lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Fotos da gala do "Arousán do ano"
Son fotos feitas por nós nunha rápida pasada polo auditorio antes e que comenzase o acto. Son poucas posto que non se pode estar na misa e o mesmo tempo repenicar as campás (ainda que podíamos intentalo) pero volas deixamos no Paseante para que podades disfrutar delas.

Premer aquí e chegaredes axiña.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-03-2010 02:59
ENHORABOA!!!!

Non poidemos dalas gracias en directo ainda que non era iso precisamente o que queríaos decir, senón, mais ben darvos a enhoraboa. Enhoraboa porque desde hoxe e por obra e gracia do periódico de o "Diario de Arousa" xa sodes "AROUSÁNS DO ANO".

Si, na gala que hoxe, sábado 13 de marzo, se celebrou no Auditorio de Vilagarcía (de momento o lugar da nosa sede oficial) o Faiado da Memoria recibía ese galardón. Ainda que o escenario subiron eses dous personaxes que exercen de rectores e son a avanzadilla armada (de fotografías) deste voso blog, a distinción, realmente, vos pertenece a todos e todas. Porque ¿que sería o faiado sen a aportacón gráfica e escrita vosa?. NADA. Polo tanto hoxe todos tedes un cacho dese premio. Hoxe, levantarédevos (algúns vos acostaredes) sendo un, ou unha, AROUSÁN do ANO, ou do decenio, ou do século. Mais grande se cabe, mais vilagarcián que nunca. Hoxe, este espazo de conectividade tamén é un espazo de contacto físico, de ledicia.

Pero, ademáis, cabenos o gusto de que un dos cen invitados a quen chamamos para que compartisen ese momento con nos foi un dos agraciado con un das dúas viaxes que se sorteaban. Neste caso a Punta Cana, na República Dominicana e a agraciada foi... ¡TACHAAAAN!... María Dolores Mariño a cal non collía de si da alegría que tiña. "Nunca me tocara nada", dicía. E lucía o cheque da viaxe como podedes ver na fotografía que encabeza este texto.

Todos, pois, debemos estar contentos e enchidos por todo isto que conseguimos en pouco tempo, pero moi intenso.

Mañán, cando teñamos baixado do sétimo ceo, mostrarémovos unhas fotos que lles fixemos a algúns dos nosos amigos e amigas que nos fixeron compañía neste momento gozoso.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-03-2010 00:55
INAUGURACIÓN exposición
No blog paralelo de "O PASEANTE" acaban de subirse 28 fotografías da inauguración, o martes día 9, da exposición "A ESCOLA EN VILAGARCÍA" así como outro apartado no que se mostran diferentes aspectos da mostra.

Para acceder a elas nada máis fácil que premer aquí mesmo.

E non vos esquenzades de pasar por alí e contemplar con calma tódolos elementos que hai na mesma e logo, deixar algún comentario na libreta posta para esa función.

Disfrutade.

E o sábado gran gala do Diario de Arousa, aconsellámovos que vaiades por alí. As invitacións podedes pedilas no propio diario na súa sede da praza de Galicia (esa que antigamente se coñecía pola de "o Obelisco").
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-03-2010 19:26
Unhas fotos novas mentres esperades a exposición

Si, é un aperitivo, unha forma de pasar un momento tranquilo mentres estades a esperar o comenzo, o martes as oito e media, da inauguración da exposición, como poderedes ler no post anterior.

Esta vez é unha subida pequena pero interesante.

Trátase de 24 fotografías xa tituladas e comentadas (todo un luxo) e iso a pesares do stress que estamos a padecer a causa dos preparativos exposicionais (canto sufrimento pasamos).

Están colocadas nas galerías de A Vilagarcía de onte (4), Familia (2), Os deportes chegaron coa escuadra (7), Os amigos (4), Outra maneira de vivir (1), Posando (1), Personas recordadas (1), Soan campás de voda (1), Tradicións nosas, festas e actos (2) e vamos a retratarnos (1).

Agora é o momento de disfrutar.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-03-2010 22:04
A ESCOLA EN VILAGARCÍA

Ola,

levábamos uns días en que non engadíamos unha cantidade de fotografías considerable (posto que algunha foron subíndose sen dar publicidade, era en plan sorpresa) pero, ¿porqué?.

A resposta a esta pregunta terá lugar o martes día 9 de marzo as oito e media da tarde/noite (depende se para aquela xa se meteu o sol ou non).

Unha nova exposición cun elemento temático de fondo: A ESCOLA EN VILAGARCÍA.

Alí van a estar as imaxes das Filipenses, as Franciscanas, o Instituto Laboral, Rubiáns, Castrogudín, Bamio, o Concepción Arenal, o León XIII, e moito mais. Imaxes e obxetos. Libros, labores, material de apoio, ...

E unha pequena aula cunha serie de pupitres representativos dos que se usaban fai uns anos, tanto por nós (os da "idade media")como dos nosos pais.

Esa imaxe que acompaña a este aviso é o cartel da exposición e que pronto estará na rúa ainda que nunha cantidade pequena xa que nos coidamos e apoiamos mais este sistema de difusión e a vosa capacidade para transmitir as noticias de "boca a orella" e de correo electrónico en correo electrónico.

A maiores a mostra vai contar cuns vídeos realizados nas últimas semanas polos alumnos da rede de dinamización en Vilagarcían e na que se relatan diversas historias en relación coa escola vilagarcián.

Non é preciso que vaia todo o mundo a presentación (mais de catrocentas personas colapsan o espazo :D ) pero lembrar que a expo SÓ dura até o 27 deste mes de marzo.

Na Voz de Galicia (pulsar aquí e xa vai directo) podedes ler o primeiro artigo que sobre este tema se están a escribir.

Esperámosvos a todos e disfrutade
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2010 16:28
O NÚMERO DOUS DO VALENTÍN TRIBUNE

Ainda que pareza a mesma imaxe da que xa puxemos anteriormente, con motivo da presentación do número catro, non é así.

Esta portada corresponde o número dous do Decano da Prensa Caballeresca na súa edición "carnavalera".

O grandioso Valentín Tribune.

Estamos no ano 1971, nos días exactos da botadura e singladura do Submarinentín que podedes ver no vídeo que está mais abaixo ou mesmo na galería reservada para os temas audiovisuais.

Esta edición está chea de noticias mais ou menos certas e incluso falsas de todo. A calidade deixa un tanto que desexar pero, de momento, é o que che hai. Maloserá que non consigamos copias mellores que podamos cambiar por esta dentro de pouco.

Para baixala só teredes que premer aquí e seguilo procedemento habitual ao que estades, pola gran cantidade de baixadas, moi habituados.

Que vostedes o disfruten.
Comentarios (0) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 08-02-2010 23:23
ZONA DE DESCARGAS
A partires de agora, na parte esquerda da pantalla deste blog, tedes un novo espazo que se chama ZONA DE DESCARGAS.

Alí van a ir a parar os distintos arquivos que podedes baixar do blog, ben os que xa están nestes momentos (historia dos trompos, apropósitos, Carús, Valentín Tribune,...) como os que se vaian engadindo a partires de agora.


Gracias e disfrutade.
Comentarios (2) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 08-02-2010 15:58
O SUBMARINENTÍN ZEPPELENTIANO
Seguindo cos capítulos adicados a Orde do Zeppelentín traemos hoxe unha gravación sacada dos mais profundos e negros arquivos do cesid.

Trátase da posta en marcha do segundo enxeño realizado polos zeppelentianos: O submarinentín. O buque insignia da orde vilagarciana.

Un submarino chamado a suceder o nautilus que anos antes fixera a súa viaxe baixo o casquete polar.

O submarinentín logrou, con éxito, permanecer varios días baixo as augas arousáns. E alí seguiría hasta hoxe si non o foran a buscar.

Todo un fito da puxante inxeñería zeppelentiana.

Queda aquí esta testemuña visual daquela historia tan colosal.

Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 06-02-2010 01:06
E AQUÍ ESTÁ O REGALIÑO!!
Da man de Tino Silva, que xa aportou unha boa cantidade de fotos o Faiado e do que esperamos ainda moitas máis, chega a nos este anaco de película que datamos nos anos 30 do pasado século na praia Compostela.

As imaxes son preciosas e con moita calidade para ser unha gravación doméstica, posiblemente en 16 milímetros ou Patte Baby.

Algunha das personas están identificadas pero esperamos que vos aportedes datos e, especialmente, para saber quenes poderán ser eses nenos pequenos que ainda poderían estar vivos a día de hoxe.

A música que se escoita de acompañamento non é unha calquera, senón que está feita expresamente para este anaco de memoria. ¿Por quen?. Sentímolo pero non nos está permitido decírvolo, pero como somos uns cotillas (de feito adicámonos a escudriñar nas vosas lembranzas) non nos podemos resistir... ¿que?, ¿como dices, Juan?, ¿Que non podo decilo teu nome?. Pois punto-pelota. Non o digo.

Pero é mellor deixar de ler e e que vos poñades a ver este cachiño de vida na praia Compostela.

Disfrutade deste regalo de aniversario.

Comentarios (15) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 03-02-2010 21:34
E QUE CUMPLADES MOITOS MAIS!!

Coido que é o momento de soplar. Soplar no bo sentido da palabra, non nun figurado. Eu refírome o feito de botar aire con forza pola boca co fin de apagala nosa vela.

Ahí está, colocada no medio da, daquela, Praza da República, recén inaugurada.

Este é o noso/voso cumpleanos. Nos só nos dedicamos a recoller, catalogar e subir fotografías este blog. Pero se non fose por vos, permitíndonos, nun principio, entrar nos vosos fogares, rebuscar nos vosos recordos, donalos para podelos compartir... Sen vos isto non sería mais que papel mollado. Un blog sen sustancia. Un arquivo sen contidos. Por iso este tamén é voso aniversario.

E como regalo de aniversario queríamos colocar aquí unha pequena película da praia de Compostela nos anos 30. Pero a tecnoloxía estase a pelexar con nos no día de hoxe. Pero non desistimos e esperamos que o longo desta xornada podamos retirar parte deste comentario e colocar ese anaco en movimento da nosa historia.

Permanecede atentos a esta vosa pantalla.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-02-2010 18:16
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0