, un saudo. |
|
|
|
Cortegada é un bellezon |
|
.jpg) Nunca nos imos a recuperar das horas perdidas ou ganadas a vida durante o confinamento, pero si decimos que temos ganas de recuperar os espacios perdidos, sin visitar fai moito tempo, un de eses espacios e Cortegada, a casa dos nosos maiores, a illa dos soños rotos, das lembranzas familiares. No dia de hoxe visitamola con uns amigos que non a coñecian alguns de eles, por certo, quedaron maravillados ca sua belleza, non me extraña, esta impresionante, coidada con mimo, sempre é gratificante saber que está en boas mans.
O que poida que non deixe de visitala, merece a pena |
|
|
|
|
|
|
|
|