Abrimos hoxe, 19 de xuño de 2010, unha nova Galería que terá representación tanto neste blog como no do Paseante.
Trátase de facer unha homenaxe a unha das personas máis queridas da Vilagarcía contemporánea: o Doutor José Moreira Casal.
No día de hoxe a corporación en pleno nomeou o insigne Doutor como fillo predilecto de Vilagarcía a título póstumo, feito este que chega moi tarde pero xa se di aquilo de que "nunca é tarde se a dita eé boa" e nesas estamos.
No blog do Faiado poderemos ver fotografías da súa vida e no de O Paseante información gráfica e audiovisual sobre o nomeamento. Premendo aquí accedemos a Galería de O Faiado e se o facemos aquí a de O Paseante.
Tamén hoxe en La Voz de Galicia, o periodista Serxio González na súa crónica de O Faiado da Memoria fai unha fermosa lembranza do homenaxeado que poderedes leer premendo aquí.
Serxio González, tamén na Voz de Galicia, fai unha reseña ampliando a información dada por el mesmo o día anterior. Hai que constatar aquí un erro de imprenta o colarse a data do ano 1994 cando realmente tiña que por 1944. Pero é o de menos.
Queridas amigas e amigos, ainda que non é laboura deste blog e por iso este post será borrado a partires do mércores, vamos a informaros que o próximo martes, 22 de xuño, as seis e media da tarde, vamos a estar (de corpos presentes) no salón de actos da biblioteca da Universidad Complutense de Madrid, na rúa Noviciado, 3 (Tfnos.: 913946642 - 913946612 - Fax: 913946599. Correo electrónico: bucpifoa@buc.ucm.es) para presentar o documental, dirixido por Antonio, "Aillados".
O documental, que foi comenzado fai a friolera de moitos anos (sobre o 1986) e, definitivamente, rematado no ano 2001, relata a historia dos presos que foron confinados na illa de San Simón durante o tempo da guerra civil. Esta historia está contada polos propios presos o que lle da un carácter de testemuño especial.
Aquí podedes ver un resumo/avance do documental:
Xa o sabedes, os que vivades por Madrid, ou aledaños, estades convidados a pasaros pola biblioteca Marqués de Valdecillas donde podemos disfrutar coa vosa compañía. E falar e falar.
Un fin de semana máis e novas fotos incorporadas ó noso blog (xa, xa sei que é voso, de todos, pero era para recortar palabras e o final escribo mais das que pensaba aforrar).
Supoño que non está mal. Margarita está botando fume despois deste intenso traballo ainda que sigue colocando textos as fotos mentras eu vou colocando esta información e que vos poidades ter acceso canto antes a estes novos tesouros.
Tamén os colocamos este enlace de La Voz de Galicia que, hoxe domingo, 6 de xuño de 2010 (isto poñoo para aqueles que lean isto dentro de 10 anos), onde sae un artigo escrito por Antonio Garrido sobre as corridas de touros no salnes. Os membros do Faiado non estamos a favor, nin nos gusta, este espectáculo pero somos conscentes de que hai xente o outro lado do ordenador, como Monchito Paredes ou Teo Petinal, que si lles interesa. Hai unha foto nese artigo que é do Faiado e que xa se usou noutro artigo do mesmo diario. Foi unha pena que non nos deran aviso que lles pasaríamos unhas imaxes preciosas de pepehillo nas súas correrías vilagarcianas.
Amigas e amigos, esperamos que disfruten con esta nova subida.
Ola amigos e amigas, aquí estamos traballando duro, algunha máis que outro, pero acompaño no sufrimento.
Margarita está traballando moi duro na preparación da exposición de O Carril (que ainda non ten nome, polo que se aceptan suxerencias) e a este paso non vai haber espazo no Gato Negro para colocar tanto panel. E iso sen ter en conta a crisis que está facendo de que hai que achicar gastos e os menos importantes deben de ser estes.
pero é igual, nos non nos desanimamos e para demostralo ahí vai unha subidiña de novas fotografías para poder disfrutar deste fin de semana que parece que teremos que pasar na casa debido as inclemencias meteorolóxicas.
Con esta subida de hoxe no Carril, queremos agradecer a Familia Crespo Rivas e Varela todo o seu apoio ao Faiado.
Queremos agradecer a Marilín que no seu último viaxe desde Sevilla viñera cargada co seu álbum familiar que puxo a nosa disposición. Días antes fixera o mismo o seu primo Melchor.
Margarita, desde O Ferrol, manda desde fai tempo todo o que atopa e que nos poida aproveitar. Malú Conde Varela, que é unha marabilla de muller, aparte de colaborar cos seus tesouros familiares, desde a Cofraría Santiago Apóstol do Carril, xunto con Rosi e Fernanda Eiras, nos fan recados e avisos.
Por último agradecerlle aos primos de Estados Unidos as visitas diarias ao blog. Gustaríanos que esas máis de corenta persoas que nos visitan desde ese inmenso país diariamente, dixesen algo, nos falasen, nos contasen como é a súa vida tan lonxe da casa.
Esperamos e desexamos que este desexo se cumpra.
Pero, polo de agora, disfrutade con estas 15 fotografías que se engadiron a Galería de O Carril.
Iste é un traballo feito con moito amor. Por un lado o de Antonio que montou as imaxes, polo outro o de Juan Carlos Porto que creou a música, fixoa nacer pensando nos seus Pais sobre todo. O Faiado quérelle a Juan Carlos, sabemos da súa cruzada coa memoria de Manolo e de Gelina, os seus Pais. Acaba de facer trinta e un anos do seu pasamento, a Juan Carlos sigue doéndolle a ferida, a súa ausencia. Os seus recordos siguen vivos no seu corazón. Compuxo unha musica na súa memoria e o Antonio fixo o resto. Que o disfrutedes, merece a pena.
E aquí estamos, a metade de semana e cunha nova subida.
Quizás non sexan moitas (16) pero si moi xugosas. Están colocadas en dúas únicas Galerías A Vilagarcía de onte (10) e O Carril (6).
Temos unha vídeo-reportaxe que se emitiu pola TVG, desde a emisora de Pontevedra, sobre a preparación do festival dos anos sesenta ("...coa axuda dos meus amigos"), e que se atopa correndo polo facebook (feisbúc, para os íntimos) pero que vamos a instalalo por aquí para que todos podades velo.
Tamén dentro duns días, e así rompémolas sorpresas, vades a ter un novo vídeo/lembranza que estamos a rematar con música do noso querido amigo Juan Carlos Porto (a quen desde aquí lle dou as gracias por levar a Antonio o partido que valeu o ascenso o Extrugasa feminino de baloncesto, así poido comprobar como Vilagarcía se volca cos seus e os eleva a donde se merecen).
Difrutade con esta nova subida que, por desgracia, será do pouco que un pode disfrutar nestes días, despois de ver as noticias "tan agradables" que saen nos medios informativos.
Querid@s Amig@s, xa entramos en maio. Nos coches e nas casas xa colgan un manoxo de xestas en flor. A xesta está considerada, na cultura popular, como unha planta que alonxa o maleficio, de ahí que se coloque nas partes dianteiras dos coches, nos alboios, nas portas das casas,.... Nos tamén, nestes tempos que corren, deberíamos de colocalas enriba das televisións, para que espanten as malas noticias, e enviar uns ramiños a políticos e empresarios para que fagan o mesmo coa chamada crise.
Pero, de momento, vamos a algralo día subindo unhas cantas fotografías ao noso/voso blog.
Non van a ser poucas, unhas coarenta, ainda que algúns si pensen que son pouquiñas.