lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Perdoen as molestias


Estimados amigos, unha parte deste blog anda perdido polas terras de Teruel, alá por Aragón.
Ahí nese pobo que podedes ver máis arriba e que se chama Andorra (como a do principado pero non é o mesmo).

Non vos esforcedes en querer velo mar (ou a ría no seu defecto), pero aquí nin tiveron a necesidade de rellenalo para alonxalo das casas, xa estaba alonxado (uns 200 klómetros) cando fixeron a primeira. Nonsei e que estaban pensando.

O calor destrue as miña neuronas se é que me quedaba algunha pero consigo adiantar traballo colocando algún coentario. Vou mui despacio, pero é o que hai.

Que suerte sepasades frío ou, polo menos os chove, aquí só se pode sair de noite e beber...cervexa xa que a auga é inexistente.

Disfrutar do ben que estades e cando volva vamos a colocar máis fotos, prometido. Pero iso será a semán que ven.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-09-2009 10:24
O prometido sigue sendo deuda

Como pola mañán prometín máis fotos para esta tarde e como a tarde chegou, as fotos tamén.

Catro Galerías ven incrementadas os seus fondos. Son as A Vilagarcía de onte (6), Soan campás de voda (6), Os amigos (8) e Atopando detalles (11).

E agora faremos un alto para asistir a homenxe do noso querido Pepe Rubianes (que a pesares do apelido era de Vilaxoán) e a volta se un non está moi canso pois ainda pode ser que suba algunha mais.

Todo tendo en conta de que estaredes uns días sen min. Ai, ¿quen actualizará os comentarios?. Pois tamén espero que alá, naqueles pobos do baixo Aragón haia unha conexión a rede e poida estar en contacto con vos.

De momento disfrutar co que acabamos de subir.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 02-09-2009 20:06
A Laxe estrea galería

O barrio de a Laxe inaugura unha nova Galería neste voso blog. Poco a pouco intentaremos facer crecer e engadir os distintos barrios e parroquias de Vilagarcía.

Ademais ingresaronse sete novas fotografías nas galerías de Dando a nota (4) e Personas recordadas (3).

E pola tarde prometo meter máis xa que a partir de mañán o elemento viaxeiro de o Faiado vai a estar fora deste país, exactamente estará dando tumbos por Aragón, a pasar calor ou coller inundacións. Ese país ten uns contrastes acentuadísimos.

De momento disfruten con esta nova subida.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 02-09-2009 14:03
Pouco a pouco subindo

Estamos rotos de escanear tanta fotografía nestes días. ¡e as que quedan!.

Pero ainda así vamos a ir subindo algunhas das fotografías que temos preparadas desde fai uns días pero non atopábamos tempo para poder facelo.

De momento non son moitas, 14 exactamente. 10 na galería de Gaudeamus igitur e catro na de Dando a nota.

Esperamos ter subido o resto mañán para que podades contemplar, non só as últimas escaneadas, senón as moitas que hai desde o principio e que non se poidero engadir todavía.

Coas prisas pode ser que haia algún fallo pero irá resolvéndose. De momento só nos interesaba subir despois da sequía dos últimos días.

Por outro lado estamos buscando un proxector de super 8 xa que os que tíñamos cedidos quixeron non funcionar adecuadamente. Temos unha boa cantidade de películas e non podemos facelo por a falta deste aparato. ¿Hai algún dos presentes que o teña pola casa? (e que funcione, claro). Rógase encarecidamente.

Que disfruten
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 01-09-2009 22:45
Novas achegas do correo electrónico

O correo electrónico está a ser un elemento importante para realizar achegas o Arquivo Social da Memoria. Non hai día en que non nos chegue algunha fotografía por ese medio.

Como non nas temos que manipular demasiado son as que acaban subindo máis rápido a rede pero (sempre hai un) recomendamos a todos e todas que, por favor, as envíen coa máxima resolución posible e procurando dar a máxima información posible sobre elas. Se poñen algo pola parte posterior (datas, fotógrafo, adicatorias, textos, etc) incluilo no texto do correo para que podamos dar detalles sobre a mesma.

De tódalas formas lembrar que dispoñemos de equipo de escaneado para realizar esa función e que as podemos realizar na casa dos donantes, ou levalas para devolvelas posteriormente ou ben pódense traer o noso localito na Concellería de Cultura (Auditorio de Vilagarcía, segundo andar). De paso que vades por alí podedes ver no hall de entrada a concellería a primeira exposición que montamos: Vilagarcía, imaxes da memoria, exposta alí de forma, máis ou menos, permanente.

Hoxe, sábado, a espera de ir a velo combate naval que o noso xefe nos ten preparado na Concha, e minutos antes de ir de compras ó Mercadona (porque ainda que nos pasamos o tempo diante deste trebello con teclas, tamén comemos), danos tempo de subir 12 destas fotos chegadas por internet. Cinco delas van a esa Galería, Chegaron por correo...electrónico, e as outras sete van a Galería de Gaudeamus Igitur.

Que as disfrutedes que nos xa o fixemos, especialmente co carriño dos xeados xa que con estes calores apetécennos.
Comentarios (5) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 22-08-2009 20:06
Invitación a un blog amigo


Tan amigo é que tamé é noso.

É o suplemento de actualidade deste voso Faiado da Memoria.

O nome que lle puxemos é o de O Paseante porque, a verdade, é de que se trata dun tipo que anda pola Vilagarcía adiante retratando cousas que lle chaman a atención ou actividades que se van desenvolvendo pola cidade, ou sucesos, ou tonterías,... cousas en fin que o collen cunha cámara na man e tempo para facer un click ou centos deles.

Para pasar o tempo comenza cunha serie de fotografías sobre o acto vandálico que botou por terra parte do cargamento de cebada que levaba o tren que estaba parado nas vías do Ramal e outra serie sobre a festa da auga do San Roque.

Non ten que ver con este blog en tanto as fotografías son do presente, ainda que xa non o son tanto pois os días xa foron pasando e dentro de trinta anos estas xa serán o pasado noso e o presente dos "meus" bisnetos, se os chego a ter (non digo dos vosos non vaia a ser que xa os teñades).

Bueno, que o disfrutedes tanto como o facedes con este.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2009 19:17
Repercusións na prensa e colexio León XIII

Nestes enlaces vades a ter información da repercusión na prensa da rolda de prensa sobre a presentación da exposición unha década de historias, os 60 nos comercios de Vilagarcía.

Diario de Arousa

Voz de Galicia:

Faro de Vigo


Tamén podedes ver unha nova subida de imaxes a Galería Gaudeamus Igitur. Trátanse de 17 fotografías do colexio de O Castro, León XIII, enviadas vía internet por Daniel Garrido que esperamos nos detalle cada unha cos seus comentarios.

Ademais tamén subimos unha coleción de imaxes que vos queremos mostrar. Non coñecemos as personas que están retratadas nelas, como tampouco o sabe a persona donadora, pero pola beleza do álbum non nos poidemos resistir a que as disfrutedes nos vosos fogares... e se sona a flauta... pois quedan identificados. Según as datas que figuran nalgunhas das fotos van desde o 1891 a 1920. Podedes atopalas na Galería Vamos a retratarnos e son 8 retratos co seu marco correspondente.

Disfruten destas historias.
Comentarios (4) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 20-08-2009 12:17
Unhas cuantas máis


Como continuamos de festa pola capital da ría de Arousa, seguimos subindo unhas cuantas fotos a esta nova Galería que abrimos esta mañán, Chegaron por correo...electrónico.

Son un total de nove novas fotos.

Esperamos que as disfruten e os que anden de festa pola vila que a disfruten de igual maneira.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 19-08-2009 22:35
Inauguración oficial

As doce e media da mañán e con presenza dos medios de comunicación do Salnés tivo lugar, diante do comercio Santa Rita, a inauguración oficial da saida a rúa da exposición unha década de historias, os 60.

O Concelleiro de Cultura, Xosé castro Ratón e a presidenta do Centro Comercial Aberto "Zona Aberta", Rocío Louzán Blanco foron os encargados de tomar a palabra para dar a coñecer este evento. Na foto posan xunto a Jorge Costa Lourido de Santa Rita.

Repartiuse polos distintos comercios participantes un folleto explicativo do roteiro que se pode percorrer para seguila exposición.

Compre decir que no post anterior comunicábamos dun dos locais no que estaba un dos paneis (concretamente o referente a novas músicas) e agora, o panel, variou de establecemento debido a problemas de exhibición. Anteriormente era en "Para El", en Xeneral Pardiñas e agora está na rúa Castelao, 12, no establecemento "Lacoste" xusto enfrente os outros dos paneis de "calzados Yosu" e "Xoguetería Codi".

Como case se trata dun festivo, para nós, vamos a celebralo subindo unhas cantas fotografías. En primeiro lugar vamos a abrir unha Galería nova que se vai a encargar de recoller todas aquelas fotografías que nos van chegando por correo electrónico. Leva a denominación de "Chegaron por correo...electrónico" e, de principio, empeza con 25 imaxes.

Esperemos que as disfruten.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 19-08-2009 13:57
UNHA DÉCADA DE HISTORIAS está na rúa
Xa está na rúa a exposición Unha década de historias, os 60.


A Concellería de Cultura (Arqivos Social da Memoria) en colaboración co centro comercial aberto Zona Aberta instalaou en 9 comercios de Vilagarcía os dez paneis e o vídeo que conforman esta exposición e que estivo hasta o pasado 31 de xullo exposta no Auditorio Vilagarcián.


Clicando neste enlace podemos facer un percorrido virtual por todos eles.


Este recorrido pola Vilagarcía dos sesenta está pensado como un roteiro que podemos facer dun só viaxe, comenzando na rúa Rey Daviña, atravesando a praza de Galicia para dirixirnos pola rúa Covadonga, torcer a dereita pola de xeneral Pardiñas (a parada de taxis) coller a esquerda pola rúa Castelao, e despois de ver os paneis desta rúa atallar hacia a praza de España a través das galerías do casino, e tras pasar pola devandita praza dirixirnos a de Arzobispo Andrade que está o ladiño onde rematamos este roteiro da memoria.


Se o percorrido o facemos o revés, na derradeira etapa, en Rey Daviña, hai un fabuloso banco de pedra diante de onde está exposto o vídeo que cada 30 minutos nos está ofrecendo 200 fotografías cos vosos recordos.


Vamos, un museo urbano para deleitarnos o mesmo empo que paseamos e agora que estamos en festas que mellor.


Que disfruten...non coa visita virtual (que tamén) senón coa visita real e de paso facer unhas compras xa que estamos de rebaixas e en tempos de crisis o que hai que mover é o diñeiro para que esta se desactive.
Comentarios (3) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 14-08-2009 19:18
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0