lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cando os Zeppelentinianos daban lustre a Vilagarcia |
|
Traemos hoxe un exemplar da afamada e nunca sufecentemente ben ponderada "Orden del Zeppelentín", o "Valentín Tribune", decano da prensa caballeresca.
Trátase do número catro de tan insigne organo oficial que relata, coa súa modestia natural, as xestas heroicas e avatares dos zeppelentinos e incluso, con reservas, das zeppelentinas.
Alí podemos ler a botadura e posterior singladura do sumarinintín alá polas Malveiras, para maior gloria da orde e coa promesa de non queimala de novo, as xustas de Oca, as votacións democráticas dentro da Orde o que non era moco de pavo tendo en conta de que estamos en 1971 e iso de votar non che era moi ben visto por estes lares, nin por outros lares, e outras andanzas que se recopilan nestas oito paxinas de humor neosurrealista-postpousadoiro.
Extractamos un extracto que eles extractan dun escrito realizado, supostamente, por Ramón Taboada na prensa precapitalina da época e que fala da Orde: "los motivos que reunen a los zeppelentianos tienen la trascendencia de lo informal y el sano concepto humorístico en la interpretación de estereotipados convencionalismos...es un movimiento liberatorio que sienta muy bien a la salud pública y proporciona una terapéutica al tratamiento de las coronarias".
AHÍ ES NÁ!!
Clicando aquí mesmo, e seguindo os pasos habituais, poderedes baixar o pdf deste número catro e posteriormente xa iremos proporcionando outros números sen seguir ningún orden nen raciocinio. Vamos, según nos veña ben.
Esperamos facer unha galería co material que consigamos desta orde xa que sabemos que é abundante e interesante e tendo en conta de que boa parte dos membros da orde son asiduos (ou intermitentes) de O Faiado os comentarios das súas andanzas poden ser de todo menos aburridos.
A donación desta publicación foi realizada por Francisco Javier Silva (a quen SanValentinín lle conceda un credito de moitos anos de vida (boa)).
Disfruten e fáganolo saber.
Gracias. |
|
|
|
Como un regalo de reis |
|
 Cando nos levantamos dímonos conta de que os reis non nos trouxeran nada. ¡Nin carbóns! que tal como vai o inverno sería un detalle pola súa parte.
Isto nos leva a non crer neles. O mellor é que estaban esgotados de toda un día indo de cabalgata en cabalgata repartindo caramelos a mansalva e logo, pola noite, a seguir traballando co reparto. Sabemos de algunha casa que incluso levou cousas co sello de "o Faiado...". Que detallosos. ¿E a nos?. Xa, xa sei que non enviamos a carta pero é que estabamos traballando, pero bueno, é o que hai.
Pero sen embargo a falta diso nos decidimos facer un pequeno agasallo subindo unhas pouquiñas fotos.
Estas estan nas galerías de O Carril, Familia e Terra de Artistas (con maiúscula).
Disfrutade e lembrar de que estamos a recoller os materiais para a exposición sobre a escola que realizaremos a mediados de marzo. Xa, queda moito para alá pero esperamos ter todo o material etiquetado e almacenado neste mes de xaneiro (e xa non queda moito para que remate).
Gracias. |
|
|
|
O Arosa tamén é parte da nosa memoria |
|
O son forma parte tamén da nosa memoria. Con ese motivo realizamos o espectáculo "...coa axuda dos meus amigos", un reencontro visual e emocional pero tamén, e moi importante para nos, era a recuperación daquel sonido do que non había nada gravado. Por iso dispuxemos a súa gravación sonora e visual que pronto poderedes contemplar vos mesmos.
Hoxe é outra cousa a que vos queremos amosar.
Aproveitando a retrasmisión dos sete últimos minutos do partido de ascenso a segunda B entre o Olot de Girona e o Arousa s.c. realizados por radio arousa, na voz de Felipe Suárez, alá polos inicios dos anos oitenta, facemos un percorrido visual polo equipo vilagarcían a través das fotografías que nos déchedes e algunhas do fondo da entidade deportiva.
O resultado do choque no partido de ida celebrado no estadio de A Lomba fora de 2-0 a favor do Arousa, polo que o equipo vilagarcián ía cunha lixeira ventaxa no seu desplazamento a Cataluña. Pero os poucos minutos de comenzar o encontro os de Olot marcaban un gol que cae como un xerro de auga fría sobre os nosos. Quedaban por diante case os noventa minutos do encontro. Aquí está a emoción do remate do encontro a espera de si o Olot logra empatar o encontro (ou de superalo que tamén podería ser) ou si os de Vilagarcía consiguen resistir e ascender a segunda B.
Pasen e vexan, escoiten e disfruten.
|
|
|
|
Vai polo ANO NOVO!! |
|
 Despedimos este ano 2009 cunha subida de fotografías para entrar con bo pé neste dous mil dez onde cumpriremos o noso primeiro aniño na rede.
Bueno, con bo pé e estilo, como se marca Cheka na matanza do porco: con corbata. Ante todo glamour.
A subida consta de catro galerías: Outra maneira de vivir (4), Familia (3), Atopando detalles (2) e Personas recordadas (2).
Disfruten...pero con moderación. |
|
|
|
Chegadas por internet |
|
 Engadimos tres fotos que nos acaban de chegar por correo electrónico. Están enviadas por Manuel Rey desde Barcelona, unha das personas que nos ven desde a emigración (35 anos na cidade condal).
Aproveitamos a ocasión para lembrar de que nos envíos a través de internet debemos por a resolución do arquivo o suficentemente alto (depende do tamaño da foto pero o mínimo de 600 p.p.p) para que, aparte da súa utilización dentro do blog, podamos gardala no noso arquivo municipal.
Non é difícil, so hai que velas instruccións do escáner que teñamos.
As fotografías atópanse na galería Chegaron por correo...electrónico.
Disfuten. |
|
|
|
DISFRUTADE DO NADAL COA SEGUNDA PARTE DA SUBIDA |
|

Cando rematedes de dixerir os turróns, pavo, polvoróns, champán, bacallao e outras ricuras que nos proporciana a terra e nos pode proporcionar tamén un boa dor de estómago podedes intentar alivialo non cun alka-selzer nin un almax, o mellor remedio é un bo disfrute diante do ordenador.
Para iso tivemos a ben pasarnos todo este día diante deste trebello para poder ofreceros este infalible remedio que reconforta alma e cerebro e masaxea docemente o noso corazón.
Non é unha subida normal,É UNHA SUBIDA DE NADAL!. Son 104 fotografías que fan un percorrido por boa parte das galerías do noso/voso blog.
Estas están distribuidas por: Amores (3), Familia (7), Traballando duro (6), Sempre emigrantes (3), Bailamos? (2), A Vilagarcía de onte (17), Atopando detalles> (3), Lobos de mar (2), O Carril (10), Os deportes chegaron coa escuadra> (3), Outra maneira de vivir (6), Posando (16), Primeiras comunións (5), Soan campás de voda (6), Tradicións nosas, festas e actos (12) e Vamos a retratarnos (3).
E como despois disto é bo tomar un descanso, gañado a pulso, iso si, pois nos vamos de cena.
¡Que aproveite a todos!, tanto polas fotografías como polas cenas.
Disfruten. |
|
|
|
SEGUIMOS SUBINDO MEMORIA |
|
Xa comenzamos a preparar unha nova exposición. Como xa anunciamos mais abaixo tratará sobre a Escola en Vilagarcía. A galería de Gaudeamus Igitur da boa mostra do material fotográfico existente, pero queremos ampliar isto o mais posible e xa estamos a buscar obxetos utilizados nas distintas escolas que hai e/ou houbo nesta vila.
A forma é o de sempre: recorrelas casas. E así comenzan a xurdir libros, uniformes, lapiceiros, tinteiros, labores, etc que van a facer que esta exposición, que se prepara para a segunda quincena de marzo, sexa algo digno de ser vista.
Pero toda aportación é pouca por iso quedamos abertos a toda participación. O noso correos e os teléfonos están abertos para as aportacións. Loxicamente serán devoltos unha vez finalize a exposición na metade de abril.
Se contamos con presuposto esperamos realizar un pequeno catálogo co material exhibido e historias contadas por tod@s vos. Algunhas sacarémolas deste blog, do que xa nos tedes contado, pero se alguén nos quere contar historias novas, anécdotas ou suxerencias rogaríamos que no lo fixéxedes saber a través do correo electrónico. Contestaremos a todo o mundo.
Pero iso é o futuro, o presente é esta nova subida fotográfica que estamos a realizar. É para que passedes unhas navidades de lembranzas e para que desconxestionedes o estómago despois de tódalas papatorias que faredes estes días co fin de alonxar de nos esta crisis que nos devoran. E ista subida non é mais que a primeira parte.
As fotografías están mais distribuidas que a pedrea do gordo de navidad (que para nos foi bastante escuálido). 11 fotografías están na galería de Traballando duro, 1 en Amores, outra en Atopando detalles. Tamén con unha atopámolas nas galerías de Gaudeamus igitur, De bares, Primeiras comunións e Soan campás de voda. Con 2 en Bailamos?, con 4 nas de Os deportes chegaron coa escuadra, Outra maneira de vivir, Sempre emigrantes e Tradicións nosas, festas e actos. En Vilaxoán, 5, Familia, 6 e por último O Carril con sete.
De momento iso é todo o que podemos contar. Utilizalos atallos que se consiguen clicando enriba dos nomes das galerías para ir rápido hasta elas e ir facendo os comentarios sobre esas. Con respeto o tema dos comentarios estamos a traballar para ver como o podemos arreglar para que todo funcione mellor pero iso vai a ser entrado o ano novo. Non pensedes (os que non escribides, de que os demais deixaron de escribir, o que pasa é que poucos deciden colocar o aviso de que colocaron un texto no espazo que fixemos para "auto.actualización...". Polo demais os comentarios siguen chegando a un ritmo normal e se cabe ben interesantes.
Esperamos que disfruten con esta primeira subida de nadal. Nos temos que sair a comprar os manxares cos que vamos a alegrar o corpo no día de mañán. Espero que nos tiveran deixado algo e que tamén disfruten nestes días cos seus. Aproveiten para espallar o blog. Cachislá, parezo un telepredicador.
BO NADAL e QUE O ANO QUE VEN NOS TRAIA HISTORIAS QUE NOS FAGAN FELICES (a poder ser mais do que xa o somos. Isto é avaricia, non?) |
|
|
|
Mais fotos, segunda cea e outras novas |
|
 Este fin de semana estamos de escaneo. Dentro de pouco teremos material novo que vamos a ir ofrecendo. Isto non nos impide ir subindo algunha cousa entre medias.
Comenzamos con catro galerías: Familia (1), Gaudeamus igitur (2), Personas recordadas (2), Familia (3).
Por outro lado, no blog paralelo de O Paseante, temos engadido fotografías da segunda cea de O Faiado da Memoria e vídeos das actuacións e do banquete (están subíndose pouco a pouco xa que tardan unha media de oito horas en subirse) aparte tamén subíronse fotografías da gala que distintas personas fóronnos enviando.
Tamén vos informamos de que a recaudación da gala "...coa axuda dos meus amigos", e unha vez descontados uns gastos extras, quedaron un total de 600 ?uros que van a ser entregados a asociación de tratamento do autismo, BATA, unha organización sen ánimo de lucro e que desenvolve servizos e programas orientados as personas con T.E.A. (trastornos do espectro autista) e as súas familias.
Por último queremos informarvos de que a principios de ano, nos primeiros días de xaneiro, vamos a colaborar coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información (esa oficina que está na de Corbatilla) para elaborar unha serie de gravacións sobre o tema xenérico da escola. Por un lado necesitamos a vosa colaboración para virnos a contar historias que teñan relación coas vosas vivencias nas distintas escolas de Vilagarcía (anécdotas, profesores, centros, estudios, etc.) e a outros poden interesarlles o aprendizaxe das ferramentas de edición. O material recollido vai a utilizarse para realizar unha exposición sobre a escola que pretendemos realizar no primeiro trimestre de 2010 e que contaremos cunha recreación dunha escola gracias a colaboración do MUseo PEdagóxico de GAlicia. Seguiremos informando desta actividade pero o que queira pode pasar polo centro de corbatilla. |
|
|
|
UNHA HISTORIA DE GONDOMAR |
|
 Queda algo lonxe de Vilagarcía. Pero é o pobo de Antonio. El coñece a historia de todos e quere deixar constancia da súa.
E que non quere xogar con desventaxa.
E unha forma de contala desde unha óptica dos seus tempos de infancia sen abrirse demasiado que xa é ancho de por si.
Podedes vela e leela só con tocar esta ligazón tan larga como as barras de pan que carrexaba o Antonio, o seu pai.
Disfrutade mentres seguimos subindo fotografías o paseante relacionadas co festival. E pronto moitas mais que van a aparecer neste o Noso Faiado da Memoria nestes días |
|
|
|
Seguimos co noso traballo habitual |
|

Volvemos as nosas tarefas habituais, o de escudriñar nos fondos visuais da nosa vila.
Vamos a ir subindo con contagotas as fotografías (a veces non tan a contagotas) e, o máis importante, a seguir indo polas casas a buscar e escanear que é a nosa principal función.
Aquí podedes ver a última actualización que responde as galerías de Outra maneira de vivir (4 fotos), O Carril (1) e Dando a nota (7 fotografías).
Non vos entretemos mais e podedes seguir disfrutando deste blog. |
|
|
|
|
|
|
|
|