lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

XA VEREDES... bonito, bonito, bonito...


O documental Desde Dentro do Corazón vai a un bo ritmo, pero hai cousas que non so dependen de nos, a animación, os efectos, a música... iso está ralentizando unha serie de cousas coas que hai que ter paciencia. E nos témola en abondo.

Tódolos veráns, desde que existimos como Faiado, intentamos colaborar co Agosto no pobo, coas nosas festas, cos nosos visitantes, e sobre todo coa xente de Vilagarcía que está fora, emigrante, e que volven nas vacacións. O ano pasado tíñamos unha chea de dores moi recentes, non poidemos, non tíñamos corpo para elo... Este ano coa que esta caindo, que parece que o país vai explotar... pois imos mellorando, e entón imos a facer un regalo a toda esa xente que mencionamos anteriormente e na que ti, lector, eres parte dela (estés onde estés).

Non pode ser que non colaboremos a facer festa, imos facelo como sabemos, porque TODOS e TODAS o merecedes. De momento non contamos mais. Deica logo, Lucas!.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-07-2012 20:31
A ESCOLA DE DON JOSÉ

O Chichirico, en Guillán, no ano 1965. A foto, donada por Roberto Ocaña, invita a identificación dos rapaces. ¡ANIMÁDEVOS¡

Hoxe a nosa subida vai a empezar no pobo do Carril con sete fotos, en Vilaxoán temos outras sete fotografías novas, e Guillán dúas. E oito na Vilagarcia de onte.

Disfrutade do verán que os calores xa chegaron e, ao mellor, o luns xa non están (bueno os Pemáns din o contrario, pero vai ti a saber).
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 20-07-2012 21:38
VILAXOAN CANTA

E canta porque estan en festas, Vilaxoan e un pobo moi cantarin, moi alegre que sempre canta. O Luns estaremos na praza do pobo a escoitar como sempre emocionados "Vilaxoan Canta". O pobo cantando en masa o remate das suas festas. O Faiado agradece os apoios que recibe do pobo de Vilaxoan, donde unha chea de xente nos apoia e son colaboradores e donantes. ¡Disfrutade da festa cantade e bailade, o Faiado tamen estara, acompañandovos¡
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2012 21:30
O CARRIL EN FESTAS

Xa foron as do Carmen, as dos mariñeiros e mariñeiras, dentro de unhos dias as do Apostolo, e logo o S Fidel que son as ultimas, o Faiado da Memoria sumase as festas dos carrilexos e animamos o disfrute, o baile a emocion dos reencontros, a felicidade de estar vivo, todo se supera con forza e cariño dos amigos e da xente querida. ¿A crisis...a esquencela ¡
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2012 21:21
MEDIADOS DE XULLO

Onte abrimos unha nova carpeta, vai de noticias do noso pobo, pensamos que é interesante e apréndese cousas que nunca tal supemos.

Chámase: PERCURAS E INVESTIGACIÓNS

Empezamos con vintesete noticias, esperamos que sexa interesante para todos vos.

Tamén na carpeta de POSANDO incorporamos doce fotos novas.

Nas Galerías de SOAN CAMPÁS DE VODA, PRIMEIRAS COMUÑÓNS e FAMILIA hai fotos novas.

Temos peticións de varias personas para que lle coloquemos fotos da súa xente, pedimos disculpas polo retraso, pero non paramos quietos e os días non dan para mais. A ver si chega o veran e collemos enerxía.

DISFRUTADE
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 14-07-2012 22:25
FESTA DOS MARIÑEIROS


Chegan días especiales para a xente do mar. Ese día do Carme, día de lembranzas.

Facemos unha mención especial a xente que morreu no Cabo Razo, que dentro duns días fará cincuenta e catro anos e que deixaron a súa vida na nosa ría.

Algúns a un paso da súa casa, a un paso das súas familias, trece vidas que encheron de consternación ao noso pobo.

A xente lembra... non esquence aquela noite.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-07-2012 21:19
Finou Herminio

A verdade que foi un privilexio haber coñecido a Herminio Barreiro, D Herminio de Sisan, pero moi andariego por Vilagarcia, afiliado a UGT nos principios dos trinta cando estallou a sublevacion Herminio que xa estaba casado viveu un autentico calvario.

Na actualidade tiña cento catro anos, fai como seis se lle fixo un homenaxe tan merecido como tardio, pero os seres humans somos asi de ingratos.

A Conchita e Jacinto seus fillos, o noso respeto e cariño, o noso pesame mais sinxelo
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 14-07-2012 21:00
A comer xuntos

TEMOS QUE FACER UNHA XUNTANZA.

¿Por que? Pois porque desde Ocubre non facemos nada, porque sofrimos un longo inverno, porque houbo xente do Faiado que o pasou mal, moi mal. Outros están a curarse dos seus males, esperaremos que vaian a millor que se curen de todo para celebralo xuntos. O inverno, como decimos, foi longo. O país cheo de parados, cheo de tristezas, tódolos días noticias a peor, o mundo da cultura, como o Faiado tiñamos casi que disolvernos...pois creo que non. Desde hai dous anos e medio que escomenzamos o traballo de campo para o documental "Desde Dentro Do Corazón" traballo arduo, dificíl, xa casi non queda nadie que nos fale da Escuadra Inglesa , pois tivemos sorte e atopamos un plantel de estrelas que o viviron de cerca. Alguns, moi poucos, de oídas. No documental fala xente que vai cara dos cen anos e que lembran como si tivesen vintecinco.

Bueno o documental esta a montalo Antonio Caeiro en Compostela. Espero que estea cerca de rematar, aínda que a medida que vai montando vai botando de menos cousas que podian estar e non estan...hai que grabar mais.

Queremos facer unha estrea preciosa, como Vilagarcia merece, como a nosa xente colaboradores, donantes e blogueiros merecen. Xa avisaremos con tempo para que todos poidades estar.

TEMOS MAIS COUSAS QUE CELEBRAR PERO AO SEU DEBIDO TEMPO.

Seguiremos contando
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2012 12:52
FINOU JORGE OTERO BERRIDE

Xa a estas horas estan celebrando o seu enterro. Finou con cincuenta e sete anos, non hai dereito a que un se teña que ir tan pronto, era fillo de Xefa Berride e Tucho Otero. Os Berride teñen lazos familiares ca xente do Faiado, son netos de Manuela Teijeiro, como Jorge, e de Rosa Teijeiro outros Berrides que estan no Carril, Valencia...etc etc. Sentimos a Jorge porque nos levabamos ben con el, porque era un bo rapaz e porque non tiña edade para morrer. Sentimos non habernos enterado antes, houberamos cumplido co rito human da despedida. SENTIMOLO. A todos os que lle querian a Jorge, o noso sentimento de respeto.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-07-2012 19:04
SUBIDA PARA ALEGRAR A SEMANA


Para a nosa xente que lles gustan as fotos, lembrar como eramos, non esquencer o que somos. Para o nosos fieles blogueiros e para os que chegan novos, a todos eles e elas, vai adicada a nova subida.

E aquí, nestas Galerías, podedes contemplar o traballo:

A Vilagarcía de Onte (10)

Familia (6)

Gaudeamus Igitur
(2)

O Carril (2)

Os Amigos (2)

Primeiras Comuñóns
(1)

Terra de Artistas (con Maiúscula)
(1)

Traballando Duro (2)

Trabanca a Torre (10)

Vilaxoán
(4)

Unha cousiña, o primeiro pedir perdón aos donantes que ainda non lles subimos fotos ao blog, as veces o tempo, outras veces a propia filosofía da páxina, temos que incidir en algunha carpeta e non coincide cos últimos escaneados... bueno tranquilos, sen fotos no blog non vai quedar ninguén. GRACIAS

E agora a disfrutar.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-07-2012 21:36
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0