lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

NON NOS CHEGABA CON UNHA EXPOSICIÓN...


Non, unha exposición era pouco.

Por iso seguindo o realizado o ano pasado durante as festas de San Roque que sacamos as rúas a exposición que fixéramos nos meses anteriores, a dos anos 60, este ano decidimos repetir.

A xente gustoulle este acercamento entre o traballo que realizamos e as personas, e os establecementos tamén quedaron contentos. Os escaparates convertíronse nun atractivo para os viandantes.

A exposición que tíñamos a man era a recente de "A escola en Vilagarcía" e, a partires de mañán, podedes vela na súa totalidade na rúa Rey Daviña. Os comercios, locais de sanidade e hostelería e as caixas desa rúa colaboraron sen dudalo. Incluso tivemos que repartir algúns paneis por que había comercios que tamén querían ter o seu panel.



Queremos dar as gracias a todos os comercios que colaboran con nos e, o mesmo tempo, dar coñecemento onde podedes atopar os paneis:

Comenzando desde a praza de Galicia:

La Caixa (1)
Caixa Geral (2)
Muebles Saavedra (7)
Ferretería Sobrino (8)
Parafarmacia (22)
Cespón (26)
Cafetería California (34)
San Carlos (35)
Dilema (43)
R ()
Anabel (43)
Cafetería Maty (45)
Viajes Iberia (47)
Axoúxere ()
Farmacia Chaves (6)

Esta exposición estará presente nos escaparates hasta o remate do mes e así os vilagarciáns que están fora e que veñen a vila durante as festas poidan ver unha parte dos traballos que realizamos durante o ano. É unha pena que non a podamos por completa, cos pupitres, libros e vitrinas, pero coido que é unha boa mostra.

Pero non é ista a única. En Carril e complementando a exposición audiovisual "O Carril cheira a mar" vamos a engadirlle os paneis da primeira exposición que realizamos xa fai dous anos (como quen di fai catro días) "Vilagarcía, imaxes da memoria" composta de oito paneis de grandes dimensións.

Vamos, que será difícil non poder disfrutar de toda esta memoria impresa.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-08-2010 23:40
POBOADO MINEIRO DE FONTAO
Como hoxe nos sentimos un pouco tristes posto que un proxecto de documental que tíñamos presentado ante a Xunta foi desestimado (trataba sobre Vilagarcía contada polos vilagarcianos e titulábase, Desde dentro do corazón) pero, no fondo, iso so consigue espolearnos e seguir co proxecto adiante. Será mais lento pero chegaremos a porto. Porto, Juan Carlos, precisamente nos fixo uns primeiros temas para ese traballo.

Polo tanto botemos abaixo a tristeza e botemos cara adiante.

Por iso hoxe traemos hasta vos un novo vídeo do fondo documental. Trátase da inauguración do poboado mineiro de Fontao en Vila de Cruces. ¿E que ten que ver iso con Vilagarcía?. Pois de dúas formas, unha, por estar gravado polo fotógrafo Leal e dúas... bueno esta segunda vamos a copiala literalmente doutro blog:

?Entre los años 1886 y 1888 el ingeniero de minas Henry Winter Burbury, asentado en Noia desde 1883 aunque de nacionalidad inglesa, y que ya había solicitado en dicho año las concesiones "Phoenicia", "Edita" y "La Pilara" en el término municipal de Lousame, que serán la base del grupo minero San Finx, solicita en el término municipal de Carbia las concesiones mineras "Sidón" y "Tiro", que serán junto con la mina colindante "Angelita", ya en Silleda, el inicio del importante grupo minero de Fontao. En 1897, probada la viabilidad de la explotación se crea en Londres la empresa "The San Finx Tin Mines Ltd." con el objetivo de explotar las minas de Fontao y de San Finx.
La nueva empresa se propone la explotación de los grupos mineros de San Finx y Fontao hasta la obtención del preconcentrado de estaño, que se trasladaría después hasta la planta construida en Carril para su concentrado definitivo y su envío a Inglaterra desde el cercano puerto de Vilagarcía.
La planta de concentrados de estaño de Carril, con el primer proceso de separación magnética mediante bandas cruzadas que se instaló en España (tipo Wetherill-Rowand), se inauguró en 1897, beneficiándose de un entorno industrial propiciado ya desde 1848 con la constitución de la "Compañía de Fundición de Hierro en el Carril" (promovida por Luis de la Riva y vinculada a las industrias de Sargadelos) y la instalación en el puerto de Carril ?la actual Vilagarcía de Arousa? de un alto horno para la obtención de hierro colado al carbón vegetal.
El concentrado de casiterita obtenido (al que acompañaban volframita y piritas férreas, cúpricas y arsenicales) se ensacaba para enviarlo por medio de carros del país arrastrados por bueyes hasta la anteriormente mencionada fábrica de separación que la sociedad había construido en Carril, a unos sesenta kilómetros de las minas.
En la fábrica de concentrados de estaño de Carril el mineral recibido sufría una calcinación previa, sometiéndose después a la acción de dos electroimanes de diferentes intensidades, con lo que se lograba la separación del estaño y el volframio del resto de materiales, que eran desechados. Como se indicó antes, este proceso de separación magnética mediante bandas cruzadas, del tipo conocido como Wetherill-Rowand, fue el primero de su clase que se instaló en España.
? (de mineralogía hispánica)
Como vedes si ten razón de ser e así as mostramos. Disfruten delas.




video fontao
Comentarios (4) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 10-08-2010 20:49
E VOLVEN A SUBIRSE FOTOS


Logo deste parón por mor da realización da exposición de "O Carril cheira a mar" volvemos a retomalas subidas de material o voso blog.

Non van a ser 4 ou 5 senón 144.

E van a estar ampliamente repartidas entre todas estas Galerías:

Vilaxoán
(3), A Laxe (5), Vamos a retratarnos (6), Traballando duro (13), O Carril (1), Outra maneira de vivir (8), Soan campás de voda (2), A Vilagarcía de onte (30), Personas recordadas (10), De barrios (13), Creo en Dios Padre... (5), Amores (1), Primeiras comuñóns (8), Os amigos (8), Gaudeamus igitur (2), Atopando detalles (4), Familia (6), Tempo de entroido (5), Bailamos? (4) e Sempre emigrantes (6).

E agora a disfrutar contemplando esta marabillosa serie fotográfica. E saudos a todos aqueles blogueiros que están a disfrutar de vacacións. Como se pode ver, nós de descanso nada. Somoscheasí, que lle vamos a facer.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-08-2010 23:18
"O CARRIL CHEIRA A MAR", nas noticias

Hoxe pasas por diante do Gato Negro e ninguén diría que alí hai unha exposición. E sen embargo, cando subes o primeiro piso daste conta de que todo o mundo sabe o que alí hai.

Grupos de xente que desde as once da mañán hasta as 11 da noite (o peche é relativo posto que abren a man para que poidan disfrutar ampliamente das fotografías) están a contemplar as fotografías e vídeos que alí se pasan.

E o boca a boca corre mais rápido que a pólvora. E por iso vos damos a gracias posto que vendo ese interes, ese entusiasmo, danche forzas e enerxías despois do traballado e dos nervos para poder montala.

E nesto aparecen os rapaces dos informativos e dan conta do que alí hai, cunha esplendida señora presidenta respondendo as preguntas como se fose cousa que fixera tódolos días.

Aquí poderedes ver esta noticia:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 02-08-2010 22:46
INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN

Queridos Amigos e Amigas, a eposición do Carril xa está en marcha. Despois de moitas idas e voltas os locais do Gato Negro xa acolle esta exposición que consta de 729 fotografías e varias películas desde os anos vinte hasta fai poucos días (exactamente a farsa do 2010).

Neste enlace, do Paseante, vos ofrecemos o resto do texto e as fotografías que sacarón do acto.

Disfrutade.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-08-2010 09:02
XA ESTÁ PRÓXIMA A EXPOSICIÓN DO CARRIL

E para empezar colocamos o que vai a ser o cartel da exposición con ese título de O Carril. Cheira a mar. Con esa rúa do Carme mostrando a súa vitalidade da época e esa cor azul que, para nos, simboliza un brazo de mar que abraza a rúa e a enche do seu cheiro particular. Mar e Carril, palabras que poderían ser sinónimas e unha soa.

E como vai a ser a exposición?. Ah! Bonita pregunta.

Desde fai días puxemos a traballar os concelleiros, de Educacion e Cultura, Susana Camiño e Xose Castro Raton... e responderon. E a exposición vai constar de seis pantallas de televisión donde se pasarán de forma ininterrumpida fotografías en bloques temáticos e diferentes en cada aparato.

As fotos irán identificadas cun número, para aquela persona que queira ter información da mesma, e terá referencia dese número nunhas follas donde se dará unha explicación sobre a mesma.

Pero non só é imaxe o que os nosos sentidos poden degustar. Tamén será son. O mar seguirá presente pero sobre todo a música gravada para esta exposición polos sempre belinxerantes irmáns Garrido (Lourdes, Pilar e Javier) que xunto a Juan Carlos Porto nos deixaron un bo conxunto de cancións tradicionais co leit motiv de Carril de fondo.

E como "se vas a Carril verás a Cortegada deitada no mar" tamén será esta agrupación coral (Cortegada) a que nos deleitará coa súa actuación o día da inauguración, nas vísperas de San Fidel, o 30 de xullo as 21:00 horas no Gato Negro.

Alí os vamos a esperar para que disfrutedes e lembraros que estará aberta ao público hasta o día 31 de agosto.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2010 12:06
NIN UN PASO ATRÁS

Vaiche boa que estas verbas adicadas o Carril deberían estar no blog, pero non somos perfectos, tamén nos deprimimos, frustrámonos, pasámolo mal.

Desde xaneiro pasado estamos a traballar nunha exposicion para o Carril. Chamamos aos nosos colaboradores, fumos as casas, dimos a tabarra de mala maneira, estivemos na Cofraría, no Gato Negro, gravamos a xente, logo de sentir ese trato humano que nos deron os veciños do Carril, quixémolo facer ben, encerrámonos e puxémonos a traballar. A cousa deu para moito. Tíñamos feito coarenta e catro paneis. Cando os rematamos viu a sorpresa: No Concello dixéronos que non había cartos para a imprenta.

A nosa ilusión polo chan.

Sentimos rabia, frustración...¡Pero non había volta de folla! Era un efecto colateral da tan nomeada crisis. Chegounos.

Pero se non temos cartos (nunca tivemos moitos) o que si nos sobra é imaxinación. Ben, puxémonos a discurrir (especialmente Marga que o Antonio ten a cabeza noutros lares, hai que diversificar, como el di), non podíamos deixar a xente tirada, a xente estaba encantada coa idea, e so o comunicarlle persona por persona de que a cousa no ía adiante as enfermaba e parecía contaxioso posto que tamén nos afectaba a nos.....Bueno pois imos facer unha exposición para tempos de crisis.

Vamos a realizar UNHA EXPOSICIÓN VIRTUAL!.

E iso que é. Bueno, moi ben non o sabemos pero a solución cando cheguen as festas de San Fidel e no sitio que tíñamos preparado: o Gato Negro.

Nese día despexaranse tódalas incognitas.

Mais información en próximos capítulos. Permañezan atentos a esta mesma pantalla.
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-07-2010 19:37
VÍDEO FILLO PREDILECTO A JOSÉ MOREIRA

O prometido é deuda e aquí está o vídeo gravado o día do seu nomeamento como fillo predilecto de Vilagarcía de Arousa.

Comenza cunha ofrenda floral diante do monumento a súa honra colocado na rúa que, logo, levaría o seu nome.

Logo, no concello, tería lugar o nomeamento de forma oficial dentro dun pleno extraordinario de honra.

Esperamos que podades velo tranquilamente se non poidéchedes estar presentes nese acto de homenaxe a un dos nosos mellores veciños.

Gracias pola vosa atención.



Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 01-07-2010 09:40
E SEGUIMOS...

Bueno, como é domingo vamos a seguir subindo algunha máis.

Así vamos a ver novedades nas seguintes Galerías:

O Carril (8), A Laxe (2), A Vilagarcía de onte (1), Amores (1), Creo en Dios Padre... (1), Outra maneira de vivir (1) e en Sempre emigrantes (1).

E de momento vai sendo hora de descansar un chisco. Vos mentras tanto disfrutade con esta nova subida.

Deica logo.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 27-06-2010 20:06
XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Despois de descansar un par de días dos calores madrileños, xa estamos en condicións de seguir subindo material a este voso blog.

Comenzaremos colocando unhas fotografías que enviou Ruth Taboada e que se atopan nas Galerías de Familia (2), Aqueles traxes de baño (1), Vamos a retratarnos (5) e Creo en Dios Padre... (1).

Despois tamén engadimos unha serie de fotografías no Paseante correspondentes a nosa itinerancia pola capital do imperio para presentalo documental Aillados e dunha nova Galería que demos en chamar COUSAS DOS NOSOS BLOGUEIROS/AS. Ahí teremos un gran caixón de sastre no que vamos a meter aquelas fotografías, actuais especialmente, que os nosos blogueiros (e blogueiras, claro está) teñan a ben de enviarnos e que sirva para interconectar mais a tódalas personas que están o outro lado do ordenador.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 27-06-2010 12:33
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0