lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A SUBIDA DO FIN DE SEMANA |
|

Queridas Amigas e Amigos, un novo fin de semana estamos aqui con vos.
Logo de ter celebrado o segundo aniversario (ainda temos un cacho de tarta por se alguén quere) vamos a realizar unha subida como tódolos fins de semana.
Son 63 fotografías repartidas nas seguintes Galerías:
Atopando detalles (6)
Cornazo (19)
Familia (7)
Os amigos (19)
Primeiras comuñóns (4)
Soan campás de voda (3)
Terra de Artistas (5)
Agora so queda disfrutalas. |
|
|
|
DOUS ANOS E MAIS DE 5000 FOTOGRAFÍAS |
|

Isto simplemente é unha introdución a subida que se está a realizar no día de hoxe.
Posto que, no día de hoxe, 3 de febreiro de 2011, estamos de aniversario. Levamos dous anos na rede e neste tempo levamos subidos mais de cinco mil fotografías, de instantes para disfrutar. Non contamos aquí os outros elementos como vídeos, músicas ou escritos.
Nestes dous anos estamos moi agradecidos pola colaboración de todos e todas as que estades a outra beira do noso ordenador, posto que sin receptor nin habería motivo de seguir con esta actividade.
-------------------- oo0oo --------------------
Acabamos de facer unha subida de trinta e unha foto na carpeta "A Vilagarcía de Onte" que hoxe cumpre outra efemeride: é o primeiro tema que reune quinientas fotografías, así, como sin querer... pero querendo.
Como xa dixemos o noso blog está de cumpleanos, dous anos crecendo día a día, gracias a vos os que estades ahí alentándonos. Non queremos esquencernos dos que desde o principio estivéchedes ahí con nos, os históricos do Faiado. Que nos impulsáchedes co voso ánimo. Paco, Luis, Roberto, Elena, Lolita, Juan Carlos, Tere, Candido, Nito, Leites, Piluca, Rodrigo, a familia Garrido en pleno, Casalderrey, Coello, Sergio, Cunino,... A todos co corazon... GRACIAS!.
Ao resto que non se nos enfaden, un cariño especial para os que estades lonxe, Paco Prieto no Perú, Margarita Mosquera en Francia, José María en Dinamarca, os vinte que entran a diario desde Estados Unidos, as fillas de Matilde en Inglaterra, Ramiro en Holanda, Carlos Deaño desde Alemania, Roxelio Diz, o que lle desexamos que se millore na salud, no seu México, a familia Crespo en America (non esquencemos a Marilín e Margarita) a Cuca Rivas e a Irma Lucía Varela na Arxentina. E os centos e centos de personas anónimas que disfrutan do blog e das súas historias ainda que nunca digan nada.
E aos que estades por aquí, que colaborades con nos e que non tendes precio, sodes o noso tesouro, si non estades ahí o Faiado languidece, que sigades dándonos forza, que sepades que o noso homenaxe e para todos vos.
E agora disfritade coa subida aniversario. |
|
|
|
MAIS FOTOS PARA O BLOG |
|
 Hoxe adiantámonos o fin de semana na subida.
Son so 25 pero con enxundia.
Están colocadas nas seguintes Galerías:
A Vilagarcía de onte (1)
Creo en Dios Padre... (1)
Familia (11)
Gaudeamus igitur (1)
Os amigos (1)
Os bancos de Ravella (2)
Posando (2)
Primeiras comuñóns (2)
Soan campás de voda (1)
Mulleres e traballo (1)
Xentes e lugares (2)
Un saudo e disfrutade. |
|
|
|
CORNAZO ESTRÉASE NO BLOG |
|
 O barrio do Cornazo entra no blog cunha Galería para el.
Comenza con 12 fotografías que irán incrementándose en próximas subidas.
Pero hai dez fotografías mais que acompañan esta subida, unha das cales, que adornan este post, foi enviada por Fernando Varela e que nos mostran unha Cortegada coa súa paisanaxe.
As Galerías que levan as fotografías novas son
O Carril (9)
A de a illa de Cortegada (1)
e as 12 de Cornazo.
Disfrutade. |
|
|
|
114 FOTOS NOVAS NO FAIADO |
|

Xa estamos nun novo fin de semana e isto conleva unha subida de fotografías. E, como podedes ver polo enunciado deste post, non son poucas precisamente: 114, si.
E que, para os que vivimos no epicentro do blog, hoxe é un día morriñento, de pasarse tranquilamente na casa, de falar, de disfrutar coa parexa, dos fillos ou cos netos (aqueles que os teñan), e de facelo mesmo, pausadamente, só ou en compaña (que a veces disfrútase mais o compartir as vivencias con outros) das imaxes do blog.
Deixámovos aquí, pois, estes 114 impactos de memoria quie vos traerá o presente aqueles momentos vividos no pasado.
Van a estar distribuidos nas seguintes Galerías:
A praia Compostela (1)
A Vilagarcía de onte (18)
Atopando detalles (5)
Creo en Dios Padre... (1)
familia (17)
Gaudeamus igitur (1)
Os deportes chegaron coa escuadra (5)
Os amigos (7)
Os bancos de Ravella (8)
Outra maneira de vivir (11)
Personas recordadas (3)
Posando (11)
Primeiras comuñóns (6)
Sempre emigrantes (3)
Soan campás de voda (3)
Tradicións nosas, festas e actos (5)
Vilaxoán (9)
Disfrutade con ledicia. |
|
|
|
OS BANCOS NO GALICIA HOXE |
|
No diario Galicia Hoxe e escrito por Xosé Gago podemos ler un artigo cuio tema son os bancos de Ravella.
A importancia dos medios de comunicación, prensa e radio especialmente, foi decisiva para alcanzar a repercusión a que chegou e o seu desenlace, positivo, de momento a espera do seguinte movimento por parte do concello.
Por iso saudamos a tódolos artigos que sobre o noso Patrimonio Social, Humano, Inmaterial, vaian chegando.
Este de Galicia Hoxe podedes leelos seguindo este enlace.
Disfrutade. |
|
|
|
A PRIMEIRA DO ANO |
|
 Como xa contábamos no día de onte, último do ano 2010, hoxe íamos a colocar a segunda parte de fotografías.
trátanse de 54 fotografías que están metidas en 8 Galerías xa esistentes e una de nova creación. Esta é a situación:
Familia (3)
O Carril (9)
Outra maneira de vivir (2)
Personas recordadas (3)
Primeiras comuñóns (4)
Tradicións nosas, actos e festas (7)
Vilaxoán (6)
Xentes e lugares (5)
Esta é a nova Galería que abrimos hoxe:
Os bancos de Ravella (15)
Nela vamos a ir introducindo as fotografías que xa temos sobre os bancos de Ravella e as que vos nos manáchedes nestes días e as que nos enviedes a partir de agora. Algunhas xa están metidas en outras galerías, pero vamos a centralizalas novas aquí. Isto nos vai servir para recompoñer o mapa da nosa memoria sobre este espazo destruido (e que esperamos velo de novo na súa máxima lucidez).
Disfrutade. |
|
|
|
ANO NOVO, FOTOS NOVAS |
|
 Primeira parte da subida de fin de ano. A primeira consta de 30 fotografías e realízase antes de que o ano remate e mentras todos estades nas cociñas, recorrendo a casa, que cheira enormemente a marisco (o que o poida comprar nestas épocas), par colocar tódolos detalles na mesa.
Nos aquí, xa vedes, subindo fotografías como se fose calquera día do ano.
E mañán, primeiro día do ano, segunda parte desta subida.
A última do ano ten as fotografías colocadas nas seguintes Galerías:
A Vilagarcía de onte (4)
Gaudeamus Igitur (5)
Os amigos (5)
Creo en Dios Padre... (8)
Traballando duro (5)
Terra de Artistas (con Maiúscula) (3)
Isto que se comenzou a escribir no 2010, rematouse no 2011. E dentro de pouco chegará a nova fornada de fotografías do novo ano. Permanezan atentos a esta a súa pantalla.
E disfrutade.
|
|
|
|
con todo FELIZ ANO NOVO |
|

|
|
|
|
Saude aos bancos do xardín de Ravella |
|
 Desde o ano 1929 formaron parte da nosa Vilagarcia, viron crecer unha chea de xeneracions do pobo, formaron parte dos nosos xogos e risas, era paisaxe comun para todos e fondo para moitos dos nosos recordos. Na Voz de Galicia de hoxe cóntannos que os quitan, pois tamén era do pouco que quedaba.
Moitos de vos, o velas fotografías que se atopan neste blog, queixádesvos de tódalas desfeitas que teñen feito en Vilagarcía para sustituilo por un mamotreto que non ten nome. Esta vai a ser a próxima desfeita. Non sei se alguén está a tempo de paralo pero desde aquí queremos facer un chamamento para o indulto deste mobiliario urbán que forma parte do noso patrimonio sentimental.
Nunca coidamos que o feito de "xestionalo patrimonio" era demolelo o pouco que quedaba. Nos xa notábamos que os bancos necesitaban un amaño pero o igual cos cabalos de carreiras, parece ser que cando se dañan o mellor é sacrificalos. Nunca o entendimos nin nunca o entenderemos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|