lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

A SUBIDA SEMANAL


Outra semana mais e unha nova subida o blog. Son 79 fotografías, boa parte delas dos novos escaneados que estamos a realizar e outras que nos chegan a través de internet.

Están expostas nas seguintes Galerías:

A Vilagarcia de onte
(4)

Atopando detalles (4)

Creo en Dios padre... (4)

De barrios
(5)

Familia (2)

Gaudeamus igitur (5)

Mulleres e traballo (3)

O Carril
(4)

Os deportes chegaron coa escuadra
(4)

Os amigos (3)

Outra maneira de vivir
(7)

Personas recordadas
(4)

Terra de Artistas (1)

Traballando duro (6)

Tradicións nosas, festas e actos
(2)

Vilaxoán (1)

Xentes e lugares (20)

Ahí quedan e que vostedes as disfruten.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-11-2010 23:27
DESDE PERÚ E VILABOA
Unha pequena subida de nove fotografías. Paco Prieto, desde Perú regálanos oito imaxes. Distribuímolas da seguinte maneira: "Familia"(1),"Outra maneira de vivir" (1)"Gaudeamus Igitur" (3)"Tradicions nosas, festas e actos" (1)"Sempre Emigrantes" (1)"Os amigos" (2)

Tamén Beatriz de Vilaboa, ex-compañeira das Filipenses, mandounos unha que xa colocamos en Gaudeamus. Beatriz e unha forofa blogueira.

Luis Silva tamen nos envia duas, que subiron a Outra Maneira de Vivir e a Os Amigos. Luis como xa sabedes e un dos nosos principales valedores.

Gracias a Paco, Beatriz e a Luis


E disfrutade.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 29-10-2010 10:40
XENTES E LUGARES

Hoxe abrimos unha Galería nova: XENTES E LUGARES.
Nela vamos a dar cabida a moitas das novas fotografías que estamos a escanear e que non temos posibilidade de identificar descoñecendo todo ou case todo dela. Por iso esperamos contar coa vosa participación para iluminar esta escuridade informativa. Empezamos cunha primeira subida de 26 fotografías.

Pero tamén aproveitamos para subir algunha mais e este é o listado:

O Carril (1)

A praia Compostela (1)

Atopando detalles (1)

A Vilagarcia de onte (3)

Gaudeamus igitur (1)

Primeiras comuñóns (1)

Personas recordadas (1)

Tradiciones nosas, actos e festas (1)

Esperemos que disfruten co novo espazo creado así como cos antigos.

Un saudo.
Comentarios (3) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 24-10-2010 21:29
MAIS FOTOGRAFÍAS

Neste fin de semana, e a pesares do traballo que temos que realizar escaneando centos e centos de negativos, non nos esquencemos de realizar unha subida para que podades ter unha actualización do traballo último que estamos a realizar.

Estas 71 fotografías están distribuidas polas seguintes Galerías:

Atopando detalles (1)

Terra de Artistas (con maiuscula)
(1)

De barrios (3)

O Carril
(3)

Primeiras comuñóns
(1)

Creo en Dios Padre... (4)

Gaudeamus Igitur (17)

Os deportes chegaron coa escuadra (1)

Outra maneira de vivir
(1)

Traballando duro (1)

Tradicións nosas, festas e actos (10)

A Vilagarcía de onte (11)

Vilaxoán (4)

O comenzo de Fexdega (12)

De bares (2)

Estas son todas.

Disfrutade mentras que nos seguimos co traballo (a pesares de ser domingo).
Comentarios (8) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 17-10-2010 08:43
CONTINUAMOS ENGADINDO LEMBRANZAS
Queridos amigos e amigas, non é que nos quedáramos nas minchas ultimamente, ainda que o podera parecer, pero é que outras cuestións nos tiñan atarefados.

Ademais vemos muitas das subidas realizadas ultimamente sen o mais mínimo comentario que hasta un bota en falta un "que guapa estaba a abuela!" que aparecían antes. Ter en conta de que unha das máximas do blog é o de descubrir aspectos sobre personas, feitos e lugares que aparecen reflexadas nelas. A non aparición destes comentarios faite realizar a tarefa de subida o blog un tanto mais remolona, non así a actividade de arquivo de O Faiado da Memoria que continúa imparable. Máxime agora que estamos co desenvolvemento de dous documentais, un sobre o Madrid dos anos 30 (coa colaboración da Vicepresidencia do Goberno de España) e outro sobre a Vilagarcía das nosas (as vosas) lembranzas coa axuda da Xunta de Galicia.
Precisamente para este traballo vos pedimos colaboracións e, a pesar de todo, estades un pouco lentos, menos mal que os de sempre responden de marabilla. Para eles, que o merecen, vai esta nova subida.

E as novedades van a estar nas seguintes Galerías:

Os amigos, 15
Terra de Artistas (con maiuscula), 3
Atopando detalles, 4
De barrios, 3
Soan campás de voda, 4
O Carril, 10
Primeiras comuñóns, 5
Creo en Dios Padre..., 3
Sempre emigrantes, 5
Aqueles traxes de baño, 1
Familia, 15
Gaudeamus igitur, 6
Os deportes chegaron coa escuadra, 1
Outra maneira de vivir, 7
Personas recordadas, 7
Personas inesquencibles, 1
Vamos a retratarnos, 3
Traballando duro, 2
Tradicións nosas, festas e actos, 9
A Vilagarcía de onte, 7
Vilaxoán, 8

En total 119 novas fotografías que están esperando por vos.

Agora, simplemente, disfrutade.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 03-10-2010 20:33
REPORTAXE SOBRE CORTEGADA

Ofrecémosvos un vídeo da TVG, recuperado da red no que se pode ver a nosa colaboradora Pastora Franco (finada recentemente), co seu home Agustín Insua, lembrando como era a vida dos poboadores de Cortegada. Dos lexítimos propietarios, antes de que a famosa comisión de notables lla entregasen ao rei Alfonso XIII.

Pastora era filla e neta de orixinarios da Illa, tamén logo seu abó foi nomeado guardián dela.

Comentarios (5) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 24-09-2010 16:31
PROBLEMAS CON FACEBOOK, SOLUCIONADOS
Co experimento do facebook estábamos tendo un problema. A moitos de vos os puña que "de momento non estaba habilitado", ou algo así. Iso xa está solucionado.

Agora non so xa está arreglado senón que hai uns cantos albums mais:

do noso pobo (122 fotos)

fotos do taboleiro (205 fotos)

xente (95 fotos)

xente nosa (198 fotos)

Eso para aqueles que estedes entretidos co FB e o mesmo tempo queredes estar no blog. Pero iso si, lembrar que tedes que ter unha conta nesa rede social e ternos a nos como amigos.

Disfrutade.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2010 21:14
NOVAS FOTOGRAFÍAS

Se eran poucas as fotografías subidas o facebook agora súbense aquí 62 novas fotografías que están repartidas entre as seguintes Galerías:

A praia Compostela (2), A Vilagarcía de onte (4), Amores (1), Aqueles traxes de baño (2), De barrios (7), Familia (10), Gaudeamus Igitur (3), O Carril (1), Outra maneira de vivir (13), Posando (4), Primeiras comuñóns (2), Soan campás de voda (2), Traballando duro (2), Tradicións nosas, festas e actos (3), Vamos a retratarnos (2) e Vilaxoán (4).

Con isto damos rematada a subida deste fin de semana.

Ainda non vin a ninguén que escribise unha línea decindo "ah, Vades a facer un documental sobre Vilagarcía?, e vades a falar disto? ou tamén poderíades contar esta historia...". Non, ainda ninguén escribiu decindo "teño unhas películas que o mellor vos poderían servir, son familiares, pero... se queredes botarlle un ollo...". No, ninguén. Cando rematemos o traballo (no ano entrante) sempre haberá quen teña que decir do que non se contou.

Disfruten das fotografías.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 12-09-2010 20:07
A EXPOSICIÓN DE CARRIL NO FACEBOOK

Si, amigos e amigas, a exposición de carril cheira a mar está integra no facebook de O Faiado da Memoria.

Premendo nestes enlaces podemos entrar nos distintos álbums de fotografías:

Carril 1

Carril 2

Carril 3

Carril 4

Esperemos que o sistema funcione. Supomos que para os que estén asociados o FB de O Faiado non terían problemas, para os demais... é algo novo e experimental.

Disfrutade.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-09-2010 22:04
A BANDA SONORA DE "O CARRIL CHEIRA A MAR" EN DESCARGAS

Estimadas Amigas e Amigos, as exposicións remataron, si, pero algo queda no ambente. Despois de desfrutar coa vista e o oido os sentimentos da exposición de O Gato Negro, agora podemos seguir facendoo co son.

Si, as cancións que gravaron os irmáns Garrido coa axuda de Juan Carlos Porto podedes baixalas agora co simple xesto de clicar neste enlace e que vos levará a un baixador de onde o poderedes descargar. O proceso é identico as outras descargas que temos na sección.

Como foron moitas as personas que nos solicitaron de como podían conseguir esa gravación e tamén son moitas as que están fora e non poideron vela en vivo, será esta unha forma de poder sentila.

Aparte dos sete cortes de música popular o arquivo contén o diseño para unha carátula e outro para a galleta (o que vai impreso sobre o cd) para o CD. Isto é para aqueles que queiran ter guardado este traballo cun certo cuidado e detalle.

Cando vos atopedes con Pilar, Lourdes e Javier Garrido ou con Juan Carlos Porto non lle esquenzades de darlles as gracias posto que son eles os que vos están dando este regalo.

Que o disfrutedes.
Comentarios (4) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 01-09-2010 19:06
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0