Hoxe escomenzamos unha pequena subida que rematara maña. Antonio esta en Teruel precisamente con un traballo sobre a memoria, i o resto do Faiado traballou toda a seman no Carril. O fin de seman empleamolo na preparacion das fotos, hay que preparalas antes de facer a subida. Xa vedes que non paramos
Rosi e Fernanda Eiras, fillas e netas de mariñeiros son as que na actualidade levan a administracion da Cofradia. Con elas Malu, filla do lembrado Raul Conde
E para que vexades, a Cofradía do Carril seguirá colaborando con nos, aquelas personas que non puderon acercarnos as súas fotos, poderán facelo por medio das traballadoras do Pósito. Deixando as fotos na Cofradía, darannos o aviso e polo mesmo medio devolveríamolas.
Pois como nos enseñaron a ser agradecidos, porque e de ben nacidos e nos o somos, vamos dar as GRACIAS por esta semana de memoria Carrilexa.
O cincuenta por cento do Faiado estivemos toda a semana na Cofradia de Pescadores do Carril facendo unha recollida de fotos para, nun futuro próximo, facer unha exposición. Decimos o cincuenta por cento porque o Antonio esta a facer un documental na Andorra de Teruel. Documental sobor a Memoria Historica que é o que sabe facer o pobre.
Ao que íamos: queremos agradecer a xente do Carril a súa acollida, a colaboración, o calor, o estar na casa, o sentirnos arropados, os encontros coa infancia, os recordos imborrables...
Agradecer a Fernando o Patrón maior da Cofradía, todo o que nos axudou, e sobor de todo as traballadoras do Pósito, a Rosi e Fernanda Eiras, e a Malu, que tiveron que sofrir as incomodidades da nosa presencia.
Estando a revisar, reordenar e reclasificar o noso disco duro atopei esta reportaxe que formou parte dun dvd que editamos para o libro sobre os Campaneiros de Vilagarcía e que editou Edicións do Cumio.
Non sabemos de quen é a reportaxe pero non nos gustaría que esta se quedará no fondo escuro da memoria do disco duro. Os irmáns Valiñas do Sixto, xunto cos Carballa, espallaron polo país adiante (o mundo é parte do país) a súa música que nace do mais profundo da terra e que é sachada a golpe de ronco e palleta para ir a parar os surcos dos nosos cerebros. E parte do noso acervo cultural, como o é o rock, a polka, o hip-hop ou a cumbia. Somos un universo que colle nun fol, somos unha terra que crea e dela, ben regada e cuidada, crece de todo, tamén hervas malas, para que o vamos a negar, pero é máis grande e fermoso o que é bo e xeneroso.
Coido que a idiosincracia particular dos Campaneiros, vilagarciáns de terra adentro, é parte do espíritu que nos fai crecer.
Escoitémolos con agarimo, recollidos, cos ollos abertos e a mente tamén. Para seguir adiante temos que ver moito para atrás, como o mariñeiro que vai bogando de costas o seu destino, posto que ten que fixarse nas referencias que vai deixando tras súa.
Disfrutade con esta reportaxe e quen sepa de quen é a autoría que a diga e así farase xustiza xa que non conta con títulos de crédito algúns, só os iniciais que lle colocamos nos mesmos.
Isto simplemente é unha repetición do texto do anterior post. Mais que nada para que quede constancia do feito na ZONA DE DESCARGAS e vos sexa mais fácil atopalas mais adiante no tempo.
Para aqueles que non saben que música colocar e atendendo a varias solicitudes que nos fixeron vía correo electrónico e personalmente vamos a colocar para que podades descargar algúns temas que para nos son inspiradores ou inspirados neste voso blog. En primeiro lugar vamos a deixar un arquivo das composicións do membro do Faiado, o noso querido amigo, Juan Carlos Porto. Premendo aquí mesmo podemos descargarnos un arquivo que, despois de descomprimilo disfrutaremos do tema da banda sonora de O Faiado en tres versións distintas e o tema realizado para o vídeo de os anos trinta.
E agora van a ser 74. Sen lugar a dúbidas unha boa tanda despois destes días de sequía post-exposición.
Falando desta última lembravos que só queda esta semana para poder disfrutala. O sábado que ven, día 27, remata sen poder ampliala, polo menos de momento.
É grande a cantidade de personas que están a pasar pola sala de exposicións do Auditorio para ver as fotografías, obxetos, aula e vídeos que se expoñen nesa "escola en Vilagarcía" e esa resposta nos é moi grata a nós como organizadores dándonos ánimos para futuros proxectos.
Agora é o momento de descansar tranquilamente diante da pantalla do ordenador, cunha infusión quentiña que se vai a ir enfriando co paso do tempo, unhas pastas e, a poder ser un fondo musical e disfrutar durante horas da contemplación das mesmas. E engadir comentarios, loxicamente, posto que non nos gusta moito ver fotos sen ningún comentario, da a sensación de que non teñen importancia ou de que non se valoran o suficente.
Para aqueles que non saben que música colocar e atendendo a varias solicitudes que nos fixeron vía correo electrónico e personalmente vamos a colocar para que podades descargar algúns temas que para nos son inspiradores ou inspirados neste voso blog. En primeiro lugar vamos a deixar un arquivo das composicións do membro do Faiado, o noso querido amigo, Juan Carlos Porto. Premendo aquí mesmo podemos descargarnos un arquivo que, despois de descomprimilo disfrutaremos do tema da banda sonora de O Faiado en tres versións distintas e o tema realizado para o vídeo de os anos trinta.
Son fotos feitas por nós nunha rápida pasada polo auditorio antes e que comenzase o acto. Son poucas posto que non se pode estar na misa e o mesmo tempo repenicar as campás (ainda que podíamos intentalo) pero volas deixamos no Paseante para que podades disfrutar delas.
Non poidemos dalas gracias en directo ainda que non era iso precisamente o que queríaos decir, senón, mais ben darvos a enhoraboa. Enhoraboa porque desde hoxe e por obra e gracia do periódico de o "Diario de Arousa" xa sodes "AROUSÁNS DO ANO".
Si, na gala que hoxe, sábado 13 de marzo, se celebrou no Auditorio de Vilagarcía (de momento o lugar da nosa sede oficial) o Faiado da Memoria recibía ese galardón. Ainda que o escenario subiron eses dous personaxes que exercen de rectores e son a avanzadilla armada (de fotografías) deste voso blog, a distinción, realmente, vos pertenece a todos e todas. Porque ¿que sería o faiado sen a aportacón gráfica e escrita vosa?. NADA. Polo tanto hoxe todos tedes un cacho dese premio. Hoxe, levantarédevos (algúns vos acostaredes) sendo un, ou unha, AROUSÁN do ANO, ou do decenio, ou do século. Mais grande se cabe, mais vilagarcián que nunca. Hoxe, este espazo de conectividade tamén é un espazo de contacto físico, de ledicia.
Pero, ademáis, cabenos o gusto de que un dos cen invitados a quen chamamos para que compartisen ese momento con nos foi un dos agraciado con un das dúas viaxes que se sorteaban. Neste caso a Punta Cana, na República Dominicana e a agraciada foi... ¡TACHAAAAN!... María Dolores Mariño a cal non collía de si da alegría que tiña. "Nunca me tocara nada", dicía. E lucía o cheque da viaxe como podedes ver na fotografía que encabeza este texto.
Todos, pois, debemos estar contentos e enchidos por todo isto que conseguimos en pouco tempo, pero moi intenso.
Mañán, cando teñamos baixado do sétimo ceo, mostrarémovos unhas fotos que lles fixemos a algúns dos nosos amigos e amigas que nos fixeron compañía neste momento gozoso.