Hoxe pasas por diante do Gato Negro e ninguén diría que alí hai unha exposición. E sen embargo, cando subes o primeiro piso daste conta de que todo o mundo sabe o que alí hai.
Grupos de xente que desde as once da mañán hasta as 11 da noite (o peche é relativo posto que abren a man para que poidan disfrutar ampliamente das fotografías) están a contemplar as fotografías e vídeos que alí se pasan.
E o boca a boca corre mais rápido que a pólvora. E por iso vos damos a gracias posto que vendo ese interes, ese entusiasmo, danche forzas e enerxías despois do traballado e dos nervos para poder montala.
E nesto aparecen os rapaces dos informativos e dan conta do que alí hai, cunha esplendida señora presidenta respondendo as preguntas como se fose cousa que fixera tódolos días.
Queridos Amigos e Amigas, a eposición do Carril xa está en marcha. Despois de moitas idas e voltas os locais do Gato Negro xa acolle esta exposición que consta de 729 fotografías e varias películas desde os anos vinte hasta fai poucos días (exactamente a farsa do 2010).
E para empezar colocamos o que vai a ser o cartel da exposición con ese título de O Carril. Cheira a mar. Con esa rúa do Carme mostrando a súa vitalidade da época e esa cor azul que, para nos, simboliza un brazo de mar que abraza a rúa e a enche do seu cheiro particular. Mar e Carril, palabras que poderían ser sinónimas e unha soa.
E como vai a ser a exposición?. Ah! Bonita pregunta.
Desde fai días puxemos a traballar os concelleiros, de Educacion e Cultura, Susana Camiño e Xose Castro Raton... e responderon. E a exposición vai constar de seis pantallas de televisión donde se pasarán de forma ininterrumpida fotografías en bloques temáticos e diferentes en cada aparato.
As fotos irán identificadas cun número, para aquela persona que queira ter información da mesma, e terá referencia dese número nunhas follas donde se dará unha explicación sobre a mesma.
Pero non só é imaxe o que os nosos sentidos poden degustar. Tamén será son. O mar seguirá presente pero sobre todo a música gravada para esta exposición polos sempre belinxerantes irmáns Garrido (Lourdes, Pilar e Javier) que xunto a Juan Carlos Porto nos deixaron un bo conxunto de cancións tradicionais co leit motiv de Carril de fondo.
E como "se vas a Carril verás a Cortegada deitada no mar" tamén será esta agrupación coral (Cortegada) a que nos deleitará coa súa actuación o día da inauguración, nas vísperas de San Fidel, o 30 de xullo as 21:00 horas no Gato Negro.
Alí os vamos a esperar para que disfrutedes e lembraros que estará aberta ao público hasta o día 31 de agosto.
Vaiche boa que estas verbas adicadas o Carril deberían estar no blog, pero non somos perfectos, tamén nos deprimimos, frustrámonos, pasámolo mal.
Desde xaneiro pasado estamos a traballar nunha exposicion para o Carril. Chamamos aos nosos colaboradores, fumos as casas, dimos a tabarra de mala maneira, estivemos na Cofraría, no Gato Negro, gravamos a xente, logo de sentir ese trato humano que nos deron os veciños do Carril, quixémolo facer ben, encerrámonos e puxémonos a traballar. A cousa deu para moito. Tíñamos feito coarenta e catro paneis. Cando os rematamos viu a sorpresa: No Concello dixéronos que non había cartos para a imprenta.
A nosa ilusión polo chan.
Sentimos rabia, frustración...¡Pero non había volta de folla! Era un efecto colateral da tan nomeada crisis. Chegounos.
Pero se non temos cartos (nunca tivemos moitos) o que si nos sobra é imaxinación. Ben, puxémonos a discurrir (especialmente Marga que o Antonio ten a cabeza noutros lares, hai que diversificar, como el di), non podíamos deixar a xente tirada, a xente estaba encantada coa idea, e so o comunicarlle persona por persona de que a cousa no ía adiante as enfermaba e parecía contaxioso posto que tamén nos afectaba a nos.....Bueno pois imos facer unha exposición para tempos de crisis.
Vamos a realizar UNHA EXPOSICIÓN VIRTUAL!.
E iso que é. Bueno, moi ben non o sabemos pero a solución cando cheguen as festas de San Fidel e no sitio que tíñamos preparado: o Gato Negro.
Nese día despexaranse tódalas incognitas.
Mais información en próximos capítulos. Permañezan atentos a esta mesma pantalla.
Despois tamén engadimos unha serie de fotografías no Paseante correspondentes a nosa itinerancia pola capital do imperio para presentalo documental Aillados e dunha nova Galería que demos en chamar COUSAS DOS NOSOS BLOGUEIROS/AS. Ahí teremos un gran caixón de sastre no que vamos a meter aquelas fotografías, actuais especialmente, que os nosos blogueiros (e blogueiras, claro está) teñan a ben de enviarnos e que sirva para interconectar mais a tódalas personas que están o outro lado do ordenador.
Abrimos hoxe, 19 de xuño de 2010, unha nova Galería que terá representación tanto neste blog como no do Paseante.
Trátase de facer unha homenaxe a unha das personas máis queridas da Vilagarcía contemporánea: o Doutor José Moreira Casal.
No día de hoxe a corporación en pleno nomeou o insigne Doutor como fillo predilecto de Vilagarcía a título póstumo, feito este que chega moi tarde pero xa se di aquilo de que "nunca é tarde se a dita eé boa" e nesas estamos.
No blog do Faiado poderemos ver fotografías da súa vida e no de O Paseante información gráfica e audiovisual sobre o nomeamento. Premendo aquí accedemos a Galería de O Faiado e se o facemos aquí a de O Paseante.
Tamén hoxe en La Voz de Galicia, o periodista Serxio González na súa crónica de O Faiado da Memoria fai unha fermosa lembranza do homenaxeado que poderedes leer premendo aquí.
Serxio González, tamén na Voz de Galicia, fai unha reseña ampliando a información dada por el mesmo o día anterior. Hai que constatar aquí un erro de imprenta o colarse a data do ano 1994 cando realmente tiña que por 1944. Pero é o de menos.
Queridas amigas e amigos, ainda que non é laboura deste blog e por iso este post será borrado a partires do mércores, vamos a informaros que o próximo martes, 22 de xuño, as seis e media da tarde, vamos a estar (de corpos presentes) no salón de actos da biblioteca da Universidad Complutense de Madrid, na rúa Noviciado, 3 (Tfnos.: 913946642 - 913946612 - Fax: 913946599. Correo electrónico: bucpifoa@buc.ucm.es) para presentar o documental, dirixido por Antonio, "Aillados".
O documental, que foi comenzado fai a friolera de moitos anos (sobre o 1986) e, definitivamente, rematado no ano 2001, relata a historia dos presos que foron confinados na illa de San Simón durante o tempo da guerra civil. Esta historia está contada polos propios presos o que lle da un carácter de testemuño especial.
Aquí podedes ver un resumo/avance do documental:
Xa o sabedes, os que vivades por Madrid, ou aledaños, estades convidados a pasaros pola biblioteca Marqués de Valdecillas donde podemos disfrutar coa vosa compañía. E falar e falar.
Un fin de semana máis e novas fotos incorporadas ó noso blog (xa, xa sei que é voso, de todos, pero era para recortar palabras e o final escribo mais das que pensaba aforrar).
Supoño que non está mal. Margarita está botando fume despois deste intenso traballo ainda que sigue colocando textos as fotos mentras eu vou colocando esta información e que vos poidades ter acceso canto antes a estes novos tesouros.
Tamén os colocamos este enlace de La Voz de Galicia que, hoxe domingo, 6 de xuño de 2010 (isto poñoo para aqueles que lean isto dentro de 10 anos), onde sae un artigo escrito por Antonio Garrido sobre as corridas de touros no salnes. Os membros do Faiado non estamos a favor, nin nos gusta, este espectáculo pero somos conscentes de que hai xente o outro lado do ordenador, como Monchito Paredes ou Teo Petinal, que si lles interesa. Hai unha foto nese artigo que é do Faiado e que xa se usou noutro artigo do mesmo diario. Foi unha pena que non nos deran aviso que lles pasaríamos unhas imaxes preciosas de pepehillo nas súas correrías vilagarcianas.
Amigas e amigos, esperamos que disfruten con esta nova subida.