lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
AS CASAS DA ARENA |
|

Entramos na última semana de marzo e iso, loxicamente, merece unha subida. E neso estamos.
Hoxe, ademai, Antonio atópase mais ledo xa que lle chegou o seu regalo de cumpreanos. Si, cun lixeiro retraso, pero é o que teñen os pedidos por internet, máxime cando veñen dese país cuia dirixente ten gañas de meter cizaña na nosa economía. Pois alá lle chegou unha gravadora de audio coa que quere recoller os sons de Vilagarcía para colocar no documental. Ou sexa que se o vedes pola rúa micrófono en mal non é que esté como o Gene Hackman na película do seu querido Coppola, a conversación. No, el só está a recoller sons de ambente para colocar no documental. Está como un neno con zapatos de charol (ou polo menos antes cando nos púñamos uns zapatos de charol de estrea llos mostrábamos a todo o mundo para que viran como brilaba. Aos poucos minutos xa lle tíñamos unhas raiaduras e xa non brilaba tanto, pero o efecto deslumbrante xa estaba conquerido).
Bueno, pero ao que íamos que é o que interesa.
Nesta nova fin de semana temos colocadas estas 44 fotografías nas seguintes Galerías:
A Vilagarcía de onte (14)
Os Amigos (4)
Trabanca - A Torre (4)
Amores (2)
Vilaxoán (22)
Agora só queda disfrutar e iso espero que o fagades tranquilamente, saboreando o momento coa mirada e a lembranza.
Bó fin de semana e tomar un pouco de sol que xa sabedes que en abril.... |
|
|
|
Día de cumpreanos |
|

Hoxe o noso Antonio Caeiro fai 52 anos.
Para celebralo -entre outras cousas- poñemos unhas cantas fotos do seu querido Gondomar e da súa querida familia.
Esta a piques de rematar o seu ultimo traballo documental, Desde Dentro Do Corazón, un documental no que fala de Vilagarcía, do mar de Vilagarcía, dos sentimentos e do corazón.
Antonio é un creador con sentimento polo tanto hai que esperar un ratiño e veredes do que falo, dun traballo... excepcional. |
|
|
|
A VOLTA COA CRISIS |
|

Hoxe facemos unha subida de vinteunha fotos na Galería de Traballando Duro e seis na de A praia Compostela.
Graciñas e a disfrutar da primavera. |
|
|
|
Finou Socorro |
|

Finou Socorro
Ela non nacera en Vilagarcía, era natural da Pobra do Caramiñal, pero levaba con nos mais de cincoenta anos. Cando a súa tía Esperanza González quedou viuva de Valentín Alcalde rexentou unha pensión, e a súa sobriña veu desde a Pobra a botar unha man. Socorro sentía a súa tía Esperanza como unha nai.
Ímola botar de menos, formaba parte da nosa paisaxe, das nosas vidas. Socorro quedará para sempre na nosa memoria.
Na foto é a da dereita.
|
|
|
|
CHEGA A PRIMAVERA |
|
 E con ela unha chea de proxectos dos que teredes noticias. "Sin ti no soy nada" Sin vós, os do Faiado tampouco somos nada, nada... O documental de Vilagarcía nos ten tolos, pero somos unhos tolos felices, os resultados comenzan a gustarnos.
Queremos dar.... gracias, gracias, ¡GRACIAS¡
A subida de hoxe vai nas Galerías de:
A Vilagarcia de onte (3)
Tradicións Nosas, Festas e Actos (6)
Soan Campás de Voda (4)
Primeiras Comunións (9)
Agora, tranquilamente, disfrutade desta subida.
|
|
|
|
NON É TAN DIFÍCIL |
|

Despois dos cincoenta (etantos) cumplidos isto da informática se lle fai un pouco costa arriba... pero non hai nada que un ser humano non poida superar, aguantar... ou o que nos boten. O da informática ten tantas cousas que descubrir que é un mundo apaixoante... un mundo marabilloso. Ben, os do Faiado cando comenzamos este blog tomamos a decisión de que se alguén quería firmar como anónimo, ibámolo a permitir. Cambiaron as circunstancias, a moitos dos nosos blogueiros non lles gusta, a nos tampouco, sobre todo, os talantes que as veces se emplean nos comentarios sén firmar.
Por outro lado hai xente sen práctica blogueira, nese cuadradiño donde se fai o comentario arriba hai un espazo que sirve para poñer o nome da persoa... facilísimo. Se alguén quere, os do Faiado, ofrecémonos para ensinar o requisito do comentario, non teñades apuro xa ninguén naceu aprendido.
Non queda outro remedio que borrar os comentarios que veñen como anónimos, imos a ser todos iguais. |
|
|
|
A Camelia atrae a ingleses e franceses |
|
 M.G. - VILAGARCÍA La celebración de la 48 edición del concurso exposición internacional de la Camelia en Vilagarcía durante este fin de semana atrae la presencia de un grupo de nueve agentes de viajes asociados al operador turístico británico Kiker Holydays y 9 periodistas franceses especializados en turismo de jardines y estilo de vida. La comitiva visita estos días los principales jardines vinculados a la Ruta de la Camelia, así como la exposición vilagarciana y las ciudades de Santiago y A Coruña.
El viaje de familiarización está organizado por la Xunta de Galicia, a través de Turgalicia y la Secretaría Xeral para O Turismo. Tanto los agentes de viaje británicos como los periodistas franceses podrán conocer in situ la oferta turística gallega relacionada con los jardines y con los contornos de los pazos, para poder darla a conocer entre el público británico y francés.
La Ruta de la Camelia es un producto turístico desarrollado por Turgalicia con el fin de promocionar los jardines gallegos y los entornos monumentales.
La primera visita
El primer grupo de visitantes a la muestra de la camelia de Vilagarcía estará compuesto por los turoperadores británicos que llegarán a la ciudad mañana a las cuatro y media de la tarde y, posteriormente se trasladarán al Pazo de Rubiáns para admirar las camelias y sus jardines. La visita coincide con el acto inaugural de la exposición de la camelia en la Praza da Peixería.
El otro grupo de visitantes está compuesto por los periodistas franceses especializados en jardines, horticultura, casa y decoración que visitarán la muestra de la camelia el domingo a las doce y media de la mañana. En este caso la visita está organizada por la OET París en colaboración con Turgalicia.
El alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole mantendrá un breve encuentro con ambas delegaciones durante su visita al recinto de la Praza da Peixería que, por la decoración prevista por el Concello, se convertirá en el típico jardín de un pazo en el que lucirán las camelias participantes en el concurso.
La exposición de la camelia es organizada alternativamente por los ayuntamientos de Vilagarcía y Vigo y por la Diputación de Pontevedra.
Artigo publicado polo Faro de Vigo
Dende moitos anos atrás, vilagarcia fai pobo coas súas camelias. É tradición nosa participar en Pontevedra ou no pobo coas súas exposicións, coa flor de orixe xaponés... pero que leva con nos tantos anos que xa é nosa.
Cando a escuadra inglesa viña a Vilagarcía as mulleres saian a venderlles camelias... era unha das súas debilidades, dos mariñeiros, claro.
Hoxe vamos a realizar unha subida celebrando a exposición que se celebrou durante o fin de semana na Peixería.
Son seis fotografías subidas na Galería de A festa da Camelia.
tamén engadimos unha fotografía na Galería de A Vilagarcía de onte.
Disfrutade e sair polos xardíns para contemplar a beleza da rosa do Xapón. |
|
|
|
UNHA SUBIDA NUN 8 DE MARZO |
|

Como vamos a ter un fin de semana atareadillo adiantamos a subida ao xoves e aproveitando de que hoxe é unha data a celebrar (o día internacional da muller traballadora) pois subimos, na súa homenaxe unhas fotografías a esa Galería que temos aberta sobre muller e traballo.
Polo tanto, as 21 fotografías quedan distribuidas polas seguintes Galerías:
A Vilagarcía de onte (5)
Mulleres e traballo (7)
Os deportes chegaron coa escuadra (6)
Os amigos (2)
Personas recordadas (1)
Agora é momento de seguir disfrutando e realizar os comentarios pertinentes.
Un saudo. |
|
|
|
Finou Valentina Araujo Crespo |
|
 Era neta de Rosario Teijeiro, sobriña dos miticos Tocho e Ricardo do Carril, era irman da nosa colaboradora e donante de memoria Josefita Araujo. Valentina casara con Pablo Gonzalez e tuveron catro fillas que hoxe lamentan a morte da sua Nai. A elas e a toda a familia o Faiado expresalle o seu sentimento pola sua morte. A nosa Josefita que tanto queria a sua irman, un abrazo moi forte.
donado por josefita araujo |
|
|
|
Enteramonos tarde |
|
 Sentimolo pero non supemos a noticia do pasamento de Maruja Vila de Rubians, irman do noso colaborador e donante Fernando Vila. O facelo con retraso non impide que sintamos a morte de Maruja. A seu home, fillos, irmans e demais familia expresarlle o noso pesame pola morte da lembrada Maruja
donada por fernando vila |
|
|
|
|
|
|
|
|